Convento de San Francisco de Tui
Coordenadas: 42°02′53″N 8°38′46″O / 42.0481907, -8.6462356
O Convento de San Antonio, popularmente Convento de San Francisco, é un mosteiro da vila de Tui, construído en 1682. Foi ocupado por membros da Orde dos Freires Menores até ser exclaustrado trala desamortización de Mendizábal. Parte, acolle, desde 1850, o Seminario Menor da diocese de Tui-Vigo, que posúe unha importante biblioteca.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Tuy-Iglesia_de_san_Francisco_%2814570568548%29.jpg/220px-Tuy-Iglesia_de_san_Francisco_%2814570568548%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Tui%2C_igrexa_parroquial_de_S._Antonio_%28p._S._Francisco%29.jpg/220px-Tui%2C_igrexa_parroquial_de_S._Antonio_%28p._S._Francisco%29.jpg)
Arquitectura da igrexa
editarA igrexa consta de tres naves, posúe un estilo neoclásico e unha sinxela torre campanario de dobre corpo e de escasa ornamentación.
O seu interior inclínase máis polo barroco que polo neoclasicismo. Conta cun destacado retablo maior barroco realizado en 1741 e a capela da Venerable Orde Terceira, construída en 1777.[2]
Notas
editar- ↑ Tui Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., en Agalicia.com (en castelán).
- ↑ Igrexa do Convento de San Francisco de Tui, ficha na web de Turgalicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento de San Francisco de Tui |