Chandrexa, Parada de Sil
Coordenadas: 42°22′37.3″N 7°32′49.9″O / 42.377028, -7.547194
Santa María de Chandrexa é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 103 habitantes, deles 50 eran homes e 53 eran mulleres, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.
Chandrexa | |
---|---|
Concello | Parada de Sil[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 81 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia de Chandrexa sitúase no extremo oeste do concello de Parada de Sil e fai fronteira norte da provincia de Ourense. En todo o seu bordo setentrional dá ao río Sil, que a separa da provincia de Lugo e das terras de Sober. As súas terras están situadas en zonas de moita pendente, de entre os 700 m na parte sur da parroquia ata os 200 m na norte, xusto cando chega ao nivel do río. Con todo, os principais núcleos habitados atópanse entre os 450 e os 500 metros sobre o nivel do mar.
EconomíaEditar
A pesar do agudo descenso poboacional que a parroquia sufriu durante a segunda metade do século XX, nos últimos trinta anos pasou a se converter nun dos máis coñecidos polos de atracción turística da Ribeira Sacra ourensá. Ademais, conserva a súa tradicional produción de castañas e tamén a produción de viño.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de ChandrexaEditar
Lugares da parroquia de Chandrexa no concello de Parada de Sil (Ourense) | |
---|---|
O Adrio | Arrabaldo | Os Calvarios | O Campo | Camporremide | A Carreira | A Casalta | A Eirexa | Entrambosríos | Os Fiós | Grandín | O Noguedo | O Pacio | A Pena | Purdeus | As Quintas | Rabacallos | Santo André | O Valado |