Abrir o menú principal
Vista nocturna do Semperoper.

O Semperoper ou Sächsische Staatsoper Dresden (en galego Ópera Estatal Saxona de Dresde) é un teatro de ópera situado na cidade de Dresden (Alemaña). Trátase do edificio da ópera do estado de Saxonia e a sede da Sächsische Staatskapelle Dresden (Orquestra Estatal Saxona de Dresde). Está situado á beira do río Elba, en pleno centro da cidade alemá.

Foi orixinalmente construído en 1841 polo arquitecto Gotfried Semper e é considerado unha das xoias da arquitectura teatral mundial. Foi destruído durante o masivo Bombardeo de Dresden na Segunda Guerra Mundial en 1945, aínda que foi reconstituído ata o último detalle[1] e reaberto exactamente 40 anos despois da súa destrución, o 13 de febreiro de 1985, sendo reinaugurado coa mesma ópera que se representara antes de ser destruída, Der Freischütz de Carl Maria von Weber.

Neste teatro tiveron lugar as estreas de algunhas das máis importantes óperas alemás, incluíndo tres óperas de Richard Wagner (Rienzi, Der fliegende Holländer e Tannhäuser) e a meirande parte das de Richard Strauss.

Índice

Directores musicaisEditar

No Semperoper actuaron destacados directores como:

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar