Colin Peter Groves, nado o 24 de xuño de 1942, en Londres, Inglaterra , é un zoólogo e antropólogo, profesor de antropoloxía biolóxica da Australian National University de Canberra, Australia.[1]

Modelo:BiografíaColin Groves

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1942 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Camberra, Australia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCamberra Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres - Doutor en filosofía
Universidade Nacional Australiana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía física Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, zoólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional Australiana (1974–2015)
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGroves Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación e primeiros anos

editar

Nado en Londres, Inglaterra en 1942, acadou no University College de Londres o título de Bachelor of Science en 1963, e o doutoramento (Ph.D.) no Royal Free Hospital School of Medicine da mesma universidade en 1966.

Desde 1966 a 1973, Groves fixo estudos de posdoutoramento na Universidade de California, Berkeley, onde tamén foi profesor Fellow.

Así mesmo impartiu clases no Queen Elizabeth College de Londres e na Universidade de Cambridge.[1]

En Australia

editar

En 1974 emigrou a Australia, onde desde esa data dita clases na Australian National University de Canberra,[1] sendo promovido a catedrático no ano 2000.[2]

Os seus intereses académicos céntranse na evolución dos humanos e outros primates e mamíferos, na antropoloxía biolóxica e na etnobiología.[2]

Groves levou a cabo extensos traballos de campo en Kenya, Tanzania, Ruanda, India, Irán, China, Indonesia, Sri Lanka e a República Democrática do Congo.

Xunto co biólogo checo Vratislav Mazák, Groves foi o descritor da especie Homo ergaster.[3] Así mesmo, en 2010, xunto con Myron Shekelle, biólogo evolutivo, ecólogo e taxónomo da Western Washington University, de Bellingham, Estados Unidos,[4] describiu o novo xénero de primate tarsíido Carlito.[5]

Groves tamén escribiu libros sobre a taxonomía dos primates, publicado pola Smithsonian Institution o ano 2001, e dos ungulados, publicado por The Johns Hopkins University Press en 2011.

É un membro activo da organización Australian Skeptics (Escépticos australianos), e publicou numerosos artigos sobre escepticismo relixioso,[6] ademais doutros dentro da súa área de traballo directa. Tamén dirixiu numerosos debates con creacionistas e anti evolucionistas.[2]

Principais publicacións

editar
  • 1989 A Theory Of Human And Primate Evolution (Unha teoría sobre a evolución dos humanos e os primates) Oxford Science Publications.
  • 1989 Skeptical (Escéptico). Editado por Donald Laycock, David Vernon, Colin Groves, Simon Brown. Australian Skeptics
  • 1996 From Ussher to Slusher; from Archbish to Gish; or, not in a million years... (Desde Ussher até Slusher; desde o arcebispo até Gish; ou, non nun millón de anos...) Archaeology in Oceania, 31: 145-151.
  • 1998 "Systematics of tarsiers and lorises". Primates 39: 13–27.
  • 2001 Primate Taxonomy, (Taxonomía de primates). Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-872-X.
  • 2003. The science of culture. Being Human: Science, Culture and Fear. (A ciencia da cultura. Sendo humano: ciencia, cultura e medo.) Royal Society of New Zealand, Miscellaneous Series, 63: 3-13.
  • 2004 (xunto con David W. Cameron) Bones, Stones and Molecules. (Ósos, pedras e moléculas) Ámsterdam, Boston, etc.: Elsevier Academic Press.
  • 2005. "Order Primates". En D. E. Wilson; D. M. Reeder, Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. The Johns Hopkins Univ. Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • 2008. Extended Family: Long Lost Cousins: A Personal Look at the History of Primatology. Arlington, Virginia: Conservation International. ISBN 978-1-934151-25-9.

Abreviatura

editar

A abreviatura Groves emprégase para recoñecer a Colin Groves como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1,0 1,1 1,2 Colin Groves.
  2. 2,0 2,1 2,2 Professor Colin Groves, Curriculum Arquivado 21 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 17 de febreiro de 2016.
  3. Kramer, A (1993): "Human Taxonomic Diversity in the Pleistocene: Does Homo erectus Represent Multiple Hominid Species?". American Journal of Physical Anthropology 91 (2): 161–171. Resumo.
  4. Myron Shekelle, Profile.
  5. Groves, C. & Shekelle, M. (2010): "The Genera and Species of Tarsiidae" International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082.
  6. Lista de artigos publicados por Colin Groves sobre escepticismo