Helena Muñoz

política galega

Helena Muñoz Fonteriz, nada en Madrid o 18 de decembro de 1971, é unha política galega, do PPdeG.[1]

Infotaula de personaHelena Muñoz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillosdúas

Traxectoria

editar
 
Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Vigo do PP.

É licenciada en ciencias económicas pola Universidade de Vigo, con especialización en economía pública. Posteriormente acadaría a praza de funcionaria do corpo superior da Administración, na escala superior de finanzas. Traballou na Consellería de Pesca e na Intervención Xeral da Xunta de Galicia, órgano que chegaría a dirixir o 23 de abril de 2009.

O 3 de xaneiro de 2012 foi designada para ocupar o cargo de conselleira de Facenda do goberno galego, presidido por Alberto Núñez Feijóo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

En febreiro de 2015 cesou como conselleira da Xunta para presentarse ás eleccións municipais por Vigo no que se presentou como unha aposta persoal do presidente Feijoo.[2]

Repetiu candidatura nas eleccións locais de 2019 nas que a súa formación obtivo uns pésimos resultados o que provocou a súa dimisión como líder do PP vigués[3] así como a de tódolos integrantes nos primeiros postos da lista. Aos poucos días foi designada senadora por designación autonómica polo parlamento de Galicia, onde ten a maioría absoluta o seu propio partido.[4] En maio de 2022 cedeu o seu escano a Miguel Tellado.


Predecesor:
Marta Fernández Currás
  
Conselleira de Facenda
 
2012 - 2015
Sucesor:
Valeriano Martínez García
  1. Biografía na páxina web do Partido Popular de Vigo.
  2. López, Pablo (27 de abril de 2015). "Feijóo: “Elena Muñoz es la hormiga frente a la cigarra que protesta”". elpais.com (en castelán). Consultado o 25 de decembro de 2020. 
  3. S. R. P. (2 de xuño de 2019). "Elena Muñoz renuncia a liderar el PP de Vigo tras el éxito de Abel Caballero". elpais.com (en castelán). Consultado o 25 de decembro de 2020. 
  4. Helena Muñoz e Xesús Vázquez, elixidos como senadores autonómicos polo PP CRTVG, 21/6/2019.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar