Coenraad Jacob Temminck
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Coenraad Jacob Temminck, nado o 31 de marzo de 1778 en Ámsterdam e finado o 30 de xaneiro de 1858 en Lisse (Holanda Meridional), foi un aristócrata, naturalista, botánico e zoólogo neerlandés.
Coenraad Jacob Temminck | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de marzo de 1778 |
Lugar de nacemento | Ámsterdam |
Falecemento | 30 de xaneiro de 1858 |
Lugar de falecemento | Lisse |
Nacionalidade | Países Baixos e Provincias Unidas |
Ocupación | biólogo, ornitólogo, zoólogo, botánico e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Temminck foi o primeiro director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden, desde 1820 até a súa morte.
O seu Manuel d'ornithologie, ou Tableau systematique des oiseaux qui se trouvent en Europe (1815) foi o libro de referencia sobre aves europeas durante moitos anos. Herdara unha gran colección de aves de seu pai, que fora tesoreiro da Compañía Holandesa das Indias Orientais.
Temminck tamén foi autor de Histoire naturelle générale des Pigeons et des Gallinacées (1813-1817), Nouveau Recueil de Planches coloriées d'Oiseaux (1820-1839), e contribuíu ás seccións de mamíferos da obra de Philipp Franz von Siebold Fauna japonica (1844-1850).
Algunhas obrasEditar
- Las Posesiones holandesas en el Archipiélago de la India. Manila, 1855.
- Esquisses zoologiques sur la côte de Guiné ... le partie, les mammifères. Brill, Leiden, 1853.
- Coup-d'oeil général sur les possessions néerlandaises dans l'Inde archipélagique. Arnz, Leiden, 1846–49
- Nouveau recueil de planches coloriées d'oiseaux. Levrault, París 1838.
- Monographies de mammalogie. Dufour & d'Ocagne, París, Leiden 1827–41.
- Atlas des oiseaux d'Europe, pour servir de complément au Manuel d'ornithologie de M. Temminck. Belin, París, 1826–42
- Nouveau recueil de planches coloriées d'oiseaux, pour servir de suite et de complément aux planches enluminées de Buffon. Dufour & d'Ocagne, París, 1821
- Observations sur la classification méthodique des oiseaux et remarques sur l'analyse d'une nouvelle ornithologie élémentaire. Dufour, Amsterdam, París, 1817
- Manuel d'ornithologie ou Tableau systématique des oiseaux qui se trouvent en Europe. Sepps & Dufour, Amsterdam, París, 1815–40
- Histoire naturelle générale des pigeons et des gallinacés. Sepps, Amsterdam, 1808–15
HonoresEditar
EpónimosEditar
Varias especies de aves e mamíferos levan o nome Temminck, como o pilro de Temminck (Calidris temminckii) ou o pangolín de Temminck (Manis temminckii).
AbreviaturasEditar
A abreviatura Temminck emprégase para indicar a Coenraad Jacob Temminck como autoridade na descripión e taxonomía tanto en botánica como en zooloxía.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coenraad Jacob Temminck |
BibliografíaEditar
- Gasso Miracle, M. E. (2008): "The significance of Temminck's work on biogeography: Early nineteenth century natural history in Leiden, the Netherlands". Journal of the History of Biology 41 (4): 677–716.
- Walters, Michael (2003): A Concise History of Ornithology. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0.
Ligazóns externasEditar
- Fauna Japonica Online, Colección Universidade de Kioto
- Temminck, Coenraad Jacob en Taxonomic literature: a selective guide to botanical publications and collections with dates, commentaries and types.
- Temminck, Coenraad Jacob (1778-1858) na Bibliothèque nationale de France.
- Coup-d'oeil sur la fauna des iles de la sonde et de l'empire du Japon: discours préliminaire destiné à servir d'introduction à la Fauna du Japon; Aperçu général et spécifique sur les mammifères qui habitent le Japon et les iles qui en dépendent, par C. J. Temminck
- Temminck, C. J. (Coenraad Jacob) 1778-1858 en WorldCat. Obras sobre C. J Temminck, e deste autor.