Abrir o menú principal

Leopardus

xénero de mamíferos

Leopardus
Ocelote (Leopardus pardalis)
Ocelote (Leopardus pardalis)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Leopardus
Gray, 1842
Especie tipo
Leopardus griseus[1][2]
Gray, 1842
Área de dispersión do xénero Leopardus Nota: este mapa deriva dos mapas de distribución da cada unha das especies, que se configuraron para "superpoñerse", de xeito que as tonalidades máis escuras indican as áreas de maior diversidade.

Área de dispersión do xénero Leopardus
Nota: este mapa deriva dos mapas de distribución da cada unha das especies, que se configuraron para "superpoñerse", de xeito que as tonalidades máis escuras indican as áreas de maior diversidade.
Especies e Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Lámina de 1896 de Leopardus colocolo, por Richard Lydekker.
Leopardus tigrinus naturalizado no Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria, de Xénova.

Leopardus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, que inclúe, segundo a maioría dos autores, nove especies de pequenos gatos americanos, con numerosas subespecies.[2][3]

As especies do antigo xénero Oncifelis Severtzov, 1858, inclúense hoxe en Leopardus.[2]

CaracterísticasEditar

As especies deste xénero presentan manchas o raias escuras sobre un fondo amarelado. Teñen un tamaño ao redor de dúas veces o dn gato doméstico. O perfil do seu corpo e as súas faccións son lixeiramente máis alongados que os doutros felinos.

Hábitat e distibuciónEditar

Todos os membros deste xénero habitan en zonas boscosas ou semiboscosas de América do Sur e Central, aínda que no caso do ocelote, a súa Área de distribución prolóngase cara ao norte seguindo as zonas costeiras de México até alcanzar o sur dos Estados Unidos.

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en Ann. Mag. Nat. Hist. [ser. 1], 10: 260.[2]

EtimoloxíaEditar

O nome do xénero, Leopardus, foi escollido por Gray polo seu parecido superficial co leopardo no referente á cor e o apencado da pelaxe.

Porén, convén recordar que o leopardo pertence a un xénero (Panthera) e a unha subfamilia (panterinos) diferente á que engloba a estes animais (a dos felinos).

SinónimosEditar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xenero Leopardus coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Colocolo Pocock, 1941
  • Dendrailurus Severtzov, 1858
  • Lynchailurus Severtzov, 1858
  • Margay Gray, 1867
  • Montifelis Schwangart, 1941
  • Mungofelis Antonius, 1933
  • Noctifelis Severtzov, 1858
  • Oncifelis Severtzov, 1858 (epónimo)
  • Oncilla Allen, 1919
  • Oncoides Severtzov, 1858
  • Oreailurus Cabrera, 1940
  • Pajeros Gray, 1867
  • Pardalina Gray, 1867
  • Pardalis Gray, 1867
  • Pseudolynx Schwangart, 1941

ClasificaciónEditar

O xénero Leopardus inclúe de oito a once especies, segundo os autores,[4] algunhas con numerosas subespecies.

Segundo Mammal Species of the World e o ITIS, son nove as especies, coas subespecies que se indican a continuación:[2][3]

  • Leopardus braccatus (Cope, 1889)
    • Leopardus braccatus braccatus
    • Leopardus braccatus munoai
  • Leopardus colocolo (Molina, 1782)
    • Leopardus colocolo colocolo
    • Leopardus colocolo wolffsohni
  • Leopardus geoffroyi (d'Orbigny & Gervais, 1844)
    • Leopardus geoffroyi geoffroyi
    • Leopardus geoffroyi euxanthus
    • Leopardus geoffroyi leucobaptus
    • Leopardus geoffroyi paraguae
    • Leopardus geoffroyi salinarum
  • Leopardus guigna (Molina, 1782)
    • Leopardus guigna guigna
    • Leopardus guigna tigrillo
  • Leopardus jacobitus (Cornalia, 1865)
  • Leopardus pajeros (Desmarest, 1816)
    • Leopardus pajeros pajeros
    • Leopardus pajeros budini
    • Leopardus pajeros garleppi
    • Leopardus pajeros steinbachi
    • Leopardus pajeros thomasi
  • Leopardus pardalis (Linnaeus, 1758)
    • Leopardus pardalis pardalis
    • Leopardus pardalis aequatorialis
    • Leopardus pardalis albescens
    • Leopardus pardalis melanurus
    • Leopardus pardalis mitis
    • Leopardus pardalis nelsoni
    • Leopardus pardalis pseudopardalis
    • Leopardus pardalis pusaeus
    • Leopardus pardalis sonoriensis
    • Leopardus pardalis steinbachi
  • Leopardus tigrinus Schreber, 1775
    • Leopardus tigrinus tigrinus
    • Leopardus tigrinus guttulus
    • Leopardus tigrinus oncilla
    • Leopardus tigrinus pardinoides
  • Leopardus wiedii (Schreber, 1775)
  • Leopardus wiedii wiedii
  • Leopardus wiedii amazonicus
  • Leopardus wiedii boliviae
  • Leopardus wiedii cooperi
  • Leopardus wiedii glauculus
  • Leopardus wiedii nicaraguae
  • Leopardus wiedii oaxacensis
  • Leopardus wiedii pirrensis
  • Leopardus wiedii salvinius
  • Leopardus wiedii vigens
  • Leopardus wiedii yucatanicus

NotasEditar

  1. Sinónimo de Felis pardalis Linnaeus, 1758.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Leopardus en MSW.
  3. 3,0 3,1 Leopardus Gray, 1842 no ITIS.
  4. Trigo, Tatiane C.; Schneider, Alexsandra; de Oliveira, Tadeu G.; Lehugeur, Livia M.; Silveira, Leandro; Freitas, Thales R. O.; Eizirik, Eduardo (decembro de 2013). "Molecular Data Reveal Complex Hybridization and a Cryptic Species of Neotropical Wild Cat". Current Biology 23 (24): 2528–2533. doi:10.1016/j.cub.2013.10.046. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar