Un chacal é un membro de calquera de tres[1] especies de mediano tamaño de depredadores do xénero Canis, que se atopan en África, Asia, e o sueste de Europa.[2] Os chacais ocupan un nicho ecolóxico semellante ao dos coiotes[3] en América do Norte. As tres especies son depredadores omnívoros de animais de talle mediano, como tamén preeiros de ser preciso. As patas longas e os cairos curvos están adaptados para a caza de pequenos mamíferos, aves e réptiles. As súas plantas grandes e os ósos longos das súas patas convértenos en corredores de longa distancia, sendo quen de manter velocidades de 16 km/h por extensos períodos de tempo. Están máis activos entre lusco e fusco.

Chacal

Chacal de lombo negro en Cape Cross, Namibia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
en parte

Especies

Canis aureus, chacal dourado
Canis adustus, chacal raiado
Canis mesomelas, chacal de lombo negro

  1. Serían catro, se se inclúe o lobo etíope.
  2. Esta última área non é abranguida pola definición da RAE. Definición de la RAE
  3. "4.1 Coyote Canis latrans Say, 1823 Least concern (2004) by E.M. Gese & M. Bekoff" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • The New Encyclopedia of Mammals edited by David Macdonald, Oxford University Press, 2001; ISBN 0-19-850823-9
  • Cry of the Kalahari, by Mark and Delia Owens, Mariner Books, 1992.
  • The Velvet Claw: A Natural History of the Carnivores, by David MacDonald, BBC Books, 1992.
  • Foxes, Wolves, and Wild Dogs of the World, by David Alderton, Facts on File, 2004.