San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil
San Lourenzo de Barxacova é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 16 habitantes (9 homes e 7 mulleres).
San Lourenzo de Barxacova | |
---|---|
Escavación arqueolóxica na necrópole de San Vítor de Barxacova | |
Concello | Parada de Sil[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′41″N 7°30′18″O / 42.37805556, -7.505 |
Poboación | 16 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil entre 2000 e 2023 |
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE. |
Patrimonio
editarNa parroquia situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova. Na aldea de San Lourenzo está o lugar da Torre, onde se conservan restos dunha casa coñecida como A Fortaleza, cun escudo do século XVI. Pouco máis abaixo hai unha construción que na idade media acolleu un priorato adicado a Santo Adrián, que conserva ventás góticas.
A igrexa parroquial é de feitura barroca popular. No adro consérvase unha pedra cunha inscrición gótica.
A Fábrica da Luz é unha construción de comezos do século XX, unha antiga central hidroeléctrica que aproveitaba as augas do río Mao, reconvertida en albergue.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Lourenzo de Barxacova
editarLugares da parroquia de San Lourenzo de Barxacova no concello de Parada de Sil (Ourense) | |
---|---|