The Hours (filme)
The Hours (As horas, en galego) está baseada na novela de Michael Cunningham, a cal leva o mesmo nome. Trátase dunha película independente, de baixo orzamento e gañadora do Óscar á mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway. Toda a película sucede ó longo dun mesmo día, que cambiará as vidas das tres coprotagonistas.
As horas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hours |
Director | Stephen Daldry |
Produtor | Scott Rudin Robert Fox |
Guión | David Hare |
Intérpretes | Meryl Streep Julianne Moore Nicole Kidman Ed Harris Miranda Richardson |
Música | Philip Glass |
Fotografía | Seamus McGarvey |
Montaxe | Peter Boyle |
Estrea | 2002 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $25,000,000 |
Ficha TécnicaEditar
- Dirección: Stephen Daldry
- Intérpretes: Meryl Streep (Clarissa Vaughan), Nicole Kidman (Virginia Woolf), Julianne Moore (Laura Brown), Stephen Dillane (Leonard Woolf), Miranda Richardson (Vanessa Bell), Ed Harris (Richard Brown), John C. Reilly (Dan Brown), Charley Ramm (Julian Bell), Toni Collette (Kitty), Claire Danes (Julia Vaughan), Jeff Daniels (Louis Waters), Eileen Atkins (Barbara).
- Xénero: Drama
- Ano: 2002
- Duración: 114 minutos
- Nacionalidade: EUA
- Música: Philip Glass
- Vestiario: Ann Roth
- Guión: David Hare
ArgumentoEditar
The Hours é a historia de tres mulleres de diferentes épocas e lugares unidas polos seus anhelos e temores. Virginia Woolf (Nicole Kidman) vive nun suburbio londiniense a principios dos anos 20, onde loita contra a demencia mentres empeza a escribir a súa novela Mrs. Dalloway. Laura Brown (Julianne Moore), é unha esposa e nai dos Ánxeles de finais da Segunda Guerra Mundial que lendo Mrs. Dalloway empeza a considerar a posibilidade de dar un cambio á súa vida. Clarissa Vaughan (Meryl Streep) é unha "señora Dalloway" do século XXI, vive en Nova York e está namorada do seu amigo Richard (Ed Harris), que está morrendo de SIDA, a pesar de manter unha relación lésbica con Sally (Allison Janney). Finalmente, as historias das tres mulleres entrelázanse e atópanse nun sorprendente momento de recoñecemento compartido.
Enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres épocas diferentes da historia. Para Virginia Woolf ter inclinación homosexual era algo impensable e horrendo; para Laura, ama de casa e seguidora fiel dos canons sociais da etapa da posguerra, foi unha decisión difícil aceptar que era lesbiana, pero non se escandaliza cando a súa amiga llo fai saber; e xa na época de Clarissa, o lesbianismo é algo normal e esta muller convive coa súa parella sen chamarlle a atención a ninguén.
PremiosEditar
Óscar 2002Editar
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Candidato | |
Mellor director | Stephen Daldry | Candidato |
Mellor guión adaptado | David Hare | Candidato |
Mellor actriz | Nicole Kidman | Gañadora |
Mellor actor secundario | Ed Harris | Candidato |
Mellor actriz secundaria | Julianne Moore | Candidata |
Mellor vestiario | Ann Roth | Candidata |
Mellor montaxe | Peter Boyle | Candidato |
Mellor banda sonora | Philip Glass | Candidato |
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- As tres actrices principais (Streep, Moore, Kidman) bican outra muller nalgún momento da pelìcula.
- Para que Nicole Kidman se parecese máis a Virginia Woolf precisou dun nariz postizo. Ademais, tivo que aprender a escribir coa súa man dereita (ela é zurda).
- Allison Janney foi elixida orixinalmente para que interpretase a florista.
- Nun principio, Gwyneth Paltrow foi considerada para o papel de Laura Brown.