A atrofia é un termo empregado en bioloxía e patoloxía para facer referencia á diminución do volume, tamaño ou función dun membro, órgano ou tecido. Tamén fai referencia ao debilitamento ou diminución dalgunha facultade ou capacidade.[1]

Rato con atrofia muscular espiñal.

Tamén se fala de atrofia en referencia á involución dun órgano, tecido, etc., ou da súa función, por razóns fisiolóxicas normais (desenvolvemento ontoxenético, envellecemento, etc.), como é o caso da atrofia da arteria e vea umbilical no nacemento, a dos órganos sexuais por senilidade, ou a dos vasos condutores das plantas cando se produce o proceso de lignificación, ou por causas patolóxicas, como é o caso da dexeneración 'dalgúns tecidos tras determinadas doenzas ou lesións.[2]

Dende o punto de vista da evolución, a atrofia é a involución filoxenética dun órgano, tecido, etc., como sofren, por exemplo, as extremidades dos cetáceos fronte á dos mamíferos tetrápodos que os precederon filoxeneticamente. A atrofia é un fenómeno común ao longo dos procesos evolutivos.

A hipotrofia é cando se produce un desenvolvemento inferior ao normal de células, tecidos, órganos ou individuos, sen alteración da estrutura.

Notas editar

  1. "atròfia". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "atròfia". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.