Anaír Rodríguez
tradutora, editora e escritora galega
Anaír Rodríguez Rodríguez, nada en Vigo en 1978, é unha tradutora, editora e escritora galega[1].
![]() (2023) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutora, editora literaria, escritora ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, traballa como editora en Edicións Xerais de Galicia. É socia fundadora de Espazo Lectura, asociación gondomaresa a prol da lectura.
Ten elaborado diversos materiais didácticos en lingua galega. Como tradutora, ocupouse de trasladar ao galego distintas obras da literatura infantil e xuvenil.
Publicacións
editarÁlbum:
- Pioneiras. Galegas que abriron camiño (2018). Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz[2]. ISBN 978-84-9121-310-9. Para a editora: "Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor".[3]
- Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (2019). Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Abi Castillo. ISBN 978-84-9121-464-9. Para a editora: "... fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións".[4]
Notas
editar- ↑ Ficha na páxina web de Xerais.
- ↑ «“Pioneiras” de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, presentación na Libraría Lume», post de Manuel Bragado no blog Brétemas, 8 de marzo de 2018.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Anaír Rodríguez: «O referente de muller é un estereotipo»". La Voz de Galicia. 23 de febreiro de 2018.