Serval

(Redirección desde «Leptailurus»)

O serval,[2] Leptailurus serval, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[3][4]

Serval
Leptailurus serval

Serval no Parque Nacional de Serengueti, Tanzania
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Leptailurus
Severtzov, 1858
Especie: L. serval
Nome binomial
Leptailurus serval
(Schreber, 1776)
Especie tipo
Felis serval
Schreber, 1776
Área de dispersión do serval. En verde escuro: presente na actualidade. En verde claro: extintiguido.
Área de dispersión do serval.
En verde escuro: presente na actualidade.
En verde claro: extintiguido.

Área de dispersión do serval.
En verde escuro: presente na actualidade.
En verde claro: extintiguido.
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Para a maioría dos autores trátase dunha especie monotípica, xa que o seu xénero só comprende unha especie.

É un felino de tamaño medio, máis grande que un gato doméstico, que vive nas sabanas abertas, desde zonas de mato abertas até selvas, especialmente cerca de ríos e lugares pantanosos, pero tamén en áreas semidesérticas de África.

Características editar

O serval é un felino de tamaño medio, sendo os machos de maior tamaño que as femias.[5] A lonxitude da cabeza e o tronco oscila entre os 67 e os 100 cm, aos que hai que engadir entre 24 e 45 cm da cola; a altura na cruz alcanza entre os 45 e os 55 cm; o seu peso varía entre os 8 e o 18 kg.[5][6][7] A súa constitución é esvelta, coa cola non moi longa e a cabeza pequena en relación ao resto do corpo, con orellas grandes. Destacan sas súa pencas negras. O servais son bos corredores e, aínda que non adoitan subir ás árbores, poden gabear bastante ben. Nas zonas boscosas, sobre todo nas montañas, non son infrecuentes os individuos melánicos.

A súa fórmula dentaria é: 3/3, 1/1, 3/2, 1/1 = 30.[5]

Hábitat e distribución editar

Aínda que abunda máis nas zonas de matogueiras claras, está presente tamén en sabanas abertas, e en selvas, particularmente cerca de lugares pantanosos e ríos, e en semidesertos, polo que a súa área de distribución esténdese por gran parte do continente africano, coa excepción das zonas desérticas, as selvas húmidas da África occidental e da cunca do Congo,[1][6][7] e boa parte do extremo sur de Suráfrica, onde se extinguiu a subespecie local (Leptailurus serval serval) debido a caza excesiva.[1]

A subespecie que habita au norte do Sáhara (Leptailurus serval constantinus) probablemente encóntrse extinta, sendo as súas últimas citas en Alxeria de 1880 ou quizais de 1930.[5]

Os servais presentes en Tunisia proceden de reintroducións feitas con exemplares subsaharianos.

Bioloxía e ecoloxía editar

 
Un serval xuvenil.

O serval é un depredador que se alimenta de pequenos animais (ao igual que a maior parte dos felinos). As súas presas máis comúns son roedores e aves de tamaño medio e, excepcionalmente, algunhas especies de antílopes.[8]

Á súa vez, son cazados ocasionalmente por leopardos e, con moita máis frecuencia, polo home, pois a súa pel considérase moi valiosa ao longo e largo de África.

As femias paren de 2 a 4 crías por camada, tras un período de xestación de entre 60 e 65 días,[8] que coidan en solitario nun tobo abandonado por outro animal, con frecuencia o porco formigueiro.

Caza e alimentación editar

 
Cabeza de serval.

O serval é basicamente nocturno, polo que caza sobre todo pola noite, a non ser que sexa perturbado pola actividade humana ou da presenza de depredadores nocturnos máis grandes. A pesar de que está especializado en roedores, é un depredador oportunista cuxa dieta inclúe tamén aves, lebres, damáns, réptiles, insectos, peixes e ras.[9] Máis do 90 % das súas presas pesan menos de 200 g.[10] O serval come moi rápido, ás veces demasiado rápido, o que pode causar que se atragante e regurxite debido á obstrución da garganta. Normalmente caza e se alimenta de pequenas presas das que devora todo. Con presas máis grandes evita os órganos e intestinos xunto coa pel, plumas, picos, patas ou pezuños. Utiliza unha técnica para desplumar moi eficaz que consiste en lanzar repetidamente as aves capturadas ao aire ao mesmo tempo que golpean a súa cabeza de lado a lado, eliminando así as plumas.

