Two and a Half Men

Serie de televisión

Two and a Half Men é unha serie de televisión estadounidense que comezou a emitirse a través da canle CBS o 22 de setembro de 2003 e rematou o 19 de febreiro de 2015, após doce tempadas. Orixinalmente protagonizada por Charlie Sheen, Jon Cryer e Angus T. Jones, a serie trata da vida dun hedonista compositor de jingles publicitarios, Charlie Harper, o seu tenso irmán Alan, e o fillo de Alan, Jake. Despois do divorcio de Alan, este múdase co fillo á casa da praia de Charlie en Malibú (California) e complica a liberal vida de Charlie.

Two and a Half Men
FormatoSitcom
Creado porChuck Lorre
Lee Aronsohn
IntérpretesCharlie Sheen
Jon Cryer
Angus T. Jones
Marin Hinkle
Melanie Lynskey
Holland Taylor
Conchata Ferrell
Jennifer Taylor
April Bowlby
Ashton Kutcher
Amber Tamblyn
Edan Alexander
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas12
Episodios262 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Chuck Lorre
Lee Aronsohn (2003–2012)
Eric Tannenbaum
Kim Tannenbaum
Eddie Gorodetsky
Susan Beavers
Jim Patterson
Don Reo
CámaraCine, multicámara
Duración21 minutos
DistribuidorWarner Bros. Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Formato de imaxe1080i (16:9 HDTV)
Primeira emisión22 de setembro de 2003
Derradeira emisión19 de febreiro de 2015
Na rede
IMDB: tt0369179 Filmaffinity: 685459 Allocine: 132 Rottentomatoes: tv/two-and-a-half-men Allmovie: v295550 Metacritic: tv/two-and-a-half-men TV.com: shows/two-and-a-half-men Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

No 2010, CBS e Warner Bros. Television acadaron un acordo de emisión para a serie, renovándoa polo menos até a tempada de 2011–12.[1][2] Pero o 24 de febreiro de 2011, CBS e Warner Bros. decidiron acabar coa produción co resto da oitava tempada despois de que Sheen entrase en rehabilitación por drogas e fixera "comentarios disparatados" sobre o creador e produtor executivo da serie, Chuck Lorre.[3] O contrato de Sheen rematou o 7 de marzo.[4]

Na estrea da novena tempada, "Nice to Meet You, Walden Schmidt", a personaxe de Sheen morre e aparece no seu canto Ashton Kutcher interpretando a Walden Schmidt.[5] Alan ten un novo mellor amigo e compañeiro de vivenda, Walden, que está a lidar cos seus problemas despois dun mal divorcio. Walden, Alan e Jake establecen un vínculo, converténdose en amigos achegados e formando unha unidade familiar. Jake, que se une ó exército ó final da novena tempada, viaxa ao Xapón ó final da tempada dez.

Personaxes editar

Principais editar

Notas editar

  1. Ryder, James; Edwards, Luke (10 de maio de 2010). ATV Network News, ed. "CBS: Renewed and Cancelled". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 26 de maio de 2010. 
  2. Huff, Richard (18 de maio de 2010). NY Daily News, ed. "Charlie Sheen will return to 'Two and a Half Men' on CBS next season". Nova York. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 26 de maio de 2010. 
  3. Los Angeles Times, ed. (F24 de febreiro de 2011). "CBS suspends 'Two and a Half Men' production after Charlie Sheen comments". Consultado o 25 de febreiro de 2011. 
  4. BBC, ed. (7 de marzo de 2011). "Charlie Sheen fired from Two and a Half Men TV show". Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  5. EW.com, ed. (13 de maio de 2011). "Official: Ashton Kutcher joins 'Two and a Half Men'". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de maio de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar