Thomas Horsfield

médico e naturalista dos EE. UU.

Thomas Horsfield, nado en Bethlehem (Pensilvania) o 12 de maio de 1773, e finado en Londres o 14 de xullo de 1859, foi un médico e naturalista estadounidense.

Thomas Horsfield
Nacemento12 de maio de 1773
Lugar de nacementoFiladelfia
Falecemento24 de xullo de 1859
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeEstados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónconservador, zoólogo, ornitólogo, botánico, biólogo, entomólogo e médico
Premiosmembro da Royal Society
Na rede
WikiTree: Horsfield-130
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Horsfield estudou medicina na Universidade de Pensilvania.[1] Traballou como médico en Xava durante moitos anos. Despois de que a Compañía Británica das Indias Orientais conquistara a illa aos neerlandeses, en 1811, Horsfield comezou a coleccionar plantas e animais para o seu amigo Thomas Stamford Raffles. En 1819 debeu abandonar a illa debido a problemas de saúde, instalándose en Inglaterra, chegando a ser conservador do Museo da Compañía Británica das Indias Orientais, en Londres.

Foi secretario axudante da Sociedade Zoolóxica de Londres, cando se fundou en 1826.

Horsfield escribiu, entre outras obras, Zoological Researches in Java and the Neighbouring Islands (1824). Así mesmo, clasificou varias especies de aves e mamíderos xuntamente co seu amigo Nicholas Aylward Vigors.

O seu traballo máis notábel foi "A description of the Australian birds in the collection of the Linnean Society; with an attempt at arranging them according to their natural affinities", publicado en 1927 en Trans. Linn. Soc. Lond..

Especies desdicadas editar

Various autores dedicaron numerosas especies a Horsfield, entre elas:

Así mesmo, un xénero botánico foi nomeado na súaa homenaxe:

Abreviaturas editar

A abreviatura Horsf. emprégase para recoñecer a Thomas Horsfield como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.​

A abreviatura Horsfield emprégase para recoñecer a Thomas Horsfield como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • John S. Bastin (1982): "The geological researches of Dr Thomas Horsfield in Indonesia, 1801-1819". En: Bulletin of the British Museum (Natural History) / Historical series 10, 3, ISSN 0068-2306, pp. 75–115.
  • James B. MacNair (1942): "Thomas Horsfield, American naturalist and explorer". En: Torreya. A bimonthly journal of botanical notes and news. Vol. 42, ISSN 0096-3844, pp. 1–9.

Notas editar

  1. Horsfield, Thomas (1773-1859), physician and naturalist por D. T. Moore, en Dictionary of National Biography online (Consultado o 7 de decembro de 2018)