Alicia Estévez
Alicia Carolina Estévez Toranzo, nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada en ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan os peixes.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Alicia Carolina Estévez Toranzo 20 de novembro de 1955 (68 anos) Pontevedra, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Microbióloga, investigadora e catedrática de Universidade |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Membro de | |
Lingua | castelán e inglés |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciouse en Bioloxía en 1977, con premio nacional fin de carreira ao mellor expediente, e en Farmacia en 1979, pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] e fixo o seu doutoramento na Facultade de Bioloxía da mesma Universidade, coa lectura, en 1980, da tese "Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmónidos en el medio acuático: inactivación de polio 1 por bacterias mariñas produtoras de antibiótico", dirixida polo doutor Benito Regueiro Varela.[2]
Nas súa pallabras, sempre di «que é doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia».[1]
Alicia Estévez continuou profesionalmente as súas tarefas docentes e investigadoras na universidade compostelá, onde chegou a ser catedrática de Microbioloxía en 1991.[3]
Nos seus traballos estudou as patoloxías dos peixes e dos moluscos que teñen aproveitamento en acuicultura, dende a detección de enfermidades bacterianas ata a vacinación e o tratamento.
Entre 2004 e 2013 foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e dende 1999 coordina o programa de doutoramento en Avances en bioloxía microbiana e parasitaria.[4]
É codirectora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, promoveu unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario,[5] e é, ademais, membro da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[1]
Na actualidade, o seu grupo de investigación está a traballar nun proxecto que estuda a influencia do cambio climático na aparición de enfermidades nos peixes, porque a subida da temperatura «lles gusta aos patóxenos, baixa a salinidade, os peixes estrésanse e baixan as súa defensas».[1]
En 2014 ingresou como académica da Real Academia Galega de Ciencias,[6] a segunda muller en facelo en toda a historia logo de Pilar Fernández Otero. Ademais, o 13 de decembro de 2017 ingresou na Real Academia de Farmacia de Galicia[7][8] co discurso Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación.[9] Desde 2018 a doutora Alicia Estévez forma parte do plenario do Consello da Cultura Galega, en representación da Real Academia Galega de Ciencias.[10][11]
É autora de 272 artigos, a maioría publicados en revistas do Science Citation Index (SCI), así como de 22 capítulos de libros.[7]
É inventora de oito patentes de uso en Acuicultura (vacinas, probióticos e procedementos de diagnose). [7]
Leva participado en 46 proxectos de investigación e desenvolvemento estatais, europeos e autonómicos así como en 15 de desenvolvemento tecnolóxico financiados por entidades públicas e privadas.[7]
Impartiu 48 conferencias nacionais e internacionais en congresos, mesas redondas e obradoiros ademais participar no comité de expertos nacional e internacional en diferentes comisións de avaliación de proxectos. [7]
É membro activo de dez sociedade científicas e da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[7]
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[12]
Obras
editarNo período entre 1980 e 2016 publicou tres libros, un capítulo nun libro colectivo e catro artigos en revistas científicas.
Libros
editar- 1980 - Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmonidos en el med. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-7191-222-0.[13]
- 1982 - Supervivencia de patógenos bacterianos y virales de peces en sistemas de cultivo. Madrid: Fundación Juan March. ISBN 84-7075-262-6.[2]
- 2017 - Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación. Santiago de Compostela: Nino Centro de Impresión Digital. ISBN 978-84-947381-2-8.[14]
Colaboracións en obras colectivas
editar- 2015 - "Caracterización del proteoma de Edwardsiella tarda cultivada en diferentes condiciones de disponibilidad de hierro", con Noemí Buján, José Antonio Reales Calderón, Lucía Monteoliva, Concha Gil e Beatriz Magariños Ferro, en Avances en microbiología. Elena González Fandos (ed.), Logroño: Universidade da Rioxa, Servizo de Publicacións, ISBN 978-84-606-8181-6, páxs. 144-145.[2] [15]
Artigos en revistas
editar- 1985 - "Antibiotic activity of epiphytic bacteria isolated from intertidal seaweeds". Con Manuel Luis Lemos Ramos e Juan Luis Barja Pérez. Microbial ecology, Vol. 11, Nº 2, páxs. 149-163. (Resume)
- 2005 - "Iron Uptake Mechanisms in the Fish Pathogen Tenacibaculum maritimum". Con Beatriz Magariños, Manuel Luis Lemos Ramos, Jesús López Romalde e Rubén E. Avendaño-Herrera. Applied and Environmental Microbiology, Vol. 71, Nº 11, páxs. 6947-6953. ((Ler texto completo Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.).
