Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo2

Engadir conversa
Discussões ativas
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Image:Ian Rankin.jpgEditar

A licenza que se pode ollar en Flickr di que Todos os dereitos están reservados. Pode ser que o autor múdase a licenza orixinal por unha nova. Vexo que a conseguiche vía it.wp, se a licenza fose correcta e a actual resultado do troco (as licenzas Creative Commons non son revogables), o modelo que teñen alí indica que non se permiten obras derivadas polo tanto non é compatible coa Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:56, 2 abril 2007 (UTC)

A cuestión ten que ver co uso que poden facer terceiros dos contidos da Wikipedia. A licenza GFDL (á que se aplica aos contidos) permite obras derivadas e usos comerciais dos contidos, tamén require atribución e licenciar os contidos novamente como GFDL. No caso das imaxes hai outras licenzas dispoñibles ademais da GFDL, como é o caso das licenzas Creative Commons. As políticas de cada Wikipedia en particular (de acordo coa lexislación vixente en cada país) poden admitir certas imaxes con restricións. Iso vese na Wikipedia en inglés na que debido ao Fair use hai certo número de imaxes publicadas que non poden selo noutros wikis. Co paso do tempo foronse asentando algúns criterios comúns na Wikipedia sobre que condicións deben cumprir as imaxes que se publiquen, para permitir que terceiros poidan obter o máximo partido dos contido publicados aquí (por exemplo: que se poida cobrar por un CD-ROM cos contidos da Wikipedia, ou se poida republicar o contido —parcial ou total— nun sitio web que admita publicidade, ...) En resumo, podemos dicir que as restricións a uso de imaxes que se establecen no wiki son superiores ás que establece a propia lexislación que permite usos educativos ou informativos que na Wikipedia —en principio e en xeral— non se contemplan. Volvendo á imaxe da que falamos hai varias cuestións a considerar: é posible que o usuario italiano que a cargou en it.wp realmente puxera a licenza Cretive Commons que habia naquel momento, é moi difícil sabelo porque que eu saiba en Flickr non hai un histórico das mudanzas de licenza (neses casos soe ser útil deixar unha mensaxe na páxina de comentarios da foto dicindo algo sobre a publicación no wiki. Por suposto poden borrar a mensaxe pero hai máis posibilidades de que quede rexistrado). Segundo os termos da licenza Cretive Commons se o autor licenciou a imaxe cuns requisitos non pode revogalo despois, así que legalmente podería seguirse usando, aínda así hai certa tendencia a ter en conta os desexos do autor posto que por descoñecemento das licenzas puido outorgar uns dereitos que en realidade non queria dar. O caso é que entre os dereitos non estaban as obras derivadas e por iso aquí non pode quedar (non porque nós fagamos unha obra derivada senón porque un terceiro non poida facela). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:31, 2 abril 2007 (UTC)
Neste caso hai varias cuestións:
  • Obras derivadas. Se a licenza que hai noutras Wikipedias, ou noutros repositorios de imaxes libres, non permite obras derivadas esa imaxe non a podemos publicar aquí.
  • Nunha imaxe calquera cando procede dun sitio externo á Wikipedia e se republica na Wikipedia. A licenza que se mostra na Wikipedia é a mesma que ten a imaxe orixinalmente? Débese comprobar sempre. Se a información das licenzas non coincide nas fontes hai que valorar cada caso para actuar en consecuencia (fiabilidade da fonte, posibles trocos de licenza, etc).
Neste caso concreto:
  • Supoñamos que a licenza fora a mesma nas dúas fontes (it.wp e Flickr). Pódese publicar na Galipedia? Non (porque non permite obras derivadas).
  • Na realidade as licenzas non coinciden. Iso é unha información adicional que nos di que aínda hai máis problemas con esa imaxe, e que sempre que obteñamos unha imaxe doutra Wikipedia temos que comprobar a fiabilidade da información da licenza da imaxe alí publicada.
Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:54, 2 abril 2007 (UTC)
Esquecinme de mencionar outro punto que complicaría moito máis o caso. Realmente é o autor da foto a persoa que publicou esa imaxe en Flickr? Ás veces pasa que non o é. Certamente hai casos concretos moi complicados, por fortuna tamén hai outros moi simples. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:58, 2 abril 2007 (UTC)

JeddahEditar

"tradución; teño as miñas dúbidas sobre se estamos facendo ben con respecto a este artigo..." Refireste a traducir o que publica o anónimo? --Prevert(talk) 20:07, 2 abril 2007 (UTC)

Acabo de mirar agora mesmo o correo, moitas grazas. Xa me retiro por hoxe, mañá envíoche unha mensaxe de resposta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:21, 2 abril 2007 (UTC)

RE:Clasificación das listasEditar

Boas, Xavier. O que fixen até agora foi unha primeira categorización inicial cos 100 artigos que había na categoría xeral, para telos máis a man e nunha categoría máis concreta, e con ese paso feito, xa esta noite o mañá metereinos nunha específica, sendo un exemplo diso, o que me dis ti da categoría de deportes.--Fryant 20:08, 8 abril 2007 (UTC)

Fernando VázquezEditar

Ola, es case mais rápido que a directiva do Celta. Parabéns polo teu traballo e que non teñas que actualizar a categoría.--Lansbricae 13:09, 10 abril 2007 (UTC)

Grazas por manter actualizada a estatística. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:29, 23 abril 2007 (UTC)

atenciónEditar

  • Lin o de Preescolar na Casa. O marcador {{atención}} permite incluir os motivos da chamada de atención desta maneira: {{atención|Este artigo está baixo especial atención por bla, bla, bla}}, que quedaria así (co formato apropiado, claro):
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Este artigo está baixo especial atención por:

    * Non contén ligazóns internas
    * Segue parámetros de estilo (negriñas, maiúsculas, etc.) que non son os da wikipedia
    * Ten unha estrutura, mais tamén algunhas partes dos contidos, que son pouco enciclopédicos.

É unha mágoa, porque podería ser un artigo moi interesante cun chisquiño máis de rigor nestes criterios. Por favor, como di o aviso, non retiren a etiqueta ata que eses problemas, cando menos, sexan solucionados.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Desta maneira vese inmediatamente a razón. Existe tamén o marcador {{PendenteArtigo|Neste artigo falta...}}, que é máis específico. Deberiamos deixar o de atención para aqueles de contido dubidoso (que poden levar a unha discusión) e este último para simplemente pedir que se traballe en aspectos concretos del. Unha aperta. --Xosé (✉) 16:20, 7 maio 2007 (UTC)

Personalidades da empresaEditar

Grazas pola revisión do artigo e mellor nesa categoría, non atopei unha que fora mellor así que a deixei en personalidades da economía. Saúdos

  • Mañán reviso o dos bancos, pero que eu saiba o Banco Atlántico nada ten que ver co Banco Gallego, pois creo que é parte go grupo do Banco de Sabadell
    • Non houbo outro nome, mentres os bancos estiveron baixo a tutela do Banco Central fusionáronse pero non se lles cambiou o nome. O Banco Atlántico pertencía ó grupo de Rumasa, pero non estivo vencellado co Banco Gallego.
      • O que eu entendo e que cando o banco foi intervido cesou a sua actividade, logo o que fixeron foi xuntar o dous bancos por razóns xeográficas (mesmo ámbito de interese) ata que alguén quíxose facer cargo del, como logo aconteceu co Grupo 21, que foi quen lle deo o actual nome de Banco Gallego.

OvosEditar

Boas compañeiro, vin a imaxe de ovos de gavita e carguei unha nova na que che retoquei un pouco a cor. votalle unha ollada e haber que te parece. Saudos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 07:48, 23 maio 2007 (UTC)

NeonazisEditar

Olá, companheiro da Galipédia! Talvez pensarás que o MSR não é neonazi? Mas é! Saudações ibéricas. --Ibérico 16:44, 25 maio 2007 (UTC) Esse partido é neonazi, por muitas vezes que apagues (sem descanso) a informação. Até a próxima. --Ibérico 07:39, 26 maio 2007 (UTC)

BNGEditar

Admirado Xabier Cid, que a caída nas cidades é continua compróbase cunha simple operación de suma e resta ¿ou eras moi novo cando o BNG gobernaba en Ferrol, Vigo e Pontevedra, e subía como a escuma, así dicía o flamante Beiras, no restos das cidades? En canto a cota de poder que suprime ás perspectivas, cómpre ter en conta que as as corporacións non se constituíron aínda, que moitos pactos están por asinar e que, como se viu en Vigo coa ruptura do goberno de esquerdas, as cousas non sempre son seguras. Ti prefires facer profecía pero iso non é moi enciclopédico ¿non si?.

En relación a considerar que o PP non desgaleguizou o seu discurso, xa me dirás onde quedaron as clásicas propostas de Fraga sobre a Administración Unica, un Senado autonómico, a participación de Galicia na Unión Europea etc. etc. Non vexo xustas nin fundadas as túas correccións, que non enmendarei por respeto ao excelente traballo que ves desenvolvendo neste apaixoante proxecto.

Saúdos e apertas. 30 de maio de 2007.

Imaxe da semana destacada en PortadaEditar

A imaxe Image:Eleccionsescocesas.jpg da que eres autor foi elixida imaxe de Portada desta semana, moitas grazas pola túa contribución cargando imaxes na Galipedia. Ese traballo ten un gran valor para este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:22, 31 maio 2007 (UTC)

O Xornal da GalipediaEditar

Ola Xabier, estamos tentando votar adiante un novo número do xornal da Galipedia. Non creo que sexa o editor mais idóneo para iso pero trato de suplilo con vontade, polo que quería pedirche que lle votases un ollo cando queiras, e tamén decirche que queda un artigo para falar de outras wikis que penso que che podería interesar facer. Sería interesante para todos aproveitar a túa experiencia e coñecementos co obxecto de facer que o xornal gañe en presenza e continuidade. Espero non te sintas obrigado e actúes como sempre con total liberdade, pero unha mauciña víñame ben, jeje. Déixote o enlace e espero non ter sido moi atevido Xornal nº 4. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 18:21, 31 maio 2007 (UTC)


Te pido informaciónEditar

Hola, Xabier. Soy nieto de Gumersindo Areán Rodríguez, del que has contribuido ediciones a su artículo. Me interesa muchísimo saber de dónde has obtenido la información sobre él. Si puedes escribirme, mi email es luis_arean arroba hotmail punto com. Un saludo, y perdona que no lo escriba en la dulce lengua que hablaba mi abuelo.

ProfundidadeEditar

Moitas grazas por manter ao día o seguimento da profundidade. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:39, 4 xullo 2007 (UTC)

SeriedadeEditar

Non pretendía dicir que a falta de seriedade fose algo negativo. "Morrer de morte matada" e "morrer de morte morrida" son expresións que existen tanto no galego como no portugués europeo e o brasileiro, pero son populares e irónicas, raramente as atoparás nas entradas dunha enciclopedia. De todos xeitos tes razón: é unha cuestión menor. Agradécense as revisións.

'PatafísicaEditar

Olá. O apóstrofe ao principio non é un erro, é a forma correcta. Se non se coñece o tema pode chocar e pensar-se que se trata dun erro, mais mira as ligazóns que aparecen na parte de abaixo da páxina e a páxina de discusión. O artigo debe ter o apóstrofe e existir unha redirección sen el. --Xosé (✉) 13:16, 4 xullo 2007 (UTC)

Mesquitas e mezquitasEditar

  • Ola, no VOLGA aparece mezquita como entrada incorrecta remitindo a mesquita.Acerto 19:34, 4 xullo 2007 (UTC)
  • Eu penso que a entrada principal de mesquita debería ser para o templo islámico e poñer os outros topónimos como mesquita (homónimos), a maioría das buscas serán para o templo.Acerto 19:46, 4 xullo 2007 (UTC)

Parlamento escocésEditar

Ola Xabier. O artigo Parlamento escocés que ti creáches foi elixido artigo destacado de outubro. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:33, 5 xullo 2007 (UTC)

Trabuqueime cos meses, xa o corrxín. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:44, 5 xullo 2007 (UTC)
Si é outubro, Historia da escravitude en agosto e O Detective Conan en setembro. --Prevertgl 11:46, 5 xullo 2007 (UTC)

Harry PotterEditar

Ola Xabier. En primeiro lugar, grazas pola túa axuda no artigo de Harry Potter e os relacionados cos libro. A verdade é que eu lin algúns libros en castelán e non sabía os títulos en galego, así que puxen en minúsculas os títulos (como na Wikipedia en castelán). Agora quería preguntarche polo sexto libro, que trocaches de: "Harry Potter e o misterio do príncipe" a "Harry Potter e o misterio do príncipe bastardo". Eu vou crear o artigo en breve (estou acabando co libro anterior) e non sei o título que pórlle, dado que ti puxeches que non estaba confirmado, que me recomendas que faga? UN SAÚDO --Toliño 14:52, 6 xullo 2007 (UTC)


A verdade é que xa pensara niso de facer páxinas para os personaxes principais cando rematara coas dos libros (noutras Wikipedias xa o fixeron). En canto ao dos termos, sería conveninte revisar se son desa maneira en galego, pero o problema, como xa che dixen, é que eu lin libros en castelán, e non sei como os traducirían na versión galega. Finalmente, sobre o "Template:Harry Potter", non sei moi ben como facelo, así que tería que pedir axuda para iso. Xa iremos vendo todas estas cousas a medida que vaiamos avanzando. --Toliño 15:42, 6 xullo 2007 (UTC)

BugalloEditar

Naturalmente, agradécese a proposta, Xabier, pero por este ano o meu ego está xa máis que satisfeito coa selección do burro o mes pasado. Graciñas pero segue buscando outros artigos que ben o merecen.

E xa que estamos, ¿a quen se te ocorre pedir unha fotografía boa dos nosos bugallos de toda a vida, redondiños ou con picos? En Commons só atopei fotografías de formas máis inusuais e creo que a imaxe do artigo debería ser un dos nosos. É máis. Probablemente os termos bugallo, coco ou carrabouxo só se apliquen a estes redondos que todos coñecemos, e tódalas outras formas que se mostran no artigo non teñan nome común (o de cecidias é linguaxe técnica exclusivamente).

Pedro --Lameiro 20:26, 8 xullo 2007 (UTC)

O CorpiñoEditar

Vin que estiveras facendo algúns arranxos no artigo sobre dita romaría, ¿podiasme concretar en Artigos con problemas ou nalgun fio, a que punto ou puntos da etiqueta ATENCION non me axusto, para podelo mellorar?

jpereira --jpereira 08:00, 10 xullo 2007 (UTC)


Non te preocupes, so preguntaba, porque coma e o primeiro artigo que publico ando un pouco perdido cos protocolos. Xa vin a labor de edición que fixeches sobre o texto e pareceume excelente. A pesar de galegofalante de toda vida, costame moitísimo escribir en galego con propiedade. Seguirei traballando.

jpereira --jpereira 14:00, 10 xullo 2007 (UTC)

¿Lemusina?Editar

Xabier ¿de onde quitas "lemusina"? Son veterinario e esta vaca sempre foi "limusina" (ou "limusín"). Tamén lle sei o nome de "mimosín", graciosa adaptación popular deste estranxerismo. Pedro --Lameiro 21:06, 11 xullo 2007 (UTC)

Xogos IntercélticosEditar

Moi boas, Xabier! Agradezo o apoio á miña proposta en Modelo:Infcidade. Por certo, estiven mirando o artigo dos Xogos estes, e dúas cousas:

  • Penso que estaría ben poder cliquear sobre os anos e que nos levasen a artigos de cada edición dos xogos.. hai material suficiente como para iso?
  • Por outra parte, vin que puxeches a Canarias.. iso é certo? Dígocho porque de celta non ten moito...

Saúdos.--Norrin_strange (Talk) 14:45, 12 xullo 2007 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Xabier Cid/arquivo2".