Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo1

Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Borrar imaxe editar

Claro. Se é unha imaxe que carregaches ti podes incluir na páxina de descrición da imaxe o marcador {{lixo}}, é o mesmo aviso que usamos para os artigos pero polo de agora aínda non creamos un aviso para borrado rápido para as imaxes. Outra opción é que me digas que imaxe é e xa o fago. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:57, 6 xuño 2006

artigos das outras wikis editar

A lista actualizada de artigos noutras wikis está en Meta:List of wikipedias polo da agora non se pode actualizar automaticamente desde as diferentes wikipedias, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 19:34, 8 xuño 2006 (UTC)

Saudos! editar

Boas. Que curioso, é a primeira vez que atopo un coñecido na wikipedia (tampouco levo moito tempo). Por certo, tes razón, son veas e non venas. A veces colase algunha cousa cando fas as traduccións. Obrigado polo aviso. Miguel.lima 14:13, 9 xuño 2006 (UTC)

Iván Raña e Xavier Gómez Noya en Commons editar

Carguei en Commons as túas imaxes de Iván Raña e Xavier Gómez Noya, incluída a información completa de orixe, autoría e licenza. Podes atopar as imaxes en Category:Sport in Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:22, 10 xuño 2006 (UTC)

Al Zarqaui editar

Xa a mirei, compañeiro. Está millor ca anterior, e fixen unha redirección (que me deu bastante guerra) para Ben Laden. Saúdos. --O Tin 15:47, 10 xuño 2006 (UTC)

Ola Xabier. En primeiro lugar felicitarte polas fotos que subiches. Marabillosas, especialmente a de Raña. Estiven uns bos minutos mirando para ela e observando a súa expresividade.

En segundo lugar, dicirche que esqueciches cumprimentar os datos da imaxe Image:XabierCid.jpg. Por ser unha imaxe moi evidente, voume tomar a licenza de facelo eu, seguindo o que puxeches nas outras fotos; mais comproba se é correcto e do teu gusto.

Estou á túa disposición. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:55, 14 xuño 2006 (UTC)

Grazas editar

Xa borrei o artigo Capital (política). Actuaches correctamente, o artigo estaba marcado para o borrado. A marca para que un administrador borre un artigo a petición dun usuario que a min máis me gusta é {{Lixoporque|''motivo polo que se propón o borrado''}}, porque permite escribir unha reflexión, reflexión que antes de gardar engado no campo de resumo.

De tódolos xeitos eu dei co artigo por escribires na Taberna. Se fas as dúas cousas aseguras que non pase desapercibida a túa proposición

Non só che agradezo que te preocupes pola saúde da Galipedia, senón que me sinto encantado de podermos contar contigo. Calquera cousa, conta ti comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:24, 12 xullo 2006 (UTC)

  • Observo que tes un excelente dominio do galego. O teu labor está a ser moi importante. Parabéns. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:25, 12 xullo 2006 (UTC)

Sinto ter suprimido a ligazón a conca. Non o fixen por nada en especial, sinxelamente crin que xa o puxera eu así e non me din de conta de que o engadiras tí. Ademáis que eu recorde a páxina non existía e por iso non lle vía moito sentido. Desculpas, son novo nisto e aínda non acabo de dominalo. Kai670 12:50, 13 xullo 2006 (UTC)


Para moveres unha páxina tes que darlle á pestana de arriba, caso contrario pérdese o historial.--Miñato 18:41, 16 xullo 2006 (UTC)

Non pasa nada, pero é como un acabamento que despois de facer un artigo desapareza o nome do historial.--Miñato 18:51, 16 xullo 2006 (UTC)

Grazas e parabéns editar

Non che agradecín nunca aínda o teu traballo na Galipedia. A verdade é que grazas a alguns usuarios, especialmente a ti, estou menos estresado estes dias, sei que hai alguén que ten criterio (e non creas que é frecuente) presente. Por outra banda as túas aportacións son de enorme calidade, e inda por riba te ofreces para botar unha man. A min tesme ó teu servizo para o que desexares. Unha aperta --Lmbuga Commons - Galipedia 23:43, 16 xullo 2006 (UTC)

Pacto de Estella editar

Púxeno en castelán porque é como coñécese a nivel estatal. O que sí pode facerse é poñelo nos dous idiomas, ó estilo dos países..non sei. Fai ti como vexas. User:Norrin_strange

Topónimos editar

Ola xabier, eu son profesor de galego, pero hai cousas que por medios ou descoñecemento me resultan moi complicadas. Acabo de recibir unha mensaxe dun usuario (lixeiramente mosqueado) porque retirei un artigo de diante do nome dun país (non me dixo que país). Así como che ofrezo a miña colaboración en calquera aspecto (que probablemente ha ser de menor importancia ante o que ti me poidas ofrecer), exprésoche que, probablemente, ante dúbidas que poida ter, solicitarei eu a túa.

Quéroche ademais expresar que estes días, en que estiven facendo por primeira vez o traballo de vixilancia na Galipedia, percibinte a ti como un dos usuarios máis responsables e de máis valor nas súas aportacións. Non dubides en contactar comigo para o que desexes, mesmo para dialogar. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:51, 19 xullo 2006 (UTC)

Perdoa por borrar esa redirección. Vin que trasladaras a páxina e considerei que non te decatabas de que quedaba a redirección. Na miña opinión é absurda, pero respecto o teu criterio. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:13, 20 xullo 2006 (UTC)

  • Vin que solicitabas en Image talk:Pereiro.jpg borrar a imaxe Image:Pereiro.jpg. Eu xa estaba atento ó tema, e estou de acordo en que hai que borrala. Procedo a facelo (Se cambias de opinión, sempre podes volver subila). Para outra vez que che ocorra algo así podes solicitarllo a calquera administrador indicando as causas, podes tamén marcala imaxe con {{copyvio}} ou podes incluír na imaxe a marca {{Lixoporque|''escribe aquí o motivo para o borrado''}} (esta última úsase habitualmente nos artigos).
Non dubides en contactar comigo cando desexes (inda que en pouco tempo -ó mellor xa sucede agora- vas controlar máis ca min). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:20, 20 xullo 2006 (UTC)

Moldavia editar

Ola, vin que moviches República Socialista Soviética de Moldova coa afirmación que Moldavia era a forma correcta en galego, para os nomes de países utilizamos como fonte de referencia a Universidade de Vigo e alí aparece a forma Moldova ([1]). Non quere dicir que non se poida cambiar, simplemente que require un debate previo onde se dean referencias sobre a validez do nome. A wikipedia non pode ser fonte primaria polo que esas referencias deben ser externas (utilización en atlas, dicionarios, enciclopedias, medios de comunicación, libros...). Se tes esas referencias podes poñelas na páxina de discusión de Moldova para discutirmos se procede cambiar o nome galego. Saúdos, estás facendo un gran labor na Galipedia.--Rocastelo(fálame aquí) 21:30, 20 xullo 2006 (UTC)

Homónimos editar

Hai dúas situacións posibles para os homónimos, que a entrada sexa directamente a páxina de homónimos (quizais o máis frecuente), ou que os homónimos estean nunha páxina do tipo Título (homónimos). Este segundo caso úsase cando a entrada principal sen lugar a dúbidas corresponde a un dos homónimos. Iso pasa, por exemplo con París, Georges Lucas sería do mesmo tipo que París, por iso fixen a corrección. Por outra banda na parte superior da páxina inclúese o enlace aos homónimos. Outra cousa relacionada coas imaxes Image:GeorgeLucasCoser.jpg e Image:Iagobouzon.jpg, segundo os criterios de Wikimedia debe existir algún tipo de autorización escrita que permita o uso das imaxes, incluso hai un sistema para almacenar as autorizacións. Sería necesario que existira algún modo público de verificar a autorización, páxina web, correo electrónico dirixido á Fundación Wikimedia, etc, se non non quedaría outra opción que borrar as imaxes. Por certo grazas por manter actualizada a páxina de Óscar Pereiro Sío. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:58, 23 xullo 2006 (UTC)

Hai dúas cuestións a considerar: se a autorización inclúe o permiso para facer uso comercial da imaxe e obras derivadas, e en segundo lugar o xeito de almacenar a autorización. O sistema chámase OTRS, neste enlace de Commons podes ver algo relacionado co seu funcionamento (está abaixo de todo) http://commons.wikimedia.org/wiki/Commons:Marcadores_de_dereitos_de_copia#Outros_marcadores O mellor vai ser que primeiro me envies unha copia por correo da autorización para que che poida confirmar se vale e que pasos hai que seguir a continuación. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:12, 23 xullo 2006 (UTC)
Ok, no verán as cousas van máis lentas así que ao mellor falto uns días. Conta que ata final de mes non volverei a revisar esas imaxes. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:01, 23 xullo 2006 (UTC)

Ola Xabier. É só para indicarche que esqueciches asinar o teu último comentario. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:51, 24 xullo 2006 (UTC)

Ola Xabier. Só unha pregunta. Eu sempre entendera que a palabra rocha era correcta. Nos meus dicionarios éo, mais aínda non comprei o Volga. Pregúntocho porque un usuario User:Satesclop cambiou esta palabra repetidas veces por roca (creo que tamén é correcta). Se o cambio se debe a un gusto persoal, terei que desfacelo. Penso que debe primar o criterio de quen fixo o artigo. Grazas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:27, 27 xullo 2006 (UTC)

Imaxes doutras wikipedias editar

En xeral non vas ter problemas para subir imaxes doutras wikipedias. A maior dificultade está con en.wiki, debido a que a lexislación de EE.UU é diferente da nosa, é máis permisiva (es:fairuse). Por iso, en en.wiki hai imaxes que non se poden subir nin aquí nin a Commons. Se ves unha licenza que nós non temos, é posible (non seguro) que non se poida subir.

Agradeceríache que na imaxe que subas poñas sempre unha ligazon á imaxe orixinal. Sen non o fas, co tempo a imaxe sería marcada por non se saber a fonte e non poderse comprobar a licenza.

Se precisas algunha axuda, conta comigo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:40, 29 xullo 2006 (UTC)

Outra dúbida editar

Ola Xabier. Temos na Galipedia unha incoherencia cos termos Xenerativa (Gramática xenerativa transformacional) e Xerativa. Eu inclinaríame polo primeiro, considerando que non é un vocábulo tradicional, pero é un argumento persoal. Aparecen os dous en bastantes artigos. ¿Que che parece? Grazas tanto sáiba-la resposta ou saibas máis ou menos coma min --Lmbuga Commons - Galipedia 10:06, 30 xullo 2006 (UTC)

dúas cousas editar

  • Eu, para Nova Zembla etc., optaría por Nova Cemla, pola transcrición fidelizada cirílico.
  • Así que levamos as mesmas dúbidas á Galipedia que á Rolda de terminoloxía, ein? Pois entón, dobres saúdos cordiais :D
  • Sigues querendo meter máis ligazóns internas en Maribolheras precárias tal e como pos na túa páxina de inicio? :)

--Sobreira (parlez) 08:44, 3 agosto 2006 (UTC)

Moi ben editar

Por min, fai as teses que queiras facer. "Sempre máis". Satesclop 10:26, 3 agosto 2006 (UTC)

  • Meu, hai comentarios que non compensan xa non responder, nin sequera ler, e non lelos "Nunca Máis". O anterior é un deles --Lmbuga Commons - Galipedia 21:12, 3 agosto 2006 (UTC)

Adrianópole editar

Ola Xabier. Oínche dicir -creo- que a forma correcta era a do título, e troquei o nome de Batalla de Adrianópolis (agora redirección) en Batalla de Adrianópole. Pero hoxe teño dúbidas. En galego é polis. Aparece no Volga de xeito diferente ós outros dicionarios? Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 21:02, 4 agosto 2006 (UTC)

  • Do concepto polis non pdo dicir moito. No VOLG non aparece recollido, nin na súa forma pole nin na súa forma polis. E no GDXL si que aparece recollido polis e, de feito, no canto de pole manda a polis. Eu non sei cales serán as exactas razóns de proceder así, aínda que imaxino que entenderán que ese termo é non galego e que como helenismo contemporáneo debe ter a forma culta e quizais en cursiva. En todo caso, semella bastante estraño que prescriban polis cando o VOLG recoñece expresamente acrópole, metrópole, megalópole, necrópole e un par de termos máis rematados en -pole, e ningunha rematada en -polis. Ningunha ningunha. Inclínome máis por pensar que o de polis é un erro; en todo caso, aínda que fose polis esa exacta definición de cidade da antiga Grecia, debería ser Adrianápole como Florianápole ou como acrópole.

Aínda así, seguirei investigando.

Aviso Terminolóxico editar

Non sei se xa o viches, pero creo que cómpre que leas isto: Wikipedia:A Taberna (políticas)#AVISO IMPORTANTE SOBRE TERMINOLOXÍA. Xa preguntarei o de pole-polis ó mandamais. --Sobreira (parlez) 13:11, 7 agosto 2006 (UTC)

  • Acabo de ver que xa o viches. Xa che contestarei, que agora teño que ir comer.

Incendios forestais editar

Felicítoche polo artigo. A verdade é que esta moi ben. Tiña pensado eu facer un pero adiantáchesteme. Non obstante, penso que falat facerlle algo ó final, parece un pouco uqe acaba...non sei. Tamén penso que se podería ampliar un pouco a parte de Galiza e incluír as causas dos incendios(industria madereira, im¡nmobiliaria, etc). Un saúdo, e a mandar.--Norrin_strange (Talk) 08:09, 12 agosto 2006 (UTC)

Oviedo editar

Como sabes desde hai moito tempo a Galipedia ten establecidas unha serie de regras refiridas á Toponimia, esas regras din como deben ser os títulos e cales son válidos e cales non. Tamén existen unhas fontes para a verificacións toponímicas. Prégoche que sigas as políticas establecidas e non fagas interpretacións propias, no caso de dúbida antes de mover unha páxina ou escoller un título podes recurrir aos compañeiros que levan traballando nese tema desde o principio. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:08, 15 agosto 2006 (UTC)

Tiven que corrixilo porque desde hai unhas semanas veñense producindo interpretacións erróneas sobre a dupla de nomes nos títulos, non so no refirido á toponimia tamén con respecto a outros artigos. Tamén tiven que intervir porque ás veces a falta de actuación dun administrador interprétase como que certo tipo de edicións son correctas. A política con respecto á toponimia é unha das que ten acadado un status de madureza e estabilidade dentro da Galipedia, nos casos que iso ocorre aplícase inmediatamente (no momento no que se detecta algo que poida contradicila). Con respecto as páxinas Oviedo e Huesca fíxose o establecido nas regras, dupla de nomes cando son diferentes o galego e o orixinal, nome único se o nome galego e o orixinal coinciden. As fontes establecidas na Galipedia indican que os nomes galegos son Oviedo e Huesca por iso os artigos teñen nome único. Outra das razóns polas que tiven que actuar foi porque o procedimento para impugnar o nome que úsaches non foi o correcto, aínda que noutras Wikipedias pode ocorrir aquí evitamos entrar en edicións que supoñan mover unha e outra vez a páxina. Para finalizar dicir que a dupla de nomes úsase só e exclusivamente nos artigos relacionados coa Toponimia (en casos moi concretos chegados a usar un terceiro nome) e nada máis. En artigos coma o refirido ao pacto de Estella/Lizarra deixamos a dupla porque o uso dun ou outro nome podía supoñer xa no título establecer un punto de vista e iso atenta contra o Punto de vista neutral. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:00, 18 agosto 2006 (UTC)

J'avoue (avec gêne) que j'ai traduit cet article en français à partir du texte espagnol et non du texte galicien, ce que j'aurais dû faire. Sur la wikipédia française il a été revu par un préhistorien professionnel et quelqu'un qui a participé à des fouilles dans sa jeunesse, et ils l'ont doctement corrigé. Vous pourriez peut-être y jeter un coup d'œil.

J'aime mieux ne pas écrire dans une langue autre que la mienne, mais vous pouvez me répondre, si vous le voulez, en espagnol, voire en portugais. Je devine le galicien à travers ces deux langues mais puis être gêné à l'occasion car je ne dispose pas d'un dictionnaire. Amicalement. 82.126.195.91 12:56, 24 agosto 2006 (UTC) Gustave Graetzlin

Retirei polo de agora a imaxe Image:RubenIvan.jpg do artigo (non a borrei) mentres non se clarifique o status do copyright da foto. Na web do F.C. Barcelona di: "La reproducció, còpia, ús, distribució, comercialització, comunicació pública o qualsevol altra activitat que es pugui fer amb la informació continguda en aquestes pàgines web i que es realitzi sense autorització del FC Barcelona, és una infracció que castiga la legislació vigent."

Para poder publicala aquí cómpre unha autorización escrita que diga que pode reproducirse aquí permitindo obras derivadas e uso comercial, sen esa autorización a imaxe non pode manterse. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:00, 24 agosto 2006 (UTC)

Revisei a imaxe en ca.wp e está clasificada como imaxe Fair use/Uso lexítimo, por outra banda non se ve ningunha autorización do F.C. Barcelona para usar a fotografía. No campo resumo o usuario que a cargou di que o autorizou o webmaster da páxina do F.C. Barcelona, esa autorización non semella válida porque o webmaster non é o propietario dos dereitos da fotografía, polo tanto non pode outorgar esa autorización. Nesas condicións aquí non a podemos usar e pode que cando revisen as súas imaxes alí cheguen á mesma conclusión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:48, 24 agosto 2006 (UTC)

Ola Xabier. Cambiei a licenza desta imaxe. Salvo que fagas unha obra derivada, a licenza dunha imaxe que sobes doutra wikipedia ou de calquera outro lugar debe ser a mesma cá do sitio orixinal. Non facelo así pode crear conflitos a terceiros. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:07, 27 agosto 2006 (UTC)

Ola Xabier Cid!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Noraboa polo artigo Carlos Velo, é un bo traballo. Grazas por publicalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:51, 26 setembro 2006 (UTC)

Respondín en Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Citas a túa pregunta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:05, 26 setembro 2006 (UTC)

interlink :en: editar

movín o interlink de devasa (silvicultura) de en:firewall (construction) para en:firebreak e engadín o chinés: falta corroborar o alemán, pero non o atopo. --Sobreira (parlez) 00:57, 10 outubro 2006 (UTC)

  • por certo, adiviño que foches a Stirling. Noraboa. Espero que sigamos véndote por aquí. Eu estiven a piques de ir a Bangor, pero parece que non lles vale que non teña títulos para o meu inglés escrito que certifiquen o que demostrei falado na entrevista. Desfruta e edúcaos ben. Outro filólogo: --Sobreira (parlez) 22:12, 11 outubro 2006 (UTC)

Políticos editar

O debate sobre políticos está en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Personalidades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:43, 19 outubro 2006 (UTC)

A páxina xa está dispoñible e axiña o enlace nos cambios recentes. --Prevert(talk) 09:53, 19 outubro 2006 (UTC)
Outra cousa, o artigo Carlos Velo sería un bo artigo destacado para a portada, o malo é que non hai imaxe libre de dereitos. Estamos pensando en encargar a un novo colaborador que é bo debuxante unha especie de caricatura, pero as fotografías que localizamos para tomar como exemplo non son moi boas. Se ti dispós dalgunha deixa unha mnesaxe. Un cordail saúdo. --Prevert(talk) 10:00, 19 outubro 2006 (UTC)

Ola Xabier. É só por indicarche que no meu instituto hai unha experiencia na asignatura de Cultura Clásica, están editando en páxinas da categoría Category:Roma antiga e quizais Category:Grecia antiga. O profesor está comezando nisto, pero está guiado por min. Ás veces, mentres o profesor non revisa os artigos que fixeron os alumnos na clase, os artigos poden ter graves deficiencias de contido. Das deficiencias formais procurarei encargarme, inda que naturalmente agradezo calquera axuda.

Teño especial interese por esta actividade, pois hai perspectivas de poder propoñela a colectivos de profesores. En primeiro lugar, ós de clásicas.

Un dos artigos que desenvolveron foi o de Amílcar Barca. Rógoche que teñas clama con eles (non quero dicir que non a tiveses). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:27, 23 outubro 2006 (UTC)

  • Non metiches a pata para nada. Está todo aínda no comezo, pero hai boas perspectivas. O caso é que ata hoxe, por diversas dificultades non puiden saber con exactitude o nome dos usuarios dos alumnos. Así que a cousa avance, haberá que darlle publicidade, pero mellor facelo cando xa se vexa que funciona. Mesmo espero poder darlle publicidade fóra da galipedia, en medios educativos, e con propostas de traballo. Pero hai que ir pouco e pouco. Se conseguimos uns poucos profesores motivados, sería importante como precedente --Lmbuga Commons - Galipedia 19:37, 23 outubro 2006 (UTC)

Confundinme co bloqueo. Vin que actuaras ti e dei por sentado que a actuación do usuario era vandálica, non reparei na primeira liña da táboa. Xa rectifiquei e desbloqueei o usuario. Ademais cambiei país por nación, o cal creo que soluciona o conflito. Grazas polo aviso. --Lmbuga Commons - Galipedia 16:01, 26 outubro 2006 (UTC)

Patty Smith editar

Inda que eu actualmente case só escoito jazz, esa maxe é dun dos meus discos favoritos (inda que prefiro Easther, tamén de P.Smith). Esas imaxes teñen copyright. Na wikipedia inglesa poden empregalas porque a súa lexislación permite o uso lícito (en:Fair use, es:Fair use). A nosa lexislación é moi restritiva. A min encántame esa foto.

Sobre o do fotógrafo editar

Aínda non temos unha política de imaxes escrita, pero podo adiantarche polo que acontece en Commons e noutras wikipedias con lexislacións semellantes á nosa o que pode ocorrer e, polo tanto, o que sería recomendable. Hai poucas posibilidades para que unhas imaxe desa índole (fotografías da obra dun autor vivo) non teñan problemas. O máis doado sería que as subise o propio autor dos cadros ou esculturas. Iso poucas veces é posible. Estamos considerando crear un sistema para recoller permisos de autores que permiten a publicación de fotografías das súas obras, pero inda levará algún tempo. Ten que ser un sistema semellante ó de Commons (http://commons.wikimedia.org/wiki/OTRS). Polo de agora, só traducín un posible modelo de permiso para subilas á Galipedia (http://commons.wikimedia.org/wiki/User:Lmbuga/Traduci%C3%B3ns).

Como o sistema non está creado na Galipedia, o preferible sería que as subises a Commons (síntoo, pero en políticas de imaxes estamos empezando. Inda temos pouco feito, polo de agora a preocupación centrouse en evita-los numerosos "copyvios" que había na Galipedia. Este ano temos que conseguir crear as políticas).

En Commons o sistema si está creado, polo que poderías subilas alí seguindo o que aparece en Commons:OTRS. É un procedemento complexo, pero é o que hai. Se decides subilas a Commons, sería preferible que contactases con algún dos voluntarios do OTRS. A autorización para subir a Commons está traducida en http://commons.wikimedia.org/wiki/Commons:Modelos_de_mensaxes.

O procedemento consistiría -creo, o meu inglés é deficiente- en que autor che enviase a ti un email co texto da autorización e ti o reenviases ó enderezo que aparece en Commons:OTRS. Despois un dos voluntarios do OTRS indicaríache os datos que terías que engadir á/s imaxe/s para que non houbese problemas.

Sinto que todo o procedemento sexa tan complicado, pero é o que hai. Non utilizar o procedemento provocaría que as imaxes antes ou despois fosen borradas. De feito, vou borrar tres imaxes subidas por min cando empezaba na Galipedia e non sabía o das autorizacións. Unha aperta --Lmbuga Commons - Galipedia 21:05, 28 outubro 2006 (UTC)

  • Non, teoricamente non se poden poñer portadas de discos. E haberá que tomar unha decisión así que se deseñen as políticas porque infrinxen a lexislación.

