Prionailurus
Prionailurus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1]
Prionailurus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lámina de Prionailurus viverrinus na obra de Richard Lydekker Cats and Carnivora, 1894 | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Felis pardochrous Hodgson, 1844 (= Felis bengalensis Kerr, 1792)[1] | |||||||||||||||||||||||
![]() Nota: mapa elaborado pola superposición das áreas de dispersión das súas especies. Área de dispersión do xénero Prionailurus
Nota: mapa elaborado pola superposición das áreas de dispersión das súas especies. | |||||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Dentro deste xénero inclúense cinco especies,[1] (ou catro, segundo os autores),[2] de felinos de tamaño e aspecto variábel, que viven nas selvas da India e do Sueste Asiático: o Prionailurus bengalensis, o Prionailurus bengalensis iriomotensis[3] o gato de cabeza chata (Prionailurus planiceps), o gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) e o gato pescador (Prionailurus viverrinus). Este último é o máis coñecido e de distribución máis ampla, así como practicamente o único felino que basea a súa dieta no consumo de peixes.
O estado de conservación de cada unha das especies é dispar, aínda que en xeral pódese dicir que todas están ameazadas nalgunha medida debido á destrución do seu hábitat, que se acelerou nos últimos anos á par que o desenvolvemento urbano e industrial do Sueste Asiático. O gato de cabeza chata chegou mesmo a considerarse extinto en 1985, pero por fortuna foi redescuberto dez anos despois; desde aquela aparece na Lista vermella da UICN como especie en estado crítico.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, (2), 10: 387, quen asignou como especie tipo a Felis pardochrous Hodgson, 1844.[1]
Porén, este nome era sinónimo de Felis bengalensis Kerr, 1792 (que ten prioridade pola data de descrición).
Etimoloxía
editarO nome científico Prionailurus probalemente derive da unión das voces do grego antigo πρίων príōn, 'serra', relacionada co verbo πρίω príō, 'serrar', 'renxer os dentes', 'trabar', e αἲλουρος aíluros, 'gato'.[4]
Especies e subespecies
editarO xénero está conformado polas seguintes cinco especies, coas subespecies que se indican:[1]
- Prionailurus bengalensis (Kerr, 1792)
- Prionailurus bengalensis bengalensis (Kerr, 1792)
- Prionailurus bengalensis alleni Sody, 1949
- Prionailurus bengalensis borneoensis Brongersma, 1936
- Prionailurus bengalensis chinensis (Gray, 1837)
- Prionailurus bengalensis euptilurus (Elliot, 1871)
- Prionailurus bengalensis heaneyi Groves, 1997
- Prionailurus bengalensis horsfieldii (Gray, 1842)
- Prionailurus bengalensis javanensis (Desmarest, 1816)
- Prionailurus bengalensis rabori Groves, 1997
- Prionailurus bengalensis sumatranus (Horsfield, 1821)
- Prionailurus bengalensis trevelyani Pocock, 1939
- Prionailurus iriomotensis Imaizumi, 1967,[3]
- Prionailurus planiceps (Vigors & Horsfield, 1827)
- Prionailurus rubiginosus (I. Geoffroy Saint-Hilaire, 1831)
- Prionailurus rubiginosus rubiginosus (I. Geoffroy Saint-Hilaire, 1831)
- Prionailurus rubiginosus phillipsi Pocock, 1939
- Prionailurus viverrinus (Bennett, 1833)
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Groves, Colin (2005), en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. p. 155. ISBN 0-8018-8221-4.
- ↑ Prionailurus Severtzov, 1858 no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Algúns autores considérano como unha subespecie de Prionailurus bengalensis).
- ↑ Ailurus no Merriam-Webster Dictionary.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prionailurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Prionailurus |
Bibliografía
editar- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.
- Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2.
- VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Prionailurus. Asian small cats na ADW.
- Prionailurus Severtzov, 1858] na EOL.
- Prionailurus no Tree of Life.
- Prionailurus no NCBI.
- Prionailurus na Lista vermalla da UICN.