Pilro de Temminck

(Redirección desde «Calidris temminckii»)

O pilro de Temminck ou pilriño patiamarelo (Calidris temminckii) é unha pequena ave limícola. O seu nome específico púxoselle en honor do naturalista holandés Coenraad Jacob Temminck.[3][4]

Pilro de Temminck

En plumaxe reprodutor


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: Calidris temminckii
(Leisler, 1812)
Distribución de C. temminckii
Distribución de C. temminckii

Distribución de C. temminckii
Sinonimia[2]

Erolia temminckii

Descrición

editar

Son limícolas moi pequenos de 13,5 a 15 cm de lonxitude. Son similares en tamaño aos pilros pequenos (Calidris minuta), pero de patas máis curtas e ás máis longas. As patas son amarelas e as plumas exteriores da cola son brancas, a diferenza das patas escuras e plumas externas da cola grises do pilro pequeno.

É unha ave bastante parda, con partes superiores e cabeza principalmente marróns lisas e partes inferiores brancas excepto o peito máis escuro. O adulto reprodutor ten algunhas plumas avermelladas algo máis vistosas, dentro dunha aparencia bastante pouco distintiva. En plumaxe de inverno, a aparencia xeral lembra unha versión reducida do bilurico bailón.

A súa chamada é un trilo forte.

Reprodución

editar

O seu hábitat de reprodución son as lameiras e marismas da taiga ártica do norte de Europa e Asia. Reprodúcese no sur de Escandinavia e ocasionalmente en Escocia. Ten unha distintiva forma de voar peneirando. Aniña nunha depresión que escava no chan, onde pon 3 ou 4 ovos. É unha ave moi migratoria, e pasa o inverno en zonas de auga doce de África tropical, o subcontinente indio e partes do sueste asiático. É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA).

O pilro de Temminck ten un intrigante modo de reproducirse e coidar as crías no cal o pai e a nai incuban distintas postas de ovos, normalmente situadas en lugares diferentes. Os machos establecen pequenos territorios e aparéanse cunha femia que pon unha primeira posta de ovos. Despois ela vaise a un segundo territorio e aparéase, e pon alí unha segunda posta de ovos que incuba ela mesma. Ao mesmo tempo, o seu primeiro macho pode aparearse cunha segunda femia, que pon á súa vez unha segunda posta de ovos no seu territorio. O macho choca el só a primeira posta de ovos da súa primeira parella.

Informouse dun aparente híbrido entre esta especie e o pilro pequeno nos Países Baixos.[5]

Alimentación

editar

Estas aves aliméntanse en zonas de lama branda con algo de vexetación, apañando co peteiro o alimento que estea visible. Teñen un comportamento alimenticio distintivo similar ao dun rato, trepando continuamente ao longo das beiras das lagoas. Comen principalmente insectos e outros pequenos invertebrados. Non son tan gregarios coma outros limícolas do xénero Calidris e raramente forman grandes bandadas.

Galería

editar
 
Ovos desta especie na colección do Museo de Wiesbaden
  1. "Calidris temminckii". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Calidris temminckii en Avibase
  3. Beolens, Bo; Watkins, Michael (2003). Whose Bird? Men and Women Commemorated in the Common Names of Birds. London: Christopher Helm. pp. 335–336. 
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 84. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Jonsson, Lars (1996). "Mystery stint at Groote Keeten: First known hybrid between Little and Temminck's Stint?". Dutch Birding 18: 24–28. 

Véxase tamén =

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar