Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo12

Engadir conversa
Discussões ativas
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Editar nas efemérides da portadaEditar

Ola Xabier, como podo facer pra editar nas efemérides da portada?--Hugo22 14:57, 9 novembro 2008 (UTC).

Vale, pon entre [[ ]] A noite dos cristais rotos.--Hugo22 15:11, 9 novembro 2008 (UTC).

Moitas grazas, para eso estamos. Un saúdo.--PepedoCouto 21:05, 10 novembro 2008 (UTC)

Salas de concertosEditar

Grazas polo aviso. Tal e como está agora a idea, creo que o máis axeitado é Industria musical, onde van os negocios relativos á música (discográficas, produtoras, e agora tamén salas de concertos). Un saúdo! --GallaecioE logo? 08:04, 15 novembro 2008 (UTC)

vinganza por decir que un artigo ten redacción de colexial?Editar

Resulta que por poñer unha crítica fundada aquí Conversa:A_morte_na_cultura_popular_galega me borras, nun acto que semella de venganza, os artigos que creei. E logo non se pode criticar? Poida ser que me pasara dicindo que o artigo tiña o nivel dunha redacción de colexio, pero sigo pensando o mismo, póidoo decir con outras palabras, pero o feito seguirá sendo o mesmo. Vengándote borrando os artigos non actúas na miña contra: os artigos son da Wikipedia, non son meus, dáme rabia, porque botei un anaco redactándoos, pero ti verás.

Desde logo a actuación que demostras vai totalmente en contra do espírito wikipédico e, ao meu ver, di pouco a respecto das túas actuacións. Que demostres o teu "poderío" borrándome os artigos indica unha falta de espírito colaborativo. A impertinencia pode resultar graciosa, pero non lle fai ben a ninguén.

Por certo: comecei eses artigos porque gustei da idea dos artigos xa existentes, e pensaba ir día a día recheándoos ... e vesme cun rollo de se a miña intención é tal e cual. Se supós o peor da xente ... mal vamos.--Kim 20:57, 19 novembro 2008 (UTC)

  • Agradecido polos parabén, dentro das miñas posibilidades procuro ir corrixindo os textos, e canto máis corrixo máis me dou de conta do moito que queda por facer nese terreo; unha situación lóxica se temos en conta a historia da nosa lingua.--RNC 21:12, 19 novembro 2008 (UTC)

guerra civil e anti-franquismoEditar

Ola Xabier! Non sei si é que che se pasou ou se é que descrepamos. Bota un ollo : Conversa Categoría:Guerrilleiros antifranquistas, que che parece ? ElviraConversa comigo 21:22, 19 novembro 2008 (UTC)

os/as AzoresEditar

Olá Xabier, estás seguro de que apesar de que en portugués é "Arquipélago dos Açores", iso non se adapta ao galego como "arquipélago das (illas) Azores"? Non teño unha postura clara, de todos xeitos eu poría as redireccións (ou amañaría as varias ligazóns que quedaron orfas) e mudaría tamén estas, que quedaron fóra: Provincia das Azores, Provincia Oriental das Azores. Un saúdo.-- Zumbi 03:00, 20 novembro 2008 (UTC)

CairoEditar

Moviches ([1]) Cairo-BlaBla a O Cairo-BlaBla. Agora non coincide co texto de #etimoloxía. Podemos debatir a decisión?  Sobreira (parlez) 12:31, 21 novembro 2008 (UTC)

Re: Imaxes de BonomeEditar

Desculpa que non vise a túa mensaxe ata fai un pouco.

Estiven mirando as imaxes e ningunha delas foi subida á Wikipedia galega, todas proceden de Commons e teñen orixe na Wikipedia francesa. Hai tres ou catro que están categorizadas na Galipedia, factor este que pode provocar que semelle que foron subidas á Galipedia, pero que non debe levar a engano pois as imaxes teñen a etiqueta, xusto por baixo delas, indicando a orixe en Commons.

Para min son máis ca sospeitosas, pero vou actuar con coidado, pois as imaxes estiveron presentes en dous proxectos sen que ninguén as borrase. No canto de borralas directamente, proporeinas para borrar.-- Lmbuga / Conversa comigo  17:32, 22 novembro 2008 (UTC)

Ola Xabier,
Metome por saber do asunto. As imaxes non son sospeitosas, conto a estoria de memoria : no comezo do 2007 unha IP creo o artigo Santiago Rodríguez Bonome, é de supoñer que foi a súa filla fr:Utilisateur:Canou, que tamén creo o artigo na wiki fr:Santiago Rodríguez Bonome e eli cargou imaxes do seu banco de datos familiar. Na wiki gl as imaxes non lle salían ... por haber estado cargadas en Commons, por outra banda as imaxes cargadas na Galipedia tiñan problema de licencia e foron borradas. No mes de maio do 2007 Prevert, para reslver o caso dirixiuse a mín por eu falar francés. O resultado foi que subín todas as imaxes de fr à cmmons e esi as que xa estaban gravadas eiqui saliron e as outras engadironse despoís. Por demais de deixar unha mensaxe, tal como o pidia Prevert a/o usuraio Conversa Usuario:CLEMENSAT (que nunca contestou), contactei Canou para que me confirmara a licencia e prometendolle de facer o artigo do seu pai na wiki es. E tiven contesta, pero ainda non fixen o artigo en es, non únicamente por falta de tempo pero tamén por ser un artigo problematico : artigo feito en fr pola filla do escultor, logo traducido o galego tal cual. Penso que habría que facer outra redación do artigo en unha das tres linguas e logo traducilo as outras. Non teño persoalmente ningún libro sobre Bonome e facer outra escritura en francés supón co artigo sera maís curto e eso dame pena. A ver si aclareiche o asunto? Saúdos ElviraConversa comigo 19:19, 22 novembro 2008 (UTC) (mesaxe para Xabier e Lmbuga) ElviraConversa comigo 19:22, 22 novembro 2008 (UTC)
Non me expresssei ben : eu entendin que Canou é o nome de usuaría de Helena, filla de Bonome, ela non fixo as fotos pero é dona delas e subiunas coa licencia que lle pareceu a máis axeitada. Se hai problema non é de quen é o autor das fotos, sera de dudar que sexa ela a quen ten o copyriht. A ver si esta ligazón axudate : fr:Discussion Utilisateur:Elvire#droits sur les photos, senon podo volver contatala e preguntarlle o que ti digas. Saúdos ElviraConversa comigo 12:37, 23 novembro 2008 (UTC)
Ok, je crois avoir bien compris le problème que tu poses. A mon humble avis cela devrait se résoudre dans commons pour que la solution soit commune à tous les projets, et le problème que tu poses est commun à toutes les photos. Toutes es photos ont été chargées avec la même licence, parfois Canou dit que la photo est issue de la banque d'images familiale et parfois elle dit qu'il s'agit de sa banque d'images personnelle, et tu conviendras avec moi qu'une banque d'images personnelle ne veut pas dire que l'on soit l'auteur des photos systematiquement ! Pour résumer tu mets en doute le fait qu'elle soit propriétaire du droit d'auteur et qu'elle n'a pas le droit d'accorder une licence dont elle n'a pas la propriété ??? N'oublies pas qu'elle a engagé sa responsabilité ! Je crois bien qu'il faudrait consulter Lmbuga, c'est un peu délicat de mettre en doute ses droits sur le droit d'auteur, il doit y avoir un formulaire dans commons pour interroger quelqu'un dont on doute de ses droits. Je reste à ta disposition. Salut ElviraConversa comigo 14:47, 23 novembro 2008 (UTC)

Ola Xabier. Deixei esta mensaxe tamén na páxina de Elvire polo que me dirixirei ós dous a un tempo.

Primeiro desculpade por non ter respondido antes ás vosas mensaxes. Vinas, pero estaba atrapallado noutras cousas e non me daba tempo de respondelas, ...nin tiña as cousas moi claras. Desde aquela, non volvín conectarme.

Seguindo estritamente as políticas de Commons, as imaxes, na miña opinión, así que haxa consciencia delas, van ser borradas. Tras a primeira mensaxe de Xabier Cid, posto que as imaxes de Commons tiñan orixe na Wikipedia fracesa, en vez de borralas, decidín propolas para borrar. Iniciei o procedemento, pero desistín por dous motivos:

- Observei nese momento que o procedemento de proposta de borrado cambiou e non o tiña claro (decidín estudalo antes de actuar)

- Decidín pensalo mellor. Pareceume inadecuado propolas para borrar -mesmo inxusto- sen antes procurar unha alternativa que poida permitir que as imaxes estean en Commons, dado que é perfectamente posible que o usuario que subiu as imaxes na Wikipedia francesa detente os dereitos de autoría tal e como se expresa na Wikipedia francesa tras falar con Elvire.

O malo é que non estou capacitado para facer ese labor, pois non domino o francés para poñerme en contacto con Canou (usuaria que subiu as imaxes).

Partamos de que o que di Canou de que ten os dereitos das imaxes e de que é filla de Bonome é certo. ¿Como podelas manter en Commons? É difícil. Non creo que sirva Commons:OTRS/gl, inda que quizais si. A verdade é que Commons ou as wikipedias non son un espazo adecuado para subir fotos dun álbum familiar. Para iso hai outros espazos, o máis compatible con Commons é Flickr. Eu tería subido esas imaxes a Flickr e, tras colocarlle unha licenza compatible con Commons (a primeira ou a sexta da ligazón anterior), teríaas subido a Commons. Se se fixese así, non terían problema ningún. ¿Pero como explicalo en francés e ser escoitado cando na Wikipedia francesa as imaxes non tiveron problemas?

Se as imaxes se propoñen para borrar en Commons (o procedemento está escrito en Commons:Deletion requests), estou convencido de que van ser borradas, pero quizais non sexa o máis xusto; por iso parei e decidín pensar o xeito de actuar. É dicir, Canou, para que as fotos se poidan manter en Commons, ten que demostrar que é quen di ser e que ten os dereitos de autoría de imaxes realizadas por outros. Non creo que poida demostrar todo iso. En cambio, se as subise a Flickr, a situación cambiaría radiclamente e as imaxes poderían manterse ou volver subirse.

Sobre o procedemento para subir as fotos a Flickr (debería facelo Canou) e logo subilas a Commons (ou cambiar as súas características alí), podería guiarvos eu. ¿Que facemos?-- Lmbuga / Conversa comigo  19:08, 24 novembro 2008 (UTC)

Tes, Xabier, toda a razón do mundo, e inda che podo dar máis razón, pois as imaxes das estatuas son as que primeiro habería que borrar dado que Bonome morreu no 1995 e son precisos 70 anos a partir do 1 de xaneiro seguinte á morte do autor para que as fotos de estatuas (ou pinturas) poidan estar no dominio público.
Non se trata, para min, de borralas ou non borralas. Como administrador en Commons, eu podería borralas directamente, pero borraría todas. Trátase de non perder vontades (usuarios) nos proxectos, de non crear animadversión, de dialogar. En conclusión, se eu non podo dialogar con Canou, o mellor -e quizais sexa o que faga- será que me poña en contacto cun adminnistrador francés e que lle solicite que actúe. Creo que non debo actuar eu. Creo ademais que Elvire (cousa que entendo que ti compartes) non é culpable desta situación para nada. As imaxes non seguen as normas, pero hai que explicalo na Wikipedia francesa e, no posible, dar alternativas. Eu non son quen.-- Lmbuga / Conversa comigo  19:57, 24 novembro 2008 (UTC)
É quizais a primeira vez que me encontro cunha situació coma esta, cunha imaxe que se mantivo incorrectamente nunha wikipedia e que non é posible en Commons. Estou reflexionando aínda. Agora penso que o mellor é poñerme en contacto con algún administrador da Wikipedia francesa en Commons. Estou convencido de que non é o preferible que eu actúe, non son o adecuado, pero podo encontrar a persoa adecuada. Esperemos a que Elvire se exprese, prefiro non apresurarme. Mesmo entendo que o preferible seria que Elvire fose quen lle comunicase o problema a algún administrador francés de Commons. Quizais, se eu actuase, deixaría quedar mal a Elvire inxustamente.-- Lmbuga / Conversa comigo  20:09, 24 novembro 2008 (UTC)
Escribín a anterior mensaxe sen ler a última túa.
En parte as cousas van por aí. En realidade, encóntrome con dous problemas (que non están descritos nas políticas): (1) É inxusto borrar as imaxes sen dialogar e as imaxes non foron subidas a Commons, nin eu podo falar con Canou. (2) Que eu actúe é deixar quedar mal a Elvire cando ela actuou moi moi correctamente; é preferible que ela lle pregunte a algún administrador francés e lle explique a situación-- Lmbuga / Conversa comigo  20:16, 24 novembro 2008 (UTC)
Para Lmbuga e Xabier.
Concordo con Lmbuga que todas fotos teñen polo menos un problema de non ser dous para alghunas. Concordo con Xabier que proporlle a Canou un arranxo con Flirck non é solución segura. ... E concordo comigo que desde que ando pensando que isas fotos e ise artigo teñen problema (por isto ainda non lle contestei a Canou cando me dixo que daba os direitos) pequéi (grazas a Deus són atea !!). Propoño :
  1. que teño que contarlle a Canou explicandolle o asunto tal como é e dercille o que pode ocurrir;
  2. teño que explicarlle o asunto a un administrador francés en commons para que actué ;
  3. Lmbuga e Xabier teñen que darme en poucas palabras os elementos principales das dubidas da infracción, para que eu sexa clara no que voulle decir a Canou como o administrador francés ;
  4. Lmbuga ten que darme o nome de un (ou máis segun ilo vé) administrador francés de commons ;
  5. Teño que darlle as gracias a Xabier por ir a cabo do que comeza con toda tranquilidade, xa que isto vaime arrancar unha espina do pé. (Por mín como xa o dixen, as cousas quedaban como están agora - as fotos e o artigo).
    A ver si deiqui a maña pola noite dadesme o necesario para que me bote. Non me parece mui posible esta noite, sabendo que maña entro tarde a casa. Saúdos e conto con vos ElviraConversa comigo 20:41, 24 novembro 2008 (UTC)
Para Lmbuga e Xabier.
Con todo o que explicou Lmbuga teño as cousas claras para falar con Canou e con un administrador de commons. Ata maña pola noite non farei nada. Necesito polo minimo o voso acordo e un nome de administrador en comons (é se lle parece millor a Lmbuga tamén podo buscar en comons), e se tedes comentarios son os benvidos, xa sabedes non quero que perdades tempo, pero sabedes tamén que importame moito todo o que se os ocurra decirme, non por sacarme responsabilidade do que vou facer, pero para construir a miña actúación. Ata maña ElviraConversa comigo 22:45, 24 novembro 2008 (UTC)
Para Lmbuga e Xabier.
Non era "ata maña", máis ata pasado ! Deixei dúas mensaxes :
Canou en fr,
e Alno, administrator acivo francés en commons.
A Lmbuga : A Canou digolle que non se duda da súa boa fe, pero que temos dubidas por unha banda polo problema da autoría das fotos e por outra banda polo problemas sobre os dereitos sobre obras de arte, os dous elementos non semellan claros e cas licencis poden ter problema. E que preguntolle a un administrador de commons. A Alno digolle que queremos sacarnos de dubidas, e que estou a súa disposoción. Saúdos ElviraConversa comigo 22:08, 26 novembro 2008 (UTC)

Festas xudíasEditar

Ola. O artigo está moito mellor onde o puxestes que onde estaba. O de Feriados quedaba moi rebuscado e non era cómodo para quén buscara dito artigo. Estoulle botando un ollo ao das categorías, e igual propoño a de Festas xudías para meter as que xa están e as que se vaian engadindo. Do que sexa coméntoche. Saúdos. --Iago 14:25, 23 novembro 2008 (UTC)

Re-Cairos!Editar

En Normalización Lingüística da UVigo, sección MANUAIS (Ligazón directa). Se se toma como política usar isto de obra de referencia, non se debería mencionar en Wikipedia:Toponimia? User:Sobreira

MiñoEditar

A modificación que propuña en relación a Miño xa foi feita por Estevoaei o 2 de novembro. Podes consultalo no historial de Wikipedia:Toponimia. Saúdos. --Xas (fálame) 16:05, 23 novembro 2008 (UTC)

Cogumelos vs CogomelosEditar

E ló?--Hugo22 16:44, 23 novembro 2008 (UTC).

Perdón...Editar

por mi gallego (ni idea XD) no me dedico exclusivamente a Pedro Muñoz tengo muchísimos más artículos. Tan solo quería igualar los idiomas que tenían las vecinas Alcázar de San Juan y Campo de Criptana. He buscado en euskara, galego, rumano y ruso. Resulta que en las dos últimas ya existía y solo he añadido las interwikis y en euskara y en galego he hecho un copy/paste de Campo de Criptana cambiando Campo de Criptana por Pedro Muñoz. Puedes ver aquí los artículos que hago que son muy diversos y pocos relacionados con mi pueblo. Un cordial saludo. --Thor8 18:55, 23 novembro 2008 (UTC)

Nada, nada. A ver si echais una mano a lo gallego en la wikipedia castellana. Un cordial saludo. --Thor8 10:14, 24 novembro 2008 (UTC)

RespostaEditar

So intentaba poñer o autentico escudo de carballedo, pero como ainda son novato non sei moi ben como ahi que facer.Esta mensaxe foi deixada ás 22:39 do 23 novembro 2008, por User:Danieldoval, que non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 22:53, 23 novembro 2008 (UTC)

DanieldovalEditar

O escuda atopeino na paxina do concello. A e grazas pola tua axuda.Esta mensaxe foi deixada ás 22:49 do 23 novembro 2008, por User:Danieldoval, que non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 22:54, 23 novembro 2008 (UTC)

  • Este é o Decreto e o DOG no que se aprobou o Escudo: Decreto 323/2004, do 29 de decembro, D.O.G. núm.12 (19 de xaneiro de 2005). A Mandar. Un saúdo.--PepedoCouto 23:01, 23 novembro 2008 (UTC)
  • Así o fixen eu no seu día.--PepedoCouto 23:27, 23 novembro 2008 (UTC)

Wikipedia:Bots/Peticións de aprobaciónEditar

Bonjour,

je t'ai répondu sur Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. N'hésite pas à me poser d'autres questions si tu en as.

Cordialement,

--Hercule 08:44, 24 novembro 2008 (UTC)

TourpediaEditar

É máis fácil ver a palla no ollo alleo que a viga no propio. Antes de "botarte a bronca" (agarimosamente, por descontado) polas túas eivas e desatencións, voume preocupar pola "miña obra", e intentar rematar de amañar artigos sen iws, cats inexistentes, e outros choios que son fáciles de abandoar...

Parabéns por rematar o do tour, e agardo que o teu regreso sexa produtivo.

--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 18:18, 24 novembro 2008 (UTC)

"enxambrazón"Editar

Corrixido, en colmea, a palabra para a que solicitabas referencia. Tratábase dun calco do castelán enjambrazón. ¿Cres necesario que engada a fonte da que saco a forma enxamia? (Diccionario temático e ilustrado de Apicultura, 1989). Ten en conta que, pola mesma razón, habería que xustificar tódalas outras voces. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:38, 24 novembro 2008 (UTC)

Sobre o meu artigoEditar

A miña intención non era promocionar nada, simplemente se trata dunha escola con caracter social ligada a unha asociación cultural sen ánimo de lucro. De todos xeitos se iso é considerado así pola Wikipedia pois que lle imos facer, e sintíndoo moito non poderei poñer una artigo informativo do que estamos a facer como proxecto social. ÇSen embargo si que está permitido que empresas como Yamaha, Coca Cola ou grupos empresariais do tamaño de Nutrexpa teñan o seu espazo na Wikipedia. Non entendo moi ben ese criterio tendo en conta que na páxina de Nutrexpa o primeiro que te atopas é un Phoskito. Gustaríame que me explicaras un pouco que intención promocional pode haber nun artigo escrito no que se ten pensado describir un proxecto de caracter social. Moitas grazas. Esta mensaxe deixouna ás 17:09 do 25 novembro de 2008 User:Alboioescola, a quen non lle acordou asinar.--Xabier Cid Conversa 17:14, 25 novembro 2008 (UTC)

Sobre os mensaxes de correo dos administradores publicados por unha IPEditar

Deixeiche esta mensaxe vía msn, pero quero que se saiba tamén públicamente para evitar situacións coma as que provocaches no pasado:

, Ola, xa me enterei de que falas de min en correos privados, agradeceríache que non me menciones pois as túas ideas, opinións sobre min podo consideralas tendo en conta que as fas públicas, como unha agresión contra a que podo tomar medidas. Simplemente recordarche que me esquezas. Ignorame igual que eu vos ignoro a vos. Grazas e perdete.

--AlmaGz 18:15, 25 novembro 2008 (UTC)

Casas reitoraisEditar

Descoida, non te entrometes nada. Agradézoche a corrección, por desgraza non escribo o galego tan ben coma me gustaría. Apertas. --Iago 21:24, 26 novembro 2008 (UTC)

LixoEditar

Grazas polo consello. Creei unha páxina de redirección dende A Escravitude para non ter que ir primeiro ao artigo sobre escravitude, e logo borreino ao ver que o artigo sobre a parroquia aínda non fora creado. Para outra vez xa o teño presente. Deica. --Iago 14:45, 27 novembro 2008 (UTC)

Recairos2Editar

Xa atopei onde a tiña: Usuario:Sobreira/Ligazóns#Referencias_bibliográficas_para_exotopónimos   Sobreira (parlez) 17:19, 28 novembro 2008 (UTC)

Reversión en MarteloEditar

Ola Xabier Cid, ¿por que desfixeches a última edición que fixen no artigo sobre o martelo?, non vexo que sexa spam ou que non estea relacionado co tema. --MARC912374 03:31, 30 novembro 2008 (UTC)

Vale, todos cometemos erros, a ligazón externa collina da wikipedia en castelán, algo comercial si que o ten, pero tamén ten información sobre martelos, e se procuras algo en internet sobre martelos poucas páxinas interesantes se poden atopar, ao ver que non a quitaron no artigo en castelán decidín pola neste, xa que na wikipedia en castelán o que se quita das ligazóns externas son blogs, foros, páxinas que non estean relacionadas co contido do artigo, etc. Sobre o que cambiei no texto, non o sabía, eu non son galegofalante e sempre me podo enganar nalgunha cousa, intentarei procurar algunha páxina que non sexa comercial.--MARC912374 17:26, 30 novembro 2008 (UTC)

Revision en órbitaEditar

Non sei se te avisou Lameiro de que estaba mal colocado o cadro deste artigo, pero grazas por corrixilo. Pra outra ocasión: cal era o erro?Silverfox


Modelo Bos AiresEditar

Ola Xabier, sabes como se podería restaurar o modelo anterior que había no artigo Buenos Aires?. Comentario deixado por User:Hugo22 ás 17:21, 4 decembro 2008, que non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 18:57, 4 decembro 2008 (UTC) Refírome ao modelo que estaba antes no artigo, agora puxeron outro distinto do que hai na maioría das cidades--Hugo22 19:00, 4 decembro 2008 (UTC).

Edits rankingsEditar

Hello. Thanks for your translations. Emijrp 09:26, 6 decembro 2008 (UTC)

HomónimosEditar

Tes razón no que me comentas respecto dos homónimos. De feito xa cando creei Balsa pensaba en movela a Balsa (Homónimos) para poñer alí os topónimos, como no caso de Piñeiro ou o que ti fixeches ao trasladar Merlán para Merlán (homónimos). A ver se me poño agora a facelo. Saúdos.--Xas (fálame) 17:22, 6 decembro 2008 (UTC)

Caixa de estrelasEditar

Non é problema do Fin de Caixa, xa probei a non meterlle esa caixa; e si, son unha manchea de chaves, a ver se dou co problema; evidentemente o problema é o "|}" que aparece onde tiña que esta-lo modelo, no exemplo dáse un conta moi facilmente, no exemplo da {{Caixa_Pequena_de_Estrela}}, tamén podes ver este artigo feito con este modelo, 60 Cancri, eu vou a ver se o arranxo pero toda axuda é pouca ;) --Xabier Cancela (fálame 21:33, 6 decembro 2008 (UTC)

algo avancei, cando lle saco no exemplo do modelo {{Caixa Pequena de Estrela}} o parámetro | nomes = (!--Outras designacións noutros catálogos--) que lle da ós nomes noutros catálogos da estrela ( ven sendo o modelo {{Caixa Catálogo de Estrela}} ) e os parámetros | Simbad = (!--Cadea de procura para a ligazón en SIMBAD--) | ARICNS = (!--Cadea de procura para a ligazón en ARICNS--) | EPE = (!--Cadea de procura para a ligazón na Enciclopedia de Planetas Extrasolares--) (que ven sendo o modelo {{Caixa Referencia de Estrela}} ), entón funciona pero repasei mil condenadas veces estes dous modelos que están no interior do modelo {{Caixa Pequena de Estrela}} e nada, non dou co erro, é que ten que ser unha parvada, unha chave posta de máis pero non consigo eliminalo, e fódeme bastante xa que estes modelos poden ser usados en moitas paxinas (hai moitas estrelas neste universo ;) )--Xabier Cancela (fálame 23:58, 6 decembro 2008 (UTC)

Avancei algo máis pero sigo fodido, o erro está no modelo {{Caixa Pequena de Estrela}} xa que fixen o artigo Epsilon Andromedae que na súa caixa de información están inseridos tódolos modelos que leva no seu interior o modelo {{Caixa Pequena de Estrela}}, así que o erro non está nos modelos que levan no seu interior o modelo {{Caixa Pequena de Estrela}}, senon que o problema está no modelo en si mesmo,  !!!Pero non o dou pillado!!! esto é a hostia de frustrante.--Xabier Cancela (fálame 17:47, 7 decembro 2008 (UTC)

imaxesEditar

bona nit; vouna cargar de novo con outro nome e xa non debería haber problema. Graciñas! Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 01:53, 7 decembro 2008 (UTC)

...e non obstante non vai todo ben, xa que ó carghala me dixo que era un duplicado da xa existente, e malia que no artigo se visualizan dúas diferentes ó pinchar nelas aparece a mesma.

é un problema relativo, xa que o artigho visualízase ben, pero bueno...

--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 01:59, 7 decembro 2008 (UTC)


Jesús VázquezEditar

Jesús Vázquez nado en Ferrol o 9 de setembro de 1965.

Aquí tienes 4 de las muchas páginas en donde figura su edad. Algunas incluso oficiales como la de su empresa, Telecinco, la de la Wikipedia en español y entrevistas en el diario 20 minutos, etc...

Si te hubieses molestado en comprobarlo tú mismo en internet en vez de revertir mis cambios, que eran correctos, y hacerme perder el tiempo, nada de esto estaría pasando y yo no habría tenido ahora que revertir tu cambio, que me ha parecido de muy mala educación.

Definitivamente me doy de baja en la wikipedia, esto no es una democracia sino una imposición de unos cuantos (que a veces se equivocan, como en esta ocasión) sobre muchos. No te molestes en responderme porque no pienso leerlo. Adiós. Última vez que entro en esta web.

http://es.wikipedia.org/wiki/Jes%C3%BAs_V%C3%A1zquez

http://www.telecinco.es/operaciontriunfo/biography/biography1632.shtml

http://www.20minutos.es/noticia/334707/0/jesus/vazquez/entrevista/

http://www.ciao.es/Tarde__Opinion_1396909

RE:ToponimiaEditar

Desculpa a indesculpábel tardanza en respostar. Levava tempo sen pasar por aquí. Polo de pronto, até despois de exames vexo fodido volver a ter tempo para algo tan laboriosos. --  Norrin_strange (Fala-me) 21:18, 10 decembro 2008 (UTC)

BárboreEditar

Grazas por tomares o tempo de rematar de arranxar o artigo Bárbore. Pensaba facelo eu mesmo mais estiven un pouco atarefado estes últimos días. Vin que cambiaches moitas das maiúsculas dos nomes propios por minúsculas; malia que desde un punto de vista puramente lingüístico esta modificación é correcta, contradí tanto os textos de Tolkien como a traducción ao galego, polo que, por coherencia, eu deixaríaos en maiúscula. Un saúdo :) --Manudosde 17:18, 11 decembro 2008 (UTC)

Esteatopixia vs esteatopixíaEditar

Xabier, repasando cousas na categoría Anatomía bato co artigo esteatopixía. Como o nome (ese acento) soa raro, búscoo no VOLGa, e non aparece, e no Diccionario galego de termos médicos, onde si que o atopo pero sen til: "esteatopixia. Presencia dunha gran cantidade de graxa nas nádegas e na cadeira. Vese xeralmente nas mulleres, especialmente nas pertencentes ós pobos bosquimanos e hotentotes, nas que constitúe unha característica común". Ía move-lo artigo cando vin (¡menos mal!) que ese cambio foi cousa túa, hai ano e pico, polo que prefiro non tocalo e deixar que o ratifiques. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:39, 11 decembro 2008 (UTC)

Artigos da Terra MediaEditar

Hola de novo :). Eu co dos nomes propios referíame a cousas como Montañas Bretemosas ou Bosque Escuro, que na tradución galega deixáronse así, pero sería cousa de porse de acordo. No tocante ao título dos libros, eu deixáraos coa maiúscula porque, como dis, na portada aparecen así, mais tes razón, non é correcto. A fin de semana corríxoos.

O das citas da versión inglesa tamén o pensei eu, mais por desgraza estou no estranxeiro e non teño xeito de buscalas na versión galega. Se iso cando vaia a Vigo este Nadal pásome pola biblioteca e complétoas.

A ver se mañá teño tempo de ver iso que dis das categorías, que si que é certo que cómpre unha revisión e a creación doutras subcategorías. Respecto ao que dis de Saruman, está na categoría Maiar porque en realidade non é un ser humano e pertence a esta clase de espíritos (ao igual que Gandalf), mais concordo en que debería estar tamén en Personaxes d'O Señor dos Aneis (vai ser complicadiño isto das categorías haha).

Grazas pola axuda, mantéñote informado. Un saúdo! Esta mensaxe deixouna Manudosde o 12 decembro 2008, e non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 12:54, 12 decembro 2008 (UTC).

...suiteEditar

Salut, je viens de faire un petit tour matinal et ... tu voudras bien lire ma page de discussion sur fr (bas de page). Je repasse ce soir pour répondre à Hélène (Canou, je suppose). Si tu as de commentaires, comme d'hab, il sont les bienvenus. A priori c'est ce que tu pensais plus ou moins, certaines photos seraient sans problème, si elle est explicite sur ses droits. Bonne journée à toi ElviraConversa comigo 04:47, 15 decembro 2008 (UTC)

Cándido LorenzoEditar

Un saúdo, Xabier. No artigo do título hai algo raro, ou ben o home está xa xubilado ou o ano será outro. Tenta amañalo. Ata outra.--PepedoCouto 09:59, 15 decembro 2008 (UTC)

  • Acabo de relelo e xa lle atopei sentido á frase, máis pode ser confusa.--PepedoCouto 10:02, 15 decembro 2008 (UTC)
  • ..., cargo no que permanecerá ata que se xubile no ano 2002. Esta é a frase, xa que se pode entender que se xubilará no ano 2002, cando xa pasou. Na miña primeira lectura pasoume, logo xa o entendín.--PepedoCouto 12:40, 15 decembro 2008 (UTC)

Imaxe da semanaEditar

Saúdos. Deixeille antes este comentario a Alberto, o primeiro administrador que se me ocurriu, pero acabo de ver en cambios recentes que ti tamén andabas por aquí. Propoño mudar o artigo vinculado á imaxe da semana, emigración galega, que aínda non existe, por Casa de indianos. Penso que non queda moi ben que a imaxe da semana ligue a un artigo que aínda non foi creado, máis habéndo outro relacionado que si hai. Apertas. --Iago 16:29, 16 decembro 2008 (UTC)

Chandrexa, Parada de SilEditar

Ola Xabier, vin que fixeches as ligazóns dos lugares desta parroquia, mais algúns non aparecen no nomenclator, xa que por axudar editei o modelo e algúns deles non están. Que facemos? Un saúdo.--PepedoCouto 16:57, 16 decembro 2008 (UTC)

  • Pois ben, por min non hai problema, de feito eu teño atopado moitos problemas semellantes ó editar lugares.

Ás veces nin sequera coinciden o nomenclator e o IGE e quedan moitos sen editar.

comentarioEditar

Hola paisano son Daniel outra vez volvo para aqui para dicirche que podemon falar po-lo messenger asi non teño que encher aqui do que che teña que falar eu si queres a miña dirección de messenger só tes que pedirma.--Daniel Pita López 14:56, 17 decembro 2008 (UTC)

FusiónEditar

Ola Xabier.

Quería comentarche se sería posíbel fusionar os artigos The Hours (filme) e The Hours, xa que me parece un tanto ilóxico ter dous artigos practicamente iguais en diferentes entradas.

O que fixen foi completar o primeiro artigo (The Hours (filme)) co que lle faltaba do segundo (The Hours), porque eu pensaba crear unha redirección en The Hours a The Hours (filme). Podería facelo?

Grazas e un saúdo. --Lara 15:25, 28 decembro 2008 (UTC)

irmandiña femeninaEditar

boa noite!

ben sei que a política actual (e eu súmome) é non crear moito e correxir o que hai, pero quería animarche a facer o artigo da selección femenina de fútbol galega. Fotos hai arreo pa subir...

Por certo, parabéns pola encrucillada do Xornal de Galicia. Por fin, e cara ás últimas páxinas, algo bo no novo periódico.

Saúdos. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 21:29, 28 decembro 2008 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Xabier Cid/arquivo12".