- 2009 - "Avances en el conocimiento del patógeno emergente de rodaballo Edwardsiella tarda". Con Nuria de Castro-Acuña Iglesias, e Beatriz Magariños Ferro. Revista Real Academia Galega de Ciencias, Nº 28, páxs. 215-282. (Ler texto completo).
- 2014 - "A multiplex PCR for the simultaneous detection of Tenacibaculum maritimum and Edwardsiella tarda in aquaculture". Con Nuria Castro Iglesias e Beatriz Magariños Ferro. International microbiology: official journal of the Spanish Society for Microbiology, Vol. 17, Nº 2, páxs. 111-117. (Ler texto completo).
Teses dirixidas
editarA doutora Alicia Estévez dirixiu 16 teses de doutoramento.[2][16]
Recoñecementos
editar- 1977 Premio nacional fin de carreira ao mellor expediente en Bioloxía.[1]
- 1993 Premio Jaime Ferrán da Sociedade Española de Microbioloxía.[17]
- 2006 Título de Excelencia galega en Investigación da Asociación de Empresarios galegos en Cataluña.[17]
- 2018 Bióloga do ano polo Colexio de Biólogos de Galicia.[18]
- 2018 Premio María Wonenburger.[19]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 «A las mujeres nos falta entrar en el campo de la tecnología». La Voz de Galicia, 10-12-2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Alicia E. Toranzo en Dialnet.
- ↑ Infante (2016-03-18). "Alicia Estévez Toranzo explica en la Casa de Galicia la importancia de la prevención de enfermedades y la vacunación en Acuicultura". Observatorio Español de Acuicultura (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-06.
- ↑ "A catedrática Alicia Estévez Toranzo ingresará este mércores na Academia de Farmacia de Galicia". Xornal da USC. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ 6 inventos, patentes y modelos de Entévez Toranzo, Alicia en Patentes.com. Consultado o 06-08-2018.
- ↑ "Académicos". Real Academia Galega de Ciencias. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "A catedrática Alicia Estévez Toranzo ingresou na Academia de Farmacia de Galicia - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 06-02-2018. Consultado o 06-02-2018.
- ↑ Dra. Alicia Estévez Toranzo en "Académicos de número", Web da Real Academia de Farmacia de Galicia. Consultada o 06-08-2018.
- ↑ Alicia Estévez analiza el uso de vacunas en acuicultura sostenible Arquivado 13 de marzo de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 14-12-2017. Consultado o 06-08-2018.
- ↑ "A nova directiva visita o Consello da Cultura Galega". Real Academia Galega de Ciencias. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ "Equipo de goberno". Real Academia Galega de Ciencias. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
- ↑ Web do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
- ↑ Web da Editorial.
- ↑ Avances en microbiología. Biblioteca Nacional de España.
- ↑ "A catedrática Alicia Estévez Toranzo ingresou na Academia de Farmacia de Galicia". Xornal da USC. Arquivado dende o orixinal o 06/08/2018. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ 17,0 17,1 "A catedrática Alicia Estévez Toranzo gaña o premio Wonenburger 2018". Xornal da USC. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2019. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ El Colegio de Biólogos de Galicia otorga la distinción de Biólogo del Año a Alicia Estévez Toranzo. En IPac. Acuicultura.
- ↑ "O Pleno da Muller e Ciencia acorda conceder o Premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo". Xunta de Galicia. 1 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks).
Ligazóns externas
editar- Alicia Estévez Toranzo, microbióloga. En Mujeres con Ciencia (en castelán).
- Alicia C. Estévez Toranzo en Xunta de Galicia. Mulleres en Galicia.
- «A las mujeres nos falta entrar en el campo de la tecnología». La Voz de Galicia, 10-12-2017.
- Alicia Estévez Toranzo explica en la Casa de Galicia la importancia de la prevención de enfermedades y la vacunación en Acuicultura Goberno de España. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Observatorio Español de Acuicultura.
- Alicia Estévez advierte del riesgo para el talento por la falta de financiación estable. Faro de Vigo, 25-09-2014.
- "La acuicultura puede tener mala fama, pero una ternera es de granja y no se dice lo mismo". Diario de Pontevedra, 06-08-2018.
- Entrevista de Santiago I. Casal en Cultura Galega.
- Entrevista de Mila Alonso en Gciencia.
- Entrevista