Finding Nemo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Finding Nemo é un filme estadounidense de animación dixital da compañía Pixar Animation Studios do ano 2003, gañador dun Oscar ó mellor filme de animación entre moitos outros premios. Estreouse nos Estados Unidos o 30 de maio de 2003. O guión está baseado nun argumento de Andrew Stanton.
Finding Nemo | |
---|---|
![]() Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Finding Nemo |
Director | Andrew Stanton |
Produtor | Graham Walters |
Guión | Andrew Stanton Bob Peterson David Reynolds |
Intérpretes | Albert Brooks Ellen DeGeneres Alexander Gould Willem Dafoe |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Sharon Calahan Jeremy Lasky |
Montaxe | David Ian Salter |
Estudio | Walt Disney Pictures Pixar |
Distribuidora | Buena Vista Pictures |
Estrea | 30 de maio de 2003 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Orzamento | $94 000 000 |
Recadación | $936 700 000 |
Filme seguinte | Finding Dory |
Na rede | |
https://www.pixar.com/feature-films/finding-nemo e http://disney.fr/le-monde-de-nemo/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse Editar
Nemo é un pequeno peixe pallaso, o único fillo que lle quedou a Marlin despois de que unha barracuda atacase a anemone onde vivía e acabase coa súa parella e con case toda a súa prole. A partir deste acontecemento, Marlin encárgase de coidar o seu fillo de forma esaxeradamente protectora, o que dá lugar a que Nemo se rebele e emprenda unha aventura aproveitando unha excursión do colexio. Nemo, no seu afán de amosar a súa valentía e capacidade de desenvolverse a pesar de ter unha aleta atrofiada, é atrapado por un mergullador cunha rede e acaba no acuario dun dentista na cidade de Sidney para ser o agasallo da sobriña do doutor, Dala.
Desde entón o seu pai emprende unha longa procura para dar con pistas que lle leven a recuperar ó fillo. No camiño úneselle un peixe de pouca memoria chamado Dory. Os dous xuntos teñen que enfrontarse a multitude de problemas entre os que se atopan as quenllas vexetarianas, as medusas, unha balea, coa cal falan en "Cetáceo", e as gaivotas. Durante a súa viaxe tamén reciben a axuda doutros personaxes entre os que se atopan as simpáticas tartarugas.
Mentres, Nemo establece unha grande amizade cos peixes que habitan dentro do acuario e xuntos urden un plan para escapar e regresar ó mar.
Secuela Editar
En 2016 foi feito outro filme de animación por ordenador continuando a historia de Nemo e Dory, protagonizado polas mesmas voces voces de Ellen DeGeneres e Albert Brooks, titulado Finding Dory. Tamén foi producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures, igualmente dirixido e coescrito por Andrew Stanton, codirixido por Angus MacLane[1][2] e coescrito por Victoria Strouse.[3] O filme conta con novos personaxes, coas voces de Diane Keaton e Eugene Levy.[4][5]
Personaxes Editar
As voces na versión orixinal en inglés achéganas, entre outros, Albert Brooks como Marlin, Ellen DeGeneres como Dory, Alexander Gould como Nemo, Willem Dafoe como Gill, Allison Janney como Peach, Geoffrey Rush como Nigel, Eric Bana como Anchor, Bruce Spence como Chum, ou Erik Per Sullivan como Sheldon.
Dobraxe Editar
Galardóns Editar
Notas
- ↑ Kit, Borys (7 de xullo de 2012). "Andrew Stanton to Direct Pixar's 'Finding Nemo' Sequel". The Hollywood Reporter. Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ Farley, Christopher John (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres to Star in 'Nemo' Sequel 'Finding Dory'". The Wall Street Journal. Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ Isaac Feldberg (11 de xuño de 2014). We Got This Covered, ed. "Angus MacLane Co-Directing Finding Dory With Andrew Stanton". Consultado o 10 de xullo de 2014.
- ↑ Risley, Matt (2 de abril de 2013). Total Film, ed. "Pixar confirm Finding Nemo sequel". Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ Zeitchik, Steven (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres' 'Nemo' sequel, 'Finding Dory,' set for 2015". Los Angeles Times. Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ "Procurando Nemo". Dublapédia (en portugués). Consultado o 2023-09-02.
- ↑ "À Procura de Nemo". Wiki Dobragens Portuguesas (en portugués). Consultado o 2023-09-02.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Finding Nemo |