Stop motion

técnica de animación

O stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. En xeral, denomínanse animacións stop motion a aquelas que non entran na categoría dos debuxos animados, nin na de animación por computador. Isto é, que non son debuxadas en 2D nin animadas integramente por computador en 3D, senón que son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade.[1]

Segmento do filme de 1925 film The Lost World, animado por Willis O'Brien

Segundo o tipo de material utilizado nos modelos da animación, pódense distinguir dous tipos de stop motion: a que utiliza modelos creados a partir de materiais maleables como plastilina ou arxila e que recibe o nome de claymation, e as que utilizan figuras ou modelos feitos con materiais ríxidos.

Historia

editar

Pioneiros no século XIX e primeira metade do XX

editar
Mary and Gretel (1916)
 
Lost Continent, 1951.

A animación mediante stop motion empregouse a miúdo para crear a ilusión de movementos de obxectos como por maxia. A vez primeira que se utilizou esta técnica pode atribuírse a Albert E. Smith e J. Stuart Blackton por The Humpty Dumpty Circus (1897), no que un circo de xoguete formado por acróbatas e animais cobra vida.[2]

O español Segundo de Chomón realizou obras como El hotel eléctrico (1908). Tamén, nese mesmo ano, viron a luz filmes como A Sculptor's Welsh Rarebit Nightmare e The Sculptor's Nightmare, de Billy Bitzer. Non obstante, un dos pioneiros do stop motion europeo foi Wladyslaw Starewicz, que animou The Beautiful Leukanida (1910-1912), The Battle of the Stag Beetles (1910) e The Ant and the Grasshopper (1911).[3][4]

Pola súa banda, un dos primeiros filmes de claymation foi Modelling Extraordinary, estreado en 1912.[5] En decembro de 1916, a primeira animadora muller, Helena Smith Dayton, comezou a experimentar coa plastilina e o stop motion. Finalizaría o seu primeiro filme en 1917, unha adaptación de Romeo e Xulieta de William Shakespeare.[6] Outra pioneira foi Lotte Reiniger, realizadora alemá de cine de animación con siluetas, autora de filmes como Die Abenteuer des Prinzen Achmed empregando técnicas que mesturaban o stop-motion e o teatro de sombras.

Co cambio de século, destacaron os traballos de Willis O' Brien, que en 1925 adaptou a novela The Lost World de Conan Doyle ó cine, que supuxo unha revolución no mundo dos efectos visuais da época, e King Kong (1933).

Segunda parte do século XX e século XXI

editar

A mediados do século, Ray Harryhausen, inspirado polos traballos anteriores, creou o seu mundo propio de historias e criaturas fantásticas baseadas en lendas e mitoloxía durante os anos 50, 60 e 70. As súas obras á súa vez inspiraron nos anos 80 a Tim Burton na creación de Vincent (1982), The Nightmare Before Christmas (1993) ou A noiva cadáver (2005).

No inicio do século XXI, a compañía Aardman Animatimations creou filmes como Wallace & Gromit: The Curse of the Were-Rabbit (2005), gañador do Oscar ó mellor filme de animación, ou Chicken Run (2000).

Técnica

editar

Con esta técnica pódense acadar movementos animados de calquera tipo de obxecto, bonecos, cartolinas, obxectos da vida cotiá...

A stop motion tamén é un método para obter a "pixilación", que utiliza actores reais ós que se lle toman fotografías lixeiramente distintas que son utilizadas como "frames".

O termo "go motion" fai referencia a outra técnica na que se utilizan sistemas de control nos obxectos de animación para movelos mentres son expostos á cámara, obtendo así o coñecido como "efecto blur", que da á figura maior sensación de movemento, este efecto pode amplificarse utillizando substancias, como a vaselina, no obxectivo da cámara.

Notas

  1. "Stop-motion animation; film technique". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-08-23. 
  2. "The Moving picture world v.3 (1908:July-Dec.).". HathiTrust (en inglés). Consultado o 2024-08-23. 
  3. Films by the Year (2018-05-09). "Prekrasnaya Lyukanida (1912) The Beautiful Leukanida (Khanzhonkov)". Consultado o 2024-08-23. 
  4. "CinecrÓpolis - Nota: Paren la manivela!". web.archive.org (en castelán). 2007-09-29. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2024-08-23. 
  5. Booth, Walter R. "Modelling Extraordinary". Consultado o 2024-08-23. 
  6. Chalmers Publishing Company (1917). Moving Picture World (Nov 1917). New York, Chalmers Publishing Company. 


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

----

 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.