Lorin Varencove Maazel , nado en Neuilly-sur-Seine o 6 de marzo de 1930, e finado en Virxinia o 13 de xullo de 2014,[1] foi un director de orquestra, violinista e compositor estadounidense de orixe francesa.

Lorin Maazel
Lorin Maazel en 2006
Nome completoLorin Varencove Maazel
Data nacemento6 de marzo de 1930
Nado enNeuilly-sur-Seine (Francia)
Falecemento13 de xullo de 2014
Castleton Farms, Virxinia (Estados Unidos de América)
 Condado de Rappahannock
Causapneumonía
CónxuxeIsraela Margalit (desde 1969)
Dietlinde Turban (desde 1986)
FillosFiona Maazel
OcupaciónDirector de orquestra, violinista e compoitor
XéneroMúsica clásica
Na rede
http://www.maestromaazel.com/
IMDB: nm0531043 Allocine: 35843 Allmovie: p100510
Facebook: MaestroMaazel Twitter: MaestroMaazel Spotify: 3EQvBmWlfyaRLGDuVfKmve Musicbrainz: e38bb7a2-c3e5-4be2-894b-7078c40b9955 Songkick: 222083 Discogs: 415720 Allmusic: mn0002078867 Find a Grave: 132789472 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Maazel naceu en Neuilly-sur-Seine, Francia, de pais estadounidenses xudeus de orixe rusa que moi pronto volveron aos Estados Unidos. Xa de pequeno demostrou uns dotes prodixiosos para a música. Tomou a súa primeira clase de dirección de orquestra aos 7 anos, e debutou aos 8. Con 9, en 1939, xa dirixiu a Orquestra de Interlochen na Feira Mundial de Nova York, así como a Orquestra Filharmónica de Los Ángeles, onde compartiu un programa con Leopold Stokowski. Aos 11, Arturo Toscanini invitouno a dirixir a súa orquestra neoiorquina, e aos 13 xa fixera o propio na Orquestra Filharmónica de Nova York e na Orquestra de Filadelfia.[2] Aos 12 anos efectuou unha xira polos Estados Unidos de América dirixindo as mellores orquestras. Seu debut como violinista foi aos 15 anos de idade. Estudou matemáticas e filosofía na Universidade de Pittsburgh.

Faleceu en Castleton Farms, Virxinia, Estados Unidos, o 13 de xullo de 2014, tras unha complicación dunha pneumonía.

Notas editar

  1. Muere el maestro Lorin Maazel
  2. Barcelona, Anna Abella (13 de xullo de 2014). "Fallece a los 84 años el maestro de la batuta Lorin Maazel". Consultado o 6 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.