Anselme Gaëtan Desmarest
Anselme Gaëtan Desmarest, nado o 6 de marzo de 1784 en París e finado o 4 de xuño de 1838 en Maisons-Alfort, Val do Marne, Illa de Francia, foi un zoólogo e escritor francés.
Anselme Gaëtan Desmarest | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de marzo de 1784 |
Lugar de nacemento | Maisons-Alfort |
Falecemento | 4 de xuño de 1838 |
Lugar de falecemento | Maisons-Alfort |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise e Grave of Desmarest |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | zoólogo, médico, ornitólogo, entomólogo, carcinólogo e escritor |
Pai | Nicolas Desmarest |
Fillos | Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo do xeólogo Nicolas Desmarest (1725-1815), fixo os seus estudos na École centrale, e despois no Prytanée national militaire (Escola Militar).
Protexido por Lacépède (1756-1825), alumno de Georges Cuvier (1769-1832) e de Alexandre Brongniart (1770-1847), dedicou o seu tempo de lecer á Historia natural.
A partir de 1814 foi profesor de zooloxía na École nationale vétérinaire de Maisons-Alfort.
En 1820 foi elixido membro da Académie nationale de médecine.
Foi o pai do entomólogo Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest (1816-1889).
Algunhas publicacións editar
Anselme Gaëtan Desmarest fixo numerosas publicacións sobre os fósiles. Así mesmo publicou, entre outras, as seguintes obras:
- 1805 – Histoire Naturelle des Tangaras, des Manakins et des Todiers
- 1825 – Considérations générales sur la classe des crustacés
- 1816-1830 – Dictionnaire des Sciences Naturelles, con André Marie Constant Duméril.
Abreviarura editar
A abreviatura Dedsmarets emprégase para indicar a Anselme Gaëtan Desmarest como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.