Elefante africano
O elefante africano é un proboscídeo do genus Loxodonta[1], que consta de dúas especies existentes: o elefante africano de sabana e o elefante africano de bosque. Loxodonta é un dos dous xéneros existentes da familia Elephantidae. Malia que se cre que o genus foi descrito por Georges Cuvier en 1825, Cuvier escribiuno "Loxodonte". Un autor anónimo latinizouno en "Loxodonta", e o International Code of Zoological Nomenclature (ICZN) recoñeceuno como de autoría propia.
Elefante africano | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Elefante africano de sabana, Loxodonta africana no Parque Nacional Mikumi, Tanzania | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución de Loxodonta (2007)
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Descrición
editarO elefante africano é o animal terrestre máis grande que existe. O seu corpo repousa sobre as súas grandes patas e ten o lombo cóncavo. As súas orellas axúdano a regular a temperatura. O seu labio superior e nariz forman a súa característica trompa. A trompa actúa como unha extremidade e como amplificador de sons. A trompa do elefante africano remata en dous apéndices opostos, mentres que a trompa do elefante asiático remata nun só apéndice. Os elefantes africanos de sabana son meirandes que os asiáticos. Os machos acadan os 3.2-4m de altura e un peso de 4700–6048 kg, e as femias 2.2-2.6m de alto e un peso de 2160–3232 kg.[2]
O maior exemplar rexistrado medía 4m e pesaba 10 toneladas.[3]
Notas
editar- ↑ Kalb, Jon E.; Assefa Mebrate (1993). Fossil Elephantoids from the Hominid-Bearing Awash Group, Middle Awash Valley, Afar Depression, Ethiopia. Independence Square, Philadelphia: The American Philosophical Society. pp. 52–59. ISBN 0-87169-831-5.
- ↑ Barry Laurson & Marc Bekoff (6 Jan 1978). "Loxodonta africana" (PDF). Mammalian Species 92: 1–8. Consultado o 2010-08-05.
- ↑ Macdonald, D (2001). The New Encyclopedia of Mammals. Oxford: Oxford University Press.