Como parte das súas adaptacións para a caza nas sabanas, o serval conta cunha patas longas (as máis longas de todos os gatos, en relación co tamaño do corpo) para saltar, e que tamén o axudan para alcanzar unha velocidade máxima de 80 km/h, e ten grandes orellas cun sistema auditivo moi agudo. As súas longas patas e o longo pescozo permítenlle ver a través dos pasteiros de hermas* máis altas; mentres que os oídos utilízaos para detectar ás súas presas, incluso en tobos subterráneos. O seu ataque repentino é un salto en vertical moi preciso, que pode ser unha adaptación para a captura de aves.[11] É capaz de saltar até 3,6 m horizontalmente desde unha posición estacionaria, e aterrar con precisión no seu obxectivo con forza suficiente para atordar ou matar á súa presa co impacto.[12] O serval é un cazador eficiente, dada a porcentaxe de captura de presas: 50  % en media, fronte a unha media do 38  % para os leopardos e o 30  % para os leóns.

O serval é extremadamente intelixente e demostra gran capacidade para a resolución de problemas, polo que é capaz de facer travesuras, así como burlarse facilmente da súa presa e eludir a outros depredadores. A miúdo xoga coa súa presa capturada durante varios minutos antes de consumila. Na maioría das situacións, defende feroz o seu alimento contra os intentos de roubo. Os machos son máis agresivos que as femias.

Reprodución editar

 
Femia de serval cun cachorro.

A época de apareamento do serval ten unha duración de até catro días. Unha femia é capaz de parir varias camadas durante todo o ano, pero normalmente o fai só se as camadas anteriores morren pouco despois do nacemento. A xestación dura de 66 a 77 días, e xeralmente nacen dous cachorros, ás veces tan só un, e outras até catro.[12]

As crías pesan ao redor de 250 g ao naceren, e son nos primeiros ceegas*, e están cubertas por unha capa de pelo lanoso agrisado. Abren os ollos entre os 9 e os 13 días de idade, e comenzan a inxerir alimentos sólidos ao cabo dun mes. Nuns seis meses adquiren os seus dentes caninos permanentes e comenzan a cazar por si mesmas; abandona a súa nai aos 12 meses de idade. Poden alcanzar a madurez sexual entre os 12 e os 25 meses de idade.[12]

A súa esperanza de vida é duns 10 anos na natureza, e de até 20 anos en catividade.[13] A vida máis longa rexistrada nun serval africano salvaxe foi de 23 anos de idade. En cativerio, a media de vida é de 22,4 anos.[14][15][16][17]

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero Leptailurus foi creado en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, 1858 (2) 10: 389.[18][19]

Especie editar

A especie foi descrita en 1776 polo médico, botánico e zoólogo alemán, discípulo de Linneo, Johann Christian Daniel von Schreber, en Die Säugethiere, 3 (16): pl. 110. (Imaxe).

Etimoloxía editar

Xénero editar

O nome Leptailurus quizais se construíu a partir do primeiro elemento lep-, tirado do grego antigo λεπταλέος (leptaléos) ou λεπτός (leptós) que significa 'fino', 'delicado',[20] ao que se engadiu o substantivo do grego antigo αἲλουρος aíluros, 'gato'.[21]

Especie editar

O termo serval deriva do latín moderno Serval, empregado por primeira vez por Buffon en 1765, que o tomou do galego-portugués (lobo) cerval ('lince', referido ao lince ibérico),[22] termo derivado do latín clásico lupus cervarius, literalmente 'lobo que caza ao cervo', de cervarius, -a, -um, 'pertencente ao cervo', de cervus 'cervo'.[23]

