Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo19

Último comentário: hai 4 anos de Piquito no tópico Debate na taberna
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

homónimos editar

Ola, Xabier; como vai todo?

Discordo completamente da túa decisión de mover a páxina de homónimos de Berkeley. Se a cidade de California fose o que deu pé ao resto de topónimos e apelidos podería estar de acordo en deixala con Berkeley como entrada principal, pero de non ser así penso que ese debe ser o lugar para a páxina de homónimos, ao igual que fan a propia wikipedia en inglés, e tamén outras como en portugués ou castelán. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de novembro de 2017 ás 17:24 (UTC)Responder

Ola, Estevoaei, entendo o teu punto de vista. O criterio da Galipedia á hora de establecer as prioridades nos homónimos sempre (ou case sempre) é de importancia. Por exemplo, hai un país que se chama Xeorxia e todas as demais cousas van en homónimos. No caso de Berkeley, hai unha cidade que se chama así, de 120.000 habitantes, que é unha cidade universitaria importante no mundo, e despois outras cousas que, ou son entidades de poboación moi menores, ou son apelidos de señores (que agás casos excepcionais na GL.wikipedia) sempre se ordenan por nome e apelidos, ou son universidades, equipos de baloncesto e demais, que teñen un nome máis completo. Iso é o criterio que se seguiu sempre. Efectivamente creo que deberiamos ir a homónimos se houbese dúas cidades que se chamasen igual de parecida importancia ou casos dubidosos. Eu, neste caso, non vexo moita confusión posible. En todo caso, estou agora repasando as ligazóns que apuntan a un e a outra (de feito, aínda que vou revisar de novo, a primeira vista non vin ningunha páxina que ligase a Berkeley que non fose á cidade). Moitas grazas polo comentario... Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de novembro de 2017 ás 17:37 (UTC)Responder
Non falo só da importancia das poboacións, senón tamén como apelido. De feito cando se creou Berkeley orixinariamente foi como redirección a filósofo, e de feito a cidade californiana recibe o seu nome por dita personalidade. En calquera caso, o criterio de importancia para establecer prioridades pode considerarse subxectivo. Amais, as páxinas de homónimos teñen un valor didáctico. A xente pode buscar Berkeley cunha idea fixa, pero se é unha páxina de homónimos apréndese que hai numerosos motivos así chamados.
O caso de Xeorxia na gl.wiki non vale como exemplo, pois se acordou facer excepcións nos artigos de estados e de concellos galegos e evitar as comas.
En fin; agardo que reconsideres a túa opinión, e de non ser así que polo menos esta conversa sexa construtiva. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de novembro de 2017 ás 17:50 (UTC)Responder
Entendo, Estevoaei, as túas consideracións. O de que a importancia é subxectiva... si, sen dúbida, e como digo hai ben de casos en que pode haber dúbidas, pero hai outros nos que, como Madrid, non hai moita comparanza posible. Que alguén pode subxectivamente discutir cal é o Madrid máis importante... si. Hai un apartado en Wikipedia:Homónimos que fala disto e de que hai primarios e secundarios. Ademais, debemos ter presente o obxectivo da sinxeleza, para facer que a wikipedia sexa amigable de editar tamén para as persoas que non son pro. Crear homónimos para unha cidade porque un filósofo (que ten apelido pero tamén nome) coincide no apelido con ela, paréceme complicar. Se Cervantes é o concello... E, ben, o de forzar a serendipia non o vexo. Que a xente que procure atope de forma áxil é, creo, mellor que "torturalos" con clics porque queremos que aprendan algo novo: a posibilidade de meter a ligazón á páxina de homónimos sempre está aí (por certo, non está no filósofo). E poño un exemplo de agora mesmo. Hai unha cidade que se chama Anaheim en California (350.000 habitantes), que dependía dunha páxina de homónimos (e tiña un título binomial) porque hai un "pemento de Anaheim", que non ten artigo na nosa wikipedia, e que é unha variedade do chile e puxémolos ao mesmo nivel. --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de novembro de 2017 ás 18:17 (UTC)Responder
Polo amor de Deus. Non respondín o teu último comentario porque me daba preguiza ver como retorces os argumentos e ofreces exemplos que non veñen ao caso (dixemos que os concellos galegos son excepcións, e en calquera caso Cervantes é un apelido xurdido a partir dun topónimo, mentres que Berkeley é un topónimo xurdido a partir dun apelido). E en serio me comparas Madrid co resto de movementos? En serio pensas que a xente que procura, por exemplo, Santa Rosa na galipedia vai buscar a cidade de California pero non calquera outra das opcións? Os movementos que estás a facer non teñen nin xeito nin trazo. Propón un debate na Taberna ou algo, porque creo que a estás a liar bastante parda sen moito consenso nin criterio. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2017 ás 18:06 (UTC)Responder
Grazas, Estevoaei, moitas grazas por advertir do erro de mover Santa Rosa. Amañado! --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de decembro de 2017 ás 18:17 (UTC)Responder

Interwiki editar

Boas Xabier! Sabes se se poden ligar as interwiki do Atanerico con Atanarico? Eu intentei facelo máis non fun quen de logralo. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 18:42 (UTC)Responder

Ola, Amperio, creo que sei onde pode estar o problema... déixame 5 minutos porfis.--Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 18:46 (UTC)Responder
Ben, Amperio, Atanarico e Atanerico non son o mesmo paisano. O que fixen foi, primeiro, retirar o GL da lista de artigos "Atanerico" (e que eran só catro linguas máis referidas a un rei ostrogodo), e despois vencellalo aos demais "Atanaricos" (que é un rei visigodo). Debería estar amañado xa.--Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 18:56 (UTC)Responder
Grazas por amañalo! Efectivamente acabo de consultar o artigo en éuscaro e semella que se trata do primeiro rei godo. Moitas grazas de novo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:06 (UTC)Responder
Xabier, estiven investigando un pouco máis e creo que si se trata do mesmo paisano... --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:12 (UTC)Responder
Ben, Amperio, ese é outro problema. :) Se se trata do mesmo paisano, o problema está no neerlandés, que é quen ten dous artigos diferentes para o mesmo ser humano. O primeiro é que habería que estar seguro. O segundo, habería que editalo na Wikipedia NL, recomendando a súa fusión. Con respecto a saber quen é, aí eu nado un pouco fóra do meu calado... se o determinas ti, perfecto. Se despois queres que edite eu na Wikipedia NL, fágoo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 19:17 (UTC)Responder
Vale atopado o problema. O noso artigo mestura aos dous. Polo que puiden ver o tal Atanerico (Athanerik), foi un rei ostrogodo na zona de Ucraína que foi sucedido por Achiulfo, como di o noso artigo. Porén Atanarico (Athanarik), foi visigodo e sucedido por Alavivo segundo o artigo en castelán. Semella que pola proximidade das datas nas que viviron e, evidente parecido dos nomes, alguén trabucouse e mesturounos. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:30 (UTC)Responder
Moi ben, Amperio :) Pois fágome a un lado para que poñas orde niso... :) Se necesitas axuda, estarei uns 40 minutos máis hoxe, e se non, mañá.--Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de novembro de 2017 ás 19:32 (UTC)Responder

Amañado queda, Atanarico. Engadín algunha referencia máis que atopei en google para os contidos do artigo e eliminei a referencia a Atanerico. Grazas pola axuda! --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 19:50 (UTC)Responder

cat-a-lot editar

Cat-a-lot editar

Ola, Xabier;

Como lle expliquei hai uns meses a Chairego, existe o trebello Cat-a-lot, que serve para mudar categorizacións de forma masiva. Como me explicou Banjo, podes activalo engadindo o seguinte código en meta:User:Xabier_Cid/global.js:

//catALot///////////////////////////////////////
mw.loader.using(['jquery.ui.resizable', 'mediawiki.util'], function(){
	mw.loader.load('//commons.wikimedia.org/w/load.php?modules=ext.gadget.Cat-a-lot');
});
////////// Cat-A-Lot user preferences //////////
window.catALotPrefs = {"watchlist":"preferences","minor":true,"editpages":true,"docleanup":false,"subcatcount":10};
////////////////////////////////////catALotEnd//

Unha vez que estea activo, cando esteas nunha categoría hache aparecer abaixo á dereita unha pestaniña que pon "Cat-a-lot", e podes mover os artigos que queiras desa categoría a outra. En fin, quizais che sexa de utilidade.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2017 ás 22:01 (UTC)Responder

Moitas grazas, Estevoaei. Vou facer un probas esta mañá. Un saudiño! :)

Revisión tradución editar

Boas, aproveito que andas de novo por aquí, que boa nova! :), para pedirche, se tes un momento, que revises un apartado dun artigo. Ampliei o apartado de "Anthropomorpha" en Carl von Linné traducíndoo de en.wiki, e hai algunhas partes nas que teño dúbidas, non é moi longo pero ten tamén a nota 6 que ten partes un tanto enrevesadas. A ver se lle podes botar un ollo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 08:58 (UTC)Responder

RE:Centenarias e centenarios editar

Moitas grazas por avisar. A verdade é que os motivos son máis que suficientes e estou dacordo. Ás veces busco a singularidade á hora de crear artigos, pero está claro que non todo vale. Unha apertiña. Krisko (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 20:49 (UTC)Responder

Toliño editar

Ola, Xabier. A conta do degradado de Toliño, deixo copia do que lle puxen esta mañá na súa páxina de conversa: "Comezando a revisión do proceso de revogación pedido por Banjo, observo que deixou unha mensaxe dicindo que un par de días antes se te envíaría unha nova mensaxe, cousa que aínda non se fixo. Como fun eu quen respondeu á petición de Banjo, deixo a nova mensaxe antes de seguir coa revogación. Nestes días próximos volverei tentar poñerme en contacto contigo por outros medios. Un saúdo.Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 08:24 (UTC)". A máis, envieille un correo electrónico. O día 1, caso de seguir sen obter resposta, seguirei. Saúdos.Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 08:27 (UTC)

Agremon, que che parece se deixamos sen facer nad ata a volta das vacacións? Non teño eu diso, pero, como son períodos inhábiles para a Galipedia, que non contan para votacións, nin para propor políticas nin pra nada, que che parece se lle mandamos a Toliño unha mensaxe o 8 de xaneiro, que é luns, e se non responde antes, o 9 poñémonos mans á obra? Ah, e moitas grazas polo que fixeches estes días. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de decembro de 2017 ás 10:05 (UTC)Responder
De acordo. Xa varío as mesaxes que fun deixando. O que fixen nestes días? Nada. :-) Unha aperta! Agremon(contacto) 30 de decembro de 2017 ás 10:56 (UTC)Responder


Cursada a petición en meta: meta:Steward requests/Permissions/2018-01#Toliño@gl.wikipedia --Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2018 ás 13:27 (UTC)Responder

Wikirreto 2018 editar

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)Responder

modelo:Artes de pesca editar

Dado que o DOG non parece querer ofrecer o resultado do Real Decreto que se menciona no modelo e que asumo que foi a fonte de onde saquei o de corona, atopei isto no artigo . ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de xaneiro de 2018 ás 10:46 (UTC)Responder

Ola, Sobreira, moitas grazas. Seguindo o teu ronsel atopei isto que creo que nos vale para mudar o corona por coroa. Apertiñas --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de xaneiro de 2018 ás 18:14 (UTC)Responder

etimoloxías editar

Ola, Xabier; como vai?

Normalmente cando inclúo etimoloxías nos artigos, fágoo tamén nas páxinas de homónimos; hei chuzar o que puxeches en Osebe e Agrela. Se che apetece, bótalle un ollo á introdución que escribín en Usuario:Estevoaei/topónimos, e se queres deixa a túa opinión da páxina de conversa desa subpáxina. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xaneiro de 2018 ás 16:40 (UTC)Responder

Ola, Estevoaei, moitas grazas! Tiña dúbidas de se facelo, porque pensei que se cadra ao ser páxinas de homónimos, que non teñen contido de seu... pero paréceme unha idea estupenda. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de xaneiro de 2018 ás 16:45 (UTC)Responder

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras editar

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:55 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata editar

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Obradoiro Wikidata editar

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

URXENTE: Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario editar

Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Apoio á solicitude de bolsa para as actividades do aniversario editar

Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Desacordo con mover "Prinsenhof (Delft)" a "Prinsenhof" editar

Bo día. Vexo que moviches o artigo Prinsenhof (Delft), que eu creara, a simplemente Delft, coa xustificación de Nome máis simple. Cómpre ter en conta que Prinsenhof é o nome xenérico dunha especie de pazos que existen en diveras localidades dos Países Baixos, arredor de 17 (Ámsterdam, Delft, Gante...). De feito, na Wikipedia noutras linguas hai artigos sobre o Prinsenhof de deversas localidades (en neerlandés hai 8 diferentes; en castelán haino sobre o Prinsenhof de Gante). En galego, hoxe en día só hai o artigo sobre o Prinsenhof de Delft, pero en calquera momento podería habelo sobre o doutras localidades. Xa que logo, propoño que, de querer cambiar o orixinal Prinsenhof (Delft) se cambie por Prinsenhof de Delft, seguindo o mesmo criterio que utilizaches para mover o meu artigo Convento de Santa Bárbara (Delft) a Convento de Santa Bárbara de Delft, coa xustificación de existir varios edificios co mesmo nome en diversas localidades. Grazas. --Moedagalega (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 08:04 (UTC)Responder

Ola, Moedagalega, paréceme moi ben o que dis. Na wikipedia en inglés, que para min é máis referencia cá en español, a entrada Prinsenhof remite ao de Delft, polo que entendín que era a realmente importante do mundo. Se cres que hai máis prinsenhofs importantes, unha boa solución é a túa. Outra opción sería deixar Prinsenhof para o de Delft, e despois crear unha páxina de homónimos cos demais prinsenhofs menores. Pero quen ten máis coñecemento para valorar se son todos igual de coñecidos ou relevantes, ou se hai unha grande diferencia en relevancia entre uns e outros, es ti. O que fagas paréceme ben. En todo caso, como dis, non empregues as parénteses nos títulos e xa. :) Un saudiño, e moitas grazas polo teu comentario. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2018 ás 08:11 (UTC)Responder
Ah, imaxino que si controlas, pero se tes calquera dúbida sobre como mover un artigo dun lado para outro, aquí estou para axudar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2018 ás 08:13 (UTC)Responder

Bo día outra vez. Acabo de mover, entón, Prinsenhof a Prinsenhof de Delft, pero non sei como facer o resto. Habería que crear a páxina de homónimos de Prinsenhof. Pódelo facer ti? Logo xa me encargo eu de reestablecer e organizar todas as ligazóns internas. Grazas. --Moedagalega (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 09:16 (UTC)Responder

Ola, Moedagalega, creei a páxina de homónimos. Revisa como o fixen, que xa verás que é sinxelo. Corrixe tamén o texto que puxen. E moitas grazas. Un saudiño! --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de febreiro de 2018 ás 09:51 (UTC)Responder

Millón de grazas!--Moedagalega (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 10:05 (UTC)Responder

Javier Casqueiro editar

Boas Xabier, o artigo Javier Casqueiro, que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 12:30 (UTC)Responder

Tamén o de Alicia Estévez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 13:02 (UTC)Responder

Hahaha, voulle andar a Banjo coa roupa das festas! :D. Non, non, como van ser investigacións orixinais... :) pero o marcador de falta de referencias é irrefutabilísimo. A ver se os referencio, pois. Grazas Elisardojm --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de febreiro de 2018 ás 08:41 (UTC)Responder

