Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo6

Engadir conversa
Discussões ativas
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Re-BenvidaEditar

Boas, Sr. Cid, que pequeno é o mundo dixital galego :) Aquí estou intentando recuperar o costume de traducir para a Galipedia todos aqueles artigos que consulto noutras Wikipedias.

Unha aperta, --Ifrit 14:09, 7 decembro 2007 (UTC)

NoraboaEditar

  • O voso nomeamento como Administradores suporá un salto cualitativo que nos enriquece a todos. Hai motivos para celebralo ben e agora mesmo vou abrir unha botella de bo albariño que vai caer á vosa saúde. Pedro --Lameiro (conversa) 19:41, 28 novembro 2007 (UTC)
  • Non tiña pensado beber (máis), pero Pedro ten toda a razón do mundo. Como xa teño dito na miña páxina de usuario, gosto do Ribeiro, así que, velaí outra botella. Parabéns --Estevoaeipa o que queiras... 03:21, 30 novembro 2007 (UTC)
  • Noraboa. Parabéns polo grande apoio que tiveches. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:11, 28 novembro 2007 (UTC)
  • Só para che dar os meus parabéns polo de saíres administrador (cousa que non sei se é boa ou mala). Moita sorte no teu novo cargo e conta comigo para o que necesites. Lástima do albariño de Lameiro. --Servando2 (Dime) 00:13, 29 novembro 2007 (UTC)
  • Pois eu non vouche a felicitar. Se mo permites, voume a felicitar a min mesmo, e digo a min mesmo porque só podo falar no meu nome, aínda que en realidade refírome a nós. Si, a nós, os usuarios que nos beneficiamos desde fai anos da wikipedia grazas a persoas coma ti e tódolos demais administradores que adicades unha boa parte do voso tempo para que este proxecto siga adiante, sabendo ademais que estas tarefas de responsabilidade aínda que me imaxino que achegarán unha boa dose de satisfacción persoal, ás veces esixen botar man de grandes dotes de paciencia para aturar algún que outro desgusto. Por iso, felicidades usuarios !! (--Furado 13:52, 29 novembro 2007 (UTC)).
  • Quero endadir os meus parabéns aos do resto dos compañeiros. Estou seguro que farás un bo traballo como adimistrador, como o que xa estás a facer como usuario.Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 14:24, 29 novembro 2007 (UTC)
  • Dispois de casi unha semana sin internet vexo que eres administrador ! (:D) . Felicitoche e conta con min nas limites das miñas posibilidades. E non teñas medo de facer errores, estamos moitos pa ircho decir. Digoche isto pa que non te paralizes e que te botes ! Parabéns (ista palabra descubrina na Galipedia (lol!) ElviraConversa con mi 17:45, 1 decembro 2007 (UTC)

Recupero mensaxe deixada pola IP 89.140.73.81 e logo borradaEditar

Ola son profesor de arte e leín o que escribiches do artigo de abelardo miguel. Entendo que na galipedia debe haber unhos gardiáns dos coñocementos, mais penso que non tiñas a formación suficente no eido da historia de arte para facer esas correciós e te pasaches.

Subpáxina de mantementoEditar

Boas meu, creo que deberías mover a páxina que fixeches ao espazo da Wikipedia, para facela "oficial", xa que é unha idea moi boa, pode ser un complemento moi bo ao taboleiro dos admins. Xa hai unha páxina Wikipedia:Mantemento, pero quizáis podese chamar Wikipedia:Tarefas de mantemento ou algo así. Un saúdo --Banjo tell me 19:17, 30 novembro 2007 (UTC)

O alento na calugaEditar

Non me molesta o alento na caluga, wikimobbing, ou como se lle chame, pero si che agradeceria que esperases 5 minutos para que me deixes facer todos os cambios. Xa sei que lle poderia poñer marcador en uso e tal e tal, disculpas haberá 10000, pero insisto, deixame traballar, porfa, corrixe outros artigos neses 5 primeiros minutos. Aproveito para felicitarte por obter o 100% dos votos a favor, iso demostra que todos te apreciamos unha morea---- Maañón00 (o que ho?) 23:22, 30 novembro 2007 (UTC)

OK. É que é moi molesto ter conflitos de edicions nalgo co que estas a medias. Por certo que o do outro dia aínda non o amañastedes. ---- Maañón00 (o que ho?) 23:35, 30 novembro 2007 (UTC) PD: como viches, pasei de opinar na tua votacion. Non por falta de argumentos (como sabes, non comparto moitas das tuas actuacions comigo e con outros) senon porque penso que todos merecemos unha oportunidade naquilo que nos fai tanta ilusion e porque considero sería unha mesquindade criticarte alí naquel momento(ainda que con razons na miña opinion). (ollo non o digo para provocar, se o entenderes asi pideme+explicacions pois non é a miña intencion agora)---- Maañón00 (o que ho?) 23:35, 30 novembro 2007 (UTC)

Non me falte o respectoEditar

Agradeceríalle que deixara de faltarme o respecto: O seguinte non ten outro xeito de ser interpretado:

Unha editora C, nunha situación xeral de conflito con ese administrador, entende que é unha acción esaxerada e recupera o artigo traducíndoo de es.wp. Como é un artigo creado por unha editora cunha traxectoria longa, e co fin de non animar o conflito, o administrador B non borra o artigo.

Xa lle expliquei os meus motivamentos, nin situación xeral de conflito con ese administrador, nin entendín a acción como esaxerada....., así que faga o favor de rectificar as súas verbas, que é de sabios e deixe de amenazarme con palabras como Se insistes en transformar isto nun conflito persoal non creo que axudemos moito a Galipedia, o que non axuda a ninguén é que mintan sobre as motivacións dos seus actos, creo que é capaz de entendelo, non?

Sen máis, pois gustoume o do caderno e vou facer o meu propio caderno de viaxe na Galipedia seguindo o seu exemplo, pero sen faltar á verdade, e poñendo as verbas exactas dirixidas a min. Reciba un moi cordial saúdo. Alma (fálame eiquí) 10:57, 1 decembro 2007 (UTC)

compañeirosEditar

Ola Xabier Cid ! Claro que somos compañeiros, sin que teña que ver con ser ourensanos (lol) ! Sin facer emocion ó que dis de min, pensou eu de ti. Saúdos ElviraConversa con mi 23:05, 2 decembro 2007 (UTC)

Todas as/TódalasEditar

Non foi por crear ningún problema, pero tiña entendido que agora era mellor escribilo así (non sei), como tamén escribir ao no canto de ó, por expemplo. De todas formas pódese desfacer a miña edición facilmente (a min non me importa en absoluto). Por certo, vexo que aínda non te felicitei polo teu nomeamento como administrador nesta nova etapa tras alcanzar os 30.000 artigos (mais vale tarde ca nunca, non?), pois iso, parabéns e un saúdo! --Toliño Fala aquí comigo 19:11, 4 decembro 2007 (UTC)

PolíticasEditar

Ola, só comentarche que nas modificacións que estás a facer de wikipedia:Política e normas estás incluindo políticas que non pertencen á Galipedia como wikipedia:Xogar co sistema ou mencións a monicreques, contidos que nin tan sequera están a debatirse. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 19:17, 4 decembro 2007 (UTC)

defectos... e normasEditar

Sinto ser un augafestas pero non teño ningunha fe nesa túa esperanza: "todo o sistema de normas estivese listo e ordenado, e que nos deixásemos de wikipreitear". Estou convencido de que a existencia destas normas, por ben desenvolvidas que estean, non vai evitar situacións, discusións, liortas, agravios e desagravios, insinuacións (pouco veladas), e todos eses "preitos" que estamos a sufrir, porque todo isto non depende das normas, senón das persoas. A ausencia de normas, tampouco evitará nada, claro. Os galipedistas somos xente normal, con grandes virtudes e algúns defectos, e todo vai no mesmo lote. Pero bueno, ánimo se cres que todo isto será bo para a convivencia nesta casa. Pedro --Lameiro (conversa) 20:34, 4 decembro 2007 (UTC)

CabanasEditar

Pois non era fácil sabelo tendo en conta a calidade informativa de calqueira medio galego respeito á Selección, pero investigando paréceme que debe ser por isto http://209.85.129.104/search?q=cache:xYXVaZOd-kEJ:es.uefa.com/competitions/euro/news/kind%3D1/newsid%3D585868.html+ricardo+cabanas+lesi%C3%B3n&hl=gl&ct=clnk&cd=3&gl=es . Parece ser que está gravemente lesionado no xeonllo dereito, pero a ningún xornalista se lle ocurriu preguntar por isto, a pesar de ser un dos mellores xogadores galegos do momento. Saúdos. --Jonathan Chapela 12:23, 6 decembro 2007 (UTC)

HolaEditar

Hola, Xabier. Non é a miña intención, en relación coa páxina A-76 darche na cabeza, reabrir discusións pasadas nin nada polo estilo. O debate que no seu momento tivemos en relación con ese artigo, resultárame difícil e esgotador (deixoume "quemado"). Resultoume dificil facerme entender e sentía que ti intentabas botarme en cara sesgos inesistentes e matices que as miñas palabras non tiñan por ningures. Por eso unha vez se normalizou mínimamente o artigo, deixei o tema, o certo que xa non podía mais. Pero cada vez que paso por ahí de novo, vexo un fleco que quedou por rematar, porque nada máis ler hai un dato que salta á vista, por incorrecto. É só unha verba, moi ben. Pero debes entender, que non é unha forma correcta de referirse a Monforte, o término "Vila". Non se trata de que faga unha apoloxía ou panexírico da miña cidade, e que o que non é, non é. E coñezo dabondo a historia desta cidade, para poderte asegurar que só podes usar ese termo correctamente en contextos históricos, como aquí: [1]; a vila de Monforte, foi atacada pola peste. Daquela era unha Vila, agora non é. Parece unha tontería, pero e que se está a usar un término completamente incorrecto, nunha páxina que debería ser seria e esacta. Diga o que diga a Galipedia, o certo que non e correcto referirse a Monforte como Vila. Se tanto te fastidia o uso do termo "Cidade" dúas veces, pon "Localidade" en un das ocasións que se usa o termo, por exemplo, e o acepto. Pero a verdade é que non entendo de todo ese fastidio por chama-las cousas polo seu nome. Por outra parte, ese termo so o teño escoitado con ánimo despectivo, para facer burla da decadencia económica da cidade. "Esta vila de merd...", por exemplo, ou "esta aldea de..". Por todo eso me causa unha pésima impresión o lelo, porque non é certo, e porque se pode asociar facilmente con unha intención despectiva. Por outra parte, considero que a referencia que se refire a concesión do título de cidade, esta bastante de máis nese artigo. ¿Que interese pode ter falar da data en que lle foi concedido ese título, nun artigo dedicado a unha autovía?. E esa misma referencia está xa no artigo de Monforte, que é donde é relevante. Non sei, se te empeñas deixa a ref, pero fai a impresión de estar bastante fora de lugar. E por favor, denantes de contestarme ou facer algo, Presume Boa Fe, que na outra ocasión chegaron a incomodarme as insinuacións de que pretendía dar sesgos de non sei qué, cando a miña intención aquí sempre foi que a info seña correcta, veraz e neutral, e dicir, información sen máis. Saúdos.--Barfly2001 18:45, 8 decembro 2007 (UTC)

Abelardo MiguelEditar

Ola, Xabier, púxeno, porque con Firefox, as Notas, aparecen no medio da páxina, se o sabes arranxar doutra forma perfecto, pero tal e como está, no meu navegador queda fatal. Saúdos, e bo traballo. Alma (fálame eiquí) 19:07, 8 decembro 2007 (UTC)

Vale. Alma (fálame eiquí) 20:33, 8 decembro 2007 (UTC)

Sobre os borradosEditar

Poida que a o usuario que iniciou os artigos que propós para o seu borrado e que se ten rexistrado hoxe lle interese saber que están propostos para o seu borrado e o porque de que sexan estes e non aqueles de sindicatos, asociacións... que tamén iniciou. Creo que traballou a reo e unha explicación e benvida non lle virian de máis despois de propor o borrado de 6 artigos, sabendo claro está que non son quen de aconsellarte nada. Lansbricae (Ti dirás) 00:27, 9 decembro 2007 (UTC)

Pois pa mín esta claro que podemos darte consellos, e pareceme boo o consello de Lansbricae de irlle explicar o usuario a politica da Galipedia. Saúdos ElviraConversa con mi 00:41, 9 decembro 2007 (UTC)
  • Non son ataques persoales nin moito menos só quero chamar a atención de que se trata de artigos cunhas características moi similares, cun contido que pode ser susceptible de polémica e moi delicado polos feitos que relata polo que pode dar esa impresión cando se ten que votar seis veces. Desculpas se foi un exceso. Lansbricae (Ti dirás) 00:55, 9 decembro 2007 (UTC)

PerfectoEditar

Si, era tal que así, moito obrigado! AlberteSi, digame? 16:26, 9 decembro 2007 (UTC)

EspidoEditar

Ola. Eu estiven a piques de facer o mesmo cambio que ti con Espido e non teño nada claro que o dúo se chame Espido. Se ves no segundo link, o da entrevista, en ningún momento falan de que o dúo teña ese nome, senon que é o nome do disco que sacan en conxunto os dous membros de Berrogüetto. Ademáis na portada do disco que tamén se ve nese link saen os nomes dos dous. --Jonathan Chapela 21:22, 9 decembro 2007 (UTC) Vas ter razón porque no myspace falan de "proxecto" o que non tiña muito sentido é o nome anterior. --Jonathan Chapela 21:31, 9 decembro 2007 (UTC)

ReEditar

Para pedir desculpas supoño que sempre hai tempo, correxir é de sabios e de sabios deixar correxir, pero neste caso non creo ter acusado a nadie de nada. No caso de Banjo falei de LPS como podía ter falado doutra cousa, e eu mesmo teño editado artigos de obras musicais polo que non entendo que poida ser interpretado o meu exemplo como ofensivo ou ferinte. Con respecto a acusar en falso non teño feito tal cousa. Só dixen que o día en que o editor dos artigos de Sada fixo os artigos propostos para borrado estivo traballando a reo toda a tarde e ninguén se decatou de que estivese a facer artigos que fosen borrados rápidos ata chegada a noite. Ti, considero que sensatamente, pola materia que se trata preferiches propolos a votación e as coincidencias e relacións que eu vexo co caso Abelardo Miguel non creo poidan ser consideradas de mala fe. No que te refires a papas ou represaliados, artigos que poden medrar en contido ou artigos que non sinto estar en desacordo xa que na miña opinión son tan dignos os artigos sobre a Illa de Xava (moi ampliable) como o da parroquia galega de Xava. será difícil que se asemellen en tamaño pero eu consideroos a ambos fundamentais. Nestos casos concreto eu recoñezo preferir un artigo único e non ao estilo da listaxe introducida no artigo de Sada, pero non que isto determine un borrado ou non ou exisirlle a un novo editor que faga a súa colaboración do xeito que máis nos gusta a todos, xa que supoño que lle será unha tarefa non moi doada.

No que respecta a frase que queres que aclara ben a significar que eu como parte da Galipedia sinto a obriga de explicarlle a autora do artigo de Abelardo Miguel as diferencias de control sobre uns e outros artigos de pintores, xa que unha vez ela sinalou exemplos xa non podemos alegar que non se pode estar a todo, ela colaborou a identificalos. Claro está que esa obriga é relativa como todo neste proxecto e cada quen establece como e en que traballar pero creo que axudaría moito a dar unha imaxe de coerencia no actuar da nosa comunidade. Non me extendo máis. Saúdos Lansbricae (Ti dirás) 12:48, 10 decembro 2007 (UTC)

ExplicaciónEditar

Quería explicarlle o seguinte sobre as acusacións na páxina da proposta de borrado: Mire, cando foi o tema de Abelardo Miguel e eu estaba a redactar o único correo que lle enviei, a súa resposta (que vin despois de envialo) foi Non é necesario que envíes ningún correo, como non a vin, envieillo, quizais o mellor sería poñer o correo que lle enviei na conversa de Abelardo Miguel para que todo o mundo valore o seu contido pois eu aínda non recibín contestación algunha sobre o mesmo, o cal sen dúbida e dado a súa condición de administrador, paréceme moi pouco respetuoso, agora estáme a acusar vostede a min de indiscreta por non enviarlle un correo, de acusalo cando o único que fixen foi pedirlle unha aclaración de algo do que textualmente dixen: teño que interpretalo como un ataque persoal?, eu ata o momento non o fixera, pero gostaría que me fixeras o favor de aclararmo.. Para que non que lle quede nin un resquixio de dúbida o momento en que o dubidei foi cando Banjo afirmou deixade de referenciar como argumentos cada artigo que fago ou arranxo, xa van dúas veces, e por se non vos dades conta son ataques persoais (intencionados ou non), e queiman moito.

E aínda así, seguinlle a afirmar o seguinte: eu non lle fixen acusación ningunha, pedinlle unha aclaración, que segue sen dar, ás 23:18 eu menciono eses artigos e como vostede ben sinala nin 40 minutos despois vostede os propón para o seu borrado, non xulguei a intencionalidade, pois xa lle dixen que eu non pensaba que fora ningún ataque persoal, pero a xuizo de Banjo sí o pode ser e non unha coincidencia o feito de que un se fixe nun mesmo día nos cambios recentes.

Se non lle vale a miña palabra, comezo a pensar que o que non presume a boa fe é vostede, eu xa lle dixen que abandoaba esa conversa pero pregaríalle que polo ben da galipedia cesasen os ataques persoais, posto que eu a vostede non lle fixen ningún e si así o considera, dígolle algo moi semellante ao que lle dixen por correo, prégolle que me desculpe pois en ningún momento foi a miña intención atacalo a vostede persoalmente pois como comprenderá só difiro nos contidos do tema que estamos a tratar. Un cordial saúdo e desculpe a extensión. Alma (fálame eiquí) 14:09, 10 decembro 2007 (UTC)

supresiónEditar

boa noite! vexo que andas activo...
¿podes eliminar unhas categorías creadas hai un rato (e xa clasificadas como lixo) por erro ortográfico?
--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 02:19, 11 decembro 2007 (UTC)

SaúdosEditar

Ola! Que surpresa toparme contigo aquí na Galipedia! Se o sego a saber non me rexistro! Jajaja! Non te anoxes que é broma! A verdade é que acabo de deixar unha mensaxe na conversa dun usuario e vín o teu nome de casualidade. Fíxome moita graza dar con alguén coñecido aquí. A ver se un día traballamos xuntos. Aínda que eu teño que porme as pilas que ultimamente non estou a pegar pancada aconta dunha liorta que teño montada por estas terras. Beijos--Jurjinho 17:03, 13 decembro 2007 (UTC)

  • O visado, as contas bancarias,... todo ultimamente ^_^U (Que "guay" falar contigo!)--Jurjinho 20:04, 13 decembro 2007 (UTC)

Encoro de PortodemourosEditar

Xabier, foi Pelos o 1º editor do artigo e a forma que elexiu fora cunca, despois Estevoaei creo fixo arreglos no artigo e mudouno pero creo que nestes casos se valen as dúas prima a opción do primeiro editor, non? Alma (fálame eiquí) 22:55, 13 decembro 2007 (UTC)

  • Xa seguín todo o proceso de debates cerrada/pechada e conca/cunca; o segundo mudeino por ignorancia, creía que tiñan cadanseu significado distinto. Agora xa aprendín algo máis. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 09:48, 14 decembro 2007 (UTC)
  • Xa vexo que as augas van por onda sempre.Grazas Alma e tamén Xavier.Nón pasa nada,adiante.Pelos 17:19, 15 decembro 2007 (UTC)

Torque ou TorquesEditar

Cal é a forma en galego? Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 23:41, 14 decembro 2007 (UTC)

okEditar

Ok, parécenme ben os cambios. Aínda son novo aquí e meto bastante a zoca :-P, graciñas. .--Jonathan Chapela 16:14, 17 decembro 2007 (UTC)

CeaEditar

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. --  Sobreira (parlez) 01:26, 18 decembro 2007 (UTC)

Club do Mar FerrolEditar

Non sei por qué fixecehes a modificación de deixar só a categoría de Vela, cando é unha das actividades, pero non a única. Tamén ten que ver con "Asociacións de Galicia", sobre todo visto o que hai nesa categoría, e con "Navegación". Saudos / Regino

Himno galegoEditar

Ola, hoxe 20 de decembro cúmprese o centenario da primeira interpretación pública do himno galego na Habana e por descoido nas efemérides de portada non temos ningunha referencia e imaxe relacionada. Como a do día está protexida eu non podo facer cambios. Entereime do asunto polo xornal A Peneira. O esceario foi o Gran Teatro de A Habana diante un auditorio de máis de 1000 persoas. saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 12:11, 20 decembro 2007 (UTC)

Olá! teño un encargo para ti, xa que es administrador e parece ser que sabes algo de lingua. Hai un pequeno problema co artigo Nesgo, anteriormente Sesgo. Resulta que xa existe un que se chama Erro sistemático (os interwikis dos dous artigos remiten ás mesmas páxinas noutros idiomas (ex. "errore sistematico" .it ou systematic error na .en). Na miña opinión o correcto debería ser o de Erro sistemático, por resultar máis científico. O caso é que habería que xuntar os dous artigos e non teño nin idea de como se fai. Se podes facelo estaría ben e de paso escolle un dos nomes. Saúdos.--Jonathan Chapela 16:51, 20 decembro 2007 (UTC)

GrazasEditar

Graciñas por explicarme como mover os contidos para non crear un artigo novo pola tontería das maiúsculas, aínda estou aprendendo como manexar todo isto.

Moitas grazas. Danidvt 23:45, 25 decembro 2007 (UTC)

Vitorino NúñezEditar

Ola Xabier Cid ! Non coñezo este señor e é mui sinxelamente que busquei a súa notoriedade, pensando que era iso o teima da conversa. E naturalmente pensei ben facer polo no articulo sen comprender por que o habias sacado tu (visto que lle habias posto con toda a razon sic ao de enciclopedico). Síntoo si metin a zanca e ocasióneiche molestia algunha, non era a miña intencion, porque aprecio moito o teu traballo, o teu xeito cara os erros (os teus e os meus) e encima de todo aprecio a túa coherencia interna. Saúdos. ElviraConversa con mi 15:26, 26 decembro 2007 (UTC)


UPyDEditar

Ola compañeiero! Refixen algunha das modificacións que fixeches en UPyD, pois aínda que algunha cousas podían resultar non neutral (eu non o creo así, simplemente dáse información do partido, da súa ideoloxía e obxectivos), moitas das túas modificacións minguan considerablemente e tamén o desneutralizar con algúns detalles. --Macalla 18:02, 28 decembro 2007 (UTC)

Respecto da sección de críticas, se cres que non é relevante, quitámola. Na wikipedia en castelán, de onde o traducín non o creron así. E volvendo pór moitas cousas, reafírmome en que o que realmente desneutralizou o artigo fuches ti compañeiro, pois todo o que había está escrito moi neutral e con todas as referencias.--Macalla 18:06, 28 decembro 2007 (UTC)
Respecto do seu funcionamento interno, paréceme moi interesante, porque son contados os partidos que explican publicamente o seu funcionamento, e para un partido que o fai, non está mal que o poñamos. E respecto do financiamento, pois igual, pois o fan público e aparte é un método innovador de funcionamento dun partido político; ademais, respecto da "suposición" de que os bancos negásenlles créditos, hai están as fontes.--Macalla 18:11, 28 decembro 2007 (UTC)

Toxa e A ToxaEditar

Como sabes que son puntilloso ata a náusea, uns comentarios sobre os homónimos da Toxa. O primeiro nivel é o que ti fixeches, o segundo é o que propoño engadir:

  • A illa da Toxa, illa do concello do Grove
    • Fáltache a illa da Toxa Pequena, tamén no Grove
    • E tamén que A Toxa é lugar da parroquia de San Martiño do Grove
  • O lugar da Toxa, no concello de Pontecesures
    • da parroquia de Pontecesures, concello de Pontecesures
  • O lugar da Toxa, no concello de Santa Comba
    • da parroquia de Bazar, concello de Santa Comba
  • O lugar de Toxa, no concello de Silleda
    • da parroquia de Silleda, concello de Silleda
  • O lugar da Toxa, no concello de Touro
    • lugar da parroquia de San Fiz de Quión, concello de Touro.
  • O lugar da Toxa, no concello de Vimianzo
    • lugar da parroquia de Vimianzo, concello de Vimianzo
  • O lugar da Toxa, no concello de Zas
    • lugar da parroquia de Muíño, concello de Zas
    • e tamén lugar da parroquia de Zas, concello de Zas

Canto á orde de aparición, eu poría 1º os lugares, 2º o río e a fervenza e 3º as illas. Logo ó final iría La Toja.

Se non o fago eu é polo respecto que che teño e porque non sabería fuxir da redundancia ("parroquia de Silleda, concello de Silleda", por exemplo). Seguro que ti o resolves mellor. Tampouco teño moi claro que haxa material para un artigo "Illa da Toxa", como illa, e outro de "A Toxa", como lugar; probablemente vaian mellor fundidos nun só. Pedro --Lameiro (conversa) 18:36, 3 xaneiro 2008 (UTC)

holaEditar

Como vexo que es o único administrador que anda por aquí, se podes bota un ollo aos cambios recentes e verás que hai un ip facendo o indio. Se podes facer algo mellor para todos, saúdos!--Jonathan Chapela 19:54, 3 xaneiro 2008 (UTC)

borrado inxustificadoEditar

Prezado Xavier: vexo que borraches o artigo checheno que redireccionaba a "lingua chechena", co argumento "palabra incorrecta en galego". Pregariache que me aclarases 2 cousas:

  1. en que te baseas para estar tan seguro de que "checheno" é incorrecto? eu atopeino no galizionario, Linguas_do_mundo, Nacionalismo e noutros sitios web e deducín que era o axeitado, sendo ademais checheno tanto en portugués como en castelán
  2. en que te política concreta te baseas para facer unha eliminacion rápida? Eu vendo isto non atopo xustificación.

Ah, por certo, os outros sitios referíame a:

Saudos.---- Maañón00 (o que ho?) 19:42, 6 xaneiro 2008 (UTC)


Prezado Xavier: Sigo sin entender como estabas tan seguro de que era "checheno" era incorrecto para borralo sin consultar. Máxime cando, como ti admites, nas fontes externas ás que se acode habitualmente para os xentilicios non figura nin "checheno" nin "chechén" .Indicas que

  • "chechén é a forma usual nos medios de comunicación galegos. ": En que datos concretos te baseas para dicir que é a "usual"? Eu indiqueiche fontes importantes que indican o contrario.
  • "Podes ver innúmeras fontes con chechén na propia Galipedia": non é certo, a non ser que por "innúmeras" te refiras a ... dous artigos (nun deles tamén inclúe a alternativa "checheno"), mentres que para "checheno" había 6 artigos (8 se contamos os dous adicionais que creara eu).
  • Por outra banda, indicas que "A razón para a eliminala rapidamente é o punto A4". Supoño que te refires ao punto Artigos.4, que di " Páxinas con títulos absurdos, ou palabras que non son tal." .. ben, entendo que non aplica, por 2 razóns:
    • 1) Esta era unha redireccion, co cal se lle debe aplicar o apartado específico para redireccions, non o de artigos.
    • 2) en calquera caso, non me parece que o título "checheno" sexa un "título absurdo".

Para rematar, eu si che indicarei os criterios nos que me baseei:

Posto que nas fontes externas ás que se acode habitualmente para os xentilicios non figura nin "checheno" nin "chechén", co cal os criterios foron:

  1. Nas wikipedias española e portuguesa, as linguas máis próximas ao galego, existe o artigo e figura como "checheno"
  1. atopei referencias web que considerei con peso que utilizan "checheno", como * [5], [6],[7],
  1. Na Galipedia, a maioría das referencias son a "checheno" e non a "chechén"
  2. Por coherencia coa solucion "Eslovenia" -> esloveno
  3. non atopei ningún xentilicio que remate en "én", mentres que si os atopei en "eno" (esloveno, chileno, ..)


  • En resumo: non me parece ben nin as formas utilizadas nin o fondo, pero mentres o fondo ten solucion doada, revertir o teu cambio. En canto ás formas utilizadas, preocúpame moito que se use o sistema (os privilexios de administrador, neste caso o borrado de artigo) para impoñer, sin consultar, criterios personais.---- Maañón00 (o que ho?) 19:58, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Concellos de SoriaEditar

Perdona por hacerte tener que borrarlos. Has hecho bien, la verdad, empiezo los artículos y luego no los acabo. Perdona por hacerte perder el tiempo borrándolos y gracias por tu aviso. En cuanto tenga un poco de tiempo haré alguno (uno o dos) pero bien hechos, que no sean esbozos. Gracias una vez más por tu trabajo y feliz año nuevo. PD:Perdona que te hable en castellano, pero a estas horas no me sale el gallego. --Chabi 22:56, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Usuario:SobreiraEditar

Feliz ano e que se vaian facendo os teus proxectos, na vida real e na virtual. Mágoa non coñecernos ó final na cea.   Sobreira (parlez) 21:37, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Editorial Galaxia, S.A.Editar

Ola, con respecto a desfacer o cambio de nome que fixen eu non é posible manter ese nome xa que en España o código Mercantil obriga a utilizar a denominación S.A. ou Sociedade anónima cada vez que se mencione unha compañía dese tipo. É polo tanto unha obriga legal a pesares de que o servidor non esté ubicvado en España. Esa obriga legal xustifícase na necesidade de seguridade xurídica, e agravado polo feito de que neste tipo de sociedades é máis difícil coñecer a masa social que está detrás dela. O uso coloquial ou máis habitual non é a única regra a seguir, creo que se podería utilizar cando houbese varios nomes distintos válidos, máis ou menos usados. Neste caso trátase dun nome incompleto, ilegal e erróneo. Esta personalidade xurídica creouse baixo unha determinada lei que debe respetar e nos ao mentala tamén polo que pídoche voltar a por S.A. xa que se trata dunha sociedade mercantil creada baixo o dereito mercantil cunhas limitacións determinadas na súa denominación como garante cara a sociedade na que vai desenvolver a súa actividade. Grazas e saúdos.Lansbricae (Ti dirás) 22:51, 7 xaneiro 2008 (UTC)


Claro que o pon, na contraportada xunto co depósito legal... (por fora o caso que teño diante Guías Galaxia) porque non se pode torear a propia norma que permite a existencia da persona xurídica da que se trate. Non é cuestión de usos distintos ou máis ou menos habituais, senón de correctos ou incorrectos. O exemplo máis claro se descoñeces o dereito mercantil no que se move esta personalidade xurídica mercantil que é a Sociedade Anónima Editorial Galaxia é o da Xunta, a ninguén de nos se nos ocorre chamarlle ao artigo da Xunta de Galicia: Xunta ¿Por qué? por que pese a ser máis * habitual non deixa de ser un uso coloquial pero formalmente non válido, non poderiamos modificalo xa que a lei que a creou a denominou dunha determinada maneira que debe ser respetada.

No caso de Galaxia o máis habitual sería falar de Galaxia sen o de Editorial, no caso de Xerais e non Edicións Xerais, S.A.

Trátase de non converternos en fonte primaria de denominacións utilizando como criterio o uso máis habitual ou coloquial, senón de ser respetuosos cos criterios e exisencias que permiten a existencia da editorial da que estamos a falar agora. Lansbricae (Ti dirás) 23:09, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Creo que o que está a confundir o uso dunha denominación comercial coa denominación dunha personalidade xurídica eres ti. Con respecto a páxina da que me falas recolle só un exemplo no que se cumple a normativa Cooperativa Vitivinícola do Baixo Miño, onde se expresa específicamente o tipo de sociedade mercantil que se trata unha sociedade cooperativa. A convención non entra máis alá no caso das personalidades xurídicas. Deixoo a túa reflexión esperando que entendas que eu podo crear unha asociación Editorial Galaxia pero non unha sociedade anónima editorial Galaxia, e que outro tema é o nome comercial ou nomes comerciais que empregue, que son mudables no tempo e variables, no canto que a denominación dunha personalidade xurídica non é modificable sen a modificación do seu nome no rexistro por acordo da sociedade. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 23:31, 7 xaneiro 2008 (UTC)

  • Cando queiras faltarme ao respeto rógoche que fagas o mesmo que fixeches na cea, non ir e non decir nada, e non que utilices palabras de outros. Bo ano. Lansbricae (Ti dirás) 23:52, 7 xaneiro 2008 (UTC)

RomayEditar

Non metiches a pata. Simplesmente ocorreu que me din conta que a data de nacemento xa estaba na sección Biografía e por iso a borrei. Saúdos.--Xas (fálame) 23:04, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Como crear Modelos/plantillasEditar

Boas Xavier, grazas pola axuda que me deches pero teño algunhas dudas, teño pensado ampliar a galipedia con algúns artigos de informática que certamente son ben escasos, a cuestión e que vexo outras wikipedias (española, inglesa) e teñen "modelos"/"plantillas" que me gostaría copiar os recadros explicativos (como están presentes nos concellos da galipedia) o problema e que non están definidas, como se podería definir un tipo de modelo por exemplo para linguaxes informáticas ou patróns de deseño ou o que raio sexa. Grazas de antemán --Frandieguez 23:23, 8 xaneiro 2008 (UTC)

Directores de orquestraEditar

Hai outros "directores" ou que fan esa función na música. O que pasa é que non se chaman directores de x, senon que teñen nomes distintos. Por exemplo, os mestres de capela, que aínda que non hai artigo sobre ningún deles aínda, tarde ou cedo haberá. O que ao mellor habería que facer é cambiar "Directores" (ao referirse aos de música) por "Directores musicais". --GallaecioE logo? 18:59, 11 xaneiro 2008 (UTC)

DesculpasEditar

Desculpas polo improperio referente á cea. Foi fora de lugar. O que che pediría é que evites acusarme de querer discutir gratuitamente. Creo que aquí estamos todos para o mesmo e entre eses obxectivos non está o de discutir ao chou. Que non se comparta o mesmo punto de vista non implica que muden as nosas intencións. Eso non xustifica o meu erro. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 11:32, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Xabier Cid/arquivo6".