Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo13

Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

producion primaria editar

ola xabier ainda que elvo un ano anotado na wikipedia as miñas aportacions son escasa e a verdade esoq ue dis de poñeer de onde saquei o informacion no sei como se fai se fixeses o favor de poñelo e asi miro como para outras veces porder facelo ben saudos

Ola Xabier, acabo de traducir este artigo e non dou amañado o das citas web. Poderíasmas amañar ti? Logo xa o revisarei para ver como o fixeches. Grazas e agardo que tiveses unha boa entrada de ano.--PepedoCouto 13:04, 6 xaneiro 2009 (UTC)

Meu deus, perdoa editar

Síntoo, síntoo, síntoo, síntoo, síntoo, síntoo, síntoo, síntoo, síntoo, síntoo... prometo repetilo 100 veces se queres. Perdoa, pero quería bloquear ó usuario que te menosprezou e pulsei no botón bloquear teu sen querer. Estou á túa disposición, o que queiras que faga por mor do meu erro fareino. Alberte Si, dígame? 14:34, 10 xaneiro 2009 (UTC)

É tema serio, unha gran chafallada pola miña parte. Tentarei averiguar se se pode "deshistorializar" o bloqueo por erro. Síntoo. Alberte Si, dígame? 14:41, 10 xaneiro 2009 (UTC)

Para iso estamos :) editar

Vinme forzado a deixar a gali por varias cousas (moito chollo, cambio de vivenda, etc...), pero pouco a pouco tentarei voltar e recuperar o ritmo, que xa lle tiña ganas de volver a argallar na gali :) --Banjo tell me 15:58, 12 xaneiro 2009 (UTC)

non sei editar

Ola Xabier !
Non sei se podes axudarme, xa verás. Xa fai un momento (serán dous meses pero non podo aseguralo porque o principio non lle dín importancia) que non dou, como é debido, a entrar nas votacións (artigo destacado, sobre Galicia e imaxe da semana) para ver as propostas, e logo votar e logo comprobar de seguida se editei ben. Ando desfasada : segun como entro non vexo os mesmos datos. A veces só aparece o cabo de varios días que xa votei. Antes eu iba dende o portal da comunidade a páxina de propor para ver as propostas e logo iba tranquilamente dende o portal da comunidade a páxina votar. Logo cando volvia as propostas podia darme conta se eu xa habia votado e con eso non me sentia eu na obrigación de face todos votos o mesmo día. Agora ando sempre "a cegas" e por mor de trabuquearme, xa nin sequeira sei como fago. Por iso tampouco me metia a facer propostas. Non me esplico ben e vouche ilustrar o problema polo de hoxe : indo polo portal da comunidade a propor imaxes, poís non vexo a que eu puxen fai xa máide media hora ; polos cambios recentes vín a proposta de borrar o artigo Mra, pero en propostas de elimación dende o protal ainda non esta, claro por eso camiño vín outros e aproveitei para votar, votandoe dous que xa habia visto e que habia cavilado, pero votei rapido (e non sei como fixen pero votei) no outro por non saber cando me vai aparecer, xa que sabendo ben que votei non sei onde se vé. En resumo ando perdida, e cando vou de xeito que me parece lóxico non atopo os informes. Boteime para a proposta dunha imaxe, que ainda si esta nas propostas, pero que non leva a descripción que lle dei "Fachada do museo Casa da Troia en Santiago de Compostela". E estou segura de haber notado ese detalla, onde se foi perder ???. A ver se me das algún consello ? Tamén penso que pode ter problemas coa miña computadora ??? ElviraConversa comigo 19:59, 12 xaneiro 2009 (UTC)

Gracias Xabier, semella que sexa o que dis do Caxé : sempre acaba que podo ver, esperando o máximo 48 horas (hoxe fixen propostas e só podo ver parte do que fixen indo polos cambios recentes ao ringlón que lle corresponde.Saúdos ElviraConversa comigo 13:44, 18 xaneiro 2009 (UTC)

Desculpas mil, Xabier, o que fixen foi escribir a mensaxe no teu arquivo de mensaxes antigas en vez de escribir unha nova. Perdoa. Un saúdo. --Lara 23:26, 12 xaneiro 2009 (UTC)

Os catro xinetes da apocalipse editar

Boas, preguntábame eu coma novato que son, por que borraches a entrada que subín? topaches algún erro? Saúdos e apertas. Esta mensaxe deixouna An, que non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 17:22, 14 xaneiro 2009 (UTC)

Ola, Xabier. Son Antía Paz, traballo do Departamento de Comunicación de Abada Xestión Cultural, coprodutores xunto con Carlos Blanco da obra 'Humor Neghro'. Esta mañán subín á Wikipedia dende a oficina de Abada un texto sobre ese espectáculo, e vexo agora que foi eliminado por violar dereitos de autor. Gustaríame saber se hai algunha posibilidade de recuperar o texto, ou de que volva aparecer a entrada. Déixoche o meu email de contacto, por se hai algún problema que queiras comentar: prensa@abada.es

PD: Acabo de ver que pasa o mesmo con outros textos publicados dende esta IP, coma Batuko Tabanka, Bonovo, Fía na Roca...

Saúdos, Antía Paz.Esta mensaxe deixouna Abadawiki, que non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 17:22, 14 xaneiro 2009 (UTC)

latín editar

Ola Xabier, teño unha dúbida cunha cita latina que me gustaría introducir no artigo reino de Galicia, o problema é que fai moitos anos das miñas clases de latín e non teño a certeza de dar unha tradución fidedigna. Acordeime da correción que me fixeras sobre o verbo imperare, e da que tes toda a razón, e por iso acodo a ti, a ver se me puideras botar unha man. Grazas de anteman por examinar a cita. Un saludo Xabier.--Alexandre Vigo 22:08, 15 xaneiro 2009 (UTC)

"Eodem anno Saraceni resarturi perpessa malae, cum ingenti exercitu in Hispaniam irruunt omnem terram excepta Gallicia depopulantes".

Saudos Xabier, grazas por respostarme con aquel texto latino, o importante é que puiden comprobar o significado do texto e dalo por bo, collin a tradución de Estevo na que os dous concordabades, e xa o metín no artigo. Pois iso, grazas Xabier.--Alexandre Vigo 16:59, 18 xaneiro 2009 (UTC)

Re:Parabéns editar

Ola, Xabier. Agradezo moito os teus parabéns. Detalles coma ese animan a seguir co choio. E xa que estamos, gustaríame devolvercha, felicitándote polo teu traballo na "Galipedia". Moitas grazas, compañeiro. Hei seguir por aquí. Un saúdo! --Uxío 16:00, 18 xaneiro 2009 (UTC)

Poe toaster editar

bon día!

en tal día coma hoxe, especialmente especial, atrévome a abusar un pouquechiño e facer unha solicitude fóra do ordinario. Poderías traducir o artigo en:Poe Toaster?

Conviidaríate a un cognac para agradecelo. Dado que hoxe, seguramente, non é posible, queda adiado o brinde.

un saúdo, e grazas (pero non o tomes como unha obriga! Comprenderei a posible negativa). --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 01:13, 19 xaneiro 2009 (UTC)

Abada II editar

Vexase Abada I.

Recibín un correo persoal sobre un tema relacionado coa wikipedia, que procedo a pegar aquí para poder entender o debate.

(...) Gustaríame comentarche un par de cuestións sobre o tema da Wikipedia en galego e os nosos artigos borrados.

O primeiro é que me parece un pouco inxusto o feito de que os textos subidos dende Abada fosen eliminados sen avisar, e sen que haxa posibilidade de recuperalos. Como ben sabes, leva un tempo darlle formato aos textos da Wikipedia, para que sexan útiles e visualmente atraíntes, e dá un pouco de rabia pensar que ese traballo foi feito en balde.

Despois disto, entendo que o máis idóneo á hora de subir un texto sobre un grupo á Wikipedia é tratalo coma un percorrido pola historia e discografía da banda, máis que un formato tipo promo; é por isto polo que me gustaría saber se hai a máis remota posibilidade de recuperar os textos e subilos de novo, modificando o contido para non xerar problemas, pero aportando información sobre os mesmos.

Dende Abada entendemos estes textos, con información sobre a traxectoria de moitos dos grupos senlleiros da música galega, non coma un recurso comercial para nós, que para iso xa temos a nosa propia páxina web, senón coma un recurso para achegar a tódolos públicos a nosa cultura musical, dende a máis tradicional ata a avangarda. Chegados a este punto gustaríame tamén defender a nosa autoría, xa que nós non somos membros de ningunha das bandas, nin alguén directamente implicado, aínda que sí existe unha relación entre eles e nós, mais lendo os artigos pódese observar que son totalmente imparciais e escritos dende fóra.

Agardo que entendas a nosa postura e tamén, se cabe esa posibilidade, que me envíes de volta os textos para poder modificalos e subilos de novo de forma que sexan completamente válidos para a Wikipedia. (...). Correo enviado pola persoa que controla o usuario Abadawiki, o 19/1/09, ás 17:13. --Xabier Cid Conversa 09:54, 20 xaneiro 2009 (UTC).

Resposta en Conversa usuario:Abadawiki#Recuperación do traballo. --Xabier Cid Conversa 10:16, 20 xaneiro 2009 (UTC)

Licencia GFDL editar

Hola Xabier, antes de nada perdón por escribir en castellano. He observado que has traducido el artículo Máis Galicia a la galipedia. No hay problema, el artículo, como cualquier otro de wikipedia, tiene licencia GFDL y puede ser traducido. Sin embargo, tal licencia exige también que se conserve el historial y una traducción es, a los efectos, una obra derivada de la original en otro idioma. La forma de "mantener" el historial es variada. En la viquipèdia usan una plantilla que se coloca en la discusión del artículo. Puedes ver un ejemplo en ca:Discussió:Eleccions cantonals franceses de 2001. Yo, en la wikipedia en castellano lo indico directamente en el historial. Puedes ver la primera edición en el historial de es:Hilari Raguer, en la que indico la versión de la viquipèdia de donde he sacado la traducción. Cualquiera de los dos es más o menos válida (la segunda es mejor, puesto que indica claramente la versión desde la que se tradujo), pero no hacerlo viola las condiciones de la licencia (y hace aparecer el artículo como escrito por el traductor). No es mi intención molestar ni "echar la bronca", pero es así como debemos trabajar todos. Un saludo y gracias por tu tiempo --Ecemaml (Fala comigo) 16:21, 26 xaneiro 2009 (UTC)

Nada, no hay problema. Simplemente pensé que no lo sabías. Ya sabes, presume buena fe. Un saludo --Ecemaml (Fala comigo) 21:20, 26 xaneiro 2009 (UTC) PD: escribo en castellano porque no tengo ni papa de gallego, aunque grosso modo lo entiendo.

Apalpador editar

Xabier, as referencias que pides están indicadas na bibliografía e nas ligazóns externas (Taboada Chivite, Galicia encantada e Portal Galego da Lingua. ¿Que faltaría, concretamente? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:46, 26 xaneiro 2009 (UTC)

  • Non habería maior problema en sinalar, neste artigo, quen di que é un costume do Nadal galego, quen o sitúa na noiteboa e quen na noitevella, e quen lle dá o nome de pandigueiro. É fácil porque estamos a falar dun artigo de 6 liñas. Pero se aplicamos ese mesmo criterio a outros artigos (por poñer un exemplo próximo, Castelao) e cómpre referenciar cada afirmación, cada nome e cada data... coa fonte que o di, onde o di e a páxina, podemos morrer, e multiplica-lo tamaño do artigo só en referencias. Habería que buscar un xusto termo medio ¿non? Bueno, saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:49, 26 xaneiro 2009 (UTC)

RE: Imaxes soldados alemáns editar

Pois a verdade non sei quen é o autor, sei que sae en algunha desas fotos, pero descoñezo os datos sobre el. Polo tanto supoño habera que borrar as fotos, estas son orixinales, incluso estan escritas no dorso por él, perdoa polas molestias, pensei que o ser eu o propietario material as podia subir. De paso preguntoche por unhas imaxes que teño en publicacións alemáns orixinais de 1939, ¿poderían ser subidas?

Saudos e gracias!--Carronada 19:39, 27 xaneiro 2009 (UTC)

Cando vin as imaxes pensei que foran subidas desde a wiki alemá, dado que o goberno de dito país liberou no dominio público hai uns meses un montón de imaxes da II GM. Se as imaxes son propiedade do goberno alemán, e as copias en posesión de Carronada son iso, copias, poderían quedar; pero se as copias son orixinais, propiedade de Carronada, habería que esperar 70 anos (cos autores alemáns tamén, non?) trala morte do fotógrafo.
...creo...
--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:13, 27 xaneiro 2009 (UTC)

Entón, ainda que a publicación fose oficial, tamen habería que esperar 70 anos depois da morte do autor non?--Carronada 12:32, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Imaxe Burgo de Osma editar

Grazas polo aviso Xabier. En principio, teño unha dúbida sobre a autoría, porque está feita por unha compañeira miña, sen embargo eu modifiquei a información gráfica, explicome, apliqueille filtros de desenfoque para eliminar a textura da pel, e consecuentemente si que non sei a quen lle toca rendir como "autor", se entre o copista Martinus, Carmen ou eu. Unha aperta.--Alexandre Vigo 16:36, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Proposta conxunta editar

Tiña pensado someter a votación a nova redacción de Wikipedia:Caixas de usuario para decidir se a cambiamos pola miña e ocorréuseme que podiamos presentar a túa proposta para a páxina Wikipedia:Páxina de usuario tamén, xa que están bastante relacionadas. Que dis? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:48, 28 xaneiro 2009 (UTC)

exotopo editar

Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Exotoponimia oficial   Sobreira (parlez) 21:37, 29 xaneiro 2009 (UTC)

Xibraltar editar

Saudos Xabier, non entendo porque retiras o enlace interno que puxen no artigo Xibraltar, xa que existe un artigo creado para a Armada Británica, Royal Navy.--Carronada 23:45, 30 xaneiro 2009 (UTC)

Edición miña nunha foto editar

Desculpa. Non dei co método axeitado. Rógoche leas o expresado aquí--83.45.143.250 23:32, 31 xaneiro 2009 (UTC)

Se desexas saber onde pode aparecer o das obras en dúas dimensións podes preguntarlle a Prevert. Eu perdín esa ligazón.--83.45.143.250 00:06, 1 febreiro 2009 (UTC)
Creo que o achei. Debe de ser isto: Commons:When to use the PD-Art tag--83.45.143.250 00:11, 1 febreiro 2009 (UTC)

Rober Bodegas editar

bon día, Xabier!

pregúntoche a ti porque creaches o artigo. O título é "Rober Bodegas", pero non debería ser "Róber" (con til no o), ou é "Rober" o nome artístico, ou algo?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 11:01, 1 febreiro 2009 (UTC)

Pois non tiña idea. Son analfabeto funcional en canto á informática. E os expertos non poden arranxar iso? Grazas e un saúdo.--PepedoCouto 17:51, 1 febreiro 2009 (UTC)

Boas! Só veño deixarte a ligazón pra que de-la túa opinión. Un saúdo! --GallaecioE logo? 00:52, 2 febreiro 2009 (UTC)

Una cousa editar

Perdoa por no falar galego, pásome ao castelan e copio de novo: El texto figura así en la ley por su valor histórico, precisamente en un momento en el que no existía una gramática y cada cual escribía como podía, pero que a día de hoy es un tema superado, consolidado y aceptado. Lo de que una ley sólo se cambia por otra es absurdo en este caso. No es un código penal ni nada que afecte a la vida de la gente, simplemente a día de hoy es incorrecto. Sé que no responde a una malévola intención pues se nota que utiliza la "normativa" (más bien la no-normativa) de la época, en la que no existía el secesionismo. Por eso, no acabo de entender dónde está el problema si lo único que queremos es ayudar. Saludiños.

Referencias a lo que digo yo y a lo que dijo Túria anteriormente las verás con el simple hecho de contrastar la normativa actual con el texto que consta en la web de la generalitat. Sé que es una labor tediosa sobre todo sin saber nuestra lengua, pero para eso estamos aquí jeje. Espero también vuestra coolaboración en Viquièdia respecto al tema de vuestro idioma y vuestra tierra, gracias.

Cabanyaler

¡Lo siento!

Puse que editara en gl para revisar las marcas de los artículos de calidad (que casi no hay ediciones, por lo que es difícil que moleste), y me olvidé de quitarlo después. Gracias por avisarme. Voy a pedir marca de bot, para que no me vuelva a pasar. --Meldor 23:40, 4 febreiro 2009 (UTC)

Comuna editar

Eu son partidario de empregar Comuna xa que é un termo propio de Francia, ao igual que nos empregamos Concello e non municipalidade. Aínda así no artigo fixen referencia á equivalencia co concello galego; en moitos apartados emprego tanto a palabra comuna como concello. Vós que pensades sobre o tema?--Hugo22 14:45, 5 febreiro 2009 (UTC)

Comarcas da Comunidade Valenciana editar

Ola! Saúdos e parabéns polo teu traballo. Tiña un par de dúbidas se me permites. Con respecto á fusión dos artigos de "Comarcalización da Comunidade Valenciana" e "Comarcas do País Valenciano", habería algunha forma de recuperar o segundo artigo? É que tiña algunhas cousas máis completas e corrixidas con respecto ao actual, máis que nada por non ter que buscar e contratar de novo a información (non para substituír o actual senón para completalo). E con respecto ao nome de Comunidade Valenciana-País Valenciano, entendo que a denominación máis oficial é a de Comunidade Valenciana, pero ambas son legais xa que están as dúas no estatuto de autonomía tanto de 1982 coma no de 2006, sendo ademais como si cada vez que se escribise un artigo de Cataluña houbese que escribir Comunidade autónoma de Cataluña, pero só é unha suxestión hehe

Moitas grazas pola túa atención e espero non seren unha molestia.--Adorian 01:26, 6 febreiro 2009 (UTC)

Ola, Xabier,
Sintoo tamén eu que o usuario Lmbuga xa non esté activo pois todos nos decatamos que facia un traballo importantisimo au menos no que concirne as subidas de imaxes. Neste tema que como ti dis é bastante complexo e difícil de dominar esas leis de Commons. Non tes por qué disculparte, pois todos sabemos que nadie e nado aprendido, de modo que todos temos que arrimar o codo.

O mapa que subin co nome de Ficheiro:Reino dos visigodos-mapa-gl.png como ben podes ver non é outra que a mesma do texto en castelàn que quixen traducila au galego mais sem outra pretensión que modificar o dito texto e renomeado como un novo arquivo.

Por la outra banda, revíseino de novo e non atopei ningun erro polo que paréceme todo estar correcto. A licenza GNU é a mesma que GFDL segundo entedoo eu. (???] Tamén como eu asi interpreto esa é unha licenza que permite modificala imaxe quedando sempre baixo esa mesma licenza.

Esperando haberme feito comprender, xa que o meun galego non parece ser o adecuado, perdoa a miña ortografía e mandoche un gran saudiño --Basilio 12:21, 6 febreiro 2009 (UTC)

Por que devo calarme? editar

Ao ver cousas eradas, como propaganda politica? Melloras a facer no artigo sobre Fidel Castro? Prefiro non editar en artigo de un asassino vagabundo ditador. A wikipedia non e lugar para propaganda politica. --Santista1982 16:38, 7 febreiro 2009 (UTC)

Escocia. editar

Fiz uma modificacion no artigo Escocia, a lingua escocesa é o Gaidhlig, nao o Scots, scottish language se refere ao gaelico e nao ao Scots. --Santista1982 16:45, 7 febreiro 2009 (UTC)

Estas errado, para com isto, o Escoces eh o Gaelico, olha a pagina de discussao, e os outros interwikis, em todas as outras wikipedias se chama Scots a lingua germanica e Escoces a lingua gaelica. Estas errado. --Santista1982 16:55, 7 febreiro 2009 (UTC)
Ok, non sabia, entonse deve chamar "lingua Scots" e nao escoces, o escoces deveria ser o gaelico escoces que assim é conhecido inclusive na escocia. --Santista1982 17:02, 7 febreiro 2009 (UTC)

Estado de XX editar

I'm sorry. Espero ter agora corrixido o erro. Grazas por estar atento, Xabier. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:45, 7 febreiro 2009 (UTC)

Re:copiar+pegar editar

Si, xa me din conta, pero aínda que o editei de novo coa descrición correcta, a ... bubela segue aparecendo no "historial do ficheiro". ¿Como se arranxa iso? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:19, 8 febreiro 2009 (UTC)

infobox editar

si, xa sei que existia o infobox, pero quixen facer un modelo millor e con mais datos. fixen un novo porque non queria estragar as fichas de todolos actores que hai. que ten de mal??? ti sabe canto tempo botei pro facer? ains, 3h pa nada. Esta mensaxe deixouna 80.30.87.1 pero non lle acordou asinar. -Xabier Cid Conversa 02:28, 10 febreiro 2009 (UTC)


hola! son o de antes. xa me rexistrei como me dixeches. non fagas moito caso donick que escllin prá ocasion jejeje. só é que smpre me gustou esa palabra ;). gustariame se se pode recuera-lo traballo que se espoña na pxina esa das coversas pra ve-lo que pensan os demais.

sintoo pr face as cousas mal.

grazas pola tua amabilidade e axuda. Esta mensaxe deixouna Fanfurriñeiro pero non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 02:25, 10 febreiro 2009 (UTC)


ok. entendido. de novo graciñas por todo--Fanfurriñeiro 12:44, 10 febreiro 2009 (UTC)

alea iacta est editar

Ola Xabier, gracias polo teu comentario a esta entrada. Non incluín, como dis, as fontes porque de entrada me parecía unha información excesiva e seguín un pouco o modelo das locucións en outras linguas. Xa vin que borraches a outra entrada que fixera "alea jacta est", xa que así aparecía na entrada de "Río Rubicón", pero tal vez sexa mellor modificala aí. Non entendo porque agora a entrada non sale no listado de locución latinas, creo o código é correcto. Sería interesante que saíra, xa que é un tema de selectividade para alumnos de latín de 2º BAC e así, por fin, poderían consultar algo en galego. Perdoa os erros dunha principiante. Estarei atenta ás correccións. Saúdos, Susana Losada

alea iacta est 2 editar

Ola Xabier. O da lista de locucións está arranxado, xa aparece, gracias. Estou tentando facer as correcións, pero parece ser que estamos a un tempo e nos estamos "pisando" un ao outro e as últimas dúas fontes que metín se machacaron. Correxín algunhas cousas do texto, porque me pareceu que había algunha ambigüidade. Antes de introducir algo novo miro antes outros modelos, trato de utilizar os códigos que sinalas, e antes asesórome noutros sitios. A pesares de todo, sei que cometo erros, moitas grazas polas correccións... Me encanta o sistema colaborativo da Wikipedia, pero me está resultando difícil traballar con tan pouca marxe. Saudiños (Susana Losada)--Aspasia 17:44, 10 febreiro 2009 (UTC)

Dúbida filolóxica editar

Ola. Mira, cal é a palabra correcta para o feminino de "cristiano"; cristiana ou cristiá? Grazas. --Iago 17:10, 11 febreiro 2009 (UTC)

borrado de artigos editar

Ok! Síntoo, fareino en diante. Non adoito mirar quen o fixo. Ás veces miro se levan moito sen editarse, pero case nunca miro cando se creou. Propósito de enmenda.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:08, 23 febreiro 2009 (UTC)

De doutrinas, traducións e neutralidades editar

Querido Xabier: Collín esa páxina da wikipedia en castelán para poder ver como a tiñan organizada e -para que enganarnos- aforrar algo de tempo.

Pero, como poderás ver se comparas edicións, a traducción non é nin un 3% do texto que xa teño feito en galego. No segundo párrafo dinme conta de que non me gustaba a orientación do artigo e adiqueime a facer o que me dou a gana. Era pobre e, comoti dis, tiña serios problemas de neujtralidade.

Vou seguir coa elaboración do artigo, é un tema que me interesa. Deixo á túa elección porlle ou nn a indicación de que é un traducción doutro.

Un saúdo,

Ángel --Angeldomcer 01:27, 24 febreiro 2009 (UTC)

Como o que teño preparado para este artigo é máis do quíntuple do que hai escrito en castelán e un selo de traducido non faría xustiza á realidade, vou borrar todo e empezar de novo, en galego, e orixinal. --Angeldomcer 14:56, 25 febreiro 2009 (UTC)

Traducción editar

A traducín eu mesmo, o copiei da WikiEs pero o traducín eu. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 11:02, 24 febreiro 2009 (UTC)

... imaxes and cie editar

Ola Xabier ! Non teño presa, pero a ver se cando tes un momento podes botarlle unha ollada a commons:File:Pazodohorréo01.jpg que subín o 15/02/09 da web do parlamento de Galicia para ilustrar o artigo de fr ... e pensando que está libre de dereitos. Tamén penso que mandei (en automatico ??) a mensaxe para que averiguese en commons ca licenza é correcta ? Xa sabés que non entendo o inglés e co tempo vou esquecer que teño esta imaxe pendente ... e tamén sabes que non podo acudir a Lmbuga. A ver se me comentas algo ? Saúdos ElviraConversa comigo 15:15, 24 febreiro 2009 (UTC)

O do que leva eso do copyright derame conta, pero eu deixeime ir pola frase que ten no aviso legal que di : "Reproducción autorizada sempre que se cite a fonte, agás...". Bueno pero entendo que debe borrarse. Sniff sniff ! Gracias ElviraConversa comigo 20:45, 24 febreiro 2009 (UTC)
Faut pas chipoter Xabier, lorsque deux licences sont sur la même page, on prend d'office la plus restrictive. C'est, me semble-t-il, une règle d'or que nous nous devons de respecter. Le fait que je me laisse aveugler par mes envies ne doit pas nous détourner du droit chemin ... et je te remercie de veiller au grain. J'ai demandé la suppression immédiate ... en la catégorisant, sans être sûre que c'est la bonne procèdure. Çà me prends trop la tête de déchiffrer de l'anglais ! D'ailleurs je viens de me rendre compte, à l'instant, que j'ai importé inutilement un fichier pour l'article fr du royaume de Galice : il y était déjà ... et avec une meilleure résolution !!!! Encore un truc qui sera détruit ! Je te le redis Xabier, n'hésites jamais à me reprendre, je crois beaucoup au travail collaboratif. Bon, j'ai pas fait la moitié de ce que j'espérais de mon après-midi. A + ElviraConversa comigo 23:10, 24 febreiro 2009 (UTC)

Imaxe Beatus ille editar

Acabo de escribirlle a Lameiro a propósito do asunto, porque, sendo nova aquí, era o único con quen intercambiara algunha mensaxe. Voltando á entrada Beatus ille atopei a túa referencia e coméntocho tamén a ti. A imaxe é miña, cando creei a entrada subín a imaxe á miña galería en Flickr e egandinlle unha licenza axeitada; como logo editeina en Flicr debínme esquecer de engadir a pertinente licenza outra vez antes de incorporala á Galipedia. Sinto estar dando traballo. Espero que nestes intres xa estea todo en orde. Un saúdo--Carmen 16:41, 24 febreiro 2009 (UTC)

Correo privado editar

Recibín un correo interno de User:Jvidalc, que pego aquí para que se poida seguir a conversa, e dado que non contén elementos que poidan aconsellar a privacidade --Xabier Cid Conversa 13:04, 26 febreiro 2009 (UTC)

Hola Xabier.
É a primeira vez que fago unha entrada na Galipedia e descoñezo a súa normativa, así que me disculpo polos erros cometidos. A miña intención, com profesor do Centro, é facer unha entrada para seren ampliada/modificada a posteriori polos alumnos e profesores do Centro, como un xeito de promocionar o uso das Tics sobre un tema de interese para todos e todas.
Si me permites, consultareite antes de facer alguhna edición na páxina. Por certo, é posible insertar un enlace ó Colexio Público de San Roque como estaba en orixen?. Por que a persoa que fai a corrección (Alberte) e a que ma comunica non son a mesma?.

Nova categoría raíz editar

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:30, 26 febreiro 2009 (UTC)

Cruceiro editar

Ola Xabier. Na próxima imaxe da semana, a do barco Saga Ruby, a ligazón na palabra cruceiro leva ó monumento relixioso, non ó artigo sobre esta clase de barcos (aínda non escrito). Saúdos. --Iago 16:02, 27 febreiro 2009 (UTC)

  Feito! --Xabier Cid Conversa 17:58, 27 febreiro 2009 (UTC)

Páxinas a borrar editar

Grazas polo aviso, Xabier. Estiven fóra uns días e á volta atópome coa túa mensaxe e con que a de físicos xa foi borrada, e vexo a votación de dramaturgos. Nesta última vóume abster de votar: coido que si é certo que ambas poden significar un residuo do pasado, pero non estou seguro que ós novatos na wiki non lles poña algo máis difícil as súas procuras o borrado deste tipo de páxinas. En calquera caso, o proceso de 'borrado rápido' seguido coido que deixa pouca marxe de maniobra para adaptar a páxina e demáis. Aínda así, como é de esperar que as páxinas que as substitúen, de categoría, sigan a medrar dun xeito 'automático', e o borrado supón en principio unha maior sistematización, non creo que o que eu vexo como un erro sexa moi grave. Un saúdo, --Agremon(contacto) 19:47, 27 febreiro 2009 (UTC)

Si, xa sei que esta posto editar

Ao mellor pódese malinterpretar a frase, por eso a vou modificar, ao que me refiro é, que non se critique mal, pero a vou a eliminar, e por certo, gustache?, voulle a cambiar a cor e algunhas cousas. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 21:51, 27 febreiro 2009 (UTC)

Probando editar

A ver si agora vai, Xabier. Que se supón que podo poñer na páxina de usuario? Un saúdo. --Jvidalc 12:02, 28 febreiro 2009 (UTC)

Estacións de tren editar

Ola Xabier, creo que o cambio que realizaches no nome das páxinas das estacións non é correcto. Os nomes das estacións, de xeito oficial segundo Renfe e Adif, por exemplo: non son San Cristovo, Sants ou Chamartín, senón A Coruña-San Cristovo, Barcelona-Sants e Madrid-Chamartín. É por este motivo que creo que era máis correcto o nome anterior. Tamén cambiaches on nomes das estacións nos artigos, por exemplo, Málaga en vez de Málaga-María Zambrano no caso das estacións intermedias de cada tren. Esto pode levar a confusión. Se non é moita molestia, poderías cambiar as páxinas? Grazas e un saúdo.

--79.153.231.219 13:38, 28 febreiro 2009 (UTC)Xavitooh.

Grazas por iniciar o cambio no nome. Se o desexas continúo eu. Seguro que ti tes máis que facer--83.37.195.179 20:23, 28 febreiro 2009 (UTC)

Xa vexo que non fai falla. Corres ben rápido--83.37.195.179 20:26, 28 febreiro 2009 (UTC)

Ola! Non me fixara niso do nome, desculpas. Moitas grazas pola túa atención e procedo a mover o artigo da selección de Escocia. Un saúdo.Esta mensaxe deixouna Adorian, que non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 22:19, 28 febreiro 2009 (UTC).

Suroeste - sueste editar

Desculpa. Non sei tanto. Debo de estar metendo a pata. Estou traducindo sudoeste por sueste, pero ó mellor non é así. Se me aclaras a diferencia entre suroeste e sueste reviso o que fixen. Grazas--83.37.195.179 02:05, 1 marzo 2009 (UTC)

Ando atontado, xa me dei conta--83.37.195.179 02:06, 1 marzo 2009 (UTC)
Vale, deixo o bot; seguro que confunde menos ca min. Será hora de deitar, pois case non distingo norte e sur, desde logo xa non distingo leste e oeste--83.37.195.179 02:09, 1 marzo 2009 (UTC)

Sudoeste editar

  • Vin a conversa que mantiñas cunha IP e, xa sei que ninguén me chamou, era tan só para dicirche que o DRAG dá por correcta a forma sudoeste, no dicionario de Ir Indo aparecen como correctas tanto suroeste como sudoeste. Espero que non tomes a mal a miña intervención neste tema.--RNC 09:08, 1 marzo 2009 (UTC)
    • Despois de facerche o comentario anterior mirei no VOLGA e como ti comentabas só aparece a forma suroeste como válida, no caso de discrepancias entre o VOLGA e o DRAG non sei cal deles debe considerarse como referencia, os dous aparecen avalados pola RAG.--RNC 09:18, 1 marzo 2009 (UTC)

Pepe Rubianes editar

para descunectares un pouco do rebumbio electoral, heiche pedir un favor. Anímaste a facer o artigo de Pepe Rubianes? En El País e La Voz hai dúas biografiñas que poden axudar. A verdade, estrañoume enterarme pola prensa e non pola galipedia da súa morte. Sempre estás rapidísimo para estas cousas... ;-)

Saúde. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:53, 1 marzo 2009 (UTC)

"eleccións" editar

ola Xabier! quedou moi chulo o artigo de Pepe Rubianes. Ora ben, teño que pedir outro favor. No artigo de Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, sería posible mudar a primeira referencia? Non me parece moi serio que a primeira referencia, e de algo tan importante como o número total de electores, sexa dun blog. Francamente, eu non sei onde atopar unha referencia mellor, pero creo que sería máis válida unha referencia dunha páxina oficial da Xunta, ou mesmo dunha publicación recoñecida.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:48, 1 marzo 2009 (UTC)

sobre feijoo editar

Perdoa, foi un erro meu, grazas por avisar. De todos modos, aínda que non sexa presidente da Xunta, sí que é presidente do PP de Galicia, polo tanto creo que a miña última aportación ó artigo era correcta.--Pdeimos 11:05, 3 marzo 2009 (UTC)

Moitas grazas pola información, o primeiro rexistro que atopei fora ese partido, pero tentarei buscar mais a fondo a ver se conseguimos atopar tódolos partidos. Grazas de novo. Saúdos. Mensaxe deixada por Usuario:Adorian, a quen non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 22:54, 7 marzo 2009 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Xabier Cid/arquivo13".