As Paradellas, Parada de Sil
Santa María das Paradellas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2011 tiña 34 habitantes.
As Paradellas | |
---|---|
Concello | Parada de Sil[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°20′30″N 7°35′29″O / 42.34155556, -7.5915Coordenadas: 42°20′30″N 7°35′29″O / 42.34155556, -7.5915 |
Poboación | 34 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Situación editar
Sitúase ao sur do concello. Linda polo norte coa parroquia de Santa Cristina de Caxide e a capital do concello. Polo leste limita coa parroquia da Hedrada. Ao sur fai fronteira coa parroquia das Chás, no veciño municipio de Montederramo. Polo oeste dá co concello de Xunqueira de Espadanedo e tamén coa parroquia das Chás.
Dista 8 quilómetros da capital do concello e 20 da capital da comarca, Castro Caldelas.
Demografía editar
Xa se ve que ata o século XX, a zona estaba bastante máis poboada do que agora. No 2000, vivían nas Paradellas 46 persoas (23 homes e 23 mulleres). Dende entón, a crise demográfica continúa debido á emigración e ao envellecemento dos veciños.
Ano | 2000 | 2004 | 2008 | 2011 |
---|---|---|---|---|
Poboación | 46 | 38 | 37 | 34 |
Variación (%) | - | -13,0% | -2,6% | -8,1% |
Historia editar
En 1842, segundo Pascual Madoz[2] estaba dividida entre as parroquias de Caxide e Hedrada. Nese momento vivían 107 persoas no conxunto das dúas aldeas, das que 23 tiñan a condición de veciños.
Lugares e parroquias editar
Lugares das Paradellas editar
Lugares da parroquia das Paradellas no concello de Parada de Sil (Ourense) | |
---|---|