Nome vulgar editar

Na maioría das linguas modernas a especie coñécese como serval. En afrikaans denomínase tierboskat e, en suahili, mondo, kisongo, marara e tsui mbara.[6][7]

Notas taxonómicas editar

O xénero foi considerado como un subxénero de Felis por McKenna e Bell (1997).[24] Parece que hai pouco acordo sobre a relación de Leptailurus con outros felinos. Pocock (1917) situouno canda Leopardus,[25] mentres que Weigel (1961), Hemmer (1978) e Bininda-Emonds et al. (1999) agrupárono con Felis, Lynx e Caracal. Salles (1992) xuntouno con Prionailurus bengalensis, e Johnson e O'Brien (1997) e Mattern e McLennan (2000) con Caracal e Profelis. Severtzov (1858), Groves (1982) e McKenna e Bell (1997) consideraron a Leptailurus como un subxénero de Felis.[18]

Sinonimia editar

Xénero editar

O xénero coñeceuse, ao longo da historia polos sinónimos:[18]

  • Galeopardus Heuglin & Fitzinger, 1866
  • Serval Brehm, 1864
  • Servalina Greve, 1894

Especie editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo seguintes sinónimos:[Cómpre referencia]

  • Felis capensis (Forster, 1781)
  • Felis galeopardus (Desmarest, 1820)
  • Felis ogilbyi (Schinz, 1844)
  • Felis serval (Schreber, 1776) (epónimo)[18]
  • Felis servalinus (Ogilby, 1839)
  • Felis algiricus (J. B. Fischer, 1829)
  • Felis senegalensis (Lesson, 1839)

A dos felinos, unha taxonomía discutida editar

Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[3][26]

Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[27]

No século XIX e principios do XX algúns taxónomos examinaron moitas peles de servais, e identificaron dúas especies sobre a base do patrón da capa: Felis serval (o serval), con manchas grandes e pronunciadas, e Felis servalina ou Felis ornata (coñecidido como servalina ou gato servalina), con peles marcadas con moutas de cor parda.[12] F. servalina foi descrito por primeira vez en 1839 polo naturalista irlandés William Ogilby nun exemplar de Serra Leoa.[28] En 1867, o zoólogo británico John Edward Gray describiu F. herschelii a partir da pel dun espécime da India, que probabelmente era o mesmo que o gato servalina.[29] En 1907, o zoólogo británico Reginald Innes Pocock comentou que as dúas formas deberían considerarse como especies independentes, pero cambiou de opinión 1917.[30] Finalmente, as dúas formas chegaron a ser recoñecidas como a mesma especie. Outra forma, F. himalayanus (o serval do Himalaia), foi descrita a partir dunha pel adquirida na rexión do Himalaia. Con todo, o naturalista escocés William Jardine observou en 1843 que ningún exemplar identificado por el ou polos seus colegas difería considerabelmente do serval común.[31] En 1944, Pocock identificou tres razas do serval do norte de África.[32]

Datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[33]

E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[34]

Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[35] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:

Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:[33][36]

Subespecies editar

Na actualidade a maioría dos autores recoñecen as seguintes subespecies:[18][37]

  • Leptailurus serval beirae (Wroughton, 1910)
  • Leptailurus serval brachyurus (Wagner, 1841)
  • Leptailurus serval constantinus (Forster, 1780)
  • Leptailurus serval faradjius J. A. Allen, 1924
  • Leptailurus serval ferrarii (de Beaux, 1924)
  • Leptailurus serval hamiltoni Roberts, 1931
  • Leptailurus serval hindei (Wroughton, 1910)
  • Leptailurus serval kempi (Wroughton, 1910)
  • Leptailurus serval kivuensis (Lönnberg, 1919)
  • Leptailurus serval lipostictus (Pocock, 1907)
  • Leptailurus serval lonnbergi (Cabrera, 1910)
  • Leptailurus serval mababiensis Roberts, 1932
  • Leptailurus serval pantastictus (Pocock, 1907)
  • Leptailurus serval phillipsi (G. M. Allen, 1914)
  • Leptailurus serval pococki (Cabrera, 1910)
  • Leptailurus serval robertsi Ellerman, Morrison-Scott & Hayman, 1953
  • Leptailurus serval serval (Schreber, 1776)
  • Leptailurus serval togoensis (Matschie, 1893)

Porén, desde 2017, A. C. Kitchener e colaboradores só recoñecen como válidas tres subespecies:[38]

Filoxenia dos felinos editar

Os resultados de estudos filoxenéticos indican que o caracal evolucionou case un millón de anos antes que os linces.[33] Está máis estreitamente relacionado con Caracal aurata. Estas dúas especies, xunto co serval, forman a liñaxe denominada Caracal, que evolucionou hai 8,5 millóns de anos (Ma). O antepasado desta liñaxe chegou a África hai de 8,5 a 5,6 Ma.[39][40] Diverxeu do serval probabelmente nos últimos cinco millóns de anos, entre o plioceno e o plistoceno.[41]

Desde 2006, as relacións filoxenéticas dos felinos establecéronse como se indica a continuación:[33][40]

Pardofelis

Gato marmorado (Pardofelis marmorata)

Catopuma

Gato rubio de Borneo (Catopuma badia)

Catopuma temminckii

 

Caracal
(liñaxe)
Leptailurus

Serval (Leptailurus serval)

Caracal

Caracal (Caracal caracal)

Caracal aurata

lineage

Leopardus

Lynx

Acinonyx

Puma

Otocolobus

Prionailurus

Felis

Domesticación e hibridación editar

Os servais xuvenís poden seren domesticados, aínda que son difíciles de manter en catividade porque non adoitan recoñeceren a xerarquía imposta polos seus donos; a pesar diso, cada vez pódense ver máis como mascotas exóticas nos Estados Unidos. Neste país efectuáronse cruzamentos con éxito de servais con caracais (como veremos, uns felinos lixeiramente emparentados), e incluso con gatos domésticos, o que orixinou unha nova e rara raza de felinos domésticos, os chamados gatos "Savannah".

O 7 de abril de 1986, naceu un gatiño híbrido san fillo do cruzamento entre un serval macho e unha gata doméstica; este gatiño era máis grande que os gatiño domésticos típicos, e se parecía ao seu pai no patrón da pelaxe, e parecía ter herdado algúns trazos domésticos, como a mansedume, da súa nai. Estes gatos híbridos poden ter o hábito de seguir ao seu dono, e poden seren bos nadadores. Cos anos, estes gatos de Savannah gañaron popularidade como mascotas nos Estados Unidos.[42][43]

Status editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status do serval como LC (pouco preocupante), debido a que é relativamente abundante e a súa área de distribución é extensa. Nos últimos anos hai moitos rexistros novos que indica unha expansión e recolonización dalgunhas áreas.[1]

Esta especie está tamén incluída no Apéndice III do CITES.

Ameazas e conservación editar

A maior ameaza para a supervivencia do serval é a degradación das zonas húmidas e das praderías. O comercio de peles de serval, aínda que en declive, mantense en países como Benín e o Senegal. Na África Occidental, o serval ten importancia na medicina tradicional. Os pastores adoitan mataren servais para protexeren aos seus animais domésticos, aínda que estes animais xeralmente non se alimentan do gando.[1]

Varias poboacións de servais viven en diversas áreas protexidas da súa área de dispersión. Por outra parte, a súa caza está prohibida en Alxeria, Botsuana, ambos os Congos (República do Congo e República Democrática do Congo), Kenya, Liberia, Marrocos, Mozambique, Nixeria, Ruanda, Suráfrica (Provincias de O Cabo Oriental e O Cabo Occidental) e Tunisia, e está admitida, pero regulada, en Angola, Burkina Faso, República Centroafricana, Ghana, Malaui, Senegal, Serra Leoa, Somalia, Tanzania, Togo e Zambia.[1]

O serval na cultura editar

A asociación dos servais cos seres humanos data dos tempos do Exipto Antigo.[44] Aparecen pintados en agasallos ou obxectos comerciais de Nubia na arte exipcia.[45]

Do mesmo xeito que moitas outras especies de felinos, os servais son ocasionalmente mantidos como animais de compañía, aínda que a súa natureza salvaxe implica que a súa propiedade estea regulada na maioría dos paíse.[46][47][48][49][50][51][52][53][54]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Thiel, C. (2015): Leptailurus serval na Lista vermella da UICN. Versión 2018.1. Consultada o 7 de novembro de 2018.
  2. serval, en Digalego Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 Leptailurus serval en MSW.
  4. Leptailurus serval (Schreber, 1776) no ITIS.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Aulagnier, S.; Haffner, P.; Mitchell-Jones, A.; Moutou, F. & Zima, J. (2009). Guía de los Mamíferos de Europa, del norte de África, y de Oriente Medio (en español) (1ª ed.). Barcelona: Lynx Edicions. p. 274. ISBN 978-84-96553-52-1. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, p. 143.
  7. 7,0 7,1 7,2 Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 226.
  8. 8,0 8,1 Hanák, V. & Mazák, V. (1991). Enciclopedia de los Animales, Mamíferos de todo el Mundo (en español). Madrid: Susaeta. p. 354. ISBN 84-305-1967-X. 
  9. Serval. African Wildlife Foundation. Consultada o 1 de decembro de 2018.
  10. Serval (Leptailurus serval) Fact Sheet, 2010. San Diego Zoo. Consultada o 1 de decembro de 2018
  11. Hunter, Luke & Hinde, Gerald (2005): Cats of Africa. London: New Holland Publishers. pp. 61–62. ISBN 1-7700-7063-X.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Sunquist, Mel & Sunquist, Fiona (2002): Wild cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. pp. 142–151. ISBN 978-0-2267-7999-7.
  13. Tonkin, B. A. (1972): "Notes on longevity in three species of felids". International Zoo Yearbook 12: 181–182.
  14. Grzimek, B. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. New York: McGraw-Hill.
  15. Livingston, S. (2009): "The nutrition and natural history of the serval (Felis serval) and caracal (Caracal caracal)". The Veterinary Clinics of North America, 12 (2): 327-334.
  16. Walker, E., F. Warnick, K. Lange, H. Uible, S. Hamlet, M. Davis & P. Wright (1964): Mammals of the World. Baltimore, Maryland: The Johns Hopkins Press.
  17. Weigl, R. (2005): Longevity of Mammals in Captivity; from the Living Collections of the World. Stuttgart: Kleine Senckenberg-Reihe 48.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Leptailurus en MSW.
  19. Leptailurus Severtzov, 1858 no ITIS.
  20. Liddell, H. G. & Scott, R. (1889). "λεπταλέος λεπτός". An Intermediate Greek-English Lexicon. Oxford: Clarendon Press. 
  21. Ailurus no Merriam-Webster Dictionary.
  22. serval no Merriam-Webster Dictionary.
  23. serval no Online Etymology Dictionary.
  24. McKenna, M. C & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  25. Pocock, R. I. (1917): "The Classification of existing Felidae". The Annals and Magazine of Natural History. Serie 8, Volume XX: 329–350.
  26. Caracal Gray, 1843 no ITIS.
  27. Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". En: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  28. Gray, J. E., ed. (1869). Catalogue of Carnivorous, Pachydermatous, and Edentate Mammalia in the British Museum. London, UK: Natural History Museum. p. 24. 
  29. Gray, J. E. (1874). "On the steppe-cat of Bokhara (Chaus caudatus)". The Proceedings of the Scientific Meetings of the Zoological Society of London: 31–33. 
  30. Hunter, L. & Bowland, J. (2013): "Leptailurus serval Serval". En: Kingdon, J.; Happold, D.; Butynski, T.; Hoffmann, M.; Happold, M. % Kalina, J. Mammals of Africa. London, UK: Bloomsbury Publishing. pp. 180–184. ISBN 978-1-4081-8996-2.
  31. Jardine, W. (1843). "Himalayan serval". The Naturalist's Library 16: 230–231. 
  32. Pocock, R. I. (1944). "Three races, one new, of the serval (Leptailurus) from North Africa". Journal of Natural History Series 11 11 (82): 690–698. doi:10.1080/00222934408527466. 
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  34. Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–7. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277.  Consultado o 14 de outubro de 2018.
  35. Bahaa-el-din, L.; Mills, D.; Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN). Consultado o 14 de outubro de 2018. 
  36. Caracal Gray 1843 Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  37. Leptailurus serval (Schreber, 1776) no ITIS.
  38. Kitchener, A. C., Breitenmoser-Würsten, C., Eizirik, E., Gentry, A., Werdelin, L., Wilting A., Yamaguchi, N., Abramov, A. V., Christiansen, P., Driscoll, C., Duckworth, J. W., Johnson, W., Luo, S.-J., Meijaard, E., O’Donoghue, P., Sanderson, J., Seymour, K., Bruford, M., Groves, C., Hoffmann, M., Nowell, K., Timmons, Z. & Tobe, S. (2017). "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group" (PDF). Cat News. Special Issue 11. 
  39. Johnson, W. E.; O'Brien, S. J. (1997). "Phylogenetic reconstruction of the Felidae using 16S rRNA and NADH-5 mitochondrial genes". Journal of Molecular Evolution. 44 Suppl. 1: S98–116. Bibcode:1997JMolE..44S..98J. PMID 9071018. doi:10.1007/PL00000060. 
  40. 40,0 40,1 Werdelin, L.; Yamaguchi, N.; Johnson, W. E.; O'Brien, S. J. (2010). "Phylogeny and evolution of cats (Felidae)" (PDF). Biology and Conservation of Wild Felids: 59–82. 
  41. Gittleman, J., ed. (1989). Carnivore Behavior, Ecology, and Evolution. New York: Cornell University Press. 
  42. "Blast from the Past: The Very First F1 Savannah" (PDF). Feline Conservation Federation 51 (4): 32. 2007.  (Original essay: Wood, Suzi (November 1986). LIOC-ESCF 30 (6): 15.)
  43. Frater, J. (2014). Listverse.com's Epic Book of Mind-Boggling Lists: Unbelievable Facts and Astounding Trivia on Movies, Music, Crime, Celebrities, History, and More. California, US: Ulysses Press. p. 232. ISBN 978-1-6124-3297-7. 
  44. Faure, E.; Kitchener, A. C. (2009). "An archaeological and historical review of the relationships between felids and people". Anthrozoös: A Multidisciplinary Journal of the Interactions of People & Animals 22 (3): 221–238. doi:10.2752/175303709X457577. 
  45. Engels, D. W. (2015). Classical Cat: The Rise and Fall of the Sacred Cat. Abingdon, UK: Routledge. ISBN 978-1-1346-9293-4. 
  46. "Children, meet the new pet: a 3-stone African wild cat". 5 December 2017. Consultado o 1 de decembro de 2018 – vía www.thetimes.co.uk. 
  47. "Wild Cat Hybrid Fad In California Concerning To Pet Experts". 5 November 2013. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  48. "Serval - San Diego Zoo Animals & Plants". animals.sandiegozoo.org. Consultado o 1 de decembro de2018. 
  49. Casey, Liam (6 October 2016). "Serval cat owner rails against Ottawa's exotic animal bylaw". Consultado o 1 de deembro de 2018. 
  50. "Exotic pet laws in B.C.". Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  51. "Regulations Concerning the Private Possession of Big Cats: Canada - Law Library of Congress". www.loc.gov. 1 June 2013. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  52. "Regina family fights to keep African cat - CBC News". Consultado o 6 April 2018. 
  53. News, 69 (8 November 2017). "African serval rescued after found roaming Reading streets". Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  54. "Family with two young children become first in Britain to adopt Serval". Consultado o 1 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar