Forcas, Parada de Sil
parroquia civil do concello de Parada de Sil
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Forcas.
San Mamede de Forcas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 74 habitantes, deles 35 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2000.
Forcas | |
---|---|
Concello | Parada de Sil[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°21′38″N 7°30′51″O / 42.36069444, -7.51425Coordenadas: 42°21′38″N 7°30′51″O / 42.36069444, -7.51425 |
Poboación | 56 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia atopouse a espada de Forcas, unha espada da idade de bronce[2] conservada no museo arqueolóxico de Ourense. Sobre o río Mao hai unha ponte románica con marcas de canteiro.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Forcas editar
Lugares da parroquia de Forcas no concello de Parada de Sil (Ourense) | |
---|---|
As Cerdeiras | Cortiñas | Forcas | A Miranda | O Pombar | A Senra | Vilar |