(Eu mesmo alucino coa resposta que che vou dar sobre o da entrada) En primeiro lugar, a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. En segundo lugar, se a entrada ten unha representación, fotográfica ou non, dunha obra con copyright, mantén o copyright da obra orixinal, e podería ser entendida como obra derivada polo que ademais dos dereitos de autor do artista do cadro podería ter tamén dereitos de autor por mor do individuo que deseñou a entrada (Commons:Obras derivadas). É incrible. E agora ademais, colectivos de artistas están manifestándose para que non lles poidamos facer fotos ás estatuas e obras que están en espazos públicos. --Lmbuga Commons - Galipedia 23:41, 29 outubro 2006 (UTC)

Outra vez Velo editar

Xa temos imaxe no artigo Carlos Velo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:59, 15 novembro 2006 (UTC)

Vin a túa mensaxe a Lmbuga e xa que ando por aquí paso a respondela. O modelo co que está marcada na Wikipedia inglesa {{NoRightsReserved}} permite o seu uso libre. Indica que o propietario do copyright permite facer obras derivadas e uso comercial entre outras cousas, a imaxe sería libre se a licenza fose certa. Normalmente os modelos que indican copyright e uso libre teñen un C de cor verde. O problema desta foto é que falta a orixe, polo tanto non hai seguridade de que realmente teña esa licenza. De feito o historial do usuario que a cargou reflicte que o único que fixo foi cargar esa imaxe e enlazala no artigo, iso soe ser indicio de que a imaxe non se pode usar porque se non se confirma a licenza a imaxe elimínase. En consecuencia non debe cargarse na Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:46, 20 novembro 2006 (UTC)


Carlos Velo é o artigo destacado sobre Galicia de decembro. Grazas por crealo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:43, 27 novembro 2006 (UTC)

Non sei se será mellor poñer (?? en chinés) ca (en chinés ??), porque parece unha dúbida do editor. Non sería xiaosi ou xiaosí? Saúdos e saúde. --Sobreira (parlez) 01:51, 30 novembro 2006 (UTC) Si, lambentablemente só miro "??", pero agora polo menos non permite pensar que non é fallo meu. Grazas. --Sobreira (parlez) 01:34, 2 decembro 2006 (UTC)

Desculpa o erro na imaxe, fieime do que me dixeron na casa. Vese que estaban errados. Cambiei o pé de foto e paseina á outra páxina que indicaches. Así e todo, se prefires quitala e poñer outra, xa sabes que non hai problema.

Engadín tamén unha ligazón a Commons onde verás bastantes máis imaxes. Tiven que facer varias edicións para facer tan pouca cousa (ando aparvado). Grazas e desculpa --Lmbuga Commons - Galipedia 17:58, 3 decembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Xabier Cid. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 6 decembro 2006 (UTC)

Madison editar

Ola Xabier. Creei eu os dous artigos e fixen a redireción do revés. Estaba seguindo o exemplo de Chicago e acabo de ver que que o fixen mal (é o que ten durmir pouco jeje). Grazas por avisar e un saúdo.--Beninho 12:27, 24 xaneiro 2007 (UTC)

trazabilidade editar

Xabier, se cres procedente sanciona-la forma "rastrexabilidade" fai o cambio cando queiras. Ti fa-lo traslado (redirecciona-lo artigo) e eu cambio tódalas "trazabilidades" do meu artigo pola nova forma (avísame para poñerme a elo). Pero que conste que me parece unha batalla imposible. A presenza de "trazabilidade" en practicamente tódolos textos e en tódalas mentes que usamos este concepto é tan maioritaria e está xa tan imposta que dubido moito de que calle o cambio. Tampouco me parece argumento buscar solucións que nos alonxen do castelán e nos acheguen ó portugués. Pero eu non son lingüísta nin serei eu quen lle dificulte o camiño á forma que consideras máis correcta.

Teño a Prevert advertido para que lle bote un vistazo ó artigo, por se houbese algún erro técnico de novato (é o meu primeiro artigo).

Pedro --Lameiro 19:06, 5 marzo 2007 (UTC)

Lo siento... editar

Perdona por las faltas de ortografía que he cometido en el artículo de la Sierra de Guadarrama. El problema es que usé un traductor de internet y, oviamente, este no es perfecto. Lo mismo he hecho con el artículo de Getafe, la ciudad donde vivo. ¡Boa noite! Miguel303xm 20:08, 6 marzo 2007 (UTC)

Portais editar

Si podes facer algo: deixa a túa opinión sobre a tradución dos espazos de nomes de MediaWiki a galego nesta discusión. --Xosé (✉) 17:54, 9 marzo 2007 (UTC)

¿Canle, economía? editar

Vexo que cambias "canal" como corpo de animal sacrificado por "canle (economía)". Podo asegurarte que ninguén utiliza "canle" para iso, e téñoo preguntado a matarifes, carniceiros e tratantes vellos e autóctonos, xa que nos novos e foráneos pode pensarse nunha contaminación do castelán. Oscilan entre "a canal" e "o canal", pero ninguén sae de aí. A única variante que temos recollida (e de "media canal") é "folla", unicamente documentada en Tebra. Sei que o VOLGa non admite "canal" pero... non lle vai quedar máis remedio.

Por outra banda, esa clasificación como "economía" tampouco me convence nada. Evidentemente, é unha primeira unidade de comercialización da carne, que logo se vai subdividir ata dar pezas de carne e chuletas, pero non o vexo como "economía" de ningún xeito. ¿Pode valer cortadoría, gandería, alimentación...?

Saúdos, Pedro --Lameiro 01:40, 11 marzo 2007 (UTC)

editar

En realidade, pensei que esta expresión fora substituída como lle pasou por exemplo ao *sen embargo, mais non foi así, de maneira que é posible o seu uso. De todas formas, eu nunca o escoitei (e fíxomo moito no falar da xente de idade) con valor consecutivo; descoñezo se hai falantes que o fagan así. O que si escoito é por exemplo: Xa que logo vas a Barcelona, tráeme algo de aló. Mais neste caso o valor é causal, e non é o mesmo, claro. Gustaríame poder comprobar, con textos (orais ou escritos) de xente galega non contaminada, se existe o "xa que logo" consecutivo, ou pode ser un hiperenxebrismo aceptado (neste último caso, a RAG debera estudar o aceptar o seu uso como normativo). E resumindo, normativo é e non debín cambialo. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 17:42, 16 marzo 2007 (UTC)

Oubiña editar

Ola Xabier.

Lín nalgún xornal fai poucos días unha entrevista a Borja na que decía que xa rematara a carreira polo que agora tiña moita mais tempo libre.

Saúdos. --Lansbricae 23:20, 18 marzo 2007 (UTC)

Resposta polo correo. --Prevert(talk) 19:19, 20 marzo 2007 (UTC)

Castelanismos fonéticos editar

  • Ola, Xabier. Como vai todo? Quero preguntarche por que nas alteracións de timbres inclúes tamén o i e o u, non é certo que o castelanismo só acontece cos es e os, non diferenciando se son abertos ou pechados? Recibe un cordial saúdo --Xoán Carlos Fraga 11:45, 23 marzo 2007 (UTC)
  • Podo. A fonte que me pides dos artigos cos nomes de países e cidades é Gramática práctica (Morfosintaxe) de Carme Hermida Gulías (2004, Sotelo Blanco Edicións). --Xoán Carlos Fraga 12:00, 23 marzo 2007 (UTC)
Non debe mudarse, xa sei que non che convence pero sigue vixente a fonte que usamos para a toponimia http://www.galegoenlinna.uvigo.es/fichasListar.asp?idSubcategoria=32 e ademais o tema do artigo nos países (para o interior dos artigos) é un tema que non está pechado (non hai unhas regras aboslutamente claras sobre o tema) como lle dixen a Xoán Carlos. Posiblemente nun futuro non moi lonxano haberá que retomalo (ou aproveitar este mesmo momento), recollendo máis fontes para propor unha guía aos usuarios. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:30, 23 marzo 2007 (UTC)

San e Santos editar

Ola de novo,

Concordo co cambio de Santo Domingo de Bonaval a San Domingos de Bonaval. Só unha pregunta, para ver si me termino de aclarar, tamén hai creado un artigo sobre o Convento de Santo Domingo (A Coruña) o correcto sería Convento de San Domingo, só sería Santo antes de vogal non? É esa a regra? Grazas polo teu tempo. --Lansbricae 00:21, 29 marzo 2007 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Xabier Cid/arquivo1".