Pradomao, Parada de Sil

parroquia civil do concello de Parada de Sil

San Xiao de Pradomao é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 24 habitantes (14 homes e 10 mulleres).

Pradomao
ConcelloParada de Sil[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°20′25″N 7°31′48″O / 42.34016667, -7.52994444
Poboación24 hab. (2023)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Pola estrada máis curta desde Ourense a Pradomao, a distancia é de 41 km e a duración aproximada da viaxe é de 52 min.

Demografía

editar
Gráfica de evolución demográfica de Pradomao, Parada de Sil entre 2000 e 2023
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE.

Patrimonio

editar

Encoro de Edrada

editar
 
Vista sur do encoro de Edrada

O encoro de Edrada está situado na conca do río Mao. A súa construción comezou no ano 1975 e rematou en 1978, completando a rede de encoros[3].

A súa presa de gravidade ten unha altura de cimentación de 37 metros e unha lonxitude total de coroación de 345 metros que inundan 42,5 km2 de val que comprende os municipios de Montederramo e Parada de Sil. A súa capacidade é de 10,49 hectómetros cúbicos. Para a construción do encoro requiríronse 43000 metros cúbicos de formigón[4].

É unha presa reguladora que capta as augas de varios regatos como Edrada, Reconco, Rodicio e algún outro arroio.

Moi preto está o encoro de Leboreiro e río abaixo a pequena presa de Ivil.

A auga embalsada, a día 15 de abril de 2019, son 6 hectómetros cúbicos, o que supón un 52.86% da súa capacidade.[5]

A mesma presa creouse para o paso de vehículos dun banco a outro e atópase na zona de Pradomao onde hai unha praia fluvial.

Área recreativa de Pradomao

editar
 
Àrea recreativa de Pradomao
 
Senda Romana de Pradomao

Aquí atópase a praia fluvial de Pradomao, no río Mao (afluente do Sil) no concello de Parada do Sil, na Ribeira Sacra.

Está situada á beira do encoro de Edrada, moi preto da aldea que leva o mesmo nome, e a catro quilómetros da aldea de Pradomao. A zona foi acondicionada para recibir bañistas. Está situada a 40 km da capital da provincia e para acceder a ela débese seguir a estrada OU-0604.

Orientada cara ao sur, ten area branca e espazos para refrescarse á sombra. Esta praia é un lugar utilizado para comer, merendar e descansar.

Tamén é posible bañarse, xa que a temperatura da auga é moi agradable. Conta ademais cunha zona recreativa para que as familias poidan ir alí comer e pasar o día[6].

Tamén hai espazos e rutas para camiñar. Pódese percorrer un camiño duns 4 quilómetros [7]que pasa por Pradomao e pola súa calzada romana e chega á vila de Edrada.

Para chegar alí é necesario tomar a estrada que parte de Vilariño Frío ao Salto do Mao onde, ao pasar polo pantano, á esquerda, hai un sinal que indica o acceso á área de lecer. Un sendeiro conecta directamente coa área e dirixe a unha ampla zona onde poder aparcar.[8]

Lugares e parroquias

editar

Lugares

editar
Lugares da parroquia de Pradomao no concello de Parada de Sil (Ourense)

Castiñeiras | Ivil | Pradomao | Verengo

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Parada de Sil

Caxide (Santa Cristina) | Chandrexa (Santa María) | Forcas (San Mamede) | A Hedrada (Santiago) | Parada de Sil (Santa Mariña) | As Paradellas (Santa María) | Pradomao (San Xiao) | Sacardebois (San Martiño) | San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. 
  3. "Inicio - Confederacion Hidrográfica del Miño-Sil". www.chminosil.es. Consultado o 2019-04-24. 
  4. "Galicia Máxica - Turismo y viajes de Galicia". Galicia Máxica | Turismo de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-04-24. 
  5. "Pantano EDRADA , Embalse EDRADA , Presa EDRADA". www.embalses.net. Consultado o 2019-04-24. 
  6. "Bañarse en alguno de los tesoros de la provincia". 03/07/2017. Consultado o 16/04/2019. 
  7. "Concello de Parada do Sil". www.paradadesil.es. Consultado o 2019-04-24. 
  8. Sánchez, Marta (2013-02-28). "Playas fluviales en Orense". Playas Calas - El paraíso te espera (en castelán). Consultado o 2019-04-24. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar