Historia da literatura galega (Xerais)
obra literaria de Xosé Ramón Pena
(Redirección desde «Historia da Literatura Galega (Xerais)»)
A Historia da literatura galega é unha obra en catro tomos escrita por Xosé Ramón Pena e publicada por Edicións Xerais de Galicia en 2013, 2014, 2016 e 2019, respectivamente.[2] O tomo IV chega ata 1975 e está prevista a continuación. A edición correu a cargo de Anaír Rodríguez. Os libros, que non levan ilustración interior ningunha,[1] carecen, tamén, de índice onomástico, a diferenza dalgún dos outros títulos da mesma temática, que si o teñen. A obra recibiu un Premio Fervenzas Literarias (2014), un Premio da Crítica Galicia (2015) e un Premio Antón Losada Diéguez (2017).[3]
Historia da literatura galega | |
---|---|
Autor/a | Xosé Ramón Pena |
Ilustrador/a | non contén ilustracións [1] |
Cuberta | Miguel Vigo |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Tema(s) | literatura galega |
Xénero(s) | ensaio |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | 2013 vol. I, 2014 vol. II, 2016 vol. III, 2019 vol. IV |
Páxinas | 433 (I), 440 (II), 520 (III), 544 (IV) |
ISBN | 978-84-9914-551-8 (I), 978-84-9914-764-2 (II), 978-84-9121-107-5 (III), 978-84-9121-481-6 (IV) |
Editor | Anaír Rodríguez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contido dos catro volumes
editarHistoria da literatura galega I. Das orixes a 1853.
editarContidos:
- A literatura da Idade Media.
- Literatura galego-portuguesa / literatura galega medieval.
- A Galiza medieval: as coordenadas históricas.
- A lírica trobadoresca profana (I): cronoloxía e ámbito social-xeográfico.
- A lírica trobadoresca profana (II): transmisión.
- A lírica trobadoresca profana (III): os xéneros líricos. A cantiga de amor.
- A lírica trobadoresca profana (IV): a cantiga de amigo.
- A lírica trobadoresca profana (V): a cantiga de escarnio e maldicir.
- A lírica trobadoresca profana (VI): os xéneros híbridos ou "menores".
- A lírica trobadoresca relixiosa: as Cantigas de Santa María.
- Os epígonos trobadorescos: a "escola galego-castelá" e o Cancioneiro Geral de García de Resende.
- A prosa medieval (I): o roman e a literatura novelesca.
- A prosa medieval (II): a haxiografía. Os miragres de Santiago.
- A prosa medieval (III): a historiografía. Textos xurídicos e didácticos.
- A literatura do galego medio.
- Galiza no Antigo Réxime: as coordenadas históricas.
- A literatura do galego medio.
Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento.
editarContidos:
- Galiza 1853-1880.
- O asentamento do estado liberal na sociedade galega.
- Unha economía de base agraria. A desindustrialización. As comunicacións.
- A emigración.
- As coordenadas lingüístico-culturais.
- Lingua e nación: do castelán ao español.
- O conflito lingüístico: a instauración da diglosia.
- O Rexurdimento: conceptualización. Provincialismo e renacenza cultural.
- Precursores e periodización do Rexurdimento.
- O labor da imprenta, a prensa e as sociedades culturais. Os Xogos Florais de 1861.
- O labor dos historiadores: na procura das orixes.
- O estudo do idioma: o proceso de gramaticalización.
- Renacenza e romantismo.[sic]
- Os Precursores.
- Xoán Manuel Pintos.
- Antonio Fernández Morales.
- Francisco Añón. Alberto Camino.
- Vicente Turnes. Antonio María de la Iglesia, Francisco María de la Iglesia, Marcial Valladares.
- Rosalía de Castro (I). Cantares gallegos. O "Conto Galego".
- Aproximación biográfica.
- Cantares gallegos.
- O "Conto galego".
- Galiza 1880-1916.
- A restauración.
- A crise finisecular. As transformacións do novecentos.
- Os inicios do movemento agrario.
- O Rexionalismo.
- Traxectoria: da Asociación Regionalista a Solidaridad Gallega.
- O legado ideolóxico do rexionalismo: Manuel Murguía.
- As coordenadas lingüístico-culturais do Rexurdimento pleno.
- O estudo do idioma: o proceso de gramaticalización (II): os Xogos Florais de Tui. A creación da Real Academia Galega.
- A Galiza de ultramar.
- A literatura do Rexurdimento Pleno.
- Rosalía de Castro (II): Follas novas.
- Os prólogos.
- Estrutura.
- Compromiso e sonoridade.
- A dor da existencia.
- A poética de Follas novas.
- Desde Cantares gallegos e Follas novas a En las orillas del Sar (e Postrimerías).
- Datos biobliográficos.
- O mundo poético pondaliano.
- Os Eoas.
- Aproximación biográfica.
- Traxectorias na poesía de Curros.
- O divino sainete.
- A lírica "entre dous séculos".
- Popularismo: Valentín Lamas Carvajal, Benito Losada, Manuel Leiras Pulpeiro.
- Academicismo: Evaristo Martelo Paumán, Florencio Vaamonde Lores, Alberto García Ferreiro.
- A prosa anterior ás Irmandades.
- A "prehistoria" da narrativa galega.
- A novela católico-histórica: Antonio López Ferreiro.
- A narrativa cívico-popularista: Valentín Lamas Carvajal.
- O folletín: Xesús Rodríguez López.
- As narracións "híbridas": Xan da Masma, Luís Otero Pimentel.
- As novas propostas: Heraclio Pérez Placer, Francisco Álvaez de Nóvoa.
- O teatro rexionalista (1982-1916).
- A posta en escena: a Galiza emigrante. A "Escuela Regional Gallega de Declamación".
- Direccións temáticas: o melodrama popularista (Galo Salinas), o drama histórico, o teatro lírico-costumista, o drama social, a comedia (socio-)costumista.
Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936.
editarContidos:
- A etapa das Irmandades da Fala.
- Galiza 1916-1936: as innovacións económicas.
- Os cambios sociais: a mobilización agraria.
- As transformacións políticas: a fin da restauración e a Segunda República.
- A mobilización galeguista: o nacionalismo de anteguerra.
- A traxectoria das Irmandades da Fala.
- O Partido Galeguista e a procura do Estatuto de Autonomía.
- As coordenadas lingüístico-culturais.
- O status legal do idioma. O galego no ensino.
- A difusión xornalística e editorial. Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal.
- O Seminario de Estudos Galegos. A Asociación de Escritores.
- O afán de gramatización.
- Os "anos de prata" (1916-1936) (I). A lírica.
- Nacionalismo e modernidade: a procura dunha estética nacional.
- Tradición e modernidade: alternativas.
- A persistencia na tradición: Antonio Noriega Varela.
- Aproximación biográfica.
- De "poeta da montaña" a "irmán cantor do ermo".
- Outros poetas rexionalistas.
- Ramón Cabanillas: o poeta "arelado".
- Aproximación biográfica.
- "O sucesor de Curros"
- O poeta paisaxista-popularista. O poeta intimista.
- O "poeta da raza". Na noite estrelecida.
- Poeta (didáctico) relixioso: Samos.
- Outros poetas da estética nacional.
- A opción neotrobadoresca: Fermín Bouza Brey.
- Neotrobadorismo e neotrobadorismos.
- A poética de Fermín Bouza Brey.
- A irrupción das vangardas.
- As vangardas en Galiza.
- Os "novos" contra os "vellos"/"avellentados". Máis alá.
- A nova literatura e a prensa literaria.
- A vangarda enxebre: Luís Amado Carballo.
- A poesía de Luís Amado Carballo.
- A lírica hilozoísta.
- A vangarda plena: Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Federico García Lorca.
- Manuel Antonio e a vangarda.
- Álvaro Cunqueiro e os ismos.
- Seis poemas galegos de Federico García Lorca.
- Os "anos de prata" (1916-1936): a prosa.
- As coleccións de novela curta: "a narrativa de quiosco".
- Na procura dunha "prensa nacional": tendencias e direccións.
- A "renovación enxebre": os prosistas das Irmandades da Fala
- O relato simbólico-identitario (I): Nós.
- "Época Nós", "Xeración Nós" ou "Grupo Nós"
- O Grupo Nós.
- A revista Nós.
- O relato simbólico-identitario (II): Vicente Risco e o Novecentismo.
- Biografía e pensamento.
- A prosa de ficción: O porco de pé.
- O relato simbólico-identitario (II): Ramón Otero Pedrayo.
- Aproximación biográfica.
- A narrativa de Otero Pedrayo.
- O relato neopopularista (I): Alfonso Daniel R. Castelao.
- Aproximación biográfica.
- A narrativa de Castelao.
- O relato neopopularista (II): Rafael Dieste.
- Datos biográficos.
- Dos arquivos do trasno.
- Os "anos de prata" (III): o teatro.
- A actividade escénica nos anos 20 e 30.
- Tendencias e direccións.
Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A «longa noite».
editarContidos:
- A longa noite de pedra.
- Galiza e a guerra civil.
- A literatura galega entre 1936-1939.
- Galiza 1936-1975 (I).
- A longa posguerra: o contexto socioeconómico.
- A oposición ao franquismo.
- Os intentos de reconstrución da mobilización galeguista.
- As coordenadas lingüístico-culturais.
- A actividade cultural na diáspora: o labor de Luís Seoane.
- Os inicios da recuperación no interior.
- O proxecto Galaxia: Fernández del Riego e Ramón Piñeiro.
- A literatura de posguerra (I). A lírica.
- O intimismo existencialista: Luís Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño, Eduardo Moreiras, Xosé María Díaz Castro, Uxío Novoneyra.
- O formalismo/clasicismo culturalista: Ricardo Carballo Calero (Ricardo Carvalho Calero), Álvaro Cunqueiro.
- A forma inmóbil.
- A lírica do eu angustiado: A escola da tebra.
- A literatura de posguerra (II). A prosa de ficción.
- O relato popular identitario: Ánxel Fole.
- O realismo mítico: Álvaro Cunqueiro.
- As novas narrativas.
- Galiza 1936-1975 (II).
- Galiza na xeira do “desarrollismo”.
- A nova oposición sociopolítica.
- A resistencia cultural.
- A actividade editorial.
- As asociacións culturais.
- A nova canción galega.
- As coordenadas lingüísticas.
- O galego no ensino
- O galego na administración, na igrexa e nos medios de comunicación.
- Os debates idiomáticos.
- O estudo do idioma. A gramaticalización.
- A lírica: 1962-1975.
- A poesía social e a antipoesía: Celso Emilio Ferreiro.
- Realismo social nacional-popular: Manuel María.
- A proxección da poesía social e política.
- Intimismo e lírica do “eu angustiado”: María Mariño, Xosé Luís Franco Grande, Antón Tovar.
- A “poesía da materia” de Bernardino Graña.
- A “poesía a contratempo” de Valentín Paz-Andrade.
- A prosa de ficción: 1962-1975.
- A renovación realista: Eduardo Blanco-Amor.
- O realismo social-identitario: Xosé Neira Vilas.
- A narrativa de transición: Xohana Torres.
- O teatro: 1932-1973.
- O teatro na diáspora.
- A xeira da dramática silenciada. Os inicios do novo teatro.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Na primeira lapela de cada un dos volumes aparece un retrato do escritor, da autoría do fotógrafo Ricardo Grobas.
- ↑ Couceiro, Xosé Luís. "Unha singular historia da literatura galega". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 14-04-2019. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ Valverde, Alberte (xullo, agosto, setembro 2019). "Literatura e silencio". Grial LVII (223): 85–86. ISSN 0017-4181.
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853. Xerais. ISBN 978-84-9914-551-8.
- ↑ "Obra de referencia indispensable". Galicia Confidencial. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Xerais. ISBN 978-84-9914-764-2.
- ↑ "Historia da literatura galega II. Xosé Ramón Pena". Casa del Libro. 30-10-2014. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ "Ficha de libro: Historia da literatura galega III. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.
- ↑ "A RAG acolle a presentación de ‘Historia da literatura galega III’, dedicada aos "anos de prata" - Publicador de contidos". academia.gal. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ Nicolás, Ramón (15-2-2017). "«Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936», de Xosé Ramón Pena". Caderno da crítica. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ "Ficha de libro:Historia da Literatura Galega IV. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2019). Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. «A longa noite». Xerais. ISBN 978-84-9121-481-6.
- ↑ "Xosé Ramón Pena presenta o volume da súa historia da literatura dedicado á "longa noite" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 14-4-2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Historia da literatura galega contemporánea (1975 [1963], Carballo Calero)
- Historia da literatura galega (1951, F. del Riego)
- Historia da literatura galega (5 vol,s. 1996-98, AS-PG)
- Historia da literatura galega (1999, Vilavedra)
- Galicia#Literatura (2000-2003, Hércules de Ediciones)
- Historia xeral da literatura galega (2001, Gómez e Queixas)
Ligazóns externas
editar- Historia da literatura galega online da AS-PG.