Daniel Barenboim

director de orquestra

Daniel Barenboim (en hebreo: דניאל בארנבוים), nado en Buenos Aires o 15 de novembro de 1942, é un pianista e director de orquestra con nacionalidade arxentina, israelí,[1] palestina[2] e española.[3] Foi a primeira persoa que tivo simultaneamente as cidadanías israelí e palestina.

Infotaula de personaDaniel Barenboim

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España
Israel
Estado de Palestina Editar o valor em Wikidata
EducaciónMozarteum University Salzburg (en) Traducir
Accademia Musicale Chigiana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpianista , director musical , director de orquestra , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNadia Boulanger, Claudio Arrau (pt) Traducir e Igor Markevitch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosYariv Ezrahi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDeutsche Grammophon Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElena Bashkirova (pt) Traducir (1988–)
Jacqueline du Pré (1967–1987) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webdanielbarenboim.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0054434 Allocine: 36473 Allmovie: p3910
Spotify: 78sEozQOEJxzXegUuqRSgH iTunes: 77867 Musicbrainz: fac566b2-7a0e-4977-ad92-533f43420975 Songkick: 9819 Discogs: 424576 Allmusic: mn0000631790 Deezer: 65655 Editar o valor em Wikidata

É coñecido tamén polo seu traballo coa West-Eastern Divan Orchestra, unha orquestra de mozos músicos do mundo árabe e de Israel, que fundou con Edward Said.[4]

Traxectoria editar

Daniel Barenboim naceu en Buenos Aires, neto de rusos asquenací[5] e fillo de Aida (de solteira Schuster) e Enrique Barenboim, ambos pianistas profesionais.[6] Comezou a recibir aulas de piano coa súa nai aos cinco anos de idade, e continuou a estudar co seu pai, Enrique, que foi o seu único profesor. En agosto de 1950, cando tiña só sete anos de idade, presentou o seu primeiro concerto formal en Buenos Aires.[7]

En 1952 a familia de Barenboim mudouse a Israel. Dous anos despois, no verán de 1954, os seus pais marcharon a Salzburgo, para que o mozo Daniel tivese aulas de dirección con Igor Markevitch. Nese verán Barenboim coñeceu e tocou para o mestre Wilhelm Furtwängler, que foi para el unha influencia musical e un exemplo.[8] Furtwängler chamou a Barenboim "fenómeno", e convocouno para tocar o Primeiro Concerto para Piano de Ludwig van Beethoven coa Filharmónica de Berlín; porén, o pai de Barenboim non o permitiu, considerando que a segunda guerra mundial aínda estaba próxima para que un neno de pais xudeus tocase en Berlín.[9]

En 1955 Barenboim estudou harmonía e composición con Nadia Boulanger en París. Barenboim estreouse como pianista en Viena e Roma en 1952, en París en 1955, en Londres en 1956, e en Nova York en 1957, baixo a batuta de Leopold Stokowski. Fixo xiras regulares por Europa, os Estados Unidos, Suramérica, Australia e o Extremo Oriente.

En 1967 casou coa violoncellista Jacqueline du Pré en Xerusalén,[10] despois de que ela se convertese ao xudaísmo.[11] O matrimonio durou ata a morte de du Pré por mor da esclerose múltipla en 1987. A súa amizade con músicos renomeados, como Itzhak Perlman, Zubin Mehta e Pinchas Zukerman, e o matrimonio con du Pré deron lugar a un filme de Christopher Nupen de 1969 sobre a súa interpretación do Quinteto da troita de Franz Schubert.[12]

A principios da década de 1980, Barenboim iniciou unha relación coa pianista rusa Elena Bashkirova, con quen tivo dous fillos en París, David Arthur, nacido en 1983, e Michael, nacido en 1985. Barenboim mantivo a relación oculta para du Pré, e casou con Bashkirova en 1988.

Carreira musical editar

No comezo da súa carreira, Barenboim foi moi recoñecido como pianista. Concentrouse no repertorio da era clásica, como tamén en obras de compositores da era romántica. Algunhas gravacións notábeis dese período inclúen:

Seguindo coa súa estrea como director coa Orquestra de Cámara Inglesa en Abbey Road Studios, en 1966 en Londres, Barenboim foi convidado a dirixir outras orquestras sinfónicas europeas e estadounidenses. Entre 1975 e 1989 foi o Director Musical da Orquestra de París, onde dirixiu moita música contemporánea.

Barenboim estreouse como director de ópera cunha produción de Don Giovanni de Mozart no Festival de Edimburgo. Debutou no Festival de Bayreuth en 1981, e dirixiu alí regularmente até 1999.

