Animación por ordenador

A animación por ordenador ou animación dixital é a técnica que consiste en crear imaxes en movemento mediante o uso dun ordenador. Cada vez máis os gráficos creados son en 3D, aínda que os gráficos en 2D seguen a empregarse amplamente para conexións lentas e aplicacións en tempo real que precisan renderizar rápido.

Caminandes é unha curtametraxe animada producida con Blender.
GIF animado por ordenador dun corazón
Parte do filme de animación por ordenador 'Sintel'.

Obxectivos

editar

Algunhas veces o obxectivo da animación é a computación en si mesma, outra pode ser outro medio, como os diagramas de infografía, a visualización dos datos ou un filme (de curta, longametraxe ou serie audiovisual). Os deseños elabóranse coa axuda de programas de deseño, modelaxe e por último renderización[1].

Técnicas

editar

Para crear a ilusión do movemento, móstrase unha imaxe na pantalla substituíndose rapidamente por unha nova imaxe nun fotograma ou frame diferente. Esta técnica é idéntica ao xeito en que se logra a ilusión de movemento nos filmes e na televisión.

Para as animacións 3D, modélanse os obxectos no ordenador e únense as figuras 3D cun esqueleto virtual (ósos). Para crear unha cara en 3D modélase o corpo, ollos, boca etc. da personaxe e posteriormente anímanse con controladores de animación. Finalmente, faise a renderización da animación[1].

Na maior parte dos métodos de animación por ordenador, un animador crea unha representación simplificada da anatomía dunha personaxe, pois ten menos dificultade para ser animada. En personaxes bípedes ou cuadrúpedes, moitas partes do esqueleto da personaxe corresponden aos ósos reais. A animación con ósos tamén se emprega para animar outras cousas, como expresións faciais, un coche ou outro obxecto que se queira dotar de movemento.

En contraste, outro tipo de animación máis realista é a captura de movemento (motion capture), que require que un actor vista un traxe especial provisto de sensores, para así captar mediante un ordenador os seus movementos captados que posteriormente son incorporados na personaxe.

Para animacións 3D, os fotogramas deben ser renderizados despois de que o modelo se completa. Para animacións vectoriais 2D, o proceso de renderización é clave para o resultado. Para gravacións realizadas anticipadamente, os fotogramas son convertidos a un formato diferente ou a un medio como un filme ou vídeo dixital. Os fotogramas poden ser renderizados en tempo real, mentres se presentan ao usuario final. As animacións para transmitir a través de Internet en largos de banda limitados, como 2D Flash ou X3D, empregan programas no ordenador do usuario para renderizar en tempo real a animación como unha alternativa para a transmisión e para animacións precargadas para ligazóns de alta velocidade.

  1. 1,0 1,1 "Quais os 7 softwares de render mais utilizados no mundo". SPBIM - ARQUITETURA DIGITAL (en portugués). 2020-01-16. Consultado o 2022-06-20. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • Galería 3D, Half a century of 3D Computer Animations (1962-2002)