Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo11

Engadir conversa
Discussões ativas
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Festa Marítima Internacional de BrestEditar

Coloquei as referencias máis precisas. Ímos mellor? Grazas pola supervisión.--Súalaxe 15:20, 14 xullo 2008 (UTC) Non son o mesmo. Hai varios tipos de botes (o de Carril con vela latina, o polbeiro de Bueu, etc) con tempo e aclarando as fontes da para un wikiproxectiño, Neso estou. Correxirei a valoración da festa. Obrigado .--83.40.125.158 14:23, 15 xullo 2008 (UTC)

CategoríasEditar

Hola, desculpa as molestias pero eu son nova aqui e queríache facer unha pregunta. Eu estiven reunificando categorías nos grupos musicais por procedencia por que hai categorias repetidas. Por exemplo grupos musicais dos estados unidos e grupos de musica dos estados unidos. Eu estou reunificandoos nesta segunda categoria porque é a que ten máis cantidade de artigos. O problema é que a categoria repetida, ainda que este baleira non se borra. ¿A ten que borrar un administrador? Grazas e saludos. --83.165.146.69 18:22, 15 xullo 2008 (UTC)

ColombiaEditar

Non te me queixas, Xabier, que agora sabes de Colombia o que nunca pensaras saber. Así, como sen querer, acabas de converterte no maior experto do mundo mundial sobre Colombia e as súas provincias. ¿Ves como todo ten o seu lado bo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:59, 15 xullo 2008 (UTC) grazas a mín porque eu fixen o de Colombia non sei si todo anque xa saberás máis ainda porque creo que aínda quedan as praias como a praia Arrecife unha praia na que non se pode mollar ninguén po-lo forte oleaxe que ten o mar aparte de ser a 3ª praia que ten Colombia pero só nas praias anteriois podese bañar tranquilamente. Si veses Mucho viaje o venres día 25 de xullo coñecerías o que saio de Colombia. Non foi todo Colombia porque só era unha parte de Colombia do que saio en Mucho viaje o día 25 de xullo aparte das 3 praias que ten Colombia.--Daniel Pita López 14:49, 2 agosto 2008 (UTC)

venezuelano/venezolanoEditar

bo día do Carme!

no Xerais di que é "venezolano". No caso de ser "venezuelano", habería que correxir o artigo Venezuela, onde aparece venezolano como xentilicio.

un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 07:52, 16 xullo 2008 (UTC)

BotEditar

Boas meu. Teño o bot a medias... Non lle gustan as tiles... Ao intentar reemprazar algo que leve tiles non recoñece os caracteres e escribeos como "Ã" e caracteres así, se mal non me equivoco é cousa do meu ordenador, pero como agora teño ubuntu e non piloto moito aínda vaime levar un tempo arranxalo. De todas formas encargome de cambiar iso, cando esté rematado avísote :) --Banjo tell me 08:20, 17 xullo 2008 (UTC)

    • Non me esperaba esa resposta :D. Pero tes razón, habería que metelos todos nunha. Non te preocupes, gustame facer este tipo de argalladas, aínda que cansen bastante :) O bot sigue sin chutar, así que imos pouco a pouco... Cando teñamos todo amañao reviso contigo iso desas tres categorías. Un saúdo meu --Banjo tell me 18:49, 17 xullo 2008 (UTC)

Lista de Universidades de EspañaEditar

  • Ola ! Votaches eiqui para o borrado do artigo Lista de Universidades de España. Informoche que cambie o contido do artigo para que concorde co titulo e con regras que penso son aceptabiles pola Galipedia. Ando avisando todos que votaron para pedirvos si mudais o voso voto co contido actual. Polo momento puxen as ligazóns interwiki no noso artigo, per non fun pór o nosa artigo nas outras wikis. No caso que se manteña o borrado, non me parecera mal, fixen o que puiden porque me gusta ter artigos sobre as universidades, e nise caso poís repasei os meus coñocementos sobre as universidades españolas, faltan algunhas e persoalmente descubrín cousas. Si se conserva o artigo, ainda amañarei un pouquiño. Saúdos e grazas pola atención ElviraConversa comigo 12:45, 17 xullo 2008 (UTC)

Re:Nome de usuarioEditar

Estou de acordo contigo. Pero só me queda un 12% de batería. Se o ves conveniente, dado que non é con mala intención, acorda con el un cambio de nome e comunícamo. Mirarei de facelo canto antes, se podo mañá. Hoxe non creo que me dea tempo pois quizais non me queden nin 5 minutos--Lmbuga Commons - Galipedia 17:43, 17 xullo 2008 (UTC)

Re:Outra cousiñaEditar

Cheguei tarde. A batería acabósuseme aqul día nuns minutos, polo que non viin esta túa mensaxe, e alguén borrou xa a imaxe da que me diches aviso: Commons:Imaxe:Escudo obolo.gif. Xa non existe en Commons--Lmbuga Commons - Galipedia 15:26, 21 xullo 2008 (UTC)

Fotografía de Otero PedrayoEditar

Bos días Xabier Deixei unha anotación na páxina de conversa de Otero Pedrayo, sobre se queredes que suba unha foto da miña propiedade, de Don Ramón, nas súas vodas de ouro, e non me contestastes, tamén me gustaría que me dixésedes, cal é o formato de biografía de personaxes que se ten que seguir na Wiki, vexo que nalgún personaxe amplíanse datos persoais, e con todo eu faciliteivos datos dese tipo, tanto de Marcelo Macías, como de Don Ramón, e suprimístelos, se me podedes informar sobre cal é o método a seguir, agradeceríavolo. UN SAÚDO--Rafa Salgado 10:12, 29 xullo 2008 (UTC)

DesculpasEditar

Ola Xavier Cid pidote disculpas por non facerte caso.Esta mensaxe foi deixada o 2 de agosto de 2008 por Daniel Pita López, a quen non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 17:54, 3 agosto 2008 (UTC)

As Salgueiras, Pedroso, Narón e Vilallonte, Pedroso, NarónEditar

Ola Xabier teño un problema, mira, estos dous lugares de Narón editeinos mal no seu día, en realidade deberían ser As Salgueiras, Sedes, Narón e Vilallonte, Sedes, Narón. Que pasos teño que dar para resolvelo? Grazas.--PepedoCouto 08:13, 3 agosto 2008 (UTC) Moitas grazas e un saúdo.--PepedoCouto 18:56, 3 agosto 2008 (UTC)

Borrado de páxinasEditar

Ola outra vez non quero que se me volva a bloquear é que non me gusta que me borren as páxinas que eu fago sen deixarme como facer para que non se borren o máis sensato de deixarme na miña páxina de conversa que palabras que hei de cambiar polas palabras que sí valen. --Daniel Pita López 14:47, 4 agosto 2008 (UTC)

DicionarioEditar

  • A que te refires?, eu tiña pensado comprar un exemplar, pero se ten eivas importantes...--Arco de Rayne 15:45, 4 agosto 2008 (UTC)

CartazEditar

Saúdos Xabier. Grazas polas aclaracións, a verdade é que non tiña moi claro cal era o motivo polo que imaxe podía infrinxir o copyright (pensaba que abondaba con que se vira o fondo para que non houbera problema), máis polo que comentades ti e Lameiro xa me quedou máis claro. Grazas por botarme un cabo. --Iago 21:18, 6 agosto 2008 (UTC)

Alhucemas (Penedo)Editar

Que tal Xabier, acabo de ver que borraches a miña edición, e queria preguntarche o porque, o penedo de Alhucemas segue sendo de soberanía española debido a que foi conquistado no século XVII, moito antes da creacion do reino marroqui, segun as miñas informacions claro, espero mo poidas aclarar.

Moitas gracias.--Carronada 14:22, 7 agosto 2008 (UTC)

Gracias XavierEditar

A verdade é que si, estou un pouco perdido, vou leer as axudas primeiro antes de seguir editando a entrada.

Graciñas polo teu ofrecemento e dareiche a tabarra mais adiante.:) Esta mensaxe foi deixada por Iosva ás 15:51, do 7 agosto 2008, pero non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 16:25, 7 agosto 2008 (UTC)

BoasEditar

Vin a mensaxe que deixaches aquí: [1]. Anímaste a tantar facer entre os dous unha caste de proposta currada e iso sobre política toponímica? --  Norrin_strange (Fala-me) 19:47, 7 agosto 2008 (UTC)

tirón de orellasEditar

ola Xabier. Veño botarche unha bronquiña. Como xa fixeras coa Volta a España 2007, comezaches forte co Tour deste ano, pero abandonaches in media res. Se podes, remata os recadros dos gañadores de etapas e finais, que así, a medias, queda feo.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 03:50, 8 agosto 2008 (UTC)

Caixas de LugaresEditar

Ola Xabier: Acabo de crear os Modelos de Lugares de Cambados e ao facelo venme a dúbida se están ben por unha cousa: por exemplo, unha das parroquias chámase Vilariño, co que lle puxen por nome Modelo: Lp Vilariño. A miña dúbida é: non habería que chamarlle Lp Vilariño, Cambados, para evitar que ese modelo non sirva para outras parroquias homónimas doutros concellos?. Intentei buscar un listado de modelos de lugares pero non a din atopado, por iso me dirixo a ti. Saúdos. --Servando2 (Dime) 12:43, 15 agosto 2008 (UTC)

es:Martin Weinek,es:Campora San Giovanni y es:Kaspar Capparoni in galegoEditar

Buenas tardes a ti y a Buen Virgen de agosto, espera que tú puedas ayudarme. ¿Me presento soy usuario italiano de Calabria, si puedo permitirme una cosa, necesitaría que tú me tradujeras del español estos dos artículos que te he señalado, y si por favor me mejoras el artículo de Martin Weinek en inglés puesto que vivos y trabajos en Escocia, me harían esta cortesía? En el ínterin te mando las felicidades de la Italia de un buen Virgen de agosto. Te agradezco en antelación. Te saludo de Campora San Giovanni, mi aldea dónde vivo y trabajo. ¡Gracias y a buen devolver!-- Lodewijk Vadacchino 16:24, 15 agosto 2008 (UTC)

BloqueoEditar

Hola Xavier Cid sinto habervos dado moito traballo a miña pregunta é segues contando conmigo? e outra cousa porque non me deixas falar contigo para discutir sobre o meu bloqueo acaso gustouche moito o haberme bloquado porque creo que te encanta bloquearme sen deixarme discutir contigo po-lo meu bloqueo.Como sentiriaste si alguén faite a ti o bloquarte sen deixarte discutir polo teu bloqueo.A mín gustame usar esta lingua porque non me falto ó respeto.--Daniel Pita López 21:52, 20 agosto 2008 (UTC)

Hola Xavier Cid sinto ter que falar contigo aqui é que o chat non o teño disponible eu intentei discutir contigo po-lo meu bloqueo aqui e dende a tua páxina onde sae a tua foto pero ambas estaban bloqueadas para min e iso que me aparecia unha parte para acceder para aqui pero nada sen ninugún resultado.Sei moi ben que isto non se pode usar como chateo.Pero haber home como pudiches falar conmigo cando eu estaba bloqueado si para min contigo era imposible dende as duas partes é que non o entendo,ademais non me apareceu o aviso de mensaxes novas.Si algún día eu torno a estar bloqueado espero que me deixes ó menos unha parte disponible para que eu discuta contigo po-lo meu bloqueo porque si a min non me aparece o aviso de mensaxes novas eu non saberei si ti queres discutir conmigo po-lo meu bloqueo.--Daniel Pita López 21:11, 25 agosto 2008 (UTC)

Ola!Editar

Mira unha peqena preguntiña, os artigos da categoría Limpar contan como artigos?? porque senón aínda non temos 39.000 artigos. grazas --Martinho12 22:16, 26 agosto 2008 (UTC)

A Burla NegraEditar

bo día, Xabier, e feliz regreso á rede.

Buscando interwikis para A Burla Negra atopei na wiki inglesa o artigo HMS Black Joke (1827); Podes botarlle un ollo e ver se se corresponden? Obviamente nós tiramos máis cara Benito Soto e eles tiran máis cara outro lado, pero non estou seguro de se é o mesmo barco.

Diríxome a ti porque creaches o artigo, espero que non che pareza mal. Se andas liado, non te preocupes. Xa se mirará.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 12:00, 28 agosto 2008 (UTC)

  • Boa noite; fantástico traballo de investigación, a referencia vai (perdoando) caralluda; Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:37, 28 agosto 2008 (UTC)

CopyrightEditar

Hola Xavier Cid xa veixo que queres que Galipedia non avance pois si queres que Galipedia avance non borres o que eu fago por favor:--Daniel Pita López 21:41, 28 agosto 2008 (UTC)

accidentes e incidentesEditar

Comprendo os problemas da denominación do número de voo, xa que se usaba de antes. No caso concreto do outro día, seica Spanair mudou o número 5022 polo de 5020, pero sería difícil saber que pasou co de Montrove.
Sexa pois, a denominación antiga (perdón, Xabier, por liarte a facer e desfacer), e mandémoslle un mail ás autoridades para que eviten accidentes en Peinador e Montrove (aínda quedan Lavacolla e Alvedro). --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:21, 28 agosto 2008 (UTC)

puntuaciónEditar

Boa noite;
Non hai ningunha razón; Xuraría ter falado disto xa con alguén, pero estiven revisando o libro de estilo e as miñas conversas e non atopei cousa. Será simplemente unha manía.
"Explicación" da manía: A oración principal é "Fulanito de tal é un escritor galego", e poño entre parénteses os datos de nacemento e morte porque é algo secundario. Tés razón ó dicir que está no mesmo plano comunicativo, e de feito o que vai dentro do paréntese fai frase de seu, polo que a única explicación é que son un maniático.
Como xa dixen, estaba certo de que xa o comentara, e por iso o daba por bo; Procurarei enmendarme e deixalo coas comas.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:37, 28 agosto 2008 (UTC)

Hola Xavier Cid quero deixarte ben claro que hai páxinas en outra lingua que non sexan o castelán e nin nesta lingua por iso he de usar traductor de google e como non sei esta lingua ó completo por iso uso o meu diccionario de castelan-galego. Como poido engadir páxinas que non estan en ningunha lingua de Wikimedia sen que teñan que ser borradas.Como por exemplo Cristel Carrisi,Belen Esteban e a que foi a presentadora de Mucho Viaje. Porque de Belen Esteban hai que traducir case todo por ter palabras entre comiñas.--Daniel Pita López 22:00, 29 agosto 2008 (UTC)

sobre QUIRGUICISTÁNEditar

1.Pido as miñas disculpas. Efectivamente, consultado o nome oficial en lingua quirguiza, temos: a)nome completo: Кыргыз Республикасы (Kyrgyz Respublikasy), isto República Quirguiza. b)nome illado: Кыргызстан (Kyrgyzstán), isto é Quirguicistán. Ata agora sempre seguía a lingua rusa, para buscar calquera información das Repúblicas Túrquicas de Asia Central, obtendo sempre o nome de Киргизия (Kirguizija) que é ademáis a derivación latina para referirmos a "país dos quirguiz", A CAL TAMPOUCO É INCORRECTA (como tampouco é incorrecto dicir: Cazaquia, Uzbequia, recorda que tamén escribimos Chequia). Por outra banda tras terme unha tarde enteira lendo a historia de Quirguicistán en ruso, atopei que efectivamente os quirguices chaman ao seu país Кыргызстан. Por certo, a centenaria Gran Enciclopedia Espasa Calpese pódese atopar Cazaquia (para o castelán Cazajia xa que segue a pronuncia rusa e non a cazaca), Uzbequia, Quirguicia/zia e Turcomenia, onde explica que ambas denominacións son correctas, ya que unhas seguen a tradicional derivacion latina e as outras son semi-adaptacións ás nosas linguas. (A fonte é ben antiga).

2.Coñezo a lista que publica a Universidade de Vigo. Lamento discrepar enormemente con esa lista, que pouco máis que se lle parece a lista publicada polo Ministerio de Exteriores do Goberno de España para o español. Que criterios segue a Universidade de Vigo? Os da Real Academia da Lingua ou do Instituo da Lingua, Institucións que parece que non saben poñerse de acordo de como se deben escribir os topónimos alén da Galicia? Se seguimos o criterio histórico, atopámonos con que o galego non conta cunha fonte propia, agás o latín, ou segue o modelo castelán ou mira de reollo ao "portugués lisboeta por Decreto Guvernativo" (perdón, isto é unha guerra persoal sobre o tipo de portugués ao cal debe mirar de reollo o galego, se a ese "lisboeta guvernativo" ou ao portugués do norte máis conservador, máis afín). A catástrofe máis grande é que os poucos Atlas en galego son tan desastrosos coma os que están a se editar en castelán, penso que se plaxian do castelán (algún topónimo atopei que se plaxia de portugués, estando escrito incorrectamente) cando este á súa vez o fai do inglés ou do francés. Se seguimos o criterio de guiarse polo topónimo autóctono (como pide a ONU, por exemplo), atópome ou nos atopamos que tampouco se segue!! Por exemplo:

  • escribimos Ucraína (de onde veña o topónimo, para mín o fai a través do francés), coinciden tódalas linguas, vaites! pero se os noso viciños din Ucrânia e Ucrania e os gregos din Oukranía, pero non escribimos Rosía se non Rusia.
  • escribimos Botsuana, Suacilandia, Niue, pero por qué escribimos Burkina Faso?.
  • escribimos Bosnia e non Bosna que é o autóctono; Qatar e non Catar (acaso pronunciamos nós o son árabe uvular oclusivo xordo representado coma /q/?); Quiribati e Quenia pero Kuwait (por qué non Cuvait?).
  • escribimos Xeorxia e non Sakartvelo (por certo, o correcto sería e o é dicir Gueorguia (en ruso, alemán, en las latinizaciones iranias, etc. g+e/i lése /g/ e non /ž/) xa que ven do persa Gurji; escribimos Monte Negro e non Crn Gora pero sen embargo temos que dicir Grenlandia (os países xermánicos traducen o topónimo ás súas respectivas linguas) ou Illas Feroe e non Illas Fer ou Illas dos Carneiros; *escribimos Paquistán a pesar de ser un acrónimo P.A.K.S.STAN (que ven Punjab, Afghania (hoxe North-West Frontier Province), Kashmir, Sindh e Baluchistan. A coincidencia de que en urdú paak (= a puro) unido á terminación persa -stán (= terras dos) veulle moi poético para definilo coma país dos puros.
  • Algún descerebrado quere que digamos Moldova por Moldavia, sen embargo para referirse á "Moldova" romanesa dí que hai que dicir Moldavia (con perdón, isto é para estruxarlle os collóns), e para máis INRI o xentilicio den "Moldova" é moldavo cando isto non se sostén, xa que tería que ser "moldovio/a" ou "moldovo/a". Exiten varias teorías sobre a orixe da palabra "moldavia", pero a máis acertada é que é de orixe xermánica pero que entra a través do húngaro, nesta lingua "Moldavia" é Moldavai".

3.Quen impón un criterio sobre isto??

A ONU tamén dí que hai que respetar as adaptacións fóneticas a cada lingua e as grafías ás grafías. Entón?

4.Estou a escribir artigos sobres as linguas iranias, e cada vez que intento adaptar ao galego algún topónimo sempre teño alguén que me crontadí. Por qué teño que dicir Khanato e non Ghanato? Calquera outra lingua faría esta adaptación sen miranmentos. (Xa que vives na Escocia has saber coma pronuncian os ingleses o dígrafo "kh", nunca /x/ se non /k/, en scots é chanate?!). Ou por qué teño que escribir en galego con dígrafo "sh" algo que podo facer con x?

Un saudiño. Podes quentarme a orella en: sogdiana@hotmail.es (creéina para iso). Graciñas. Esta mensaxe deixouna Sogdiana, ás 12:08 do 30 agosto 2008, e non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 06:38, 1 setembro 2008 (UTC)

encargo(s)Editar

ola Xabier!

por certo, que aparecías hoxe na Voz de Pontevedra, falando da apostasía, pero puxéronche Xavier.

Teño un encargo algo grande, co que francamente non me atrevo. Trátase de modificar o artigo Karpin Galicia, agora que mudou de denominación. E, xa que logo, anímote (aínda que é máis secundario) a rematar o artigo do Tour e iniciar o da Volta a España.

Boeno, falamos. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 07:31, 31 agosto 2008 (UTC)

  • Bo día! Polo visto aquí, o novo código do equipo é XAG; O do palmarés xa require un traballo de investigación maior, a ver se pronto o fago.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 10:59, 1 setembro 2008 (UTC)

ExtractarEditar

Ola Xavier a miña dubida é si estractar é empequeñecer.--Daniel Pita López 14:30, 31 agosto 2008 (UTC)

ToponimiaEditar

Boas Xabier

Xa lin a túa proposta. Porén, agora estou de exames, eses que temos os malos estudantes, polo que até o 10 de setembro non poderei comentar a túa proposta. Unha aperta --  Norrin_strange (Fala-me) 09:19, 1 setembro 2008 (UTC)

ArtefactosEditar

Antes de nada grazas polo saúdo, e por tratarme amábelmente xa que algún usuario máis antigo ca min, non m dixo nin ola. O de artefactos non é autopromoción xa que o grupo xa esta desfeito, o artigo é a título póstumo coma quen di, por tanto, non promociono nada xa que non hai producto a promocionar, iso sí, estou de acordo en que igual é moi extenso, se o restauras comprométome a recurtalo ao máximo deixando os datos esenciais. Grazas de todas maneiras e unha aperta

--Domato 00:08, 4 setembro 2008 (UTC)

ArtefactosEditar

Pois moitas grazas pola explicación, as miñas intencións non son escuras :), nembargantes comprendo as políticas da wikipedia e o porqué desta situación. Dinme conta de que a maior parte da información que incluín non é relevante, de todos modos, ¿pódese propoñer nalgunha parte da wikipedia que alguén máis obxectivo faga o artigo?

Un saúdo --Domato 09:29, 4 setembro 2008 (UTC)

DomatoEditar

Se é preciso eliminar H4DP pois xa sabes que por min non hai problema, hai que facer as cousas ben feitas e a miña inexperiencia fixo que non fose así dende un principio.

Grazas pola axuda.

--Domato 13:53, 4 setembro 2008 (UTC)

stoner rockEditar

olá de novo

Editei o artigo stoner rock por non conter máis dunha liña de información e o fixen a través da traducción do artigo da wikipedia en castelán e teño dúas cuestións.

  • 1ª: metín unha imaxe e non sei como facer para que quede á esquerda e que o texto a envolva para que non interfira no interlineado.
  • 2ª: quero saber se polo demais o fixen ben.

Saúdos --Domato 14:14, 4 setembro 2008 (UTC)

Graciñas!!Editar

Ére-lo meu mentor na wikipedia, hehehe

--Domato 21:15, 4 setembro 2008 (UTC)

Conversa con Daniel PitaEditar

Ola por favor non tedes porque facer o meu traballo perdon outra vez por darvos moito traballo por favor non quero ser outra vez bloqueado asi que ocupareime en arranxar o que teña que arranxar.--Daniel Pita López 11:13, 5 setembro 2008 (UTC)

Ola Xavier quero saber a túa opinion sobre os cambios feitos en Mark Calaway e en Bret Hart.--Daniel Pita López 14:00, 5 setembro 2008 (UTC)

Ola Xavier Cid isto é para todos vos quero seguir creando artigos pero non quero que niguén corrixa os meus erros e si fai falta uso o meu dicionario de Castelán-Galego ou o traductor de google chamado OpenTrad.--Daniel Pita López 13:53, 6 setembro 2008 (UTC)

Ola Xavier Cid explicame o porque si sigo asi rematarei sindo bloqueado acaso pensas que vos vou a dar moito traballo outra vez que máis date si eu soy o que corrixe os erros coas mexaxes de atención e non vós a mín gustame que isto avance ademáis corrixirei os meus erros igual teño que variar dalgun xeito po-lo que veixo debe gustarte bloquearme cando non vos dou moito traballo. Son eu o que se dá moito traballo non eu a vós non o esqueces e gustame entreterme con algo senon é corrixindo os meus erros é facendo máis artigos para correxir os erros eu so que te quede ben claro.--Daniel Pita López 22:27, 6 setembro 2008 (UTC)

Combinación de artigos sobre os represaliados na Guerra CivilEditar

Saúdos. A respecto da combinación do artigo As vítimas, os nomes, as voces e os lugares co de Vítimas da Guerra Civil en Galicia, coido que sería mellor suprimir a sección "Distribución dos mortos" do primeiro, e deixar o resto. Por outra banda, xa está posto en ámbos sendos enlaces ao informe en pdf da comisión, para garantir a fiabilidade do contido. --Iago 22:50, 6 setembro 2008 (UTC)

Grazas, teríao feitoo eu mesmo, pero preferín consultar antes cun administrador. Saúdos. --Iago 12:38, 7 setembro 2008 (UTC)

Subir imaxes a CommonsEditar

Ola Xabier. Poderíasme dicir como subir imaxes da Galipedia a commons?--Hugo22 10:12, 7 setembro 2008 (UTC)

Cas e comasEditar

Ola Xavier Cid é maiores ca das femias e non maiores que das femias Xavier Cid non esqueces isto que é ca en comparación e coma tamén cando é en comparación. Na frase hai que cambiar outra vez ca por que porque ca é en comparación.--Daniel Pita López 13:38, 7 setembro 2008 (UTC)

Ola Xavier Cid xa que según ti que e ca son válidas para comparativas no galego entón como é válida no galego como comparativa aparte de coma. Podo completar os artigos que esten incompletos si ou non.--Daniel Pita López 20:53, 7 setembro 2008 (UTC)

sobre a terminación de orixe arábiga -í / -íEditar

Coma expliquei no comentario de mudanza, a terminación -í/-í para designar a un falante dunha lingua ou coma xentilicio, non é a correcta para a lingua galega. Así me quedou constatado pola Real Academia Galega da Lingua. Existen xentilicios históricos que si os levan: sefardí, bengalí, hindí, darí. Son os que se agrupan nos xentilicios irregulares.

De tódalas linguas latinas da península (galego, portugués, asturiano, mirandés, aragonés, aranés, castelán e catalán) só o castelán ten esta terminación que é de orixe arábiga, e é usada tanto para o masculino coma para o feminino. O catalán ten as terminacións -í, -ina, pero son de orixe latina, non árabe. Esta herdanza tamén se da nas linguas iranias, indoarias, dárdicas ou nuristanias (¡Pero non en todas!, iriano ("oseto", palabra de orixe xeorxiana), paxtún, e outras, non existe esta terminación).

Esta mesma terminación, en , e ti deberías sabelo, xa que vives na Escocia, tampouco é propia do inglés (Persian, Tajik, Pashto, Ossetian, Iranian, Arabian, Jordanian, Syrian, Yemenite...., but Hindi and Pakistani and Iraqi and Omani), é unha terminación que de feito só é empregada polos lingüistas para reflexar como se chaman as linguas nas respectivas linguas autóctonas.

Veño observando na Wikipedia, moitísimos erros ortográficos no referente a Xeografía e adxetivos xentilícicos: aparecen "polaco", "iraní", "iraníes", "paquistaní", "iraquí", MARROQUÍ ...e moitos máises cando se di polonés, iraniano, iranianos, paquistaniano, iraquiano, marroquino. Creo que moitos dos xentilicios que aparecen na wikipedia son calcos lingüísticos do castelán, un exemplo: "iraní", plural "iraníes" cando o plural debería de ser iranís. Repito hai demasiados erros, que a xente non deixa correxir. Xa non é unha corrección de como se debe escribir o nome dun país, estamos a falar de ortografía, lexicografía, de como se deben escribir correctamente as palabras. Sogdiana, 9 de setembro de 2007, 06:00

Sobre wikipediaEditar

"Wikipedia non é unha fonte primaria", si, pero está se usar coma unha fonte primaria, polo que tódolas informacións deben ser constatadas e garantidas. Se alguén corrixe un erro non hai por qué descorrexilo, nin creo que se teña que montar un debate para saber o que opina a xente (que non está de máis). Témome que existen otras fontes para dar creto ao que se escribe na Wikipedia. Supoño que por iso non se lle deu o "Príncipe d'Asturies" este ano. Queda moito por correxir, e moitos temos carreiras para axudar a isto. Cando empecei a escribir os artigos sobre as linguas indoiranias (non "indoiranís") sabía que estaba comentendo un erro ao rematar en os adxetivos que definen ás linguas. Pero decidín preguntar e asegurarme de como se bedían escribir, e a resposta foi, que se deben escribir como o resto dos xentilicios, con preferencia polos cultismos -ino/a, -iano/a ou -és/esa, pois como é sabido non existe unha lista completa de tódolos xentilicios do mundo, pero si unha lista de como se deben escribir, dependendo se son locais, da mesma zona xeográfica, ou por cultismos. Sogdiana, 9 de setembro de 2007, 06:30

Ligazóns externasEditar

Ola. Pois resulta que eu estiven engadindo un feixe de ligazóns(agora estaba coa categoría "Fotógrafos galegos") porque cría que quedaba o artigo máis completo, pero dagora en diante mirarei de incorporar ao artigo a información relevante. Saúdos, e grazas polo consello. --Iago 14:27, 10 setembro 2008 (UTC)

LinguasEditar

  • Xa que andas por aquí aproveito para facerche unha consulta, comparando Lista de linguas por número de falantes con en:List of languages by number of native speakers non coinciden no número de falantes. A pregunta é debemos conservar un artigo como ese cando precisamente o que semella importante nel, a cifra de falantes, carece de referencia externa e non se sabe se é unha cifra ao chou ou ten detrás algunha referencia que non se puxo no artigo. Cres que debo marcar o artigo directamente para borrar?.--Arco de Rayne 17:42, 10 setembro 2008 (UTC)

Benito SotoEditar

Saúdos Xabier. No artigo sobre o pirata Benito Soto decidín mudar "fazañas" por "accións" posto que penso que a primeira palabra ten unha connotación positiva que coido que non lle corresponde a un pirata. Avísoche porque vin que eras o autor do artigo, co que se che parece mala idea, volvo a deixalo coma estaba (deixei recado tamén na páxina de discusión do artigo). Deica. --Iago 11:53, 5 outubro 2008 (UTC)

Pontevedra78Editar

Perdón por escribir en español, pero no hablo gallego. Soy bibliotecario (sysop) en es:wiki, donde Pontevedra78 ha sido expulsado por mal uso del sistema. Quise aportarlo en la discusión en el tablón de bibliotecarios, pero aun no soy usuario auto confirmado aquí. Espero que sirva como un elemento para cualquier decisión a tomarse. Un cordial saludo.--Netito777 23:20, 30 outubro 2008 (UTC)

Eu non quero...Editar

...causar malestar na Galipedia, se credes que estou facendo algo mal, dicídemo, dicídeme o que estou facendo mal e como correxilo, senón, estaremos con bloqueos continudados, e non creo que aos bibliotecarios lle faga moita graza ter que bloquear a un usuario ou IP que ten boa intención. A miña nova firma, se o que queres e que teña unha neutral, esta creo que o e. Se tal e como e, o e 19:34, 31 outubro 2008 (UTC).

PerdónEditar

Desculpa Xabier. Son moi impulsivo. Pódoche asegurar que para eu demostrar que teño razón non me vale calquera medio, pero ás veces non dou atendido adecuadamente ás persoas e pásome. Paseime. Paseime moito.

Grazas por, a pesar do que eu me pasei, ter a capacidade de expresarte como te expresaches.

Si é certo que non estamos de acordo co que é actualmente a administración: Non volverei, se me vexo implicado en algo, a recorrer a outro administrador, se teño políticas en que me fundamentar, por moito que me vexa implicado. Eu aprendo coa experiencia. Para que eu non actúe así, pola miña propia conta, terán que crearse políticas ó respecto, políticas que unifiquen actuacións, mentres non se creen, a miña conduta, inda que individual, poderá ser por min referida a políticas existentes.

Se se dese a condición de que os administradores tivesen mediado de verdade no asunto que temos en mente, se tivesen preguntado directamente ou por outros medios o que estaba a acontecer (nesa liña vai o meu último comentario no taboleiro dos administradores), consideraría outra cousa. Dado que iso non ocorreu, só podo asegurar que, por experiencia, ante un ataque como o sufrido procurarei esperar 24 horas para actuar friamente, pero actuarei sen meter a ninguén no asunto.

En realidade, entendo eu, o verdadeiro asunto non está no meu tellado.

Así a todo, perdón e grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  00:49, 1 novembro 2008 (UTC)

Estou lendo máis polo miudo a túa última aportación no Taboleiro dos administradores. A verdade é que discrepo, inda que quizais non teña importancia, pero desexo comentalo pois considero preferibe que as posicións sexan claras:
  • 2. Nada disto tería ocorrido se non me tiveses criticado, pois eu tería actuado sen ter que recorrer a ninguén. O resultado, a verdade, tería sido o mesmo e sen coflitos: eu teríao bloqueado por un mes.
  • 3. Non me sinto respaldado por ti. Non lembro ningunha actuación en que me respaldases (posiblemente sexa unha deficiencia miña, teño unha pésima memoria). Non me ocorre o mesmo cos demais administradores. Alberte sempre estivo aí, Lameiro cada vez máis,... poida que con outros non teña contacto. As miñas críticas naceron desa sensación, pero posiblemente non sexa unha sensación xusta ou/nin real.
  • 5. ¿Cal é a plataforma para a coordinación entre os administradores se sodes quen de pasar de min sen vos dirixirdes a min?.
  • 6. Tes razón, dicir que a "Galipedia is not stupid" pode non ser un insulto cara a min. Se mo tiveses expresado, teríache dito que ese é o mellor dos casos. A outra alternativa é peor e debería levar a un bloqueo superior do usuario, pois supón que, tras ser bloqueado de por vida na Wikipedia española, a wikipedia española é estúpida e tamén aqueles que o bloquearon. Por favor, non me digas que non vistes que iso era inda peor. É normal que eu non o vise, pois interpretei que me insultaba a min; pero que vós non vísedes ningunha das dúas cousas non o entendo (Eu entendín un insulto directo cara a min no momento da mensaxe, foi o contacto por email con usuarios da wikipedia española, pois preocupeime por preguntar aló, tras suceder iso, o que me deu esa perspectiva. Púxenme no mellor dos posiblles casos -ó meu parecer-)
  • Non. Non actuastes. Debiades mediar. Non teño máis que dicir. Actuou Alberte tras eu montala por falta de actuación e porque me sentín menosprezado por vós. Unha soa edición na miña páxina de usuario, pois non vos enterabades de nada, tería cambiado as cousas; dariadesme pé a explicarvos a miña perspectiva; pero eu non sabía quen se ía encargar do asunto; se o soubese, teríame dirixido eu.
Entendo que non é positivo que dous administradores editen no Taboleiro dos administradores nun mesmo asunto se non hai previamente conflito. Eu encontreime con que editaron tres, e ningún deles estudou o caso a fondo: ¿a quen me dirixir?
Concordo co bloqueo. Pero considero que é un bloqueo preventivo. Se o usuario usurpou a conta de Victormoz, se obteño resposta de es:Usuario:Victormoz dicindo que el non escribiu ningún comentario na páxina de Pontevedra78 (pregunteillo, pero inda non respondeu), bloqueareino de por vida (e dáme igual o que pensedes, pedide a miña cabeza -desculpa que siga sendo brusco e maleducado, se me fas reflexionar diríache que non mereces este trato, pero eu teño a desgraza de vivir todo demasiado intensamente, inda que non me importe en realidade demasiado este asunto).
Non sei por que confías en min. Eu sei por que confío en ti. Pódoche dicir que dubidamos moito en que foses administrador (refírome ós administradores que había daquela, que eramos tres ou catro). Só dicirche que o teu labor e a túa independencia superou tódalas espectativas que puideramos plantexarnos. Se che digo a verdade, eu estou convencido de qe moits dos valores da Galipedia van estar e van pasar polas túas mans. Estou convencido de que moitos nos queimaremos, pero non ti. Quizais sexa só unha intuición. Quizais sexa unha parvada que nos sirva para rir un cacho tomando un día unha copa.

Que tomemos algún día unha copa-- Lmbuga / Conversa comigo  01:46, 1 novembro 2008 (UTC)

  • Coas túas palabras e coa túa consideración cara a min fas que me sinta coa necesidade de me desculpar novamente. Se me coñeceses intimamente quizais non tiveses a necesidade de desculparte. E a verdade, quen se debe desculpar son eu. Podo fundamentar os motivos, porque os sinto, pero prefiro non cometalos sen unha copa diante-- Lmbuga / Conversa comigo  02:17, 1 novembro 2008 (UTC)
acabo de pechar esta pestana e de reler o que me dis. Non procede que faga unha reflexion sobre o teu labor na Galipedia. Eu sempre considero o mesmo: eu fun, quizais son, importante neste proxecto, pero sen xente coma ti e coma outros moitos, eu non sería nada Por min e para min, continúa (creo que este é dos mellores desexos que che podo dicir)-- Lmbuga / Conversa comigo  02:29, 1 novembro 2008 (UTC)

Juste deux motsEditar

Salut à toi !
Il y a bien longtemps que nous n'avons pas échangé et tu te doutes bien que je ne t'ai pas oublié ! Je ne viens pas te relancer sur art contemporain (chronologie) et art contemporain concept récent des arts plastiques. Cette discussion peut encore mûrir doucement dans nos cervelles ! Ce qui explique que je m'adresse à toi en français, c'est que j'ai besoin, pour élaborer le projet des cents articles que j'ai mis sur le feu ces derniers jours, de deux mots ou expressions en galicien, équivalentes à état des lieux et bilan. La première doit signifier qu'il s'agit d'un repérage complet de l'existant et la deuxième doit signifier que c'est une conclusion de chacun des éléments repérés lors du diagnostic.
Par ailleurs, j'en profite, car écrire en français ici est un luxe dont je ne saurai abuser par égard pour nos compagnons, pour te dire deux choses. Tu m'embêtes beaucoup (D:) avec ta proposition sur les décorations, car je suis franchement contre et cela posé, j'ai déjà mis de l'eau dans mon vin car j'en ai déjà donné sur d'autres terres, et j'ai un lien spécifique sur ma page utilisateur fr ! Et pour finir je suis vraiment ravie, car j'ai l'impression que vous crevez un abcès toi et Lmbuga. Vous êtes absolument différents, mais l'estime que j'ai pour l'un n'a d'égale que celle que je porte à l'autre, et c'est peu dire. Au plaisir ElviraConversa comigo 21:00, 1 novembro 2008 (UTC)

CometechesEditar

Non estou de acordo coa corrección que fixeches no modelo:Benvida (refírome a esta), na que trocaches "cometiches" por "cometeches". De feito, eu mesmo desfixen o mesmo cambio, tamén feito por ti, hai tempo (a túa edición e mais a miña). Quizais non estea no certo, pero agora mesmo non estou seguro de que sexa a forma correcta. Se houbese algún xeito de comprobalo... (e facerme caer da burra) Deica logo. --Toliño Fala aquí comigo 11:58, 2 novembro 2008 (UTC)

Linux and CieEditar

Ola! (Ulizei as túas propostas). Vexo que andas tamén de paseo polo artigo Distribucións Linux! Sabes que temos tamén Distribución ? e que temos a catégoría Categoría:Distribucións Linux para aprofunizar a Categoría:Linux ? Non son da partida. Ti que opinas ? ElviraConversa comigo 16:48, 3 novembro 2008 (UTC)

TransxénicosEditar

Xa mo temía, por falar, que iades vir co encarguito. O caso é que eu ando dividido neste tema: o corazón posicióname claramente en contra pero a cabeza pídeme máis obxectividade. Levo xa anos lendo cousas sobre transxénicos e vexo que as primeiras críticas, de hai 20 anos, repítense unha e outra vez sen nada que confirme as primeiras alarmas. Confío, por razóns profesionais, nos dictames da Unión Europea (xente seria e que deben sabe-lo que din) e se eles autorizan os cultivos transxénicos será porque non lle ven maiores problemas. Pero tamén sei da forza das multinacionais (¿outro tópico?) e que saben dirixi-los estudos científicos a onde queren. A historia demostra que a gran maioría das prevencións que se opuxeron ás novas tecnoloxías estaban basadas en medos irracionais (o home non soportaría supera-los 40 km/hora, o corazón estouparía ó entrar nun túnel, os teléfonos móbiles producen esterilidade) que co tempo se mostraron absolutamente infundados, o que non evitou que seguisen repetíndose durante tempo e tempo; pola contra, produtos absolutamente seguros e autorizados en todas partes demostraron tremendos efectos nocivos a longo prazo (DDT, talidomida). Pero bueno, vale, algo repasarei nese artigo. Iso si, cun artigo organismo modificado xeneticamente (mellor que organismo xeneticamente modificado) sobran claramente os de tranxénico e transxénicos. Creo que me estou comprometendo a demasiadas cousas: débolle a Alberte editar sobre os cogomelos alucinóxenos, a Elvire repasa-los da manipulación xenética e morte na cultura popular buscando unha maior obxectividade e a min mesmo un artigo sobre o nadal na cultura popular galega. ¿De onde vou saca-lo tempo? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:52, 3 novembro 2008 (UTC)


ImaxesEditar

Ola Xabier, non entendín o que me dixeches, que queres decir con que non fun amable?? Que debería ter dito? tentei amañar o problema e creo que o fixen, non sei que máis debería facer, pra próxima vez terei máis coidado--Hugo22 22:50, 4 novembro 2008 (UTC).

contacto vía e-mailEditar

certamente, a cuestión é cun usuario que non debeu dar enderez electrónico (Pepe do Couto). Graciñas polo aviso. Pouco me custaba chegar á conclusión mirando noutr@ usuari@, pero acababa de espertar... Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 11:20, 8 novembro 2008 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Xabier Cid/arquivo11".