Henrik Larsson

futbolista sueco

Henrik Edward Larsson, nado en Helsingborg o 20 de setembro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador sueco. Xogaba de dianteiro e actualmente adestra ao Landskrona BoIS.

Modelo:BiografíaHenrik Larsson

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Edward Henrik Larsson Editar o valor en Wikidata
20 de setembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Helsingborg, Suecia Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, floorball player (en) Traducir, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaSuecia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
Floorball Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1977–1988 Högaborgs BK
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1992 Högaborgs BK 64(23)
1992–1993 Helsingborgs IF 56(50)
1993–1997 Feyenoord Rotterdam 101(26)
1997–2004 Celtic F.C. 221(174)
2004–2006   FC Barcelona 40(13)
2006–2009 Helsingborgs IF 84(38)
2007–2007 cesión   Manchester United FC 7(1)
2012–2012 Råå IF 1(0)
2013–2013 Högaborgs BK 2(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–2009   Suecia 106(37)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2012 Landskrona BoIS
2013–2013 Högaborgs BK (pt) Traducir (segundo adestrador)
2014–2014 Falkenbergs FF (pt) Traducir
2015–2016 Helsingborgs IF Editar o valor en Wikidata
Participou en
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
2000Eurocopa de 2000
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJordan Larsson Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webhenriklarssonofficialwebsite.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1418875 FIFA: 77995 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Henrik Larsson naceu en Helsingborg (provincia de Escania), o 20 de setembro de 1971, fillo dunha nai sueca e dun pai caboverdiano. Xoga de dianteiro centro e comezou a súa carreira deportiva como futbolista no club da súa cidade, o Helsingborgs IF. Está casado e ten un fillo e unha filla.

Carreira deportiva

editar

En realidade, o seu debut como futbolista produciuse no pequeno Högaborg de xuvenís, con 17 anos, pero ben logo fichou polo Helsingborgs IF, que xogaba na segunda división sueca e co que ascendeu á primeira división do seu país. Con este club, fixo 50 goles en 56 partidos, o que lle abriu as portas do fútbol internacional. En 1993 marchou para xogar aos Países Baixos, no Feyenoord, por uns 450.000 euros, e por un pouco non marcha para o Grasshopper de Zürich, que tamén poxaba por el. No club neerlandés, xogou catro tempadas e proclamouse en dúas ocasións campión de copa.

Logo dunhas disputas contractuais, en 1997 iniciou a época máis longa e produtiva da súa carreira deportiva, cando foi xogar a Escocia co Celtic FC de Glasgow, cunha fichaxe de 975.000 euros. Cos verdibrancos conquistou catro ligas, dúas copas, e un subcampionato da Copa da UEFA, cando o seu club perdeu contra o Porto FC por 3-2 (os dous tantos, de Larsson). Ademais foi o máximo goleador da liga escocesa en tres tempadas, meteu 242 goles en 315 partidos, e de feito en 2001 acadou a Bota de Ouro, galardón que sinala o máximo goleador das ligas europeas, logo de meter 35 tantos co club escocés. Durante a súa época escocesa sufriu unha grave lesión ao partir a perna por dous puntos nun partido da Copa da UEFA contra o Olympique de Lión. Larsson foi o terceiro máximo goleador do Celtic ao longo da súa historia e é o xogador dun club británico que máis tantos fixo en competicións europeas.

En 2004 fichou polo equipo catalán do FC Barcelona, co que militou na primeira división de fútbol da Liga española. Co Barça debutou o 29 de agosto de 2004. Co FC Barcelona, proclamouse campión de liga en dúas tempadas, campión da Supercopa de España e campión na Liga de Campións da UEFA: de feito, el foi o autor de dúas asistencias a dous goles que lle deron o título aos barcelonistas diante do Arsenal FC londiniense (2-1)

Despois de disputar o Mundial de fútbol de 2006 en Alemaña, decidiu retirarse da primeira liña do fútbol. Anunciou que abandonaba a selección do seu país, o que se lle sumaba ao abandono, xa antes anunciado, do cadro catalán. Larsson comezou a tempada do 2006 co seu Helsingborgs IF de toda a vida. Porén, a finais de novembro anunciou que no mercado de inverno sería fichado polo Manchester United da liga inglesa, ata o 12 de marzo, data en que regresaría á liga sueca para rematar a tempada co Helingborgs IF. Dentro do mesmo club deixou a práctica do fútbol e pasouse ao floorball, unha especie de hóckey en sala, onde estivo xogando ata xaneiro de 2009[1].

Internacionalidade

editar

Foi internacional coa selección sueca en 93 ocasións. O seu debut como internacional produciuse o 13 de outubro de 1993 no encontro Suecia-Finlandia (3-2).

Larsson marcou 36 goles coa súa selección e disputou tres mundiais (1994, 2002 e 2006) e dúas Eurocopas (2000 e 2004. Anunciou a súa retirada da selección de fútbol en 2002 pero as presións dos afeccionados, do primeiro ministro de Suecia e do presidente da UEFA Lennart Johansson conseguiron que participase co equipo amarelo na Eurocopa portuguesa. Alí os suecos perderon en cuartos contra os neerlandeses, nos penaltis, pero Larsson marchou co bo regusto de facer tres goles en catro partidos, un deles (contra Bulgaria) elixido como o mellor gol do torneo.

Ao remate do Mundial de 2006 Larsson volveu anunciar o abandono da selección sueca.

Participacións en mundiais

editar

Participou coa selección de fútbol de Suecia no Mundial de 1994 nos Estados Unidos. Xogou alí cinco partidos, contra Camerún, Rusia, Brasil, Romanía e Bulgaria. neste seu primeiro mundial Larsson só xogou como titular no partido contra os búlgaros onde marcou o terceiro dos goles dos suecos. Na clasificación final, a selección escandinava foi terceira.

En 2002 participou no Mundial do Xapón e Corea, onde disputou catro partidos contra Inglaterra, Nixeria, a Arxentina e o Senegal). Larsson foi titular en todos os catro e marcou tres goles (dous contra Nixeria e un contra o Senegal).

Finalmente en 2006 disputou os seus últimos partidos coa selección sueca no Mundial de Alemaña. Xogou os catro partidos de Suecia contra Trinidad e Tobago, Paraguai, Inglaterra e en oitavos contra Alemaña, a anfitrioa. Foi titular en todos os encontros e meteulles un gol aos ingleses. Porén, no encontro de oitavos, cando Suecia perdía 2-0, desperdiciou unha posibilidade de ouro de facer gol ao errar un penalti cometido contra el mesmo.

Mundial Onde Posición de Suecia
Mundial de fútbol 1994 Estados Unidos Semifinal, 3º posto
Mundial de fútbol 2002 Corea do Sur e o Xapón Oitavos, 13º posto
Mundial de fútbol 2006 Alemaña Oitavos, 14º posto

Palmarés

editar

Campionatos nacionais

editar

Campionatos internacionais

editar

Títulos individuais

editar

Títulos de honra

editar

En 2005 invísteno doutor honoris causa pola Universidade de Strathclyde (Glasgow, Escocia), pola súa contribución ao deporte e á beneficiencia. En 2006 recibe a Orde do Imperio Británico, a petición do Celtic FC e concedida pola raíña Isabel II, que o acredita como membro do Imperio Británico pola súa contribución ao fútbol no Reino Unido, malia ser un título que en contadas ocasións se lle concede a civís estranxeiros.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar