Captura de movemento

A captura de movemento é un proceso de gravación do movemento de obxectos ou persoas. É empregado en aplicacións militares, entretemento, deportes, medicina, enxeñaría informática[1] e robótica. Na rodaxe de filmes e na creación de videoxogos refírese á gravación de accións ou actores humanos, e usando esta información pódense animar por ordenador personaxes dixitais en 2D ou 3D.

Captura de movemento dos dedos de dous pianistas tocando o mesmo tema.

Nas sesións de captura de movemento, as accións dun ou varios actores son recollidas moitas veces por segundo, e as primeiras técnicas usaban imaxes de varias cámaras para calcular posicións en 3D. Estes datos de animación son posteriormente mapeados nun modelo 3D de xeito que o modelo executa as mesmas accións que o actor.

  1. David Noonan, Peter Mountney, Daniel Elson, Ara Darzi and Guang-Zhong Yang. A Stereoscopic Fibroscope for Camera Motion and 3D Depth Recovery During Minimally Invasive Surgery. In proc ICRA 2009 , pp. 4463-4468. <http://www.sciweavers.org/external.php?u=http%3A%2F%2Fwww.doc.ic.ac.uk%2F%7Epmountne%2Fpublications%2FICRA%25202009.pdf&p=ieee>

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar