Hermann Schlegel
Hermann Schlegel, nado o 10 de xuño de 1804 en Altenburg, e finado o 17 de xaneiro de 1884 en Leyden, foi un ornitólogo e herpetólogo alemán.
Retrato de Hermann Schlegel, en 1842, por Jan Hendrik Neuman. Nationaal Natuurhistorisch Museum. Leiden. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1804 Altenburg, Alemaña |
Morte | 17 de xaneiro de 1884 (79 anos) Leiden, Países Baixos |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Lugar de traballo | Leiden (1825–1884) Viena (1824–1825) Dresden (1822–1824) |
Ocupación | biólogo (zoólogo, ornitólogo e herpetólogo) |
Período de actividade | 1822 - 1884 |
Empregador | Universidade de Leiden |
Membro de | |
Lingua | alemán, francés, neerlandés |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Schlegel |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Gustaaf Schlegel |
Irmáns | Franz Schlegel |
Premios | |
Membro de: Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos, Academia de Ciencias de Rusia, Academia Prusiana das Ciencias, Academia Alemá das Ciencias Naturais Leopoldina | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Q22341373 |
Traxectoria
editarSeu pai, que traballaba como forxador de latón, coleccionaba bolboretas, o que estimulou o interese de Schlegel pola historia natural. O descubrimento, por casualidade, dun niño dunha ave de rapina levouno ao estudo das aves, ao que tamén axudou un encontro con Christian Ludwig Brehm.
Schlegel comezou a traballar para o seu pai, pero pronto cansou, e deixou este traballo. Viaxou a Viena en 1824, onde, na súa Universidade, recibiu clases de Leopold Fitzinger e Johann Jacob Heckel. Grazas a unha carta de recomendación de Christian Ludwig Brehm a Joseph Natterer conseguiu un posto no Museo de Historia Natural de Viena.
Un ano despuois da súa chegada, o director do museo, Carl Franz Anton Ritter von Schreibers recomendouno a Coenraad Jacob Temminck, director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden (Nationaal Natuurhistorisch Museum), e este tomouno como axudante. Ao principio, Schlegel traballou principalmente na colección de réptiles do museo, pero pronto a súa actividade estendeuse a outros grupos de animais. Schlegel ía a ser enviado a Xava para unirse á Natural History Commission, pero a morte do que ía ser o sucesor de Temminck, Heinrich Boie, fixo que o proxecto non fora adiante. Nesta época Schlegel coñeceu a Philipp Franz von Siebold. Fixéronse bos amigos e colaboraron xuntos na obra Fauna Japonica (1845-1850).
Cando a principios de 1858 Temminck morreu, Schlegel sucedeuno como director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden. Nesta época Schlegel estaba especialmente interesado na fauna do sueste asiático, e en 1857 mandou ao seu fillo Gustav a recoller espécimes de aves a China. Cando Gustav chegou encontrou que Robert Swinhoe chegara alí antes.
En 1859 Schlegel enviou a Heinrich Agathon Bernstein a recolectar aves a Nova Guinea. Bernstein morreu en 1865 e foi sucedido na súa misión científica por Hermann von Rosenberg.
Schlegel tomou como axudante a un mozo chamado Otto Finsch. Ao mesmo tempo comezou a publicar unha revista cintífica chamada Notas do Museo de Leiden, así como tamén unha grande obra de catorce volumes: Muséum d'histoire naturelle des Pays-Bas (1862-1880). Nesta obra colaboraron tres ilustradores: John Gerrard Keulemans, Joseph Smit e Joseph Wolf.
Os últimos anos da vida de Hermann Schlegel foron complicados: a súa muller morreu en 1864; o seu axudante Finsch trasladouse ao Museo de Historia Natural de Bremen, e a colección do Museo Británico comezou a eclipsar a de Leiden. Faleceu nesta cidade o 17 de xaneiro de 1884.
Principais obras
editar- 1834-1850. Fauna Japonica.
- 1837-1844. Abbildungen neuer oder unvollstandig bekannter Amphibien: nach der Natur oder dem Leben entworfen
- 1854. De zoogdieren geschetst.
- 1853. Traité de fauconnerie: ouvrage orné de dix sept planches. - Leide : Arnz. Edición dixitalizada.
- 1854-1858. De vogels van Nederland. 3 vols.
- 1857-1858. Handleiding tot de beoefening der dierkunde. 2 vols.
- 1860-1862. De dieren van Nederland.
- 1862-1876. Revue méthodique et critique des collections déposées dans cet établissement. 7 Vols.
- 1863-1872. De Dierentuin van het Koninklijk Zoologisch Genootschap Natura Artis Magistra te Amsterdam zoölogisch geschetst.
- 1868. Natuurlijke Historie van Nederland.
- 1870. Natuurlijke Historie van Nederland.
- 1870. Natuurlijke Historie van Nederland
- 1870. Natuurlijke Historie van Nederland.
- 1872. De dierentuin van het Koninklijk Zoölogisch Genootszchap Natura Artis Magistra te Amsterdam. De vogels. De zoogdieren. De kruipende dieren. Met historische herinneringen van P.H. Witkamp.
Abreviatura
editarA abreviatura Schlegel emprégase para recoñecer a Hermann Schlegel como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|