Foi o director musical da Orquestra Sinfónica de Chicago entre 1991 e 2006. Mostrou frustración en traballar nos Estados Unidos, precisando recadar fondos para os seus programas.[13]

Barenboim, que reside en Berlín,[14] é, desde 1992, o director musical da Ópera Estatal de Berlín (Staatsoper Unter den Linden). Foi tentando manter un son tradicional e un estilo do leste xermánico coa orquestra. Tamén traballou constantemente para manter a independencia da ópera.[15] Foi nomeado mestre vitalicio da compañía.[16] O 15 de maio de 2006, Barenboim foi nomeado mestre convidado residente do Teatro alla Scala de Milán.[17]

En novembro de 2006, Lorin Maazel causou controversia dicindo aos directores da Filharmónica de Nova York que Barenboim sería un gran nome para a súa sucesión;[18] Barenboim respondeu que ficou eloxiado mais nada podería estar máis lonxe do seu pensamento que regresar a un posto permanente nunha orquestra estadounidense[19][20] En xaneiro de 2007 díxose que Barenboim non manifestou interese sobre o cargo de director musical da Filharmónica de Nova York.

O 28 de novembro de 2008, Barenboim dirixiu por primeira vez na Metropolitan Opera House de Nova York, interpretando a 450.ª actuación da ópera Tristan und Isolde, de Richard Wagner. No ano seguinte, foi o director escollido para o Concerto de Ano Novo de Viena, coa Filharmónica de Viena.[21]

En outubro de 2022 comunicou que padecía unha "grave enfermidade neurolóxica" que o obrigaba a tomar un descanso laboral.[22] Uns meses máis tarde, en xaneiro de 2023, anunciou a súa renuncia á dirección musical da Ópera Estatal de Berlín por mor da súa saúde.[23]

 
Daniel Barenboim ensaiando coa orquestra West-East Divan, no ano 2005

Dirixindo a Wagner en Israel editar

A Orquestra Filharmónica de Israel (entón Orquestra de Palestina) interpretara música de Richard Wagner durante o Mandato británico de Palestina mesmo nos primeiros anos da era nazi.[24] Porén, trala Kristallnacht,[25] os músicos xudeus evitaron tocar música de Wagner en Israel polo uso que a Alemaña nazi fixo do compositor por mor dos escritos antisemitas do propio Wagner,[26] iniciando un boicot non oficial.

Barenboim, opúxose publicamente á prohibición polo menos desde 1989. En xullo de 2001, Barenboim ía dirixir o primeiro acto de Die Walküre con tres cantantes, incluíndo o tenor Plácido Domingo. Non obstante, polas fortes protestas dos sobreviventes do Holocausto e polo goberno de Israel, fíxose un programa alternativo. Barenboim aceptou substituír a obra pola música de Robert Schumann e Igor Stravinskii, mais expresou o seu desagrado por ter que tomar esa decisión.[27] Porén, ao final do concerto coa Berlin Staatskapelle, Barenboim anunciou que lle gustaría tocar Wagner como segundo bis e convidou aqueles que obxectasen que marchasen dicindo "a pesar das crenzas do Festival de Israel, hai xente sentada no público para os que Wagner non provoca asociacións cos nazis. Respecto aqueles para os que estas asociacións son opresivas. Será democrático interpretar a Wagner como bis para aqueles que desexen escoitalo. Xírome cara a vostedes agora preguntando se podo interpretar a Wagner". Continuou un debate de media hora, con algúns membros chamando a Barenboim "fascista". Ao final, un pequeno número de asistentes saíu e a maioría permaneceu, aplaudindo fortemente trala interpretación do preludio de Tristan und Isolde.[28][29][30]

Notas editar

  1. AFP (11 de agosto de 2011). "Conductor Barenboim to be Nobel nominee". Arxentina: Dawn.com. Consultado o 15 de outubro de 2011. 
  2. Hirsch, Yael (2008-01-13). "Israeli pianist Daniel Barenboim takes Palestinian citizenship". Haaretz. Consultado o 2014-08-01. 
  3. Barenboim, Daniel (14 de maio de 2008). "Music gives me hope". The Guardian (Londres). Consultado o 22 de novembro de 2017. 
  4. Schmid, Rebecca (6 de maio de 2014). "Plans for Barenboim–Said Academy in Berlin Unveiled". The New York Times. Consultado o 6 de outubro de 2014. 
  5. Vulliamy, Ed (14 de xullo de 2008). "Bridging the gap, part two". The Guardian (Londres). Consultado o 28 de marzo de 2010. 
  6. Ben, Itzhak (1980). Who's who in Israel and in the work for Israel abroad. Bronfman & Cohen Publications. Consultado o 1 de agosto de 2014. 
  7. "Daniel Barenboim: Baton charge". Independent.co.uk. 16 de decembro de 2002. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  8. "Daniel Barenboim, "Why Wilhelm Furtwängler Still Moves Us Today". Entry from Barenboim's blog, translated from an article originally published in Der Tagesspiegel". www.danielbarenboim.com. novembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2011. Consultado o 2011-01-03. 
  9. "Festrede von Daniel Barenboim" (en alemán). oe1.orf.at. 26 de xullo de 2010. Consultado o 05 de outubro de 2021. Mein Vater lehnte sogar 1954 eine Einladung Furtwänglers an mich, mit den Berliner Philharmonikern aufzutreten, mit der Begründung ab, für einen jüdischen Jungen sei es - neun Jahre nach dem Krieg - noch zu früh, um nach Deutschland zu reisen 
  10. Moir, Jan (6 de abril de 2006). "The maestro and his demons". The Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2008. Consultado o 2007-04-23. 
  11. Rosenblatt, Judith Turk, ed. (2009). "Barenboim, Daniel". Who's Who in World Jewry. Baltimore: Who's Who in World Jewry. ISBN 9780961827205. 
  12. Lloyd Webber, Julian (21 de xullo de 2005). "Why make war when you can make music?". The Telegraph (Londres). Consultado o 23 de abril de 2007. 
  13. Shelden, Michael (15 de xullo de 2004). "My affair? I don't think Jackie knew". Londres: Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2008. Consultado o 2007-04-23. 
  14. "Israeli conductor Daniel Barenboim to perform with orchestra in Gaza". Haaretz. 2 de maio de 2011. Consultado o 4 de maio de 2011. 
  15. Connolly, Kate (15 de novembro de 2002). "Barenboim in battle to save Berlin opera house". Londres: Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2007. Consultado o 2007-04-23. 
  16. Henderson, Michael (20 de xuño de 2006). "Goodbye Chicago, hello world". Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2008. Consultado o 2007-04-23. 
  17. McMahon, Barbara (16 de maio de 2006). "Barenboim to be La Scala's guest". The Guardian (Londres). Consultado o 2007-04-23. 
  18. Wakin, Daniel J. (29 de novembro de 2006). "Unprompted, Lorin Maazel Nominates His Successor". The New York Times. Consultado o 2007-04-23. 
  19. Landler, Mark (30 de novembro de 2006). "Proposed Philharmonic Candidate Is Flattered, if Coy". The New York Times. Consultado o 2007-04-23. 
  20. Oestreich, James R. (2 de marzo de 2007). "Musing on the Barenboim X-Factor". The New York Times. Consultado o 2007-04-23. 
  21. Barenboim, Daniel. "On Conducting the New Year's Day Concert with the Vienna Philharmonic" (PDF). Wiener Philharmoniker. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011. Consultado o 4 de maio de 2011. 
  22. "Daniel Barenboim anuncia un retiro temporal por 'grave enfermedad neurológica'". www.telam.com.ar (en castelán). Consultado o 2023-01-07. 
  23. "Barenboim tritt als Generalmusikdirektor der Staatsoper Unter den Linden zurück". www.rbb24.de (en alemán). Consultado o 2023-01-07. 
  24. "Bronislaw Szulc at Levant Fair Concert Hall [Tel Aviv]", Palestine Post, 20 de xullo de 1938, p. 6
  25. Gans, Chaim (2003). "Moralische Aspekte des Israelischen Wagner-Boykotts". En Zuckermann, Moshe. Medien – Politik – Geschichte. Tel Aviver Jahrbuch für deutsche Geschichte (en alemán). Verlag Wallstein Verlag. p. 385. ISBN 3892446571. 
  26. Paul R. Mendes-Flohr; Jehuda Reinharz, eds. (1995). The Jew in the Modern World. Oxford University Press. p. 230, fn1 to Richard Wagner, "Jewry in Music", translation and excerpt of "Das Judenthum in der Musik", pp. 327–331. ISBN 9780195074536. 
  27. Gozani, Ohad (14 de maio de 2001). "Israeli battle over Wagner". The Telegraph (Londres). Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  28. Shohat, Zipi (18 de xullo de 2001). "Wagner gets in through the back door. Some are angry about Daniel Barenboim's decision to conduct Wagner, but call it a historic occasion nonetheless". Haaretz (Tel Aviv). Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  29. Gilmore, Inigo (9 de xullo de 2001). "Barenboim shatters Israel taboo on Wagner". The Daily Telegraph (Londres). Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  30. Hodgkinson, Will (13 de agosto de 2004). "Orchestral manoeuvres". The Guardian (Londres). Consultado o 20 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar