Ludwig Schnorr von Carolsfeld

Ludwig Schnorr von Carolsfeld, nado o 2 de xullo de 1836 en Múnic (daquela no Reino de Baviera e actualmente en Alemaña) e finado o 21 de xullo de 1865 en Dresde (daquela no Reino de Saxonia e actualmente en Alemaña), foi o primeiro Heldertenor (tenor heroico) alemán, sendo o primeiro en encarnar a Tristan na ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde. A súa prometedora carreira foi interrompida por unha grave enfermidade que o mataría aos 28 anos de idade, logo de tan só catro representacións do papel de Tristán.

Infotaula de personaLudwig Schnorr von Carolsfeld

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1836 Editar o valor em Wikidata
Múnic Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 1865 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Dresden Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Meninxite Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Baviera Editar o valor em Wikidata
EducaciónKreuzschule (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera , compositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
TesituraHeldentenor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMalvina Garrigues (1860–)
PaiJulius Schnorr von Carolsfeld (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 34170649 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ludwig Schnorr von Carolsfeld naceu en Múnic. Era fillo do famoso pintor Julius Schnorr von Carolsfeld. Posteriormente, converteuse en alumno da Kreuzschule de Dresde, onde se encontraba o Dresdner Kreuzchor (coro). Isto puido influír na súa decisión de non seguir a tradición familiar de converterse en pintor profesional e estudar canto no seu lugar, tomando clases de canto no Conservatorio de Leipzig.

Realizou o seu debut en 1858 en Karlsruhe, e en 1860 tamén cantou na Semperoper de Dresde e na Bayerische Staatsoper de Múnic, na ópera de Bellini Norma e na de Weber Der Freischütz. Pronto adquiriu fama como cantante intelixente e dedicado, cunha voz forte que o levou a protagonizar óperas de Richard Wagner e Giuseppe Verdi.

En 1860, Schnorr casou coa soprano dinamarquesa Malvina Garrigues, que era dez anos maior e que reduciu as súas aparicións en escena para apoiar a prometedora carreira do seu home.

O rei Lois II de Baviera escoitou o tenor encarnando a Lohengrin na ópera homónima de Wagner en 1861. Dise que esta representación foi unha da serie de representacións que converteron ao rei nun fervente partidario de Wagner e a súa música.

En 1862, Schnorr e a súa muller coñeceron a Wagner en Biebrich, cerca de Wiesbaden; Wagner propúxolles que cantasen pasaxes da súa nova ópera, Tristan und Isolde, mentres que el os acompañaría ao piano. Aparentemente, o compositor quedou impresionado co resultado.

Un intento de representar a ópera en Viena fracasou logo de 70 ensaios, entre outras cousas porque o tenor residente non era capaz de dominar o esixente papel de Tristan. Foi entón cando Wagner chamou a Schnorr von Carolsfeld e á súa muller para encarnar a Tristan e Isolde, o rei Ludwig patrocinou o renovado intento de montar a ópera, que finalmente se estreou en Múnic o 10 de xuño de 1865, aínda que a ópera recibiu críticas mixtas, con algúns críticos que a xulgaron como "indecente".

Seis semanas e catro representacións de Tristan und Isolde despois, o cantante morría en Dresde, tan só 19 días antes do seu 29º aniversario. A súa morte prematura e misteriosa fixeron del unha lenda, e con frecuencia foi atribuída ao enorme esforzo que requiría o papel de Tristan (un papel que infrinxiu un esforzo inédito ata ese momento dentro do xénero lírico). En realidade, non obstante, foi debido a complicacións reumáticas que causaron un ictus do que o tenor non se puido sobrepoñer.

Logo da morte do seu home, Malvina non foi capaz de continuar a súa carreira e retirouse dos escenarios.

 
Tumba de Ludwig Schnorr von Carolsfeld en Dresde.

Está enterrado xunto a seu pai no cemiterio de Santa Anne de Dresde.

Véxase tamén editar


Bibliografía editar

  • David Ewen, Encyclopedia of the Opera.
  • Franz Schnorr von Carolsfeld: Schnorr von Carolsfeld, Ludwig. Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 32. Duncker & Humblot, Leipzig 1891, S. 190 f.
  • Richard Wagner: Meine Erinnerungen an Ludwig Schnorr von Carolsfeld. Gesammelte Schriften und Dichtungen. 4. Aufl., Band 8. Fritsch, Leipzig 1907, S. 181ff.
  • Wendelin Weißheimer: Erlebnisse mit Richard Wagner, Franz Liszt und vielen anderen Zeitgenossen, Stuttgart /Leipzig 1898.
  • Schnorr von Carolsfeld, Ludwig. Meyers Großes Konversations-Lexikon. Band 17. Bibliogr. Inst., Leipzig 1909, S. 935.
  • C. H. N. Garrigues: Ein ideales Sängerpaar – Ludwig Schnorr von Carolsfeld und Malvina Schnorr von Carolsfeld geb. Garrigues. Levin & Nunksgaard, Kopenhagen 1937.

Ligazóns externas editar