Allison Janney

actriz estadounidense

Allison Brooks Janney , nada en Boston o 19 de novembro de 1959 é unha actriz estadounidense, gañadora dun Oscar á mellor actriz secundaria, coñecida polo seu papel de C.J. Cregg no drama televisivo The West Wing polo que gañou catro premios Emmy.

Allison Janney
Allison-Janney in 2014.jpg
Nome completoAllison Brooks Janney
Nacemento19 de novembro de 1959
LugarBoston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enKenyon College, Royal Academy of Dramatic Art, The Miami Valley School, Hotchkiss School e Neighborhood Playhouse School of the Theatre
PaiJervis Spencer Janney
Profesiónactriz, actriz de dobraxe, actriz de teatro, actriz de televisión e actriz de cinema
Na rede
http://allison-janney.com/
IMDB: nm0005049 Allocine: 27844 Rottentomatoes: celebrity/alison_janney Allmovie: p199091 184292 TV.com: people/allison-janney IBDB: 46839
Twitter: allisonbjanney Instagram: allisonbjanney Musicbrainz: 574d159d-6fbd-4c36-bde7-30a5542417de Discogs: 2480216 WikiTree: Janney-406 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Allison Janney naceu en Boston, filla da ex-actriz Macy Brooks e do promotor inmobiliario e músico de jazz Jervis Spencer Janney. Ten dous irmáns máis vellos chamados Hay e Hal. Estudou en The Miami Valley School de Dayton (Ohio), da que foi nomeada alumna distinguida en 2004. Estudou despois en Kenyon College, o mesmo polo que pasara o actor Paul Newman. Tempo despois marchou a estudar teatro en Neighborhood Playhouse, en Nova York, onde coincidiu co actor Dylan McDermott. Tras eito, rematou os seus estudos na Royal Academy of Dramatic Arts de Londres.

Participou en filmes de tanto éxito como American Beauty, The Ice Storm ou Primary Colors e prestou a súa voz á cinta de animación Finding Nemo en que interpretaba o papel da estrela de mar do acuario.

En 2013 participou na serie Masters of Sex, pola que gañou un Emmy á mellor actriz invitada en 2014; e dende 2013 protagoniza a comedia Mom, que lle valeu outro Emmy.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar