Voitre

Voitres
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Subfamilia: Aegypiinae e Gypaetinae
Xénero

Ver texto

Voitre[1] é o nome vulgar aplicado xenericamente a diversas especies de aves falconiformes membros da subfamilia Aegypiinae, pertencente á familia Accipitridae. O nome faise a miúdo extensivo os membros da familia Cathartidae, voitres americanos ou voitres do Novo Mundo, que estudos recentes colocan dentro da mesma orde cás cegoñas, (Ciconiidae) e que non teñen unha relación taxonómica moi próxima cos voitres verdadeiros, que viven en Europa, Asia e África. As semellanzas aparentes dos dous grupos de voitres serían froito da converxencia evolutiva.

Descrición

editar

Os voitres son aves de tamaño grande, que acadan lonxitudes de máis dun metro e envergaduras de ás de ata 2,50 m. É habitual a presenza en moitas das especies dun colar de plumas, que envolve a parte inferior dun pescozo longo e espido ou cuberto de plumas curtas.

Ecoloxía

editar

Hábitat e distribución

editar

Os voitres viven frecuentemente en paisaxes abertas coma estepas, sabanas e semidesertos, pero moitas especies son tamén habituais de zonas montañosas, onde aproveitan as correntes de aire ascendentes que lles facilitan o voo planeado. As diferentes especies están espalladas polo sur de Europa, Asia e África .

Alimentación

editar

Os voitres están especializados en alimentarse de calaza, que localizan exclusivamente pola vista mentres planean a grande altura. Os pescozos espidos e as cabezas calvas de moitas especies parecen destinados a facilitar que estes se manteñan limpos do sangue e os fluídos dos animais mortos que devoran.

Conduta

editar

Máis das especies son aves sociais, que se xuntan en bandos ó redor das presas. Os voitres meirandes adoitan se-los primeiros en atacar o cadáver, porque os seus bicos fortes son os únicos capaces de rachar a pele dura do animal morto.

 
Quebraosos (gypaetus barbatus).
 
Voitre torgo (torgos tracheliotus).

Xéneros e especies

editar
  • Gypohierax

G. angolensis

  • Gypaetus

G. barbatus, quebraosos

  • Neophron

N. percnopterus, meloufa

  • Necrosyrtes

N. monachus, meloufa de carapucha

  • Gyps

G. africanus, voitre africano

G. bengalensis ,voitre de Bengala

G. indicus

G. rueppellii, voitre de Rüppell

G. himalayensis, voitre do Himalaia

G. fulvus, voitre leonado

G. coprotheres

  • Aegypius

Ae. Monachus, voitre negro

  • Torgos

T. Tracheliotus, voitre torgo

  • Trigonoceps

T. occipitalis

  • Sarcogyps

S. calvus

Literatura e mitoloxía

editar
  • Friederike Woog: Geierforschung auf Höhenflug. In: Naturwissenschaftliche Rundschau. 60(2), S. 97 - 99 (2007).

O xigante Ticio, de apetito sexual desordenado, veu achegarse a Leto (unha das amantes de Zeus, a quen lle dera dous fillos, Apolo e Ártemis) e botouse sobre ela, rachándoa o vestido e intentando forzala. Ante os seus gritos, acudiron Apolo e Ártemis e mataron a Ticio coas súas frechas. Zeus castigou a Ticio e encadeouno no Hades, onde dous voitres lle devoraban eternamente o corazón (segundo Pseudo-Apolodoro [2]) ou o fígado (segundo Homero).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voitre.
  2. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, Libro I, 4, 1.

Ligazóns externas

editar