Xabier, este mes tamén se marcou Alfredo Ramos :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 22:15 (UTC)Responder
Tamén Jorge Saavedra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 22:23 (UTC)Responder
E tamén Jandro Villa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 22:45 (UTC)Responder

Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018 editar

Boas, está a organizarse un obradoiro para coñecer o funcionamento de Wikidata, como mellorar a información que hai alí e como pode usarse nos artigos. Se é do teu interese tes máis información en Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Dúbida lingüística editar

Boas Xabier, ti que vives alí na pérfida Albión, supoño que terás máis a man ca eu atopar resposta a miña cuestión. Estou traducindo ao galego o artigo John, King of England->Xoán I de Inglaterra, e atopei un termo que non fun quen de traducir, pipe roll. Literalmente é un "rollo de tubería", aínda que está claro que é un pergamiño. Ti como o traducirías "rollo de pergamiño"/"gran pergamiño"? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 12:24 (UTC)Responder

@AMPERIO:: en:Pipe rolls:
The Pipe rolls are named after the "pipe" shape formed by the rolled up parchments on which the records were originally written. There is no evidence to support the theory that they were named pipes for the fact that they "piped" the money into the Treasury, nor for the claim that they got their name from resembling a wine cask, or pipe of wine. They were occasionally referred to as the roll of the treasury, or the great roll of accounts, and the great roll of the pipe.

--Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de febreiro de 2018 ás 12:32 (UTC)Responder

@Estevoaei: xa xa, ata aí cheguei eu! :) O que busco é unha tradución que non soe inventada. Se cadra, co texto que citas podería entenderse que "Rollo das contas" sería axeitado, non? --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 12:39 (UTC)Responder
Podería ser rolo de pipa, cunha nota a pé explicando a tradución da expresión. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de febreiro de 2018 ás 13:45 (UTC)Responder
Ola, AMPERIO e Estevoaei. Grazas por preguntáresme. Ocórrenseme dúas opcións. A primeira é deixalo en inglés, dado que se refire a un tipo de documento administrativo moi concreto, como pode ser unha carta póboa ou semellantes. Nese caso poríao con cursiva. Pero se o traducimos iría a "pergameos do cano". Roll é pergameo, e cano é máis tradicional (medievalizante, se queres) ca tubo ou tubería. Calquera das dúas paréceme ben. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de febreiro de 2018 ás 14:47 (UTC)Responder
vaia, non metín ben a ligazón de Estevoaei e non sei se se decatará... --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de febreiro de 2018 ás 14:48 (UTC)Responder
Grazas pola axuda. Se cadra vouno deixar como pipe rolls, polo que comentas de que é un documento administrativo moi concreto. --AMPERIO (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 18:46 (UTC)Responder

Xa rematei o artigo de Xoán I de Inglaterra por se queres botarlle unha ollada. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 11:08 (UTC)Responder

Wikidata editar

Boas, esta nota só é para lembrache que mañá de 10 a 14 temos o obradoiro de Wikidata en Santiago, Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018, vémonos alí! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 10:37 (UTC)Responder

Solicito creación de novas subcategorías editar

Bo día. Observo que na Galipedia hai artigos abondo de personaxes que estudaron e/ou ensinaron na universidade neerlandesa de Delft (varios deles, mesmo, fíxenos eu mesmo). Tamén hai artigos de institucións vinculadas á devandita universidade, algúns deles relacionados na sección Véxase tamén > Outros artigos, da entrada Universidade de Tecnoloxía de Delft.
Creo que xa hai bastantes artigos como para organizalo todo. Por iso solicito que dentro de Categoría:Universidades dos Países Baixos se creen as seguintes subcategorías (igual que ocorre para outras universidades):

  • Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft e, dentro dela:
  • Categoría:Personalidades da Universidade de Tecnoloxía de Delft e, dentro dela:
  • Categoría:Alumnos da Universidade de Tecnoloxía de Delft e tamén:
  • Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft.

Non sei se teño permisos para crear eu mesmo as categorías pero, en calquera caso, estiven mirando como facelo e vexo que non son quen. Por iso pido axuda. Ofrézome, iso si, a organizar todo o existente conforme esas categorías en canto estean creadas. Infinitas grazas. Saúdos.--Moedagalega (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 10:11 (UTC)Responder

Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia editar

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo editar

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Exame de inglés editar

Boas Xabier, como dirías and the tide of the conflict swung in Henry's favour. en galego? Saúdos.--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 19:22 (UTC)Responder

hahah, ;) ogallá fose un exame! ;) Se queres ser moi literal (e asemade moi metafórico), poderíase dicir que a marea do conflito abalou a prol de Henrique. Tamén podes dicir que as tornas do conflito viraron para o lado de Henrique. --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de marzo de 2018 ás 19:29 (UTC)Responder
Non quería soar moi literal por iso acudín a túa axuda :) Vou empregar o das tornas do conflito. Grazas! --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 19:38 (UTC)Responder

Taberna editar

Unha dúbida rápida, vin que na taberna falaches en feminino para referirte a todos. Por que? Pregunto desde a máis absoluta inocencia. --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 12:43 (UTC)Responder

Ola, AMPERIO, a resposta é simple e complexa ao tempo. En xeral, sinto un certo incomodo ao empregar o masculino como xénero non marcado. Ben sei o que din as normas gramaticais, pero iso non quere dicir que non me sinta incómodo. Nos usos oficiais escribo do xeito que a RAG marca como correcto, pero nos usos informais cando me refiro a un colectivo no que eu estou, prefiro empregar o feminino como valor de non-marcado, precisamente para que poidamos ter esta conversa e esta reflexión que temos agora. Ademais, eu veño dunha comunidade onde tanto os xéneros como os sexos están esvaídos (ou poden estalo): se ás veces cos meus amigos empregamos un feminino de complicidade, dar o salto ao uso en contextos informais como A Taberna non me resulta alleo. E ademais, creo que a invisibilización/ausencia de mulleres na comunidade da Wikipedia é o noso maior problema, e empregar o xénero feminino como non-marcado sérveme de nota mental para dicir, "eh, Xabi, lembra que temos un problema con isto". Pero sen máis, é dicir, son consciente de que é unha postura ideolóxica, e polo tanto individual e intransferible, e tampouco ten unha radical importancia para min nin pretendo que a teña para os demais. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de marzo de 2018 ás 12:54 (UTC)Responder
Ah vale vale, imaxinaba que sería por algo ideolóxico, pero me sorprendeu que o empregaras nunha conversa na que só hai homes. Sen problema entón. Por certo, xa que estou outra dúbida co inglés para que non soe moi literal. Como dirías The proposed agreement soon began to unravel amid claims from some loyalists that it was too generous towards the rebels, eu o traducín como A proposta de acordo pronto comezou a desentrañarse entre os reclamos dalgúns dos baróns leais que a consideraban demasiado xenerosa cos rebeldes pero o desentrañarse me soa un pouco forzado, busquei sinónimos pero non me convenceu ningún. A ver se ti atopas algún. ;) --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 12:57 (UTC)Responder
AMPERIO, eu diría As consecuencias do acordo proposto axiña empezaron a tomar corpo, e algúns lealistas protestaron porque entenderon que era demasiado xeneroso cos rebeldes. Non sei ben o contexto, pero polo que imaxino debería cadrar ben. Saudiños, e pregúntame todas as dúbidas que teñas --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de marzo de 2018 ás 13:04 (UTC)Responder
Desde logo soa moito mellor así, así que vouno cambiar pola túa versión. Grazas de novo, aínda que teño un nivel bastante avanzado de inglés teño algunha dificultade para traducilo ao galego, sobre todo porque habitualmente falo en castelán e ás veces me custa atopar o termo apropiado en galego. --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 13:08 (UTC)Responder

Probas con modelos editar

Boas Xabier, vexo que xa andas a fedellar co modelo, xenial :) Tan só unha nota que se me esqueceu comentarche, para facer cambios nos modelos sen que afecten ós artigos que os usan, o mellor é usar a subpáxina de probas do propio modelo, no caso de "desactualizado" é Modelo:Desactualizado/probas. Nesa subpáxina podes facer tódolos cambios que queiras que non vai a afectar ós artigos. Logo para probalo, simplemente tes que metelo nunha subpáxina do teu usuario e así xa ves o resultado. Isto último non se pode facer sempre, por exemplo cando o modelo precisa datos do propio artigo ou datos de wikidata, neses casos o que fago é modificar un artigo que ten o modelo e darlle á vista previa. fiSaúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 10:58 (UTC)Responder

Moitas grazas, @Elisardojm:, mais agora tardepiaches. :). Bah, foi pouca cousa. Agora estou creando as categorías. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de marzo de 2018 ás 11:01 (UTC)Responder
Xa, pero para a próxima! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 11:04 (UTC)Responder

Estela San José editar

Boas Xabier, o artigo Estela San José, que creaches ti, ten un aviso porque é unha biografía dunha persoa viva, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 11:41 (UTC)Responder

Elisa Díaz editar

Ola, que tal? vin que o outro día redireccionaches a Elisa Díaz

8 de marzo de 2018 ás 11:17‎ Xabier Cid (Conversa | contribucións)‎ m . . (3.659 bytes) (0)‎ . . (Xabier Cid moveu a páxina "Elisa Díaz Riva" a "Elisa Díaz": Nome máis simple polo que é coñecida)

O tema é que tiven moitos problemas para buscarlle referencias a esta muller, e preguntábame se ti terías algunha outra (dicionario biográfico) xa que bueno, Díaz só semella bastante común. Se é así, poderías indicarma a ver se con máis fontes logro evitarlle un futuro borrado?Moitas grazas--Maria zaos (conversa) 20 de marzo de 2018 ás 18:21 (UTC)Responder

Ola, Maria zaos. Anoto nas tarefas procurar isto. Pero, en xeral, na Wikipedia en galego a tradición (e polo tanto neste caso o xeito correcto) de crear os artigos é a forma máis sinxela posible. Se houbese dúas Elisas Díaz, pois si, habería que ir ao segundo apelido, e crear a súa páxina de homónimos e demais. En xeral, en caso de dúbida, temos que ir á forma máis simple, que é a que vai recibir máis buscas, e a que vai facer que o contido sexa máis accesible. Excepción a isto: que haxa ambigüidade real (dous ou máis artigos co mesmo nome). Excepción segunda: que a persoa sexa moi coñecida cunha forma complexa. Por exemplo, Emilia Pardo Bazán. En calquera caso, anoto o outro. ;) --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de marzo de 2018 ás 08:04 (UTC)Responder
Moitas grazas pola axuda e polas explicacións, tereinas en conta no que cree a partir de agora. :) Non te mates moito coa busca, porque neste caso se unha tese non achou máis fontes igual por algo é. Eu é que xa desistín, non atopo nada máis por ningures.--Maria zaos (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 08:09 (UTC)Responder
Non, non, grazas a ti. Saudiños, Maria zaos --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de marzo de 2018 ás 08:14 (UTC)Responder

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey editar

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:41 (UTC)Responder

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia editar

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:56 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:39 (UTC)Responder

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada editar

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:48 (UTC)Responder

Axuda coa tradución dunha mensaxe editar

Boas Xabier, preciso axuda coa tradución dunha mensaxe en Translatewiki, a plataforma onde se traducen as mensaxes do sistema, xa que hai un usuario que está a cambiala e non estou seguro de se queda ben, de se estaba ben antes ou se tería que cambiarse de todo. A mensaxe é esta, no historial podes ver anteriores versións. A ver se lle podes botarlle un ollo e revisala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2018 ás 15:17 (UTC)Responder

Non me deixa editar, @Elisardojm, non sei por que razón. Debería ser como dicides vós. Diarios dos usuarios e usuarias próximas. Se ben non sei a que se refire con "diario". Incluso diría que "axenda", pero como non sei o contexto... --Xabier Cid Talk 2 me, please 20 de abril de 2018 ás 15:31 (UTC)Responder
Se tes usuario en Translatewiki (creo que non vale o usuario da Wikipedia, se non me lembro mal hai que crear un novo pero non estou seguro), debería deixarche porque non hai mensaxes protexidas.
O do contexto é un gran problema de translatewiki, hai espazo para indicalo pero case nunca o achegan, e así saen as veces os churros que saen. Vale, moitas grazas, xa o amaño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2018 ás 16:35 (UTC)Responder

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada editar

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Traducións en Conan editar

Boas Xabier, cando teñas un momento podes darlle un repaso á tradución das citas da peli de Conan_o_bárbaro_(filme)? Eu dinlle unha volta pero hai partes que non entendo ben e non estou seguro de que a tradución sexa 100% correcta. Están unha no apartado de "Rodaxe" e outra no apartado de "Temática". Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2018 ás 12:14 (UTC)Responder

Ola, mira, se revisas isto, podes botarlle tamén unha ollada á tradución desta frase? "Clarens judged Jones's portrayal of Thulsa Doom to be worse than camp", está traducido por "Clarens xulgou a interpretación de Jones como Thulsa Doom peor que o campo", pero non me ten moito senso... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2018 ás 08:57 (UTC)Responder
Elisardojm camp pode traducirse tamén como afectado ou exaxerado referíndose ás actuacións. Polo que quizais unha posible tradución sexa Clarens xulgou a interpretación de Jones como Thulsa Doom peor que unha exaxeración ou se cadra, que quizais quede mellor como demasiado exaxerada. Por outra banda existe Camp:
es un tipo de sensibilidad estética del arte popular que basa su atractivo en el humor, la ironía y la exageración. El camp es una corriente artística relacionada con las formas del arte kitsch, considerado como una copia inferior y sin gusto de estilos existentes que tienen algún grado de valor artístico reconocido.1​ Suelen identificarse sus cualidades atractivas bajo los parámetros de la banalidad, la vulgaridad, la artificialidad, el humorismo, la ostentosidad y el carácter afeminado.2​3​ En el habla inglesa, suelen aplicarse los adjetivos de campy o cheesy a expresiones culturales que tienen cualidades de la estética camp.

Quizais está a falar disto, aínda que como vedes está relacionado coa exaxeración. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2018 ás 09:19 (UTC)Responder

Xoán I de Inglaterra editar

Boas Xabier, sei que non adoitas participar nas votacións para escoller artigos de calidade, pero te escribo por que a Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Xoán I de Inglaterra (que me axudaches coa revisión) tan só lle falta un voto para ser aprobado. A votación remata o día 2 de xuño, polo que se queres botarlle outra ollada estaría ben. Logo se queres vota o que ti prefiras.--AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2018 ás 10:56 (UTC)Responder

Frase en inglés editar

Boas Xabier, cando teñas un momento me poderías axudar con esta frase? On 11 September 1297, a large English force under the leadership of John de Warenne, Earl of Surrey, and Hugh de Cressingham was routed by a much smaller Scottish army led by Wallace and Andrew Moray at Stirling Bridge o problema é como traducir was routed by. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 11:15 (UTC)Responder

Quizais un gran exército inglés liderado por John de Warenne, conde de Surrey, e Hugh de Cressingham foi interceptado por unha pequena forza escocesa dirixida por Wallace e Andrew Moray en Stirling Bridge estaría ben? --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 11:21 (UTC)Responder
Ola, AMPERIO, to rout é derrotar. Así que Warenne foi derrotado por Wallace ou, aínda mellor, Wallace derrotou a Warenne. Depende de quen esteas a falar. Saudiños --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de xuño de 2018 ás 12:38 (UTC)Responder

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright editar

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Francisco Fernández Liñares editar

Boas Xabier, o artigo Francisco Fernández Liñares, que creaches ti, ten un marcador de que precisa referencias, cando teñas un momento, a ver se podes facerlle uns arranxos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2018 ás 11:13 (UTC)Responder

Seguindo coa asociación editar

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradores editar

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)Responder

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación editar

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo editar

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)Responder

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia editar

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Helena Muñoz editar

Boas Xabier, (en 2012! :) moviches o artigo de Elena Muñoz a Helena Muñoz, poñendo no comentario "uso galeguizado do nome". Non entendo moi ben iso..., e non estou seguro de que sexa correcto en base a Wikipedia:Nomes propios de persoas. Tampouco atopei referencias na web de "Helena Muñoz", cando teñas un momento, podes botarlle un ollo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2018 ás 19:13 (UTC)Responder

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia editar

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Igrexas editar

Xabier, se están na cat igrexas románicas de Galicia non hai que metelas en "igrexas románicas" pq a cat de Galicia xa é unha subcat. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2018 ás 08:55 (UTC)Responder

Elisardojm: entendo o que dis no principio, pero non creo que sexa correcto neste caso. Voume estender un pouco neste caso, e desculpa de antemán se me excedo na resposta en comparación co teu comentario.
  1. A clasificación dos elementos debe ser proporcional ao volume dos elementos. Neste caso, de igrexas góticas temos apenas dúas ducias. Polo tanto, non é necesaria, pola súa manexabilidade, unha clasificación inferior.
  2. As clasificacións principais teñen que facerse en virtude do seu tema principal. Por exemplo, se chegado ao caso temos moitísimos templos góticos, deberiamos clasificalos en temperáns, serodios, normandos, etc. porque son as subdivisións do gótico, que é do que estamos falando.
  3. En paralelo, pode haber unha clasificación das igrexas da provincia de Ourense polo seu estilo, que non está mal. E aí temos "igrexas barrocas da provincia de Ourense" e "igrexas románicas da provincia de Ourense". Pero o gótico non se clasifica por pertencer ou non á provincia de Ourense (entre outras cousas, porque nin Galicia nin España nin moito menos a provincia de Ourense existían como tal durante os anos onde había gótico). Polo tanto, clasificar os templos góticos pola súa división administrativa contemporánea, de maneira única e principal, é erróneo.
  4. De feito, facelo así é incluso tendencioso, dado que poñemos criterios "nacionais" ou "administrativos" por riba dos artísticos, que é do que estamos a falar agora.
  5. O resultado é que non podemos ter unha panorámica do gótico europeo na clasificación da wikipedia: temos que ir división administrativa a división administrativa para ter unha panorámica das igrexas góticas na nosa wikipedia, cando estes son aspectos completamente marxinais.

Podería pór analoxías, pero é como se clasificásemos os xogadores do Celta de Vigo pola cor do pelo ou pola súa relixión, e tivésemos unha categoría de "Xogadores cristiáns do Celta de Vigo" pero non tivésemos unha categoría "Xogadores do Celta de Vigo" onde os puidésemos ver a todos.

A solución a isto que formulas ti debería ser clasificar os templos góticos en función das súas características arquitectónicas, unha vez que haxa tantos que sexa dificilmente manexable. Ten sentido que exista unha categoría de Igrexas de X sitio polo seu estilo, pero non que clasifiquemos como criterio único e principal as igrexas dun estilo pola división administrativa á que pertencen agora. Xa de postos, mellor por dioceses! :) Agardo que se entenda o que quixen dicir. --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de outubro de 2018 ás 09:27 (UTC)Responder

Déixame revisar isto antes de seguir facendo cambios, non teño moi claro agora por onde tirar, á noitiña revísoo e falamos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2018 ás 12:16 (UTC)Responder
Non vou facer máis cambios, que están os 4 creados, conversa. De feito, nin sequera existía a categoría de Igrexas góticas. Xa iamos directamente á subdivisión administrativa, sen posibilidade de vérense todas xuntas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de outubro de 2018 ás 12:19 (UTC)Responder

Ola, Xabi.

Disinto desas últimas túas edicións. Os artigos deben ir nas categorías máis concretas posibles. Isto xa se falou varias veces, e o contrario é botar por terra todo o traballo e finalidade do propio sistema de categorías. Outra cousa é que penses que algunha categoría é incorrecta ou demasiado concreta, pero ese é outro debate, o debate de borrado desa/s categorías.

Lin os teus argumentos e non me convence ningún.

O teu punto "1" non ten que ver nin explica as túas edicións. De feito é contrario ó que fixeches, pois deixaches os artigos onde estaban.
O punto dous, clasificacións en "temperáns, serodios, normandos," ¿?! non sei por onde collelo (ruído?).
No punto tres, penso que directamente estás equivocado. Si (afirmo), cando clasificamos calquera cousa localizada xeograficamente o fixemos sempre e o seguiremos facendo pola división xeopolítica actual. É absurdo e inviable facelo doutra maneira.
Paradoxalmente, o punto catro paréceme tendencioso en si mesmo (o teu punto, non a categorización)  . Para nada é tendencioso facer unha Categoría:Igrexas románicas de Galicia, de feito penso que deberiamos ter unha Categoría:Igrexas románicas da Provincia de Ourense.
En relación ao punto cinco. Se queres "ter unha panorámica do gótico europeo" non a vas atopar nunha única categoría, nin nesta wikipedia nin en ningunha wikipedia do mundo. É pedirlle peras a un olmo. Iso é algo que supera a funcionalidade das categorías, que é outra. Deberías poder ter unha panorámica do gótico europeo no artigo correspondente.

O exemplo dos xogadores de fútbol... non é algo desafortunado?

Por favor, desfai as túas edicións, que son inversas ao traballo que outros moitos usuarios levan facendo durante moito tempo, e deixa os artigos unicamente nas categorías máis concretas, como estaban. --. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2018 ás 21:22 (UTC)Responder

Por certo, un abrazo, que coido que hai un par de anos que non falabamos. --. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2018 ás 21:25 (UTC)Responder
Ben, vou por partes: Primeiro de nada, grazas pola túa resposta, HombreDHojalata. Nalgúns puntos discrepamos, e noutros creo que me entendiches mal, así que vou ir repasando. Desculpa se reitero algunhas cousas.
  1. O do tamaño da categoría. Si, creo que non é necesaria unha subcategorización de templos góticos, porque temos poucos. Eu non a crearía. Pero xa estaba creada. Xa existía unha subcategorización político-administrativa dos templos góticos, que non toquei. O que fixen foi engadir unha categoría maior, de carácter artístico, (que non existía!) de templos góticos. Ou sexa, existía "Igrexas góticas de Galicia", que dependía de "Igrexas góticas de España", que dependía de "Igrexas de España". E agora existe unha categoría de igrexas góticas, que debe existir.
  2. Cal é a mellor clasificación posible? Esta é unha pregunta complicada, pero a resposta sinxela é "todas". Gustaríame buscar unha imaxe visual que o explicase... É como unha vivenda á que podes chegar por tres ascensores diferentes. Un ten tres paradas, un ten dúas, e un ten só unha. Os tres son correctos, e válidos. Neste caso temos unha clasificación artística, unha clasificación administrativa, e poderíamos ter tamén, que sei eu, unha clasificación relixiosa (como digo, consagrados/non consagrados, ou por dioceses, ou católicos/protestantes). Todas son correctas. Aquí existía xa unha categorización político-administrativa, que parte de igrexas, vai a países e a comunidades autónomas e despois engade estilos (ao meu ver innecesariamente, pero como digo, non é esa a miña batalla). Eu creo que debe haber unha categorización artística. Que se pode dividir os templos en góticos e románicos, e que estes á súa vez tamén poden ter subdivisións. Puramente de carácter artístico/arquitectónico. De novo, creo que non é necesaria hoxe en día esta subdivisión, pero se vos parece que "gótico" non é o nivel máis baixo artístico ao que debemos chegar, botarei un tempo a facer subdivisións artísticas no gótico. Loxicamente si, hai outra vía, que é a político-administrativa para clasificar templos: ao meu ver é clasificalos por un aspecto marxinal, non demasiado relevante (incluso incorrecto), pero xa está. Non é a miña batalla, se outros fan ese traballo para min perfecto. Como pode vir calquera e clasificar os templos por relixións, e dentro dos católicos e dos episcopais, por dioceses, e é super-razoable e (ao meu ver) mellor que facelo político-administrativamente. E unha clasificación, a artística, non impide que haxa en paralelo unha administrativa, e unha relixiosa. E poden ter distintos niveis de concreción. Desculpa que re-explique isto desde o outro punto de vista: alguén cometeu o erro de mesturar criterios ao clasificar templos. Hai templos en España, en Galicia, e na provincia de Ourense. Pero despois, como lles era moito, meteron un criterio artístico polo medio. Iso, ao meu ver, é incorrecto. Pero se o deixamos estar, non pode ser que obriguemos a clasificación artística a acabar nese híbrido administrativo, só porque é máis concreta... É máis concreta porque é un híbrido que non debería existir. Volvendo ao desafortunado exemplo meu dos xogadores de fútbol, a ver se o consigo volver afortunado. Os xogadores de fútbol clasifícanse a) por posicións b) por clubs. Ata aí ben. Un xogador pode ser de varios clubs, e, en paralelo, pode ser dianteiro, porteiro, etc. Tamén pode ser Nado en Dumbría, de novo, en paralelo. Pois imaxinemos que alguén decide subdividir os "Nados en Dumbría" por profesións: "Labregos nados en Dumbría", "Empresarios nados en Dumbría", etc. Creo que é erróneo, pero cando falamos de cidades grandes seguro que a alguén se lle pasou pola cabeza. Deberían deixar de pertencer á categoría "Dianteiros" porque algué os clasificase dentro de "Dianteiros de fútbol de Dumbría"? Sen dúbida sería máis concreto, pero son criterios diferentes, e clasificacións en paralelo.
  3. Como dis: non discuto que haxa quen queira clasificar templos pola división administrativa actual. Como ben sinalas é habitual, fixémolo sempre e demais. Ten a súa razón. O que eu digo é que esa división administrativa non é un subtipo do gótico. Que ten lóxica que exista unha clasificación arquitectónico/artística dos templos, sen máis, sen meterlle divisións relixiosas, nin políticas... que se queremos podo facer unha subdivisión artística, pero que, na miña opinión, para o volume deles que hai, non fai falla. Polo tanto, un ascensor tería unha soa parada (gótico), e o outro tres (España > Galicia > Ourense). Pero se me forzades, como digo, fago "gótico pleno, gótico flamíxero", etc.
  4. Si, claro que é tendencioso. Pero non hai nada que non o sexa. Hai unha corrente "nacionalista" que é pórlle a cada señoriño a súa bandeira, clasificar as illas polo estado ao que pertencen, as igrexas polo país en que están, etc. E hai unha non-nacionalista, que evita iso. A boa é a miña, claro, :D :D, pero temos que convivir todos, porque todas son formas de ver o mundo.
  5. Concordo co que dis, enq eu debería haber unha panorámica do gótico no seu artigo, que iso non se pode suplir cunha categoría, pero... cal é a función das categorías? Conseguir caixiñas pequenas de artigos a base de mesturar criterios? Na miña opinión, son unha ferramenta de navegación, que permiten que os usuarios busquen distintos camiños e naveguen á vontade.

En resumo, espero que agora se entenda mellor o que fixen de crear unha categoría artística independente da político-administrativa. Se credes que gótico non é abondo, pois botarei unhas horas a subcategorizar o gótico con criterios artísticos. Pero non creo que sexa necesario nin relevante para o volume de artigos que temos. A clasificación político-administrativa eu non a vou tocar. Creo que non debería mesturar subcriterios arquitectónicos (pareceríame mellor templos de Galicia > templos da provincia de Ourense > incluso templos de Bande), pero como dixen ao comezo, esa non é a miña batalla. Polo menos non de momento. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de outubro de 2018 ás 08:43 (UTC)Responder

A verdade é que, canto máis o penso, mellor me parece...
  1. Mover as igrexas todas a criterios puramente político-administrativos, chegando ata concello se é necesario.
  2. Deixar en paralelo os criterios artísticos.
Se HombreDHojalata e Elisardojm me dades un OK, fágoo hoxe, que hoxe teño un tempiño libre mentres agardo en casa porque veña o carteiro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de outubro de 2018 ás 08:55 (UTC)Responder
Síntoo ó final onte non puiden mirar isto porque cheguei a casa derreado, ata hoxe pola noitiña non sei se poderei revisar con calma todo o que puxéchedes aquí... Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 08:57 (UTC)Responder

Insisto nisto. Por favor, Xabier, desfai as túas edicións. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 10 de outubro de 2018 ás 20:35 (UTC)Responder

Boas, primeiro desculpas por tardar en responder a este tema, estiven liado na casa e fóiseme esquecendo. O:)
Xabier, eu penso que isto hai que desfacelo, aínda que non dou pillado de todo a túa idea, segundo Wikipedia:Categorías#Subcategorización, e o que se adoita facer en tódalas categorías da Galipedia, un artigo non pode estar nunha subcategoría e nunha categoría nai desa.
Vou tentar explicar a idea coa clasificación territorial-administrativa que penso que é a que mellor se "visibiliza". Se unha igrexa está no concello X, terá que estar na "cat. de igrexas do concello X", pero non fai falta engadila á "categoría do concello X" porque implicitamente xa está dentro dela e podemos chegar ó artigo de forma "natural" seguindo os niveis de categorías. Facelo do outro xeito sería un caos, na categoría do concello teríamos tódalas "cousas" que hai nese concello a eito, e a maiores as subcategorías, que de pouco, ou nada, valerían.
De xeito semellante, as igrexas góticas de Dumbría teñen que estar dentro das igrexas góticas da provincia da Coruña, e esa cat. dentro de igrexas góticas de Galicia, e esa dentro de igrexas góticas de España, e esta dentro de igrexas góticas por país, e esta finalmente dentro de igrexas góticas. Pero non todos os artigos de igrexas góticas teñen que estar dentro da cat. de igrexas góticas, sería un barullo..., ti podes navegar polas categorías dende a cat. de igrexas góticas baixando ata a subcategoría máis detallada que precises.
Ó mesmo tempo na cat. de igrexas góticas podería haber outras clasificacións, por exemplo, unha clasificación temporal, igrexas góticas por século, que se subdividiría en igrexas góticas do século X, igrexas góticas do século XI,... e o artigo da igrexa gótica de Dumbría debería estar na cat. igrexas góticas do século IX, por exemplo. Estaría en dúas categorías de igrexas góticas, pero ningunha delas sería nai da outra, serían irmás ou primas :)
Creo que non me expliquei demasiado ben, pero para min a clasificación que fixeches non sigue a política de categorías, ou polo menos, a política que hai nestes momentos na Galipedia e que leva varios anos aplicándose (e dende antes de que se aprobara a política, por certo).
Esta é unha clasificación xerárquica pura e dura sen permitir "bucles". Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2018 ás 00:41 (UTC)Responder

Grazas, Elisardojm e HombreDHojalata.

  • Creo que non entendestes os meus argumentos. En concreto, Elisardo, eu nunca cuestionei a categorización de igrexas góticas en concellos. Esa categoría segue existindo. Ao meu ver non é demasiado interesante, pero a miña opinión é o de menos. Despois dis que podería haber outras clasificacións, por criterios temporais (que é o que estaba dicindo eu), pero parece que mo dis como argumento novo, cando é xustamente iso o que estaba dicindo e propondo. Disme que sería un barullo ter todas as igrexas góticas en góticas, pero iso xa che dixera eu que podería chegar a selo, pero que de momento polos números non o é. Ou sexa, parece que respondes de novo á primeira impresión da categorización, e non aos argumetos que ofrecín para xustificala. Polo que respecta a ti, HombreDHojalata, o de esixirme que desfaga edicións sen nin sequera valorar nada do que dixen... bueno, discrepo no estilo.
    • Se cadra é que fixen unha argumentación demasiado longa. Pode ser. Síntoo. :(
  • Entendo que existe un punto de razón formal no que dicides. As normas de categorización esixen que non haxa distintos niveis de categorización na mesma liña. Isto, que en principio parece lóxico, leva a incongruencias como esta: a creación dunha categoría mixta (lugar + estilo), suprime dun artigo a categoría maior, e lóxica, "estilo". A única solución para manter unha categorización estilística é subdividir o estilo en varios, "estilo(estilo)". E iso farei, pois. Non creo que sexa necesario polo volume de artigos, pero para manter a coherencia da árbore haberá que facelo. Ora, como veña alguén a crear a categoría "Igrexas góticas flamíxeras do concello de Dumbría" vou saír co botalabaradas. :)
  • Creo que a política de categorías, tal e como está redactada, permite estes erros lóxicos. Pero a reforma da política de categorías será unha batalla doutra guerra, á que se cadra non chego nin vivo.

Agora teño que saír, pero amañarei isto ao longo do día, pois. Moitas grazas --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de outubro de 2018 ás 07:35 (UTC)Responder

Ah, unha cousiña máis. Antes non existía a categoría de "Igrexas góticas". Só existía "Igrexas góticas por países" que dependía de "Igrexas por países", que é basicamente o problema de base: as cousas no universo non se clasifican por países, pero na wikipedia si (xeneralizando e facendo demagoxia a tope) :). --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de outubro de 2018 ás 07:40 (UTC)Responder
O de que non existira a cat. Igrexas gótias era claramente un erro, era moi necesaria, era a categoría nai de tódalas igrexas góticas, pero eses erros hainos a centos nas categorías, vanse amañando cando se atopan, e seguirá a habelos porque como moitos artigos fanse de traducións cando se van creando categorías en moitos casos faise de abaixo para arriba, e non se revisa se hai algo máis enriba que faga de tellado. Pero iso pasa aquí e tamén noutras wikipedias (incluso en es.wiki, en en.wiki penso que o teñen máis traballado pero é que eles son "profesionais"), que non é xustificación, é un problema común a todas.
Ti concordas comigo en que ter unha categoría de igrexas góticas con miles de artigos (que pasará nun futuro X) é un caos, pero que agora mesmo non hai problema porque temos poucos artigos. Vale, pero é que non precisamos ordenar a casa cando estea toda chea de lixo, podemos tela ordenada, e penso que é máis interesante, dende o principio, así cando vaia aparecendo o "lixo", xa teremos os cubos onde meter cada un no seu sitio. Quizais aquí é onde diverxe a nosa visión, ordenar agora ou ordenar despois... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2018 ás 08:42 (UTC)Responder

Modiificación en texto de portada editar

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Resposta de Openbank editar

Boas, xa chegou a resposta de Openbank á consulta sobre a conta. Podedes ver o contido e comentar os pasos a seguir en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 12:54 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha lista de mensaxes en masa de usuarios interesados na asociación A3GAL, se non queres recibir máis avisos desta lista, borra o teu usuario en Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL

Preparación do servizo ORES na Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Escolla da conta para A3GAL editar

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco están as opcións que atopamos para a conta bancaria da asociación. Se vos parece ben, que cada un vote a opción que lle pareza mellor durante esta finde. Se alguén quere engadir algún outro banco ou ten algunha obxección, que achegue a información ou que comente as dúbidas que teña e entón atrasaremos a votación. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 22:17 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos editar

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Resolto: Escolla da entidade bancaria para a asociación editar

Boas a todos, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco xa está o resultado da escolla da entidade bancaria para a conta da asociación. Finalmente escolleuse a Abanca, os detalles están na páxina. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 14:19 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario de Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

Cuarta malla de artigos da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

A3GAL/Relación coa Fundación editar

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación coa Fundación tedes algo de información sobre os diferentes tipos de afiliación á Fundación Wikimedia, ide comentando o que vos parece o tema e que podemos facer. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 13:55 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

Entrega do Premio Rosalía de Castro editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Correo para a Comisión de Afiliacións editar

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación_coa_Fundación#Correo_para_a_Comisión_de_Afiliacións tedes o borrador do correo para mandar ó Comité de Afiliacións para preguntar polo tema do Grupo de Usuarios da Fundación, hai que revisalo para que quede todo correcto, tódolos comentarios son benvidos. Cando teñamos a versión final faremos a tradución para enviala. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 18:44 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

Wikipedia:Votacións para borrar/Navegante editar

Xabier pechei a votación Wikipedia:Votacións para borrar/Navegante. Supoño que o resultado foi manter, xa que tivo máis votos a favor desa opción (3 fronte a 2), o que non teño moi claro é se se acordou movelo a Piloto (navegación), xa que o mínimo de votos sería 5 non si? Déixoo a túa discreción. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 9 de decembro de 2018 ás 18:31 (UTC)Responder

Nova firma dos estatutos de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Gripe A (H1N1) en Galicia editar

Aproveito que estás por aquí para contarte unha suxestión que fixen durante a malla para fusionar o artigo Gripe A (H1N1) en Galicia con Gripe A (H1N1). Mencioneite no seu día na conversa, pero semella que non o viches, ou ben non te interesou. En calquera caso, a proposta de fusión débese a que non ten sentido ter un artigo propio para Galicia, cando o artigo principal ben pode recoller esa información do mesmo xeito que o fai coa información de outros lugares (incluso xa fala de Galicia). Que te parece? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 18:50 (UTC)Responder

Ola, AMPERIO, desculpa que non vira o aviso... Superafavor. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de xaneiro de 2019 ás 19:22 (UTC)Responder

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Axuda con tradución de título editar

Boas Xabier, podes botarme unha man coa tradución dun título? O título "Truth in Numbers? Everything, According to Wikipedia", en galego, sería "A verdade en números? Todo, segundo Wikipedia" ou "Confías nos números? Todo, segundo Wikipedia". Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 09:04 (UTC)Responder

Xa entendo, vouno cambiar no artigo, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 13:08 (UTC)Responder

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto editar

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Seguintes pasos burocráticos de A3GAL editar

Boas a todos, fixen unha nova páxina con tarefas burocráticas que hai que facer ou ir preparando para poñer a funcionar a asociación, podedes vela en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Pasos burocráticos. Todas estas tarefas van levar bastante traballo facelas polo que se precisa a colaboración de todos para que a cada un lle toque só unha pequena parte do choio. Así que ídevos apuntando na lista na tarefa que máis vos preste e actualizando coas cousas que vaiades facendo/sabendo/investigando. Se o precisades para algo, podedes facer subpáxinas na miña páxina de usuario, co título "Elisardojm/A3GAL/Nome que vos pareza ben" para achegar a información que vexades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de febreiro de 2019 ás 00:47 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Colaboración en evento sobre normalización lingüística editar

Colaboración en evento sobre normalización lingüística editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Primeira asemblea de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado editar

Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lugar asemblea A3GAL editar

Boas a todos, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL puxen os datos do lugar de celebración da asemblea deste sábado, tamén engadín dúas propostas para tratar na reunión. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 13:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ficheiro de traducións de profesións para Wikidata editar

Ola Xabier, que tal? Mira, estes días estou mirando como facer exportacións/cambios en masa en Wikidata partindo dun ficheiro Excell. Lembreime que hai tempo traduciras un cento de profesións que che pasara Usuario: Estevoaei. Que foi do tema? Integráronse xa en Wikidata?Aínda que non o teñas rematado, importaríache enviarme por correo unha copia do ficheiro co que teñas a ver se podo manexarme con el?. Sen présa. Moitas grazas! --Maria zaos (conversa) 12 de marzo de 2019 ás 19:18 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019 editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)Responder

Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)Responder

Aberto proceso de votación á administración editar

Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)Responder

Acta asemblea xeral A3GAL 2019 editar

Boas a todos, comecei o bosquexo da acta da Asemblea Xeral de socios en usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019, os que asistiron, por favor ide enchendo o que poidades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de abril de 2019 ás 07:34 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xestión dun premio editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proceso de reválida como administrador de Elisardojm editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de Castro editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións para xestión do premio da Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ingreso bancario do CCG editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística, coméntase que o Consello da Cultura Galega aboou 340 euros polo obradoiro que se deu alí, e proponse que ese importe se traspase a A3GAL para realizar as súas actividades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de xuño de 2019 ás 22:28 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Artigos destacados na portada editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Resumo, con atraso, da asemblea de socios editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL engadín un resumo do que se comentou na asemblea, creo que non estaba en ningún lado por despiste. Temos que facer a acta cos detalles, en canto a teñamos tamén se publicará. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2019 ás 11:01 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Evento Aprendendo Wikidata este sábado en Lalín editar

Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.

Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Quinta malla de artigos da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Actas de A3GAL editar

Boas, xa están listos os bosquexos das actas da asociación, podedes consultalas en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Actas A3GAL.

Agora os socios que asistiron á Asemblea de socios de marzo poden comentar na páxina de conversa de Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019 o que pensan que debe engadirse ou amañarse, e entre todos iremos mellorando o contido.

Os membros da Xunta Directiva teñen que revisar o resto de actas e comentar na páxina de conversa de cada unha delas as modificacións que vexan necesarias. Se están de acordo deben concordar na páxina de conversa e cando toda a XD concorde poderemos dar por pechada a acta.

Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 17:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para poñer aviso do concurso fotográfico editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikiclubs de editores da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Publicación premio Wikidata en A3GAL editar

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Publicación premio Wikidata hai unha proposta para publicar na web de A3GAL unha nota sobre o premio que recibiu Wikidata. Hai que revisala, mellorala e ampliala entre todos, e se estás de acordo en publicala vota a favor. O prazo de votación será dunha semana, ata o 20 de novembro incluído, e será publicada se é apoidada pola maioría simple dos socios.

Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 14:19 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla editar

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)Responder

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE: Artigo David Pérez Doval editar

Ola Xabier: Moitas grazas polos teus ánimos. Eu tamén creo que este artigo sí ten relevancia na Galipedia, quizás na Wikipedia non, pero na Galipedia sí, ademáis de que ten enlaces que o demostran, etc, etc. Tamén puxen un artigo sobre Adrián Pirata, un xogador do Santiago Futsal de segunda división e campeón europeo ca selección española sub-19 e dixéronme que non tiña relevancia enciclopédica... entón se non o ten ese artigo non o ten ningún.

--Rlopglez (conversa) 5 de decembro de 2019 ás 16:00 (UTC) RlopglezResponder

Opinión. editar

Ola Xabier! Fun cambiando cousas e mellorando o artigo de David Pérez Doval. Entra e dime qué che parece. Tamén quería comentarche unha cousa, añadín este enlace web, máis este, da ficha deste xogador dunha páxina web fiable, e o usuario Elisardojm borroumos, sen dar ningunha explicación. Cousa que non entendo, intento mellorar o artigo, poñer enlaces que demostran que este xogador xogou en terceira e toda a súa carreira, e quítanmos. En fin, un saúdo... --Rlopglez (conversa) 25 de decembro de 2019 ás 23:53 (UTC) RlopglezResponder

SS. EE. editar

Velaí a explicación da reversión: [1]. De todos modos, xa o aquelou debidamente HombreDHojalata. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 13 de xaneiro de 2020 ás 15:47 (UTC)Responder

Inactividade como administrador/burócrata editar

Ola Xabier, veño de revisar as accións administrativas nos últimos dous anos [2] [3], e como indican as normas de administradores e burócratas levas un total de 10 accións administrativas neste período, por debaixo das 50 que se establecen na propia política como límite de infrautilización das ferramentas de administrador/burócrata. Déixoche esta mensaxe como consulta e aviso previo dun mes para confirmar se tes intención/tempo/ganas de continuar nas tarefas adminstrativas/burocráticas no futuro próximo e se ves que poderás aumentar este tipo de contribucións. Un saúdo. Banjo tell me 1 de abril de 2020 ás 09:58 (UTC)Responder

Vaia, ho, Banjo, xusto agora que retomara tarefas de edición... Vou ver se bloqueo algún usuario nos próximos días (e o desbloqueo algunhas veces) para non perder a condición. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de abril de 2020 ás 17:54 (UTC)Responder

Proxectos editar

Ola, vin agora o dos proxectos, é raro, non me chegou aviso ás notificacións non sei por que. Xa que aínda non tes propostas, tráioche unha eu se che apetece, mira ti :) Temos o Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter, que está baseado nunha lista creada en meta e que é común para tódalas wikis, suponse que deberían ser o esqueleto de tódalas wikis e que eses artigos deberían ter a maior calidade posible. Levamos anos con iso e todos teñen xa uns contidos medios, agora hai que seguir aumentándoos para que sexan case artigos de calidade. Xa ves que hai artigos de tódolos temas e campos, bastantes biografías pero tamén moitas outras cousas ;). A maioría poden ampliarse de forma doada con contidos da enwiki ou eswiki, outros poden ser máis complicados, pero quedarán para o final :)

Se aceptas ampliar un deles, podes facerme a min unha contrapetición. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2020 ás 19:16 (UTC)Responder

Moi ben, Elisardojm, xenial, moitas grazas. En que artigo queres que traballemos xuntos? --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de abril de 2020 ás 07:36 (UTC)Responder
No que ti prefiras, váleme calquera. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2020 ás 08:03 (UTC)Responder
Non, colle un, Elisardojm, e miremos de como traballalo en conxunto. Son bastante mandón, así que nas cousas en que non queira mandonear eu, aproveita. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de abril de 2020 ás 08:07 (UTC)Responder
Como queiras...:), comecei a traballar no artigo vida pero tiña un punto de vista filosófico que non me convencía, así que comecei a facelo de novo pero aínda está a medias, se che vale, podemos darlle a ese. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2020 ás 08:34 (UTC)Responder
Paréceme estupendo, Elisardojm. Ti que idea tes na cabeza? Mensaxeamos polo Telegram pra organizar o traballo? --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de abril de 2020 ás 09:24 (UTC)Responder

Imaxes editar

Ola Xabier! Moitas grazas pola túa axuda coa edición, tiñas razón en todo o que dicías na primeira corrección. Agora estou a probar con isto das conversas (que agardo estar facendo ben) porque, en xeral, o funcionamento da wiki é extremadamente confuso para min, podo entender o por qué pero levarame unhas poucas edicións afacerme coa interface. Agora non acabo de entender o tema das imaxes, subín imaxes das que son autor e das que teño a seguridade que non teñen copyright e así e todo apareceron coma se si o tiveran. Houbo algunhas que subín con outro sistema na wiki en inglés pero na galega non dou feito correctamente. Algo de consello agradeceríase moito! Moitas grazas! --Wabbalabbadabdab (conversa) 3 de abril de 2020 ás 18:04 (UTC)Responder

Edición Ólisbos editar

Ola, Xabier. Para non interferir no teu labor, non volvín contactar co usuario Xosé M. Eyré na súa páxina de conversa e optei por non lle meter man ao artigo Ólisbos. Con todo, que saibas que ando pendente do historial de edicións e que se precisas axuda co que sexa, só tes que pedila. É visto que desta vez a embrolla che caeu a ti; só podo darche os parabéns por non perder o ton conciliador en ningún momento. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 17 de abril de 2020 ás 17:13 (UTC)Responder

Moitas grazas, Atobar. :* Non te inquedes. Biquiños --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de abril de 2020 ás 18:35 (UTC)Responder

Debate na taberna editar

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:30 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Xabier Cid/arquivo19".