Benvido á Galipedia, TelmoPP!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 7 de abril de 2013 ás 19:43 (UTC)Responder

imaxes e artigos editar

Ola, Telmo; por favor, ao creares un artigo procura mellorar a redacción e adaptalo ao formato usado na Galipedia. E lembra que non se pode subir calquera imaxe, senón que hai que respectar os dereitos de autoría. A foto que subiches de San Francisco está tomada da web de Turgalicia (aquí), e esa web ten todos os dereitos reservados, como podes mirar na parte de abaixo da mesma.

Para calquera tipo de dúbida, non teñas medo en preguntarlle a calquera usuario. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de setembro de 2013 ás 10:29 (UTC)Responder

Ola, Telmo; na web de Turgalicia non se mencionan os dereitos concretos dunha imaxe, senón de toda a web, incluídos os datos e as imaxes. Por tanto, xa que en [www.turgalicia.es www.turgalicia.es] pon "Todos os dereitos reservados", isto inclúe a imaxe de San Francisco.
Ao deixares unha mensaxe a outra persoa, lembra asinala, para poder saber quen a deixou. E por favor, escríbea ao final da páxina de conversa, pois están postas por orde cronolóxica. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de setembro de 2013 ás 10:40 (UTC)Responder

formato e referencias editar

Ola, Telmo! Ao creares un artigo, é importante que o adaptes ao formato da Galipedia. Amais, debes citar a fonte de onde tomas os datos: se é unha tradución, podes poñer no resumo da edición algo como "traducido da es:wiki".

E procura evitar o uso de tradutores automáticos, que moitas veces teñen erros. Se queres podes instalar un detector de erros ortográficos, amais das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de outubro de 2013 ás 19:31 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola TelmoPP.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 14 de novembro de 2013 ás 21:40 (UTC)Responder

Permíteme insistir. --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2013 ás 09:58 (UTC)Responder

Tradutores automáticos editar

Telmo, ten tino cos tradutores automáticos. Cómpre revisar o resultado (Ángel Expósito Mora → Anxo Expósito Amora etc). --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2013 ás 10:12 (UTC)Responder

Igual non me expresei ben. O que pretendía dicirche era precisamente iso, que, obviamente, os nomes propios non se traducen. Por iso, ao empregar tradutores automáticos cómpre ter tino para que un señor de Logroño que se chama Joaquín Roble non acabe na Galipedia como Xoaquín Carballo, por exemplo. --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2013 ás 18:57 (UTC)Responder