Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo5

Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

==uso de marcador== editar

De nada, pra iso están ;) A mín tamén me pareceron moi boa idea, por iso decidín "importalos". Agora a ver si se usan.Miguel.lima 17:16, 7 setembro 2007 (UTC)

borrar editar

boas!

diríxome a ti porque vexo que (ata hai pouco) estás esperto... seica hai tres artigos novos que son lixo. ¿Podes borralos directamente, ou hai que propolo e votalo?

Saúde, e pola sombra!!--Estevoaei 01:30, 9 setembro 2007 (UTC)

=Error=

Hola, me gustaria advertirte de un grave error en el articulo sobre la sta. compaña, y es que ni es unico y especifico de Galicia, ni tampoco lo es de Asturias, pues la procesion de los muertoses un fenomeno universal en la cultura europea, por lo que yo se, encontrando ejemplos incluso en Portugal, Cataluña, I. Canarias, etc.Lo unico que tiene de gallego es el nombre.Me parece un poco incompleto ya que tiene bastantes flecos en cuanto a su cristianizacion y enfoque antropologico, asi que te sugiero lo corrijas.Un saludo. mentiokomentioko 18:41, 13 setembro 2007 (UTC)

Políticas editar

Ei meu, grazas por darlle caña a historia esta das políticas, facía falta que algén revisase o de Wikipedia:Burócratas. A ver si rematamos axiña todo este tema e nos poñemos a traballar en serio, que como dixeches x ai fai uns dias falta fai :). Un saúdo --Banjo tell me 19:16, 15 setembro 2007 (UTC)

  • Polo que eu vin, en tódalas wikis son moi similares, polo menos en canto a esta páxina concreta. Quizáis o que comentei eu debería expoñerse no apartado de peticións de burócratas, coma requisito das votacións que se fagan alí. Pola miña parte pareceme ben o que fixeches tú, se se igualan os dous textos procederei a dar o meu voto. Como dixen antes, gran traballo, segue así! :) Un saúdo --Banjo tell me 19:30, 15 setembro 2007 (UTC)

fragas do eume editar

Xabier, vexo que queres recupera-lo artigo das fragas do Eume. E tes razón, porque a Galipedia necesita un artigo sobre este espazo e porque se pode reestruturar coa información que temos desta web e mais doutras fontes. De acordo, imos aló. Pero co que fixeches coa flora non abonda: a sección da fauna ten o mesmo problema. Compárao con http://www.naturezadixital.com/?p=31. Esta é a páxina seguinte da mesma web, e non a citei porque crin que da primeira (flora) era lóxico saltar á segunda (fauna). Esta noite quería meterme con outras cousas pendentes, así que podes face-los cambios que queiras. Eu tamén farei algún engadido, pero mañá.

En calquera caso, isto debería anula-la proposta de artigo destacado, polo menos por agora. Unha vez feitos tódolos cambios que sexan necesarios, quen o crea oportuno pode facer unha nova proposta (sobre o "novo" artigo) e iniciar unha nova votación. Pedro --Lameiro 20:44, 15 setembro 2007 (UTC)

  • Si, foi proposto o pasado día 9 [1]. Logo sigo eu con ampliacións no artigo. Pedro --Lameiro 13:20, 16 setembro 2007 (UTC)

Boas modificacións editar

Boas modificacións as que fixeches na proposta que fixen. Mágoa que foran xa no momento no que estaba inciada a votación, o ideal sería que fosen antes. Non creo que se esté a incumplir ningunha normativa se eu que fixen a proposta acepto tales cambios, cousa que fago, pero se aceptamos estas modificacións para que esta proposta sexa aceptada deben desenvolverse todas as páxinas vinculadas a esta e que agora aparecen en bermello, ese foi o motivo de que eu simplificase o traducido por Toliño a espera de que se desenvolvesen as políticas vinculadas a este artigo. Creín convinte que todos dispuxeramos de unha definición básica de burócrata que se ampliaría no momento en que existise consenso sobre outras políticas a debater. De xeito que creo que tal e como queda agora a proposta corre o risco de que ocorra o mesmo que está suceder coa Wikipedia:Votacións onde unha política aprobada quedou sen desenvolver totalmente polo que só é aplicada parcialmente. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 00:11, 16 setembro 2007 (UTC)

templates editar

boas!

poderías probar a facer o "template" de empresa? traducín o artigo R (telecomunicacións) do castelán, pero non atopei o recadro en galego en ningunha empresa.

parabéns polo traballo.

saúde e pola sombra!! --Estevoaei 12:30, 16 setembro 2007 (UTC)

Un pracer editar

  • Ola, Xabier. Só era para che dicir que é un pracer que esteas na Galipedia. Cumpres un bon papel e a túa colaboración nótase positivamente. Só era iso. Recibe un cordial sáudo. --Xoán Carlos Fraga 12:32, 16 setembro 2007 (UTC)

Sobre Burócratas editar

Semella que non é un contido a votar polo que di rocastelo, pero creo que tes demostrado que unha tradución incompleta ou con faias pode terxiversar un contido que é común a todos os proxecto pero suxeito a interpretacións como todo. Por iso considero que non lle viría mal que fose obxecto dunha votación de aceptación. Non quero decir con isto que o sistema normal deba ser a votación, confío no consenso como vía principal de acordo, sen ter que estar reglado en todos os seus pasos. Neste caso considero que lle viría ben esa votación pola importancia de ter ben traducidos definicións básicas para comprender a organización da wiki. Agora ben, considero que o mellor sería facer unha nova proposta porque coas distintas intervencións e o meu soliloquio non axudaría ao seu entendemento.

Por iso se consideras convinte facer unha proposta da túa tradución agradeceríacho.

Con relación a vinculación entre o Caso agosto e elección de burócratas e outros asuntos radica en que Xosé fixo unha páxina na que se recollían os problemas e propostas que algúns usuarios consideraron viran nos casos de agosto. Eu pola miña parte teño o convencemento de que o maior problema non foi as persoas que participaron no asunto senón o sistema que existía e que non facilitou a canalización do asunto nin a obxectividade das persoas que actuaron nela, uns por cansanzo, outros por falta de coñecemento, e outros por cada cal seu motivo. Seguir relacionando toda proposta que se faga co ocurrido no mes de agosto, e antes tamén, seméllame un erro que non deberiamos cometer, pero todo isto xa son opinións persoais. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 12:35, 16 setembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Grazas a vostede pero non atopo onde esta esa proposta? para sumarme a ela. Lansbricae (Ti dirás) 12:48, 16 setembro 2007 (UTC) ¿ E onde podo concordar?, desculpe as molestias. Lansbricae (Ti dirás) 13:07, 16 setembro 2007 (UTC) Entendeume mal se concordo en todo e non teño nada máis que aportar. Que quede logo así. Lansbricae (Ti dirás) 13:12, 16 setembro 2007 (UTC)

  • Nada meu, para o pouco que podo ir facendo estos días, se serve para aforrar choio aos demáis millor :). Un saudo --Banjo tell me 13:00, 16 setembro 2007 (UTC)

Táboas en Mundial de Rugby editar

Ola Xabier! Non sei se será problema meu tan só, pero no artigo do Mundial de Rugby a táboa de Clasificacións solápase coa táboa de resultados, impedindo ver o resultado do segundo equipo. Non sei se se poderá arranxar. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:51, 16 setembro 2007 (UTC)

Seccións sen referencias editar

Ola marquei varias seccións de artigos feitos por ti co marcador sen referencias. Espero que non o tomes a mal que non foi con retranca, senón que creo que son bos artigos que é unha mágoa lles falte esas referencias. Eu tamén fixen moitos nos que non lle puxen referencias explícitas pero o tratarse de artigos sobre historia ou patrimonio é máis doado xa que os documentos mencionados no propio artigo serven de referencia. Bo traballo e esperemos que entre todos normalicemos a tensa situación que estamos a vivir. Que non concordemos en cousas non implica que non debamos facer o esforzo por comunicarnos e empatizar co interlocutor. Sinto a diatriba da votación de Burócratas pero e que levaba xa tempo posta na páxina de propostas/Casos/Agosto 07 e ninguén fixera ningún aporte e cando se propón mediante votación aparecen todas as críticas, acertadas pero tardías ao meu entender. Espero que nos deixemos de vicios pasados e presentes e fagamos un esforzo por entendernos. Bo traballo e boa noite. Lansbricae (Ti dirás) 23:37, 16 setembro 2007 (UTC)

Non é vixilancia editar

Non é vixilancia home, desculpa. Vounas retirar. Non considero que sexan de máxima importancia nin que estén mal referenciadas, só que os que levades máis tempo sodes e somos (eu tamén aínda que menos) os que podemos axudar a darlle valor as referencias (non me gusta nada o termo) e outras cousas similares. Creo que no caso que me comentas é un exceso pola miña parte. Saúdos.

Arquivos editar

A ver Xabier. A miña páxina de discusión é xa longa de máis e quero aforrar traballo para chegar ás últimas intervencións. Se por min fose borraría directamente boa parte das intervencións máis vellas, moitas delas xa inútiles, pero vexo que nesta casa non está moi ben visto iso de borrar e que se prefire a fórmula dos arquivos. E para iso necesita que me botes unha man: ¿como se fai iso? Explícamo polo miúdo, como para un americano, por favor. Pedro --Lameiro 21:56, 17 setembro 2007 (UTC)

Commons editar

Grazas. O de Ourense polo de agora (vou mirar agora mesmo) está controlado. Xa revertín eu todo. Cando haxa algo deixareivos novas ós que contactastes comigo. Commons é difícil, non ten que ver coa Galipedia. Na Galipedia podo cometer erros, pero non traballo con medo a cometelos, en Commons estás continuamente en tensión, as políticas son moi complicadas e hai que ser un avogado moi especializado para poder encontrarte cómodo. Quizais poida poñerme a estudar de novo inglés, pero para acadar o nivel necesario para participar nunha discusión con garantías quédame moito. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 23:43, 17 setembro 2007 (UTC)

vasme desculpar, pero recurro a ti porque xa me serviches de axuda noutras ocasións. Tamén recurro a ti porque tés foto na túa páxina de usuario.

¿como podo pór unha foto miña na miña páxina de usuario?? é culpa miña, que non dou entendido, pero poderías aclararme dunha * e definitiva vez como subir fotos?????

reitero as miñas disculpas, e aproveito para mandar un saúdo.

saúde, e pola sombra! --Estevoaei 20:16, 21 setembro 2007 (UTC)

Los Suaves editar

Entendo, pero non comparto, polo menos non exactamente. E penso que nestes momentos estamos sendo... incoherentes. Intentarei explicarme:

Eu considero que España é un estado (político), que contén varias subdivisións políticas que foron realizadas por motivos culturais, e que eu entendo como nacións. O termo país, ao meu entender, fai referencia ao estado, non á nación.

Iso si, me parecería ben que en lugar de país se puxese nación, e polo tanto se fixese referencia á procedencia cultural do grupo ou músico, o cal considero máis coherente, xa que a música é algo moito máis relativo á cultura que á política, aínda que ás veces ataque a esta mesma. Pero por outra banda, e aínda que se entendese por país o que eu entendo por nación, en outros artigos, coma por exemplo o dos Arctic Monkeys, se fai referencia ao seu estado (Reino Unido), mentres que a súa nación, que é Inglaterra, aparece no apartado referente á súa orixe.

Creo que este é un tema que ben merece ser debatido na taberna. Que opinas? --Gallaecio 18:14, 30 setembro 2007 (UTC)

Perdoa que me enroiase tanto. Realmente non me quería centrar no aspecto ideolóxico. E dende o principio souben que a corrección non era por tal motivo. Pero o que quero dicir é que non entendo que a uns grupos se lles poña Galicia no apartado país, e que a outros se lles poña España, e que a outros se lles poña Inglaterra e que a outros se lles poña Reino Unido. Quera dicir o que quera dicir "país", estáselle dando un significado distinto segundo o artigo. Para aclaralo un poco máis, Galicia é a España (máis ou menos) como Inglaterra é a Reino Unido. Podo comprender que con Galicia se faga unha excepción polos motivos que xa citaches, pero no caso Inglaterra-Reino Unido, non podemos variar dun artigo a outro. Ou Inglaterra ou Reino Unido. Me entendes? --Gallaecio 19:39, 1 outubro 2007 (UTC)

Blogueiros editar

Ola, escriboche porque ... ejem .. estamos a propoñer borrar a categoría blogueiros. Bótalle un vistazo ao fundo da páxina Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Informática para ver os detalles e dinos que che parez. Graciñas e sinto que nos "presentemos" propoñendo borrar unha parte (mínima) do teu traballo.--4nauta 20:46, 2 outubro 2007 (UTC)


Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:11, 3 outubro 2007 (UTC)

proposta editar

boas!
(hai moito que non colaboras, todo ben?)
En fin; onte, vendo "queer as folk" pensei en crear o artigo, pero a verdade ando liado con 20 frontes abertas nesta batalla que é a galipedia. Como vin que che interesa a cultura LGBT, pensei en proporche crealo ti, se te animas.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 18:14, 24 outubro 2007 (UTC)

...e se non é moito pedir, podías rematar o bo traballo que estabas facendo en Vuelta ciclista a España 2007...
Saúde, e pola sombra!!--Estevoaei 00:57, 25 outubro 2007 (UTC)

  • Boas Xabier! Mudaron o xeito de calcular a profundidade. Agora temos menos :( Nós e todos. Un saúdo. AlberteSi, digame? 11:51, 25 outubro 2007 (UTC)
Pois o souben navegando pola "taverna da Viquipèdia" catalá. Foi o primeiro día que se me deu por aí, e atopei isto. O do stub tampouco sei eu moi ben que é, pero este rapaz teno calculado. Saúdos. AlberteSi, digame? 12:24, 25 outubro 2007 (UTC)
O stub ratio calcúlase dividindo o número de artigos polo número de páxinas. AlberteSi, digame? 15:17, 25 outubro 2007 (UTC)

Canadá editar

Ola Xavier: Xa estou outra vez por aquí coas miñas dúbidas lingüístico-xeográficas. Esta vez é con Canadá.

Estou vendo que se utiliza indistintamente "Canadá" ou "O Canadá", e, loxicamente os correspondentes "... de Canadá" e "... do Canadá" (bandeira de Canadá, Historia do Canadá ...), tanto en títulos de artigos como á hora de referirse a este país nos propios artigos.

Aínda que parece que é maioritaria a utilización de O Canadá, non teño moi claro se é dun xeito, doutro, ou de ambos, e, aínda que estou intentando atopar unha fonte fiable que mo aclare, non acabo de atopala, por iso quería preguntarche se ti sabes algo respecto diso, ou onde podo aclaralo.

Un saúdo --Furado 20:15, 25 outubro 2007 (UTC)

Moitas grazas pola túa resposta Xavier. --Furado 23:01, 25 outubro 2007 (UTC)
Ola outra vez. Aínda ando por aquí co tema do Canadá. Pois dígoche como fixen ó final: Como vexo que parece que non hai unha norma clara ó respecto (nuns países emprégase o artigo e noutros non) o final o que fago e usar a entrada do xentilicio no Diccionario da Real Academia. Así se quero saber si Noruega leva artigo u non, vou ver "noruegués" no diccionario e pon: De Noruega ou dos seus habitantes, e xa está. Entón, no caso que nos ocupa, "canadense": Do Canadá ou dos seus habitantes. Así que no meu novo proxecto está claro que vou falar de O Canadá.
Xa sei que non é un método moi científico, pero polo menos dáme a seguridade de que é correcto.
Un saúdo, --Furado 20:43, 29 outubro 2007 (UTC)

boas Xabier!!

creo que deberías devolver o artigo ó nome orixinal, pois o nome da banda non leva tilde (pódese ver nos discos).

o das maiúsculas é outro rollo que me intriga. Cando creara o artigo Ataque escampe foi movido a Ataque Escampe, e foi por iso polo que ó crear este, puxen Compañía e Ruido con capitais.

saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 17:06, 27 outubro 2007 (UTC)

Reversión non neutral e que elimina info acreditada editar

Sintoo moito, son as tuas edicions en A-76 as que non son neutrales. Repasa os enlaces e discutiremos que parte non e correcta seguindo as fontes. Monforte non e unha vila, senon que ten o título de cidade conforme a decreto real, esa e a súa denominación correcta. Eso non e discutible, e un feito. A finalidade NON e apoiar nada, senon contar os feitos tal e como foron sucendendo.Como ves, se inclúen todos os puntos de vista tal e como foron aparecendo nos medios, pero se queres eliminar esa info faino de maneira neutral, e eliminamos todo o tema da polémica. Ainda que a min paréceme info util. Ademais de rigurosamente contrastada.Presume boa fe. A mi tamen me pode parecer que revertir cambios acreditados podería ter un interés de apoiar outras cousas, especialmente co da vila, parece como se quixeras rebaixar de categoría algo que é un mero dato e punto.--Barfly2001 15:04, 29 outubro 2007 (UTC)

E por certo, esas edicions veñen a cambiar de forma non neutral datos introducidos con moita anterioridade.Un saúdo.--Barfly2001 15:08, 29 outubro 2007 (UTC)
Non e a miña intención crear unha guerra de edicións, para nada. Se queres mellora-lo artigo sen cercenar a info, vai repasándoa conforme as fontes de hemeroteca, (e outras que poidas aportar) e podemos discutir partes da redacción, e expresions que consideres mellorables.Pero non borres dun plumazo info que sucedeu, e que todos coñecemos.--Barfly2001 15:08, 29 outubro 2007 (UTC)
Que eu seña de Monforte non quere decir que desexe un artigo demagóxico ou que apoie unha certa reivindicación. Nada máis lonxe. O que puxen foi o que foi sucedendo. Nada inventado hay ahí, como verás nos enlaces. Por outra parte, o tema de que as referencias non inclúan textos literales da cita, e un tema meramente práctico. As veces e moito mellor resumir o que pon o texto referenciado. Se che parece que os textos dos enlaces "manipulan", pois e dende logo a túa impresión, non o meu desexo. O meu desexo e estractar, e creo que non puxen nada que non fora certo. Non queres eliminar información, pero é que na anterior edición cortabas un longo párrafo entero, que desaparecía. E unha cousa e mellora-la redacción e outra levar todo un párrafo que so contén feitos. O tema do nome, que si ten que ver algo co ego?. Dende logo, e porque non vai ter?. Para min "Vila" ou "pueblo" (pobo), e unha manera despreciativa de referirse a Monforte. Eiquí so se usa esta expresión para decir "Nesta merda de Vila dous coches fan un atasco". O que haia xente que opine que é unha vila, pois e unha opinión. A min paréceme despreciativa, pero non deixa de ser unha opinión. O que conta e o obxectivo; o título de Monforte e o de cidade, tal e como o de Madrid é "Villa y corte", ademáis de ser a segunda cidade da provincia, despois de Lugo. Discrepo en que non teña importancia o que dispuxera un rei fai douscentos anos, posto que o decreto real esta vixente.Eso sería como decir que non importa o que diga o noso Código Civil por que é de 1889. Agora revisarei a túa nova edición e xa che digo algo. O que si che pido e que non me suxiras que levo intencións demagóxicas ou de apoiar versións non obxectivas. A miña procedencia non limita a miña capacidade de ve-la obxectividade: pero recorda que non temos dúas versións ó mesmo nivel; temos unha apoiada polo partido no poder, e outra que é unha reivindicación. Ambas teñen historias diferentes. O tema pódese abordar de maneira completa e a vez neutral.--Barfly2001 17:13, 29 outubro 2007 (UTC)

Mais a-76 editar

Respondinche no artigo, punto por punto. As miñas disculpas se parezo brusco na discusión, pero a verdade que o ir pouco a pouco revisando os cambios, dame a sensación de que o que se fai e: elmínase dato que desfavorece a reivindicación trivesa (Blanco ofrece acceso alta capacidade). Mantense o correspondente que a favorece (Blanco dixo que a súa palabra vale máis...etc). Permanece dato "Bó" para trives "Mantiveron reunión con fomento"; omítese dato que desfavorece "Monforte tamen a mantivo e conforme o resultado, desactivou as movilizacións". Deixase dato "Bó" para Trives, (Fixeron cadea Humán), elimínase o correspodente malo. (a cadea humán non satisfizo as expectativas dos organizadores reunindo menos da mitade da xente convocada). O resultado e sempre unha información sesgada, onde non se din mentiras, pero se recollen datos escollidos, e elimínanse os correspondentes que tamén son verdades, pero que completan a info para conlevar a súa neutralidade. Non creo que o fagas aposta, pero probablemente teñas un posicionamento e te deixes levar, porque esas eliminacións carecen de sentido. Están contrastadas y completan la info. Agora mesmo a parte da reunión con fomento, a da manifestación e a das palabras de Blanco, son párrafos cunha gravísima falta de neutralidade, e case parecen sacados dunha páxina reivindicativa. Eses son os principais nos que quero incidir de momento. Un saúdo, e sen ánimos de acende-la polémica. Se che parece discutir un por un eses tres sinxelos puntos, estou disposto. Sin ánimo de crear polémicas e co de intentar limar asperezas. Un saúdo.--Barfly2001 18:00, 29 outubro 2007 (UTC)

Grazas editar

Graciñas votareille máis dun ollo para tentar mellorar as "descricións" que fago de monumentos. P.D. Alégrome moito que chegarades a un entendemento no choio de onte, desculpa se che molestou a intromisión e espero que sigamos a traballar a bo rimo que ven aí o Tai. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 21:59, 30 outubro 2007 (UTC)

dame razons, non ad-hominem agachado editar

Grazas. De verdade. Por cortarme o rollo wikipedico, xa estaba cansandome hoxe de traballar nisto, asi que grazas polo teu xarro de auga fria.

Disme: se coñeceses un pouco .... decataríaste de que..." , ou tamén "Estou a preparar un artigo sobre a cuestión, e cando o remate gustoso che mandarei unha copia.", ou tamén " Tampouco sei qué coñecementos tes ti sobre lingüística, by the way, pra falares coa soltura que falas."

Pois que poido respostar se non aportas razóns? somente poido respostar 2 cousas: 1) que non me gusta a prepotencia 2) ao que me dis de Tampouco sei qué coñecementos tes ti sobre lingüística, by the way, pra falares coa soltura que falas.": fixen ata primeiro de ESO, e espero que ESO chegue para estar á tua altura e respostarche coa "soltura" que me achacas.

Parabéns, conseguiches que che entrara ao trapo nas provocacions, agora xa podes traballar na tua campaña electoral grazas á miña resposta, espero que quedes mellor que co talk da A-76.---- Maañónoo (o que ho?) 22:12, 30 outubro 2007 (UTC)

Pola miña parte remato a discusion. Pareceme que a xustificacion que das para a a afirmacion de que "aqui faise desta maneira", tela que fundamentar nunha politica aprobada e non no que alguen (ainda que fose o Papa) dixo algunha vez nalgun talk, senón en vez de Políticas iso sería o Evanxelio ou algo parecido. Pero bueno, seguro que algun dia poderemos coincidir nalgo (na transliteracion talvez?, ou se botas unha man no das cats de lingua?), non perdo a esperanza. Por certo: o candidato ten unha pinta rara, pero supoño que será bon. :-) ---- Maañónoo (o que ho?) 22:33, 30 outubro 2007 (UTC)


  • Volta coas descalificacions personais!. Disme "Levas tanto tempo xogando co sistema que ...". Pois non sei que é "xogar co sistema", onte en concreto o que fixen foi:
    • Crear artigos: se iso é xogar co sistema: enton si, xoguei.
    • Recategorizar artigos: se iso é xogar co sistema: enton si, xoguei.
    • Crear categorias provisionais: se iso é xogar co sistema: enton si, xoguei.
    • Traballar no wikiproxecto de categorias, para linguas. se iso é xogar co sistema: enton si, xoguei.
    • Contestarche, por exemplo a "aqui iso faise asi" con que esas afirmacions deben fundarse en politicas aprobadas (ou no senso comun). Se iso é xogar co sistema: enton si, xoguei.
  • Enfin, non sei que é xogar co sistema, pero si que sei o que é "xogar coas persoas":
    • Irlle ao lombo a certas persoas sempre que se pode e nunca dicirlles nada positivo, iso é xogar coas persoas.
    • Supoñer sempre a mala fe nos demais, sobre todo nos recen chegados e nos que non comungan contigo, iso é xogar coas persoas.
    • Non recoñecer nunca os erros propios (todos nos equivocamos), e turrar sempre para levar a razón (véxase Talk:A-76), iso é xogar coas persoas.
    • Acusar sen probas aos demais de xogar co sistema, iso é xogar coas persoas.
  • Parabéns de novo, fixechesme entrar ao trapo; espero que darme no lombo te reconforte dalgun xeito, a min o que me fai é desmotivarme. ---- Maañónoo (o que ho?) 13:41, 31 outubro 2007 (UTC)

Votacións editar

Ola, segundo a norma non se pode votar ata o día seguinte ao da petición (non semella moi práctico pero foi o aprobado, quizais se hai consenso sería mellor propor cambialo ao principio). Cando se pon en marcha algo é cando se lle poden ver millor as trabas.

No referente a que me levou a propor a revogación é ao feito de que para un usuario novo que haxa 16 administradores pode significar que pense que xa amañarán eles as cousas, e que ademais non sendo un cargo honorífico senón de carácter práctico a lóxica semella indicar que deberían ser revogados "de oficio" por así decilo. Eu considero moi valioso que os que participamos nesto nos deamos conta das nosas limitacións ao tempo que tamén das virtudes, e a implicación no ordeamento e mantemento da información por parte dos usuarios e non só na edición algo fundamental. Un saúdo e grazas de novo polo diccionario de arquitectura, é moi bo, cos seus gráficos e todo, agora só me queda probar cun mosteiro e a linguaxe dos 70 describindo a arquitectura románica. Lansbricae (Ti dirás) 20:28, 6 novembro 2007 (UTC)

De nada editar

Grazas a ti. Sempre souben que a xente que andamos por estes lugares temos máis cousas en común que diferencias. É unha mágoa que semelle que a situación non teña reversión. Supoño que moitos nos sentimos "Asesinados por el Cielo" (moi boa tamén) e xa non lle vexo maneira de que "Bailemos un pequeno vals vienés"... e iso que estamos todos aquí polo mesmo. Como non se solucione cunha gran xuntanza Galipedista, quizais podias facer algo, alugar un bo castelo por esas terras e nós aforrariamos para a viaxe e pagharche uns cacharros. Como alternativa máis modesta unha churrascada en Lansbricae (non me atrevo a dicir que poño eu a carne jeje) ;) Saúdos.

Correccións editar

Oíches? Pódeslle botar un ollo a estes dous artigos?:

  • Fonética (corrixín este artigo que non era plenamente normativo co VOLGA pero quedei con algunhas dúbidas e pensei que se tes un pouco de tempo poderías botarlle un ollo. Hai un uso indiscriminado do <como> á portuguesa onde debería haber algún que outro <coma>. Eu non sei facer esa distinción exacta en galego entre <como> e <coma>. Podes rematar de corrixir o texto? ;)
  • Historia do Reino Unido (este artigo comecei a traducilo eu dende a wiki en inglés pero tamén teño un mal uso do <coma> e o <como>. Corríxesmo?

Que Deus cho pague! ;) --Cabaleiro de Espadas 15:39, 10 novembro 2007 (UTC) (esquecín asinar lol)

Case que o artigo do album vai ser de obriga facelo. Teño o orixinal diante, cando poida póñome..)Lansbricae (Ti dirás) 15:52, 11 novembro 2007 (UTC)

Para, non te mates, deixa-llo a un bot. Farei-no eu. --Xosé (✉) 20:47, 12 novembro 2007 (UTC)

Esas páxinas creounas Xelo2004 para ir colocando as caixas de navegación que deseñara. Non tiñan máis texto (son un feixe de papas!) e por iso non as pasou ao espazo de nomes dos artigos, porque na Galipedia prefire-se moitas veces non ter un artigo a telo sen nada (como, por certo, está pasando con moitos artigos sobre anos). Máis tarde si os pasou porque el non os daba feito. Desafortunadamente, moi pouca xente parece interesada polos papas hoxe en día... --Xosé (✉) 21:00, 12 novembro 2007 (UTC)
Eu non as tocaria porque están dentro do espazo do usuario. Deberian-se ter eliminado naquel momento (foi chegando aos 20.000), pero non se fixo. Eu prefiro non tocá-las, a non ser que se atope algunha referencia a aquilo nalgún talk que o faga aceptábel. --Xosé (✉) 21:07, 12 novembro 2007 (UTC)

Tarefas para o bot editar

  • substituír o marcador {{personalidades en progreso}} por {{papas en progreso}} en todos os nomes dos papas que os teñan. Iso inclúe todos os que no título teñan ", Papa" e ", Antipapa", pero tamén moitos outros que non teñen nada diso.
Feito. --Xosé (✉) 22:31, 13 novembro 2007 (UTC)
  • substituír todos os ", Papa" por ", papa" nos títulos
  • substituír todos os ", Antipapa" por ", antipapa" nos títulos
  • marcar coa etiqueta de fusión os artigos repetidos con versión sen papa e versión con papa.
  • fusionar os contidos (non sei sequera se haberá algunha destas páxinas que teña contidos)
  • fusionar os historiais destas versións
  • borrar as páxinas que non teñen ", papa" --> corrixir todas as ligazóns que leven a páxinas ", Papa" e ", Antipapa"
    • ou substituír todas estas páxinas por redireccións ás páxinas finais.
  • substituír todos os "Século" por "século" nos modelos cronolóxicos dos papas

  • Acabo de ver o do proxecto. O bot está agora mesmo cos Sséculos. Levo un anaco vendo como podo mover os artigos e non son quen de facelo automaticamente, así que haberá que facé-lo á man. --Xosé (✉) 15:36, 14 novembro 2007 (UTC)

boa noite!!
faríasme o inmenso favor de rematar a tradución do artigo de Dios?? Empeceino con moita ilusión, pero cada véz cóstame máis. Se cadra ti estás máis familiarizado coa lingua...
desculpa a ousadía, pero xa estou sen folgos co artigo ese...
un millón
Saúde, e pola sombra!! -- EstevoaeiPa o que queiras... 21:42, 12 novembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Ola Xabier Cid. Todo o que poida dicir é pouco para agradecer a mensaxe que me deixaches hai unhas semanas. Moitas grazas, alédome de ter coincidido contigo neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:15, 12 novembro 2007 (UTC)

A voltas cos papas editar

Ola: vexo que modificaches a forma do título dos artigos dun par de papas modificando a forma Pelaxio I, Papa por Paio I, papa. Dúas observacións, a ver que che parecen: de faceres iso debes mudar o nome no template correspondente aos papas dese século, así como no artigo Lista de Papas (ou como se chame exactamente). Por outra banda propós na túa páxina de usuario substituír os Papa e Antipapa polas súas correspondencias con minúscula. Isto provócame un problema: eu teño publicado unha manchea de artigos nos que o esquema era: Fulano, Rei de... ou Mengano, Duque de... ou Perengano, Emperador.... Non sei se é unha invención miña ou se xa o vira nalgún outro artigo pola Galipedia adiante. En todo caso, habería que uniformizar todo isto: ou optar por poñer o cargo con inicial maiúscula ou en minúscula, pero todos igual. Ben, isto saeume un pouco longo. Espero terme explicado ben. Un saúdo --Servando2 (Dime) 00:16, 14 novembro 2007 (UTC)

Morente editar

quítome o chapeu. parabéns. -- Estevoaei pa o que queiras...  01:00, 14 novembro 2007 (UTC)

a pedir editar

 
Suxestión de tamaño

Image:Advocacións de San Pedro en Galicia.png Como se pode comprobar, sobreabunda no bispado lucense. O texto é para que os que a queira copiar de ES que pasen o chollo de quitarllo. --  Sobreira (parlez) 21:42, 14 novembro 2007 (UTC)

Sobre os Papas editar

Ola Xabier Cid. Os artigos sobre Papas que están no espazo de usuarios de Xelo2004 movinos eu coa súa autorización posto que non tiñan contido e para recuperalos cando tiveran contido. Xelo2004 creou os artigos provisoriamente para logo inserir o contido, por circunstancias que agora non ben ao caso lembrar non puido facelo e comezáronse a mover ao espazo personal. O procedemento a seguir no caso de os artigos foran novamente creados é recuperar o artigo de Xelo2004 para que conste no historial (combinando historiais) e nese caso pódese borrar a páxina do espazo personal. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:01, 15 novembro 2007 (UTC)

Votación editar

Ola. Disculpade por terme equivocado de lugar ó votar a Banjo. Así tiven que pasar pola páxina de votacións antes do que tiña previsto (dinme un tempo para reflexionar sobre os outros apartados, tempo que aínda non pasou) e decateime dalgunha cousa que me parece curiosa. Por exemplo, Banjo está proposto como administrador, e está votando ó tempo para que Xabier Cid sexa administrador. E viceversa. Non sei se hai algo que se me escapa, en principio, votei en ambos de xeito positivo, pero coido que as cousas hai que facelas ben. Por outra banda, coido que os votos non están sendo moi razoados (póñome de exemplo) e sería bó que si o estiveran, aínda cunha certa unanimidade. En canto ós propostos para revogar, Semion Lugovic é galego, non extranxeiro, e non ten previsto colaborar co proxecto en abondo tempo. Youssefsan e Andre Engels, polo que sei, si son extranxeiros. Os comentarios sobre Andre Engels xa na páxina de votación son a considerar. En canto ós outros, polo momento só direi que IaRRoVaWo votouse a si mesmo para deixar a administración. -- Ía deixar estes comentarios en Wikipedia talk:Votacións á administración, pero decidín deixalos en conxunto na páxina de cada un dos citados que interviran na votación. Saúdos a todos.--Agremon(contacto) 21:01, 15 novembro 2007 (UTC) Saúdos, Xabier.--Agremon(contacto) 21:19, 15 novembro 2007 (UTC)

lanzar a pedra, amosando a man editar

vexo que acabas de editar "Evaristo, papa", e vin que é santo. Lembrei que o día do meu aniversario celébrase San Evaristo (xa podes felicitarme o ano que vén), e pregunteime se non sería interesante pór nos artigos dos santos o día en que se celebra a súa festa.

Sei que andades ben liados co proxecto Papas (e felicítovos moitísimo), pero lanzo esa proposta: pór o día da celebración do santo.

San Evaristo: 26 de outubro (iso poñen os almanaques...)

Saúde, e pola sombra!! -- Estevoaei pa o que queiras...  21:29, 15 novembro 2007 (UTC)

pa axudar no proxecto, voume pór a traducir o artigo Edicto de Milán. Síntome culpable botando leña ó lume... -- Estevoaei pa o que queiras...  21:30, 15 novembro 2007 (UTC)

the 39 steps editar

boa tarde (tardiña xa en Escocia)
Creo que era mellor pór o artigo en inglés, ó seren banda, películas e novela "the 39 steps", e non existir tradución ó galego (nin do libro e as pelis, creo, e moito menos da banda).
Sen máis... boa tarde!!

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 15:58, 17 novembro 2007 (UTC)

wikiproxecto papas editar

Ola, só quería dicirche que puxen unha ligazón ao wikipedia:Wikiproxecto Papas en Wikipedia:Wikiproxecto. Púxeno dentro de Historia porque xa estaba creada esa clasificación e non relixión, que tamén podería. Tamén pensei en que o contido dos artigos céntrase na figura histórica máis que na faceta relixiosa, pero ti fuches o que iniciaches o proxecto e por iso cho comento por se queres mudalo. Apunteime a el, esper ser útil en algo. Tamén puxen unha dúbida na páxina de conversa do wikiproxecto sobre o tema das advocacións das parroquias de Galicia. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 17:38, 17 novembro 2007 (UTC)

Abelardo Miguel editar

Ola, no artigo de Abelardo Miguel puxeches un marcador, básicamente estou dacordo con case todo o contido do marcador agás co das afirmacións que rozan a vangloria, non acabo de entendelo, a ver o artigo orixinal foi elaborado pola investigadora principal da obra do pintor que xa publicou numerosos libros sobre o mesmo, de feito a entrada da Enciclopedia Galega sobre o mesmo é súa xa que a súa tese doctoral é sobre el, non ten relación familiar ningunha co pintor, e como só pos ese aviso sen ningún outro tipo de proposta e ela non entende o galego (traducinllo eu), se non te importa, disme onde ves afirmacións que rozan a vangloria e trasmítollas dado que a autoridade na materia é ela, para ver qué opina ela. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 16:15, 18 novembro 2007 (UTC)

Guerra sucia en Arxentina editar

Fixen unha proposta que creo que se axusta o que plantexábades, está en Wikipedia:Wikiproxecto Dereitos humanos/Caso de Arxentina, para facilitarvos o participar nela tratei de incorporar polo menos todos aqueles artigos que penden de Guerra sucia en Arxentina, tanto aqueles nos que xa comezamos a traballar como nos que pensamos en traballar. Espero que así te animes a colaborar. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:23, 18 novembro 2007 (UTC)

Lugar de nacimento de Carlos Leal editar

Ola, vexo que editaches a entrada de Carlos Leal e pos que naceu en Friburgo , pero nas outras wikis di que naceu en Lausanne, non sei se te equivocaches ou é que tes información diferente das outras wikis, saúdos!.--Jonathan Chapela 19:17, 19 novembro 2007 (UTC)

Dacordo! editar

Non o sabía así que grazas, pouco a pouco vanse aprendendo cousas disto jaja. Meu rei

Fotógrafos galegos editar

Ola, acabo de ver que borraches da categoría de fotógrafos galegos a entrada de Xurxo Lobato, deixándoo en Personalidades da fotografía. Non sei cal é o criterio para estar nunha categoría ou outra, por que Lobato é unha personalidade e Manuel Vilariño e os demais son "só" fotógrafos galegos? Non creo que sexa incompatible ser unha personalidade da fotografía sendo un fotógrafo galego. Non crees que incluindo a Lobato na categoría de personalidades estamos desmerecendo os profesionais encadrados na de fotógrafos galegos? Non sei dame a sensación como que os masters son personalidades e os que non valen son fotógrafos galegos...

daquilo e do de máis alá editar

mira ti, así que vés sendo o accesit do premio de artigos normalizadores do concello de Carballo... Xa mirara o artigo en vieiros por casualidade, porque coñezo ó gañador do premio, e agora veño de velo de novo, pero xa me soa o nome do profesor de galego en Stirling...
Anque sexa con retraso, parabéns!!

S Clemente editar

Son 3 variantes: Clemente, Clemenzo e Cremenzo. En total hai 7. Quérelos anyway? --  Sobreira (parlez) 21:44, 27 novembro 2007 (UTC)

parabéns editar

parabéns polo jaque mate que supuxo a votación. Bo traballo como administrador!!! --Estevoaeipa o que queiras... 00:31, 28 novembro 2007 (UTC)

Administrador editar

Ola, Xabier. Unha volta rematada a votación, xa és administrador. Noraboa!--Agremon(contacto) 14:18, 28 novembro 2007 (UTC)

Parabéns editar

Volver á páxina do usuario "Xabier Cid/arquivo5".