Abrir o menú principal

Felis

xénero de mamíferos

XeneralidadesEditar

Trátase de gatos de pequeno ou mediano tamaño, con longas colas, adaptados á caza de pequenos animais, como roedores, pequenas aves e lagartos, dependendo ds zonas onde viven, que son propios da maior parte de África e, ao sur dos 60° de latitude, de Europa e Asia até Indochina.[1]

Tradicionalmente o xénero incluía a todas as especies dos felinos viventes, pero na actualidade restrínxese a cinco especies (ou sete, suguno os autores), entre as que se inclúe o gato montés (Felis silvestris), que habita gran parte de Eurasia e África. O coñecido como gato doméstico (Felis silvestris catus) é unha subespecie desta última. A introducción polo home deste gato fixo que sexa común nas paisaxes urbanas de todo o mundo.

A especie máis pequena do xénero Felis é o gato de patas negras (Felis nogripes), que mide de 38 a 42 cm de lonxitude de cabeza e tronco, e a máis grande é o gato da xungla (Felis chaus), cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.[1]

As especies de Felis viven nunha ampla gama de hábitats diferentes, desde pantanos até desertos.

Estudos xenéticos recentes indican que dúas especies até hai pocuco incluídas no xénero Felis, Otocolobus e Prionailurus, diverxeron do seu antepasado euroasiático hai ao redor de 6,2 millóns de anos, e que o xénero Felis separouse hai de 3,04 a 0,99 millóns de anos.[2][3]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

O xénero Felis fois descrito en 1758 por Linnaeus, no volome 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae.[4][5]

EtimoloxíaEditar

O nome científico do xénero, Felis, tomouno Linneo do latín fēlis, -is, 'gato'.[6]

SinónimosEditar

Ademais de polo nome linneano, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[4]

  • Avitofelis Kretzoi, 1930
  • Catolynx Severtzov, 1858
  • Catus Frisch, 1775
  • Chaus Gray, 1843
  • Eremaelurus Ognev, 1927
  • Mamfelisus Herrera, 1899
  • Microfelis Roberts, 1926
  • Otailurus Severtzov, 1858
  • Otocolobus Brandt, 1842
  • Poliailurus Lönnberg, 1925
  • Trichaelurus Satunin, 1905

EspeciesEditar

Na actualidade a maioría dos autores recoñen as seguintes sete especies no xénero:[4][5]

  • Felis bieti Milne-Edwards, 1892 – Gato montés chinés, gato chinés do deserto, ou gato de Biet
  • Felis catus Linnaeus, 1758 – Gato doméstico (ver máis abaixo)
  • Felis chaus Schreber, 1777 – Gato a xungla
  • Felis manul Pallas, 1776 – Manul, ou gato de Pallas (ver máis abaixo)
  • Felis margarita Loche, 1858 – Gato do deserto
  • Felis nigripes Burchell, 1824 – Gato de patas negras
  • Felis silvestris Schreber, 1777 - Gato montés euroasiático

Porén, a UICN consideres a Felis catus como unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).[7]

Por outra parte, investigacións recentes demostraron que Felis manul, estreitamente relacionado cos xéneros Felis e Prionailurus, debía reclasificarse no abandonado antigo xénero Otocolobus, como Otocolobus manul.[8]

A discutida taxonomía de Felis sivestrisEditar

A taxonomía desta especie aínda é moi discutida. Por exemplo, segundo os autores, o gato doméstico e o gato de Biet poden ser subespecies de Felis silvestris ou seren espceis separadas.

A especie Felis silvestris iuncluso pode comprender até vinte subespecies,[4][9] mentres que outros autores non recoñencen máis que dúas sobespecie salvaxes (Felis silvestris silvestris e Felis silvestris lybica).[10]

Porén, un estudo publicado en 2007 postula a reagrupación destas múltiplas divisións en seis subespeces ben diferenciadas.[11]

Felis

Gato da xungla (F. chaus)

Gato de patas negras (F. nigripes)

Gato montés euroasiático (F. silvestris silvestris)

Gato da area (F. margarita)

Gato montés africano (F. silvestris lybica)

Gato doméstico (F. silvestris catus)

Filoxenia: A liñaxe Felis, segundo Mattern e McLennan (2000).[12]

Na actualidade, son recoñecidas por diversas orgnizacións científicas, tales como a UICN ou o NCBI, as seguintes subespecies:

Porén, o status de certas subespecies aínda está a debate, particularmente para Felis silvestris bieti, para a que se deben realizar estudos adicionais (especialmente estudos xenéticos). Felis silvestris lybica tamén se considera por moitos monofilética con Felis silvestris catus. Esta última, o gato doméstico, así mesmo adoita ser marxinada, quizais porque non é unha subespecie natural, pero deben terse en conta os fenómenos de hibridación, introgresión e contaminación xenética para o progreso da xenómica destas especies.

Linneo consideraba que Felis comprendía todas as especies de gatos. Taxónomos posteriores dividiron a familia dos félidos en diferentes xéneros. En 1917 o zoólogo briánico Reginald Innes Pocock revisou o xénero Felis que, segundo este autor, comprende unicamente:[1]

Imaxe Nome Distribución
  Gato doméstico F. silvestris catus (Linnaeus, 1758) Todo o mundo (domesticado)
  Gato da xungla F. chaus (Güldenstädt, 1776)[13][14] Exipto, Oriente Medio, Subcontinete Indio, Asia Central e Sueste Asiático, Sri Lanka e sur da China
  Gato montés F. silvestris (Schreber, 1777) Europa
  Gato montés africano F. silvestris lybica (Forster, 1780) África, Asia Central até a India, oeste de China e Mongolia
  Gato de patas negras F. nigripes (Burchell, 1824) Suráfrica, Namibia, marginalmente en Zimbabue
  Gato das areas F. margarita (Loche, 1858) Norte de África e Asia central e suroccidental
  Gato montés chinés F. bieti (Milne-Edwards, 1892) Meseta tibetana

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pocock, R. I. (1951). Catalogue of the genus Felis. London: British Museum (Natural History). 
  2. Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–77. 
  3. Pecon-Slattery, J.; O'Brien, S. J. (1998). "Patterns of Y and X chromosome DNA sequence divergence during the Felidae radiation". Genetics 148 (3): 1245–1255. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Felis Linnaeus, 1758 en MSW.
  5. 5,0 5,1 Felis Linnaeus, 1758 no ITIS.
  6. Valpy, F. E. J. (1828). "Felis". An Etymological Dictionary of the Latin Language. London: A. J. Valpy. 
  7. Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus na Lista vermella da UICN. Versión do 2010.4
  8. Johnson, W., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murphy, W. J., Antunes, A., Teeling, E., O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–77. PMID 16400146. 
  9. Driscoll, Carlos A. et al. (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science, vol. 317,‎ pp. 519-523.
  10. Jean Etienne, "Le chat domestique à l'origine de la civilisation ?, páx. 3, 28/12/2007, en futura sciences.
  11. Carlos A. Driscoll et al. "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science Resume.
  12. Mattern, M.Y.; McLennan, D.A. (2000). "Phylogeny and speciation of felids". Cladistics 16 (2): 232–53. doi:10.1111/j.1096-0031.2000.tb00354.x. 
  13. Güldenstädt, J. A. (1776): "Chaus – Animal feli adfine descriptum". Novi Commentarii Academiae Scientiarum Imperialis Petropolitanae, Vol 20: 483–500.
  14. Sanderson, J. (2009): "A Matter of Very Little Moment? The mystery of who first described the jungle cat". Feline Conservation Federation Volume 53, Issue 1 (January/February 2009): 12–18.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar