O peixe pallaso caracterízase polas súas intensas cores vermella, rosa ou laranxa e branco. Procede dos arrecifes de coral do Indopacífico e vive conxuntamente coas anemones, teoricamente unha especie depredadora, da que obtén unha protección fronte a posíbeis atacantes. En troques, o peixe pallaso ofrece a posibilidade de inxerir as substancias prexudiciais para a anemone.

Peixe pallaso común

Doado de obter, é un peixe de mantemento sinxelo, de aí que todas as súas variedades constitúan unha boa opción para acuarios. Trátase dunha especie carnívora, que precisa dunha lixeira achega vexetal na súa dieta. No seu medio natural os peixes pallaso perseguen as súas pequenas presas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar