Parque Nacional de Serengueti
O Parque Nacional de Serengueti (ou Serengeti) é un parque nacional de grandes dimensións (cerca de 40.000 km²) na ecorrexión de Serengueti, no norte da Tanzania, limítrofe con Kenya, na África oriental.
(en) Serengeti National Park (sw) Hifadhi ya Serengeti | ||||
Tipo | área protexida transfronteiriza atracción turística | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Serengueti | |||
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Mara, Tanzania e Rexión de Simiyu, Tanzania | |||
Localización | Tanzania | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1.476.300 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → África | |||
Data | 1960 (?ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (x) | |||
Identificador | 156 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 916 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2020 | |||
Actividade | ||||
Operador | Autoridade dos Parques Nacionais de Tanzania | |||
Sitio web | serengeti.org | |||
É famoso polas migracións anuais de ñus, cebras e gacelas e outros antílopes que ocorren de maio a xuño. É Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1981.[1]
Os cinco grandes animais do parque, así chamados polos cazadores desde hai anos, son o león, o leopardo, o elefante, o rinoceronte e o búfalo cafre. Pero no parque tamén se enciontran xirafas, numerosos antílopes, hienas, guepardos e primates, ademais de máis de 500 especies de aves.
Cerca do parque encóntrase a Garganta de Olduvai, onde se encontraron moitos fósiles e artefactos de homínidos.
Principais especies
editarOs "cinco grandes"
editar- León: crese que o Serengueti ten a máis grande poboación de leóns de África, en parte debido á gran cantidade de animais que lles serven de presa. Actualmente hai máis de 3.000 leóns vivindo no ecosistema do parque.
- Leopardo africano: estes predadores son frecuentemente avistados na rexión de Seronera, pero existen en todo o Parque Nacional, e a súa poboación actual é aproximadamente de 1.000 individuos.
- Elefante africano: as mandas deste animal recupéranse da gran mortalidade dos anos 1980, causada pola caza furtiva, concentrándose no norte do parque.
- Rinoceronte negro: encóntranse próximos aos inselbergs (montes testemuña) no centro do parque. Quedan poucos individuos, debido á caza furtiva. Ás veces, animais da Reserva Masai Mara atravesan os límites do parque e ingresan no territorio do Serengueti, desde o norte (Kenya).
- Búfalo africano: aínda abundante, pero o seu número diminuíu debido a enfermidades.
Ouros mamíferos
editarPrincipais aves
editar- voitres (varias especies)
- flamengos (varias especies)
- grou coroado
- pomba pinta
- avetarda
- ganso de Exipto
- avestruz
- píllaras (varias especies)
- estorniño soberbio
- ibis negro
- cegoña branca
- galiña de Guinea
- avetarda kori
- bufo real
- pelicano común
- martiño peixeiro pínto
- cegoña de Abdim
- garza gris
- bubela
Poboacións de animais
editarAs poboacións inclúen grandes cantidades de animais: 1.500.000 ñus, 1.000.000 gacelas (entre a gacela de Grant e a gacela de Thomson), 200.000 cebras, 75.000 impalas, 74.000 búfalos, 65.000 topis, 18.000 eláns, 9.250 alcélafos, 9.000 xirafas, 5.000 elefantes, 4.000 hienas, 3.000 leóns e 500 guepardos.
Notas
editar- ↑ Serengeti National Park na web da UNESCO.
Véxaste tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Serengueti |
Bibliografía
editar- Rodríguez de la Fuente, F. (1970): "3. Los ejércitos viajeros del Serengeti" e "4. Entre búfalos, damaiscos y elcelafos" en Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–123.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Parque Nacional del Serengeti en por Safari Park (en castelán)
- Serengeti National Park en Swahili Language & Curlture (en inglés)
- Web oficial do parque (en inglés)
- Heartbreak on the Serengeti en National Geographic (en inglés)