Caracal (xénero)

xénero de mamíferos

Caracal

Primeiro plano de Caracal caracal
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Caracal
Gray, 1843
Especies
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Véxase o texto

Caracal é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1]

Lámina de 1873 do Caracal aurata.
Caracal caracal comendo na súa gaiola do Jardin des Plantes de París.
Serval.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1843 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en List. Spec. Mamm. Coll. Brit. Mus.: 46.[1]

Etimoloxía editar

O nome caracal entrou nas linguas modernas en 1760 a través do francés como un préstamo do turco karakulak, formado pola unión das palabras kara, 'negro' e kulak, 'orella'.[2] E de aí o tomou Gray para o latín científico.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome hoxe en día válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Caracala Gray, 1843
  • Urolynchus Severtzov, 1858

Especies editar

Unha taxonomía en discusión

Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[1][4]

Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[5]

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[6]

E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[7]

Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[8] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:

Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:[6][9]

Características editar

Son felinos de tamaño mediano que viven en sabanas e zonas semidesérticas de África e, no caso do caracal, tamén no oeste de Asia.

Bioloxía editar

Cazan e aliméntanse de pequenos mamíferos, como lebres, roedores, damáns e incluso crías de antílopes, pero as súas presas preferidas son as aves.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Caracacal en MSW.
  2. caracal no Merriam-Webster Dictionary on line.
  3. Caracacal. Synonyms en MSW.
  4. Caracal Gray, 1843 no ITIS.
  5. Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  6. 6,0 6,1 Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
  7. Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–7. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277.  Consultado o 14 de outubro de 2018.
  8. Bahaa-el-din, L.; Mills, D.; Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2015: e.T18306A50663128. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-2.RLTS.T18306A50663128.en. Consultado o 14 de outubro de 2018. 
  9. Caracal Gray 1843 Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar