Rienzi, der Letzte der Tribunen (en galego Rienzi, o último dos tribunos) é unha ópera en 5 actos con música de Richard Wagner e libreto en alemán do propio compositor, baseado na novela homónima de Edward Bulwer-Lytton. A ópera foi composta entre xullo de 1838 e novembro de 1840, aínda que a súa estrea non se levou a cabo ata o 20 de outubro de 1842, cando se representou na Hofoper de Dresden baixo a batuta de Carl Gottlieb Reissiger.

Rienzi
Desterro de Rienzi, do Acto IV da ópera.
FormaÓpera
Actos e escenas5 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Wagner
Fontes literariasBaseado na novela homónima de Edward Bulwer-Lytton
Estrea20 de outubro de 1842
Teatro da estreaHofoper
Lugar da estreaDresden
Duración4 horas
Música
CompositorRichard Wagner
Localización da partituraPerdida dende 1945
Personaxes

Cola di Rienzi (tenor)
Irene (soprano)
Stefano Colonna (baixo)
Adriano (mezzosoprano)
Paolo Orsini (baixo)
Raimondo (baixo)
Baroncelli (tenor)
Cecco del Vecchio (baixo)
Ein Friedensbote (soprano)

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 20 de outubro de 1842
(Director: Carl Gottlieb Reissiger)
Cola Rienzi, tribuno romano tenor Josef Aloys Tichatschek
Irene, súa irmá soprano Henriette Wüst
Stefano Colonna, un noble baixo Georg Wilhelm Dettmer
Adriano, seu fillo soprano Wilhelmine Schröder-Devrient
Paolo Orsini, outro patricio baixo Johann Michael Wächter
Raimondo, legado papal baixo Gioacchino Vestri
Baroncelli, cidadán de Roma tenor Friedrich Traugott Reinhold
Cecco del Vecchio, cidadán de Roma baixo Karl Risse
Ein Friedensbote, un mensaxeiro de paz soprano Anna Thiele
Ambassadors, Nobles, Priests, Monks, Soldiers, Messengers, Populace

Gravacións editar

As gravacións da ópera completa[1], así como as súas representacións son raras, aínda que a abertura pode atoparse con facilidade en programas de radio e CDs recompilatorios. Nas gravacións da obra son comúns os cortes significativos. Rienzi foi rexistrada en DVD no 2010 nunha produción dirixida por Philipp Stölzl, e interpretada pola Deutsch Oper Berlin, con Torsten Kerl no papel principal.

Algunhas gravacións destacadas son:

Entre as gravacións da abertura destacan:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.