Hairspray (filme de 2007)

filme de 2007 dirixido por Adam Shankman

Hairspray é un filme musical romántico de 2007 dirixido por Adam Shankman e baseado no musical de Broadway de 2002 do mesmo título, que á súa vez estaba baseado no filme de John Waters do mesmo título de 1988.

Hairspray
Ficha técnica
Título orixinalHairspray
DirectorAdam Shankman
ProdutorCraig Zadan e Neil Meron
GuiónLeslie Dixon
IntérpretesNikki Blonsky
John Travolta
Michelle Pfeiffer
Christopher Walken
Amanda Bynes
James Marsden
Queen Latifah
Brittany Snow
Zac Efron
Elijah Kelley
Allison Janney
Taylor Parks
Jerry Stiller
Paul Dooley
MúsicaMarc Shaiman
Scott Wittman
FotografíaBojan Bazelli
MontaxeMichael Tronick
DistribuidoraNew Line Cinema
Estrea2007
Duración116 min.
OrixeEstados Unidos,
XéneroMusical
Orzamento75 millóns $
Na rede
http://www.hairspraymovie.com/
IMDB: tt0427327 Filmaffinity: 605304 Allocine: 112075 Rottentomatoes: m/hairspray Mojo: hairspray07 Allmovie: vm2198183 TCM: 650310 Metacritic: movie/hairspray TV.com: movies/hairspray-musical Netlix: 70065096 Editar o valor en Wikidata

O guión adaptouno Leslie Dixon, recollendo elementos tanto do da película de Walters como do realizado para o musical por Thomas Meehan e Mark O'Donnell. Hairspray incorpora cancións do musical de Broadway escritas por Marc Shaiman e Scott Wittman, así como catro novas composicións de Shaiman/Wittman non presentes no musical.

Estreada con éxito de crítica, Hairspray foi tamén un éxito comercial, logrou o récord de vendas na semana da estrea dun filme musical,[1] que mantivo ata xullo de 2008 ao superalo Mamma Mia![2] e en outubro High School Musical 3: Senior Year.[3] Hairspray converteuse no sétimo filme musical con maior recadación na historia do cinema norteamericano.[2].

Sinopse

editar

A historia decorre en Baltimore nos anos 60. Unha moza, Tracy (Nikki Blonsky), soña con bailar no espectáculo de Corny Collins, un programa de baile da televisión local e consegue a súa arela grazas a unha das estrelas do espectáculo, Link (Zac Efron) converténdose nunha estrela, e utilizando a súa fama para falar en nome da causa na que cre, a integración racial, para o que conta coa axuda de súa nai Edna (John Travolta), e seu pai Wilbur (Christopher Walken), a súa mellor amiga Penny Pingleton (Amanda Bynes), a DJ afroamericana, Motormouth Maybelle (Queen Latifah), e mais os fillos de Motormouth, Seaweed (Elijah Kelley) e Little Inés (Taylor Parks). Mais con todo Tracy gaña a rivalidade da anterior estrela do programa, Amber Von Tussle (Brittany Snow), e súa nai, (Michelle Pfeiffer), unha muller manipuladora e racista. A rivalidade é máxima cando Amber e Tracy loitan polo título de Miss Teenage Hairspray 1962.

  1. Gray, Brandon (23 de xullo de 2007). Box Office Mojo, ed. "Chuck & Larry Can't Stop Hairspray Sheen". Consultado o 26 de agosto de 2007. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Musical Movies". Consultado o 2007-08-26. 
  3. "High School Musical" breaks record. Reuters